domingo, 10 de diciembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Partido difícil do Prebenxamín B ante un dos líderes da categoría no que se presentou con 9 baixas. Como sempre, fixemos un moi bo primeiro parcial no que perdoamos e encaixamos un gol ao final. Os outros 3 parciais foinos moito máis difícil chegar arriba e cedemos demasiado atrás. En fin, bo traballo dos nenos nun día difícil. Grazas os Minis Iago, Leo e Alai que hoxe viñeron axudar ao equipo.

Partido ben competido do Prebenxamín A ante un rival superior, con graves erros que nos custaron goles. O mellor é que os nenos intentan xogar á pelota e iso é un paso importante. Os resultados dos parciais foron (2-0) (1-0) (2-1) (3-1).

 

Moi bo partido do Benxamín B, posiblemente o mellor da tempada, os xogadores entenderon perfectamente as indicacións que transmitiron os adestradores. Presionaron moi ben diante, axudáronse na cobertura e en ataque saíron xogando moi ben o balón. Bruno con 2, Unai, Leo, Gaspar e Xabi foron os goleadores.

Pouco que comentar do Benxamín A nun partido moi claro no que dominou con facilidade, correctos en todo momento sen permitir o xogo de parte do rival. Os goles foron de Viñas (3), Marcos, Guille e Brian.
 

Mal partido do Alevín B ante un rival asequible pero a pouca intensidade coa que o afrontamos o partido e moitos erros provocaron ese abultado resultado. Temos que seguir loitando, a ver se conseguimos romper a mala racha.

 

Moi mal partido do Alevín A ante o líder indiscutible da Liga, gañáronnos con e sen balón, fomos moi pouco intensos e loitadores. Con moitas baixas, só tivemos un cambio. O contrario xogou moi ben, moi abertos e cunha circulación de balón impecable, tentamos presionar alto para romper esa circulación e a partir de aí tivemos unhas ocasións que non entraron, no minuto 10 xa perdíamos 4-0, cun gran gol dende fóra da área e varios erros nosos. Marcamos o 4-1 e tivemos dúas ocasións moi claras para entrar no partido, pero non entraron.

 

Partido sen historia do Infantil B ante o líder invicto que conta os seus partidos por goleadas. Unha mágoa porque no descanso perdíamos 2-0, co segundo gol case ao final. Na segunda metade, 4 goles en doce minutos resolveron e finiquitaron o partido, o que levou ao equipo a desistir. Toca seguir, levantar cabeza e traballar, traballar e traballar.

 

Partido tamén moi complicado para o Infantil A ante un rival superior que lidera con claridade esta clasificación de Primeira Autonómica, pero a pesares diso e das adversidades dun penalti en contra no minuto 2 que marcou o primeiro gol moi cedo, outro tanto en  clara falta sobre o noso porteiro e a fatal lesión do noso xogador Valtierra, os nenos pelexaron e derrocharon esforzos durante todo o encontro. O primeiro tempo rematou cun parcial de 3-0. Na segunda parte se seguiu loitando sen rendirse en ningún momento, e o Coruxo conseguiu marcar o cuarto e último gol. Con unha actitude no campo moi destacada. Sen dúbida a peor noticia foi a lesión de David Valtierra, cunha fractura na cabeza do radio que lle obrigará hoxe a ser operado. Moito ánimo David, e moita forza. Pronto volverás a disfrutar do verde.

 

Mal partido do Cadete B a pesar do resultado final, con xogadores menos comúns no once inicial. Os goles foron obra do de Quiroga con 2, Pablo Alonso, Bruno e Martín.

 

Un dos cinco goles que marcou o Cadete A no derbi de Navia ante o Alertanavia B e que lle permite seguir liderando con claridade a clasificación.

 

Partido que o Xuvenil B perdeu por mala xestión e actitude en momentos clave. Empezamos mal cun penalti en contra que nos puxo en desvantaxe de 1-0 nada más comezar. A partir de aí espertamos e comezamos a xogar ben, con Iker logrando o empate nunha bonita xogada colectiva. Pero entre que o Coya anotou 2 goles en 2 grandes erros da nosa parte e unha mala resposta ao árbitro dun dos nosos que provocou a expulsión, todo en 5 minutos, arruinou o partido. Isto hai que corrixilo, porque o equipo quedou cun xogador menos. Despois de reflexionar ao descanso, saímos con outra actitude pero estar 55 minutos abaixo 10 penalizounos e Coya marcou o 4-1 nada máis comezar a segunda parte, que xa non nos daba opción. A pesar de todo, xogamos ben na segunda parte e as ocasións foron nosas. Un partido no que 11 contra 11 podería enfrontarse ao rival.
 

O Xuvenil A disputou un partido no que unha vez máis a falta de gol nos condena a deixar puntos atrás, o primeiro tempo foi complicado de xogar xa que o campo era unha piscina e o balón non rodaba polo que tivemos que practicar o xogo aéreo e iso foi para nós un lastre, nun córner mal defendido pola nosa parte e tras dous remates de cabeza seguidos adiantáronse no marcador e así fomos ao descanso, na reanudación, e unha tregua que nos deu a choiva, o estado do campo  mellorou e o equipo empezou a tecer xogadas ata arrinconalos na súa área e só chegaban a nós de cando en vez con contraataques, o equipo seguía atacando e chegando pero era imposible marcar. Bo traballo do equipo en xeral e  seguirémolo pelexando.





 



No hay comentarios:

Publicar un comentario