Gesto marca o gol para o Prebenxamín ante o Coruxo nun partido no que nos merecemos máis a pesar de non ter disputado un dos mellores partidos, con ocasións moi claras que non puidemos concretar como un gran disparo ao pau e varios tiros preto da portería, que ao non aproveitalos impediu a vitoria, deixando o resultado final nun 2-1 a favor do Coruxo.
O marcador final do Benxamín A non reflicte a enorme superioridade que amosou en xogo e con moitisimas oportunidades de gol ante o R. de Bouzas D. Moi bo xogo de todo o equipo, loitando en todo momento. Diego e Pedro con 2 foron os goleadores. Vitoria que aupa a este equipazo a cuarta praza da clasificación.
Partido disputado e con goles do Alevín B onde a pesar do esforzo caeu derrotado en Bouzas.
Nun partido celebrado nun horario inadecuado, en un festivo como este fin de semana, o noso Alevín A tivo que desprazarse a Gondomar para disputar un encontro no que, a pesar do esforzo dos nosos grandes xogadores, rematou cunha derrota por 3. 1.
Mal partido do Infantil B por falta de actitude, medo ao rival e non poder crer que poidamos gañar a ningún equipo. É o momento de seguir traballando para seguir coa mellora. O resultado final 9-0.
Momento da grave lesión de Martín |
O Infantil A volve á senda das vitorias tras unha mala racha, e ante un equipo o que con este triunfo supera na táboa clasificatoria. Simplemente un gran partido dos dous equipos, moi esixente e duro, pero no que os nosos estiveron sublimes en anticipación, presión, duelos individuais e xogo combinativo. Gran vitoria, estropeada pola grave lesión de Martín Gesto.
Estas graves lesións acompáñannos durante toda a tempada pero este grupo de grandes xogadores afronta e venceo cun esforzo e compañeirismo dignos de admirar. Os dous goles de Martín Gesto antes da sua lesión, selaron a vitoria por 0-2.
Vídeo cos dous goles de Nico e Iker do Cadete B que disputaron un partido de ir e vir ante a UD Ribera no Rosal e onde puido gañar calquera dos dous equipos, aínda que tivemos as ocasións máis claras pero como nestes últimos partidos , carecemos de ese pouco de sorte. Resultado Final 1-2.
O partido do Cadete A ante o SR Casablanca que se disputaba no Novo Mirador de Beade, tivo que ser suspendido no minuto 31 pola intensa néboa, que non amainou nos vinte minutos seguintes de espera. O resultado no momento da suspensón era 0-2 a favor do noso equipo.
Partido moi disputado no minúsculo campo do Apóstol. O Apóstol comezou adiantando no minuto 6 pero Chowter empatou 2 minutos despois. O Apostol volveu adiantarse por mediación do seu mellor xogador e empatamos antes do descanso tras fallar 1 penalti e Gael anotou na mesma xogada. Comezamos mellor a segunda metade e adiantamos grazas aos goles de Pola e de novo Chowter. Pero nunha final desordenada que non soubemos xestionar e empuxados polo seu público, o Apostol conseguiu empatar con 2 faltas directas que non debemos cometer. O vindeiro sábado temos o derbi ante o Alerta con só 2 puntos de diferenza entre os dous e na primeira volta foi un partido moi bonito que gañamos.Esperamos repetir con gran ambiente.
Inicio do partido do Xuvenil A |
No hay comentarios:
Publicar un comentario