domingo, 17 de diciembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Outra xornada complicada para o Prebenxamín B, condicionada de novo polo número de baixas aínda que moi ben cubertas por ese exército de biberóns que temos. Partido ante un equipo da  parte alta da clasificación con xogadores moi grandes pero a pesar de todo foi moi loitado. Parabéns @s nen@s polo seu traballo.

Moi bo partido do Benxamín C que con moitas baixas, con efectivos moi xustos e sen posibilidade de ningún cambio, plantou cara ao seu rival conseguindo superalo nun dos parciais.

 

Mal partido do Benxamín B ante un rival moi superior. Na primeira metade xogamos ben ata o 0-2 onde nos desorganizamos e só perseguimos sombras. Na segunda parte comezamos ben pero aos 10 minutos volvemos estar desorganizados e acabamos encaixando 4 goles nos últimos minutos.

 

Partido importante na parte alta da clasificación e que o noso Alevín A debería gañar, estivemos moi ben todo o partido, e aínda temos marxe de mellora, pero o encontro estivo condicionado por unha actuación arbitral máis que discutible e que frustra a uns xogadores novos que están en proceso de formación.

 

O partido do Infantil B foi moito máis igualado do que reflicte o marcador, dous ramalazos de 10 minutos do Coya onde marcaron dous goles en cada un deles sentenciaron o partido.
 

 

Bo partido xogado hoxe polo Infantil A. Non lle demos oportunidade ao rival grazas á alta presión e sobre todo á intensidade dos rapaces en todos os puntos do campo. Primeira metade con ocasións perdidas e chegando ao descanso cun resultado de 2-1. A segunda metade non cambiou nada do guión e o Mos só intentou facernos dano con balóns longos detrás da defensa, pero hoxe estiveron atentos e chegamos a todos eses balóns con forza e anticipación. O partido foi noso e os goles foron caendo, ademais de ocasións erradas pero chegando ao resultado final de 5-2. Chegamos ás vacacións de Nadal con bos resultados, bo xogo e eficacia. Toca seguir traballando e seguindo o camiño deste camiño.

 

O partido do Cadete B quedou na casa sumando os tres puntos, a pesar de non facer un bo partido pero sí en foi moi bo en intensidade, con goles de Quiroga (2), Pablo Alonso, Nacho e Hugo que deixaron o marcador final en 5-1.

 

Moi disputado foi o duelo entre o Cadete A e o Chapela, os dous primeiros clasificados e claros favoritos para disputar a fase de ascenso. O gol de Iván Hernández igualou o tempranero gol do Chapela e permitiunos manter a vantaxe de cinco puntos.
 

 

Partido mediocre disputado hoxe en Navia polo Xuvenil B, onde tivemos numerosas baixas e o Vilariño limitouse a xogar balóns longos, conseguindo marcar nada máis comezar o partido. Non estivemos ben, espesos e faltos de intensidade. Edu marcou o empate na segunda parte e tivemos algunha ocasión de gañar pero non puidemos. Grazas a Danilo, Martín e Brais do Cadete A que nos botaron unha man sendo dos máis destacados.

 

Moi mal partido para o Xuvenil A onde nunca atopamos o noso xogo e dedicámonos a xogar ao ritmo que nos marcaba o Tomiño, todo foron balóns longos e sen sentido tanto pola súa parte como pola nosa, o seu primeiro gol chegou de falta directa moi ben tirada que entrou pola escuadra, despois tivemos outra falta igual pero tocou no longueiro e non entrou. A segunda metade saímos algo máis afinados e tras un erro de marcaxe encaixamos o segundo gol.  Despois foi cuestión de querer e non poder porque todo foi moi precipitado, por medio dun penalti lanzado por Bade marcamos o 1-2 e tras a expulsión dun deles asediamos pero seguimos secos de cara ao gol.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario