Para Altas Novas:
Para Renovacións:
Os prebenxamíns Derek, Erik e Marcos que foron convidados polo R.C. Celta a uns días de adestramento.
Parabéns CRACKS!!!
Nova xornada no campo federativo de Coia. Salvaterra e Arenas de Alcabre, os dous equipos infantís que acadaron o ascenso a Primeira, regaláronnos unha mañá espléndida de fútbol, respecto, compañerismo e de amizade. Mais alá do
Nesta xornada só xogou partido oficial o Infantil A, que aínda está en fase de ascenso sentenciado afortunadamente pola nosa banda. Partido celebrado no campo da Guía, cunha primeira metade con alternativas, ocasións e un tiro ao poste de cada equipo. No segundo tempo, dous goles de Rubén de penalti no minuto 62 e Matías no minuto 74 selaron o encontro.
Coruxo F.C. 1 INFANTIL A 1
13 penaltys e once meses despois : O Infantil A sube a Primeira Autonómica.
Xornada 8, Fase de Ascenso de Infantil. Campo de Fragoselo, Coruxo - Arenas de Alcabre.
Ponteareas, campo de Pardellas. Día das letras galegas. Xornada 7 da fase de ascenso Infantil.
Ponteareas - Arenas de Alcabre. Partido intenso. Ningún quería perder e os dous querían ganar. Fútbol por rachas. Empate a cero no descanso. No segundo tempo o Arenas controlou máis o xogo. O porteiro local fixo dúas paradas de moito mérito, pero o Arenas nunha falta sen demasiado perigo consigue o único gol do partido. Emoción desenfreada. Na grada unha morea de Siareiros do Arenas de Alcabre festexan a victoria. Suma e sigue. Xa queda menos. Outro pasiño adiante. AupaaaaArenas!!!
U.D. Mos 2 XUVENIL A 4 SOMOS DE PRIMEIRA!!!!
Derradeiro partido da fase de ascenso. Campo de As Baloutas, 29 graos de temperatura. Xogan Mos e Arenas de Alcabre. Na distancia, no campo do Regatiño en Goián, o Matamá disputa tamén o ascenso co equipo local.
E solo pode ascender un. Co Mos xa fóra da ecuación o ARENAS de Alcabre xoga un partido limpo e pouco a pouco Vai collendo a manixa e afianzase no marcador. 1-3 ao descanso. E 2-4 final.
Pero qué pasa no Regatiño?
Parece que estaban empatados 1-1. Pero no min 84 o Goián adiántase. O árbitro comunica que o partido Tera 10 minutos de prolongación. E o Matamá creeu en darlle a volta o marcador. Acada o empate a 2 no min 94.
Radio macuto vainos dicindo empate, faltan 4 min, faltan 3, faltan 2, falta 1, e logo Final, empate a 2.
Con ese resultado o ARENAS de Alcabre, que tiña que ganar e esperar a ver qué pasaba en Goián, xa é equipo de Primeira.
Non foi Unha fase fácil, os cuatro equipos deste grupo competiron en busca dun ansiado ascenso. Ningún chegou á fase por sorte, traballaron duro. Para Nós foi Unha honra competir co Matamá co Goián e co Mos. Eles fixeron que tiveramos que dar o máximo. As veces os nervios xogan malas pasadas e houbo lances de xogo que non nos gustaría que se volvan a dar. Aprenderemos.
Facendo unha comparación cinematográfica INMORTALES, solo pode ascender un. E ese un, foi ARENAS DE ALCABRE!
UVCD Candeán C 2 INFANTIL B 0:
Rematou a participación do Infantil B na Copa Delegación ante o líder, despois dun
Erizana C.F. 3 PREBENXAMÍN 2:
Duelo no cume o disputado no campo do Aral Fontiñas en Baiona. Os dous equipos apareceron empatados a puntos o inicio da xornada, e un gol nos últimos minutos do Erizana deulles os tres puntos e a vantaxe na tabóa, deixando inútiles os goles de Erik e Derek.
Onte martes celebrouse no Campo Pahiño de Navia o obradoiro #FuturaAfición.
Arenas de Alcabre foi o primeiro equipo de fútbol vigués en participar neste proxecto.
PREBENXAMÍN 7 San Miguel 0
Dominando o partido dende o inicio do encontro, tendoo controlado en todo momento, o primeiro gol foi un un contra un de Erik que resolveu coa perna esquerda ante o porteiro rival, os seguintes goles na primeira metade foron realizados por Gael, Diego, Fabio e Marcos, chegando ao descanso cun 5-0. Xa na segunda metade buscamos máis traballo e organización coa posesión do balón, tendo o balón na nosa maior parte do tempo, e rematando co resultado final de 7-0 con dous goles de Erik.
PREBENXAMÍN 6 - S.D. Ponteareas 3:
Bo comezo do Prebenxamín 6-3 co que comezan liderando o seu grupo de Copa Federación.
Contactamos coa Fundación LaLiga e imos facer un obradoiro con Benxamíns e Alevíns. Será o martes 3 de maio de 17.30 a 19.30 horas. O proxecto chámase: "Futura Afición". Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria. Seremos os pioneiros en Vigo. É o primeiro club da cidade onde impartirán este obradoiro de #FuturaAfición que fomenta os valores positivos do deporte.
Neste enlace Fundación Laliga "Futura Afición" tedes toda a información.
#FuturaAficion
Preme na foto para ver o tríptico informativo:
Este martes celebrouse un adestramento de convivencia entre os Xuveniles A e B, Cadetes e os Infantís:
Futtenis, tiro ao poste, tiro ao cruceiro, balón ao bote, futpetanca, pasar polo aro....
R. Castrelos 4 - PREBENXAMÍN 6:
Triunfo dos nosos prebenxamíns ante o líder na sua casa por 4-6, Grandísima
O Prebenxamín, con baixas importantes e ante un rival moi forte, non conseguiu os tres puntos e a derrota foi pola mínima 2-3, un partido moi pelexado para os nosos e no que mereceron máis.
Hoxe entrevista con Edu Ferreiro, que leva 15 anos de seguidor do Arenas, un dos representantes da mellor afección, a do Arenas de Alcabre.