martes, 1 de noviembre de 2022

Crónica da Xornada

Festividade de Todos os Santos. Nova xornada de liga para os equipos de Fútbol-11 con resultados dispares. 

O Infantil B sufriu unha derrota por 6-1 ante o Coya, anotando Alejandro Pereira o único gol do Arenas:

 

Complicado e afastado desprazamento que tivo que realizar esta mañá o Cadete B ata A Cañiza. Mal partido dos nosos, sen intensidade e sen crear ocasións de gol, o destacable do partido foron os 4 xogadores do equipo Infantil que acudiron  para suplir as numerosas baixas, e que realizaron un bó partido con una gran actitude y compromiso, pero coa mala sorte de que dous deles, Aarón e Miguel, se lesionaron, desexamos que se recuperen pronto e ben:

Moi boa primeira metade con moitas ocasións onde o Cadete A adiantouse con dous goles de Izan e David nos primeiros 7 minutos de partido, pero nun segundo tempo sen intensidade e onde estivemos moi débiles, o CD Coya aproveitou o único 3. tiros a porta que deran a volta ao marcador:

Partido en A Bouza entre o Coya e o Xuvenil B no que nos primeiros 45 minutos bocexamos, xogando mal e o Coya adiantouse pouco antes do descanso. Despois dunha charla ao descanso, saímos cunha actitude diferente e co cambio de sistema proposto polo Corpo Técnico e executado polos xogadores, arriscando cunha táctica ultraofensiva cun 3-3-4, conseguimos darlle a volta ao partido e ao marcador con goles de Pedro, 2 de Gael e Pola. Parabéns aos xogadores e técnicos, especialmente a Iván:

En Gondomar con mañá soleada, boa temperatura, ideal para a práctica deportiva. Un problema de intendencia coa equipaxe do equipo visitante, Arenas de Alcabre, solucionouse grazas o Gondomar que prestou unha segunda equipación. Pero con todo de cara, incluso dous goles de Miguel e Diuma en dúas xogadas de córner, non soubemos controlar o partido. Parecía que tiñamos que devolver o favor da equipación prestada. Un acerto nunha contra do Gondomar puso o 1-2 co que se chegou ó descanso. No segundo tempo asentouse o xogo e houbo ocasións para irse no marcador. Pero o fútbol é caprichoso e foi ahí cando o Gondomar empata 2-2. Logo foi un quero e non podo ata que a falla de 5 minutos un gol de Brais pon 2-3 no marcador, e sufrimos ata o pitido final.Continúa a remontada do Xuvenil A que encadea o terceiro encontro invicto:


 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario