domingo, 17 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

O SuperPorteiro Lois para o penalty

Foi un partido de ida e volta moi divertido xogado polo Prebenxamín B, cometemos erros atrás nese reparto de golpes que fixo que o resultado final fose 0-2 en contra. Gran partido de Álex e Beltrán. Mencionar o gran xogo de Leo dos Minis e o noso porteiro Lois que salvou un penalti.

Partido moi disputado o do Prebenxamín A ante o Peñasco, aínda que fomos superiores ao rival no cómputo xeral. Victoria final por 3-1 moi importante de fronte tentar quedar primeiros nesta fase.

 

Cuarta vitoria do Benxamín C nesta segunda fase onde están  a ter unha moi boa actuación.

 

O peor partido da tempada do Benxamín B contra o, ata esta xornada, pechacancelas que con esta a súa primeira vitoria avanzan dous postos na táboa clasificatoria. Falta de intensidade, perdíanse todos os duelos, en fin, un mal día. Ánimo rapaces!!!.


Empate que sabe a pouco do Benxamín A en un partido onde mereceron un mellor resultado.


Partido moi disputado polo Alevín B cunha boa primeira parte na que nos fomos ao descanso perdendo 0-2. Na segunda fomos a por o partido, colléronnos en tres contras e sentenciaron o resultado.  Moi bo equipo o Chapela que ocupa merecidamente a segunda posición na clasificación.



Difícil partido para o Alevín A ante un rival duro, con toque de balón pero que non é un equipo moi superior ao noso como parece indicar o resultado final.  Hoxe estivemos moi pouco contundentes en liña defensiva, saïamos mal ao corte e non nos replegabamos ben tras o fallo, polo medio recuperamos e saïamos ben pero custábanos combinar cos extremos, por unha banda tomamos decisións erradas e non conseguiamos profundidade, este é un equipo con algúns xogadores de calidade e criterio de balón e os demais con actitude, ganas e esforzo,  onde se plasmamos iso no campo lograriamos mellores resultados. 


O Infantil B enfrontouse esta xornada ante un dos equipos da parte alta da táboa, o resultado final reflicte esa diferenza na clasificación. Ánimo rapaces!!!!


Partido do Infantil A contra o equipo que nos precedía na clasificación, puxémonos por diante con gol de Pablo pero eles que na primeira parte non tiraron a portería, na segunda metade emparaton de falta na única ocasión que tiveron, aínda así, puidemos remontar con gol primeiro de Iago e despues con outro de Pablo. En canto a xogo non foi o noso mellor partido pero fomos superiores e o resultado final foi xusto. Pasámoslles na clasificación e a seguir así, a ver se conseguimos quedar entre os 4 primeiros que estaría ben.

 

Partido de trámite o disputado polo Cadete B contra o líder destacadísimo e campión de liga, que xa leva 223 goles a favor (dobrando os 109 do segundo clasificado) e contando todos os seus partidos con vitorias avultadas. 4 goles encaixados en cada parte.

Retomada a senda de vitorias do Cadete A tras o tropezo da semana pasada, vitoria clara por 3-0 ante un rival moito máis frouxo que nós.

 

Gran primeira parte do noso Xuvenil B, facendo un fútbol práctico e con acerto cara a gol. Puxémonos pronto por diante con gol de Martín e o Erizana empatounos case seguido pero seguindo o noso plan de partido rápido fixo Martín o 2-1 un golazo de xogada colectiva. A partir de aí os rapaces continuaron facendo o que traballamos durante a semana e conseguimos 2 goles máis de Martín (hoxe marcou 4) e un pau de Iker para ir ao descanso 4-1.  A partir de aí controlar o partido que culminou co gol de Tosa nunha contra ben tirada. Gran partido dos nosos mozos que seguen crecendo. 4 goles de Martín e 1 de Tosa e bo debut de Nayem e Javi.

Moi dura a derrota do Xuvenil A contra un equipo da nosa liga e que nos complica moito a loita pola permanencia en Primeira.  Saímos a buscar o partido desde o inicio con moita intensidade e froito diso adiantámonos con gol de Mario, a partir de aí pensámonos que ía ser todo un paseo porque eles non tiñan maneira de contrarrestar a nosa  intensidade, pero acabóusenos o partido, demos un gran bajón pensando que estaba feito e eles empezaron a crer e empatáronnos antes do descanso. Na segunda metade, máis do mesmo, ao comezo métennos o segundo e a pesar da reacción do noso equipo e as  moitas ocasións de gol que dispuxemos para empatar, de novo a sorte ou que non sabemos acabar en gol as xogadas lastrounos, mala sorte que se confirmou no terceiro gol deles, nunha contra  cun balón dividido o Louro quítalla de encima cun pelotazo desde medio campo e entra pola escuadra. Aí acabouse todo, o medo para perder outra vez apoderouse de nós e foi un querer e non poder. Tócanos traballar moito para poder salvar a categoría.
 




 











No hay comentarios:

Publicar un comentario