O Santa Mariña comezou adiantando pero o o noso Prebenxamín non se desanimou e empatamos cun gol de Unai tras o saque de centro de Luca. O equipo local tiña o balón máis pero grazas á presión e ao esforzo conseguimos coller a posesión. O Sta.Mariña atopouse cun gol do que nos volvemos recuperar co 2-2 tras salvarlle o porteiro rival un anterior un contra un.
Na segunda metade conseguimos adiantarnos no marcador co dobrete de Marcos, que hoxe xogaba o seu primeiro partido.
Pero chegou o caos e en menos de 5 minutos o equipo rival fixo 3 goles, remontando ao definitivo 5-3, aínda que seguimos pelexando e con ocasións que non chegamos a concretar. Foi unha mágoa, pero ánimo rapaces. Destacar a Marcos no seu debut e a Luca que é xogador da categoría Mini.
Partido ante o líder do Benxamín B con moitas baixas e sen porteiro, o equipo pelexou como leóns ante un moi bo equipo que se adiantou no marcador aos 5 minutos, pero que en poucos minutos superamos o partido chegando ao descanso cun 1-2 a favor. Na segunda parte o Mondariz apretou moito, se xogaba o título de liga e demostrou por qué lidera a clasificación ainda que o noso equipo resistiu os primeiros 10 minutos. pero entre calor e ao ter poucos cambios, impúxose un equipo moi físico. Moi orgullosos do equipazo e do gran esforzo de todos deixándose a alma. Destacar a Manu que para non ser porteiro fixo un gran partido, igual que Lorena, os goles foron de Martín e autogol de Mondariz.
Partido moi asequible para o Benxamín A, onde conseguimos gañar 0-8 xogando moi ben e sobre todo competindo en equipo, destacar o primeiro gol da tempada de Gael e os 6 de Pedro, Rubén completou o triunfo. Despois dos resultados dos demais equipos da liga, quedamos terceiros a 4 puntos do primeiro cando falta unha xornada, o que confirma un moi bo ano para todo o equipo.
Por fin nova vitoria do Alevín B tras unha serie de partidos perdendo pola mínima onde o empate sería o máis xusto.
Comezamos 0-1 pero na seguinte xogada empatáronnos 1-1 nun pequeno descoido. Chegamos ao descanso 1-2, na segunda metade os rapaces puxéronse o mono de traballo e cun magnífico traballo defensivo de todo o equipo non só conseguimos manter o resultado senón que subimos o marcador ata o 1-4 na final.
Gran traballo a todos, loitando por cada balón.
Goles de Dani, Samu (2) e Iker.
Os 15 minutos iniciais foron un puro recital futbolístico do Alevín A, onde xeraron moitas ocasións, pero o Louro si aproveitou tres despistes defensivos dos nosos e adiantouse cun 3-0 en sete minutos. No segundo tempo se arriscou un pouco máis e o gol de Sergio chegou de falta.
Moi bo partido ante un gran equipo que conta cun porteiro sobresainte destacar o gran xogo de Covelo e Alex por parte do Arenas.
Partido como se esperaba, do Infantil B ante o destacado líder da categoría, disputado con moitas ganas de disfrutar; onde se fixeron cousas moi valiosas a pesar dos contratempos, xa que só contabamos con 14 xogadores e ademáis o porteiro, José, tivo que ser substituído ao final da primeira parte, ocupando o seu lugar o noso central, Andrés, que o deu todo baixo os paos durante toda a segunda metade.
O xogo e o comportamento do rival é admirable. 9-0.
O Infantil A tamén se enfrontou ao destacado líder, e a pesar das numerosas baixas importantes fixo un gran partido. Cun gran derroche físico e mostrando a cara en todo momento, un bo rendemento defensivo e xerando ocasións puntuais na primeira parte. Evidentemente caían os goles do Celta pero o noso equipo nunca se rendeu. Destacar a actuación e aportación dos alevíns Covelo e Vicente que axudaron ao equipo.
Outro equipo que se enfrontou esta xornada ao líder da categoría foi o Cadete B, e o Nieto foi un apisonador sen contemplacións. Animádevos rapaces!!!
Moi bo xogo en liñas xerais do Cadete A, tocando o balón e con boas combinacións. Contundente resultado de 1-11 con 5 goles de Izan, 2 de Rubén e Andrés, Mario, Santi e Martín cun cada un.
O partido do Xuvenil B aprazouse ata o mércores por enfermidade de varios xogadores do noso equipo.
O partido comezou mal, moi rápido no minuto 4 marcaron o 1-0 nun claro erro da nosa parte.
Dende ese momento ata os 40 non fomos inferiores a eles en ningún momento, tendo unha oportunidade moi clara de empatar.
Pero chegamos a ese minuto 40 onde unha serie de erros da nosa parte novamente e unha discutible decisión arbitral puxeron o marcador no 3-0 co que chegamos ao descanso.
A segunda parte foi un monólogo de Choco, probamos diferentes cousas sen ningún resultado, rematando o partido 4-1. O noso gol marcouno Álvaro.
Tentamos dar a cara pero o primeiro tempo rematou cun 3-0 demoledor. En cambio nun mal segundo tempo noso, sen intensidade, un gol para cada equipo para rematar co defintitivo 4-1. Paradoxas do fútbol. Queda moito por traballar e pouco para rematar a liga. Toca borrón e comenzar de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario