domingo, 10 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

Partido moi igualado o disputado polo Benxamín B ante o San Miguel, un dos equipos da nosa Liga que con esta vitoria abre unha brecha na clasificación.

Primeiros dous cuartos do Prebenxamín A moi disputados acabando en empate ambos. No terceiro e último fomos superiores gañando os dous, sendo o resultado final de 0-2. Varias baixas de última hora  obrigaron ao equipo para cambiar posicións estando os nenos un pouco descoidados. Segue o pleno de vitorias nesta segunda fase que permite ao equipazo seguir liderando a clasificación.

 

Partido frouxo do Benxamín B con varias baixadas de intensidade nalgúns momentos. No primeiro tempo custounos un pouco arrincar ata que marcamos o primeiro gol, o que nos axudou a que os nenos viñesen arriba despois de fallar numerosas ocasións. Xa na segunda metade pronto nos puxemos 3-1 e os nenos relaxáronse unha vez máis. Co 3-2 a favor e un par de indicacións para que se activasen, fixemos uns 10 últimos minutos moi bos para deixar o resultado final co 2-5 ao noso favor. Goles de Mateo, Diego, Enzo, Xabi e Unai.

 

O Vila do Corpus é un equipo superior ao noso Benxamín A en todos os sentidos, ata o de agora o mellor equipo da liga, bo ataque conxunto e defensa sólida onde só levaban 4 goles encaixados. Saímos ben e tivemos algunha ocasión clara con 0-0 pero ao redor do minuto 12 márcannos o primeiro e pouco despois chega o segundo, volvemos ter pequenas desconexións do partido, algo normal nestas idades, e ímonos ao descanso 4-0 pero coa sensación de que puidemos adiantarnos a pesar de non estar todo o ben que quixésemos. Na segunda metade conseguimos poñernos 6-2 e ao final chegarían os dous goles que farían o 8-2 final. Rubén foi o autor dos dous goles.

 

Xornada dura para o Alevín B na Cañiza, non polo resultado que é enganoso senon pola climatoloxía, moito frío e nevando, os rapaces portáronse como campións. O partido foi loitado custando entrar os primeiros minutos pero unha vez centrados controlamos o partido e fómonos ao descanso 2-2 . Eles moito máis desenvoltos fisicamente nos balóns parados xogaban con vantaxe,. Na segunda parte, o mesmo, con dúas xogadas a balón parado sentenciaron o partido deixando o resultado final en 4-2.

 

Que pena o de hoxe para o Alevín A, fixeron un auténtico partidazo contra un equipo moi superior a nós que lidera a clasificación e que conta todos os seus partidos por vitorias. Aguantamos os primeiros minutos co seu xogo de lado a lado sen fallar un pase, nós saímos con presión alta para tentar roubar algún balón, aos poucos empezamos a xerar xogo e chegamos dúas veces  claras pero non marcamos, seguimos con esa intensidade e primeiro Luis e despois Leo lograron os goles cos que nos fomos ao descanso con 0-2 ao noso favor. Na segunda metade tivemos dúas claras ocasións para marcar e sentenciar, pero finalmente eles conseguírono e deron a volta  ao partido.

 

Partido moi completo o do Infantil A no que fomos superiores desde o asubío inicial. Entramos moi centrados e a por os 3 puntos, proba diso foron as innumerables ocasións de gol que tivemos e soamente materializamos en dúas ocasións na primeira parte, chegando ao descanso con 0-2. A segunda metade cun par de axustes logramos xerar moitas máis e non dando moitas opcións ao rival que en todo momento a súa proposta de xogo era de xogo combinativo desde a saída co seu porteiro. Aos poucos foron chegando máis goles ao noso favor ata o resultado final de 0-7. Cabe destacar a actuación do noso porteiro Santi que realizou tres boas intervencións en situación de man a man co dianteiro. Os goles foron de Pablo (3), Aarón, David, Alejandro e Vázquez. 

O partido empezou xenial para o Cadete B  xa que nos adiantamos aos 10 segundos do partido tras un saque inicial que se practicou no adestramento, Nico culminou maxistralmente a xogada conseguindo o noso gol. Realizamos unha moi boa primeira parte, con intensidade e aguantando as arremetidas do rival tendo algunha que outra ocasión clara que non finalizamos. Na segunda metade o Matamá aproveitou un grave erro defensivo noso por falta de intensidade e logra o empate nos primeiros 5 minutos, e aos 10 minutos vólvesenos a lesionar o noso único porteiro, tendo que quedar un xogador de campo, situación que aproveitou o contrario para  lograr o 2-1 ao seu favor. Tivemos o empate durante o que restaba de partido e moito máis nos 10 minutos de desconto que engadiu o árbitro tras unha actuación pola súa banda desafortunada. O equipo pelexou ata o final para conseguir algo positivo.
 

Partido para esquecer do Cadete A, nun campo tan pequeno e onde as consignas eran claras, eles enviaban balóns longos todo o intre aos seus dous xogadores de arriba que eran difíciles de marcar e así conseguiron os goles, perdiamos todas as segundas xogadas gañando o Montecastelo case todos os duelos, por momentos parecía que tocando chegariamos a meterlles na lea, pero nada, tivemos pouca intensidade e debimos estar máis encima das xogadas. Puido ser máis avultada a derrota pero Mael realizou 3 paradones de socato. O peor o susto de Andrés que se foi lesionado antes do descanso, parecía máis grave pero quedou nunha escordadura. Despois de 22 xornadas gañando este equipo coñece a derrota que ten que servirlles para entender que non se poden relaxar.

 

Partido complicado para o Xuvenil B ante un dos equipos que ocupan a parte alta da táboa e que empezou moi mal encaixando un gol no primeiro minuto de xogo. O equipo estivo sen intensidade todo o partido e iso provocou que o Casabranca resolveu o partido anotando tres goles máis na segunda metade. Hai que cambiar de actitude para afrontar os partidos.  Ánimo rapaces!!!


O Partido do Xuvenil A disputouse nun campo que máis ben era unha piscina e salvo 20 m² no centro, o resto era un charco. Primeira parte moi boa onde unha vez máis a sorte non se aliou do noso lado xa que tivemos 3 ocasións moi claras cun remate sen porteiro, unha falta que golpea no traveseiro e outra clarísima que enviamos fóra,  e eles nunha das escasas veces que chegaron á nosa portería aproveitáronse dun erro no despexe que quedou franca para o 1-0 co que fomos ao descanso. Na segunda metade saímos intensos pero outro erro na saída do balón condenounos co segundo gol e ese si nos fixo dano, daquela unha falta ao bordo da área que a crava na escuadra e aí si que xa se acabou todo. Resultado moi enganoso debido a que merecemos moitísimo máis.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario