miércoles, 6 de diciembre de 2023

Xornada con partidos pendentes

Este mércores festivo disputáronse os partidos pendentes da xornada de hai xusto un mes afectados pola suspensión.

 

Mal comezo do partido do Cadete B, xa que nos 5 minutos iniciais comezamos a perder 0-2, tardamos en entrar no partido e nos últimos 15 minutos comezaron a xogar e tocar, non dando un balón perdido e así foi como Andrés conseguiu acortar distancias. Fomos ao descanso perdendo 1-2 e comezamos a segunda parte mordendo, encerrándoos na súa área e tendo o empate a man, pero por estar centrados no ataque matáronnos en dúas contras. Necesitamos entrar mentalmente dende o principio e sobre todo, facer as 4 ou 5 ocasións claras que tiñamos para polo menos empatar o partido.

 

Vitoria clara do Cadete A ante un dos rivais da loita pola fase de ascenso e que nos permite liderar a clasificación con 5 puntos de vantaxe sobre o Chapela, que ocupa a segunda posición.  Dende o minuto 1 saíron con actitude de querer gañar o partido, con esa forma de querer o balón e querer gañar, non haberá partido que se nos escape. Goles de Ali, Rubén, Zaca e André, para darnos unha boa renda e seguir en primeiro lugar.


Impresións de Mario, Claudio e Curi  na previa do partido do Xuvenil A ante o U.D. Atios

 Hoxe o Xuvenil A xogou o partido atrasado ante o líder que chegou a Navia para xogar o patadón contra o seu mellor xogador, Cristian que fixo un hack-trick. O resto foi cuestión de querer e non poder porque cando levabamos o balón ao chan cortaban as xogadas constantemente, incluso con violencia. Con 0-2 ao descanso cambiamos o sistema e dedicámonos a tentar xogar pero en cinco minutos desastrosos dos nosos, marcaron tres goles máis poñendo o marcador no 0-5. Os nosos seguiron igual e conseguimos marcar dúas veces por medio de Chowter e Fredo para o definitivo 2-6. O peor é a lesión de Claudio cunha posible fisura(esperemos que non sexa importante) tras unha violenta entrada no primeiro tempo. Toca borrar o partido de hoxe e preparar o do sábado ante o Choco, segundo clasificado.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario