domingo, 12 de marzo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Imaxe publicada polo Chapela CF

Imaxe do partido desta mañá do noso Prebenxamín ante o Chapela CF, que ocupa o 4º posto da clasificación. Esa diferenza reflectiuse no resultado final de 2-6. Moi bo partido do noso equipazo, que o disfrutou e fixo un gran esforzo, a seguir así CRACKS. Destacar a gran actuación do noso gran porteiro Enzo que salvou un penalti e resolveu de xeito maxistral varios un contra un, e Mateo que sendo xogador da categoría Mini, foi o autor dos dous goles.

 

Partido moi serio do Benxamín B tras a dura derrota do pasado domingo que lle permite volver á boa senda. Unha primeira metade intensa con moi bo xogo que continuou na segunda metade. Bo partido de todos ante un equipo moi serio como o Chapela CF, pero mención especial á defensa e aos porteiros. Martín con 3, Adrián con 2 viñedos, Iago, Hugo e Gabri foron os goleadores.


O Benxamín A empatou nun partido moi igualado. O Rápido do Pereiró B adiantouse na primeira xogada do partido e o noso equipazo deu a volta ao marcador en apenas 20 minutos con goles de Guillermo e Diego. Antes do remate da primeira parte o Rápido de Pereiró B empataba, e o marcador non se moveu en toda a segunda metade, chegando ao final do partido con ese empate a 2 dende o descanso

 


Por fin chegou a segunda vitoria do Alevín B nesta segunda fase. Despois de varias derrotas pola mínima, algunhas inmerecidas, nesta ocasión gañamos un partido moi disputado e competido ante o Rápido de Pereiró B.
Comezamos adiantando cun gran gol de Samuel de cabeza, pero o empate chegou nunha segunda xogada tras unha boa parada de Mateo. No segundo tempo Samuel volveu marcar de falta, e co traballo de todos en defensa e as boas paradas de Mateo o marcador non se moveu.
Destacar o traballo e esforzo de todos os cativos ao longo do partido, e en especial o gran xogo de Eros.
A parte negativa deste encontro foi Pablo, que tivo que retirarse na primeira parte por novas molestias no talón que lle están complicando unha tempada difícil para el. Moito ánimo Pablo!!!!



Partido moi disputado do Alevín A ante o Rápido de Pereiró, onde se nos escapou a vitoria por dous erros, despois de adiantarnos na primeira metade co 2-0. Resultado final 3-3-cun partido moi bo do noso equipazo, sobre todo de Luis e Vicente.

 

Bo partido do Infantil B cunha primeira metade dominada polos nosos xogadores e unha segunda de ida e volta na que non conseguimos materializar ningunha ocasión e na que nos lanzamos abertamente á vitoria.
Destacar o impresionante traballo do noso porteiro José que parou todo menos o fantástico remate a escuadra que deu a vitoria o Coya. Moi contentos coa progresión do equipo.
 

Esta fin de semana foi a xornada de descanso para o Infantil A


Pouco que dicir do partido do noso Cadete B, intentou xogar, pero o físico superior do Cañiza, sumado aos nosos erros, condenounos. Ademais de non aproveitar as poucas ocasións que tiñamos para evitar este resultado.
 

 

Partido transcendental e moi complicado do Cadete A ante o CD Coya B, que é un dos equipos que quere meterse na fase de ascenso, pero que só buscou perigo en segundas xogadas, e onde tivemos infinidade de ocasións pero non quixeron entrar, destacando o gran xogo de Martín e Andrés dous xogadores de primeiro ano. O gol de Rubén no minuto 59 desequilibrou o marcador e con ese resultado púidose chegar ao final do partido a pesar de quedar con 10 xogadores a partir do minuto 67 cando Claudio foi expulsado por dobre cartón.


Bo partido do Xuvenil B ante o Coya, un equipo que contou os seus últimos 7 partidos con vitoria. Coma sempre comezamos durmidos e encaixamos o 0-1 nun córner no minuto 2. Pouco a pouco comezamos a xogar como o noso equipo sabe facelo, con actitude e bo fútbol e comezaron a chegar as ocasións igualando antes do descanso con un claro penalti por mans que Pola transformou. Na segunda metade xogamos moi ben o balón, sen precipitacións e así o Pola volveu facer o 2-1. Tivemos outra ocasión nun claro penalti que fallamos e a nosa superioridade física fixo que volvemos marcar grazas a Pedro. Moi boa actitude do equipo. Para lamentar a lesión de xeonllo do número 4 de Coya, esperemos que non sexa nada grave e poidamos velo pronto nos terreos de xogo.


 

Dura derrota por 0-3 do Xuvenil A, ante un rival directo que con esta vitoria se afasta cinco puntos na clasificación. As boas sensacións e o bo xogo da semana pasada non se mantiveron e sufriu un partido máis onde a sorte foi esquiva; nunha xornada na que estes tres puntos eran necesarios para poder adiantar ao Gondomar e escalar unha posición na táboa, posición que agora se afasta, polo que hai que pelexar aínda máis, que o xogo do equipo merece moito máis do que reflicte a clasificación.

Ánimo Rapaces!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario