Gol de Tristán no triunfo por 4-0 do Prebenxamín A nun encontro no que foron moi superiores ao rival, dominando completamente o encontro e sen pasar apuros en ningún momento.
Derrota pola mínima do Benxamín C nun partido moi emocionante que permite que o Tomiño nos supere na clasificación.
Dous erros con rebotes fixeron o 0-2 en contra na primeira parte aínda que en xeral o partido estivo dominado polo noso Benxamín B. Na segunda parte desaproveitamos varias ocasións moi claras e eles aproveitaron as dúas que tiveron. Penalizounos moito a falta dos dous dianteiros pero os rapaces pelexaron moito. Os goles foron de Gaspar e Diego.
Gol de Adri, importante para a vitoria final pola mínima nun encontro controlado dende o inicio polo noso Benxamín A, sendo superior en xogo e ocasións, pero fallaron moitas e iso págase con nerviosismo. Chegados ao final do tempo regulamentario O Castro marcou o gol que os achegaba no marcador pero non habería tempo para máis e pecharíase co definitivo 3-2. Toca seguir traballando e disfrutando con estes nenos.
Partido súper serio do Alevín B ante un equipo superior fisicamente que viña crecido pero onde os nosos pouco a pouco se foron facendo cargo do partido e sobre todo creron en si mesmos. Sobresaliente para todos. Juan e Víctor foron os autores dos goles.
O partido do Alevín A estivo moi disputado ante un equipo superior ao noso, pero con moi boa actitude os nosos xogadorazos fixeron un gran partido, xerando moitas situacións de superioridade con boas combinacións e profundidade no xogo. Marcamos o gol do empate case ao final do partido e parecía unha vitoria que merecíamos porque tivemos máis e mellores ocasións.
Foi un partido moi duro para o Infantil B xa que se enfrontaba ao segundo clasificado que está en plena loita pola fase de Ascenso. O resultado reflicte a diferenza na táboa. Ánimo Rapaces!!!
Un partido de infarto, competido e pelexado ata o final polo Infantil A ante un gran rival da parte alta da táboa. O Vila do Corpus comezou o partido cun gran nivel de xogo que nos costaba contrarrestar e aproveitando un despiste da nosa parte no minuto 2 e un erro nunha liña de fóra de xogo no minuto 10, puseronse por diante do marcador cun 0-2. O partido volveuse moi complicado pero este grupo non considera os partidos perdidos e unha vez asentados no campo, ben posicionados e gañando os duelos individuais, o rival comezou a sufrir o asedio. Froito disto chegou o noso primeiro gol, obra de Vicente, que nos permitiu irnos ao descanso cun esperanzador 1-2. A segunda metade foi un control total dos nosos rapaces, creando moitas ocasións e non deixando que o rival chegase á nosa área, e froito diso chegou o empate, nun un contra un que Roque definiu á perfección no minuto 65. O equipo cría na vitoria e foi a por ela, tendo máis ocasións claras, ata que no minuto 77 un gran gol de Alejandro puxo xustiza no marcador co 3-2 definitivo. Toca seguir traballando, sen relaxarse para seguir disfrutando.
Non foi un bo partido do Cadete B ante un rival moi inferior onde salvo o gol en moi claro fóra de xogo que o árbitro non asubiou, non xerou complicacións. Tivemos unha primeira metade mala, fallando moito, na que puidemos chegar facilmente 4-0 ao descanso pero chegamos con empate a 0. Despois da charla táctica no vestiario houbo unha mellora na definición e pechouse con ese resultado de 5-1 con 3 goles de Nico, 1 Quiroga e 1 Pablo Alonso. Moito que traballar diante da portería. Agora enfrontarémonos a un Tourmalet con 4 partidos moi complicados, nos que perdemos escandalosamente no partido de ida, imos traballar para que isto non se repita.
Partido difícil do Cadete A ante un duro e digno rival que ocupa a cuarta posición e que logrou vitorias ante o segundo e terceiro clasificados. Moi bo xogo, reflectindo no campo o traballo da semana nos adestramentos, boa saida de balón e definición, con casta e actitude. Dous goles no primeiro tempo sentenciaron o partido. Moi orgullosos do traballo realizado, consolidando o primeiro posto e permitíndonos albiscar o obxetivo máis preto.
Partido do Xuvenil B con dúas metades moi diferentes. No xogo foi máis ou menos igualado por ambos bandos pero na primeira parte fallamos moito nas dúas portarías. Aproveitaron a nosa pouca intensidade defensiva e nos desaproveitamos ocasións claras, o que se reflectiu no 0-4 ao descanso. Dous cambios e con máis actitude pola nosa parte, conseguimos achegarnos ao 2-4 a falta de 30 minutos e apretamos pero teñen un xogador con 30 goles que en xogada individual fixo o 2-5 cando estabamos no noso mellor momento. Grazas pola aportación dos cadetes Enmanuel, Zakariae e Andrés que fixeron un gran partido. Goles de Iker e Andrés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario