domingo, 26 de marzo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Vídeo con imaxes e gravacións publicadas polo Moledo CF do partido que disputou o noso Prebenxamín, e no que unha xornada máis, tras un bo partido loitando pola vitoria, rematou cunha derrota pola mínima de 1-2.

 

Outra gran vitoria do Benxamín B, o partido foi máis complicado do previsto ante un equipo rochoso como La Guía, que presentou unha dura batalla. O equipo cun comportamento moi serio, sacou o partido adiante con 2 goles de Martín e 1 de Iago. Moi orgullosos deste equipazo.

 

Partido moi raro do Benxamín A no que non conseguimos dominar o encontro, pero conseguimos un bo resultado ante un equipo fisicamente superior. Os dous goles de Diego e o de Guille lévannos ao cuarto posto da clasificación.

 

Gran partido do noso Alevín B que o deu absolutamente todo no campo, facendo un gran partido e demostrando o gran equipo que son, aínda que non puideron deixar os 3 puntos en Navia, estes rapaces nunca se renden.

 

Segunda vitoria nesta segunda fase do Alevín A tras un gran partido de todo o equipo e unha nova exhibición de Vicente, que na xogada do 2-1 toleou a toda a defensa rival.

 

Bo partido do Infantil B onde xogamos sen complexos e con moi boa actitude. Xeramos moitas ocasións de gol, pero só marcamos unha e a pesar de encaixar 5 goles, o noso porteiro José fixo outras moitas paradas de moito mérito. Pablo Alonso foi o autor do noso gol, e como indicamos, José Caballero, o noso porteiro estivo sobresainte, destacando sobre o bo facer de todos os xogadores..


 


Somos de Primeira un ano máis!!!. Obxectivo conseguido a falta de 6 xornadas para o final nun derbi no que fomos superiores en todas as facetas do partido e logrando unha vitoria por 2-0 con goles de Varela e Vázquez. Vitoria adicada aos nosos lesionados. Gran grupo de rapaces e moi boa tempada feita. AupaaaaArenas!!!! Aupa Infantil A!!!

 


 

Clara vitoria do Cadete B por 5-2 con goles de Adrián, Bruno e Iker cun hat-trick que o aupa ao sexto posto da táboa de goleadores con 24 tantos, nun partido no que puidemos marcar máis goles e os dous que nos marcaron foron por mala actuación dos nosos en xogadas a balón parado. Destacar o bo porteiro que ten o Pontellas , moi valente saíndo baixo paus.




Goleada do Cadete A para continuar na dura loita pola fase de ascenso onde 4 equipos seguen loitando a 4 puntos de diferenza. Santi Fernández con dous, Izan, Rubén, Claudio, Daniel e Mario foron os goleadores.


Ánimo Martín!!!!
Resultado demasiado abultado o 0-4 colleitado polo Xuvenil B no derbi ante o Alertanavia B. Con moi bo xogo e moitas ocasións desperdiciadas, a expulsión dun dos nosos xogadores por dobre amarela con toda a segunda metade por diante, condicionou o resultado final, a pesar do esforzo e do bo xogo que case fixo posible que esta inferioridade numérica non se notase.

A loita pola permanencia do Xuvenil A en Primeira segue complicando despois dos resultados desta xornada, a derrota de hoxe ante a UD Comesaña, a cuarta consecutiva, vese agravada pola vitoria do Louro que fai que xunto co Gondomar, se distancien por 5 puntos na clasificación; e tamén, a sorprendente vitoria do San Miguel CF (que marca o descenso) en Ponteareas permítelles achegarse a catro puntos da clasificación.
Ánimo rapaces!!!
É hora de sufrir e loitar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario