Xornada 1 - 2 - 3 Maio:
Primeira vitoria na Copa nun dos partidos máis completos do equipo nesta tempada. Atacouse con amplitude, houbo boas combinacións, competiuse cada balón e o equipo amosouse intenso en defensa. Un encontro moi completo no que se viu reflectido sobre o campo todo o traballo marcado desde o inicio da tempada. Agora toca afrontar o último partido da liguiña, esperando ter opcións de clasificación. Goles de Alonso, tres de Álex e Antón.
.png)

