Fin de semana óptimo para xogar, sen chuvia, sen aire e sen frío. Con ganas, con goles e con moita animación. Xa o dicía Vujadin Boskov, "fútbol es fútbol". E a xogar tocou. Resultados dispares pero en todos os partidos houbo unha melloria en intensidade, disciplina e xogo.
Partido que se presentou de cara para o Prebenxamín ante o último clasificado que apareceu baixo mínimos de efectivos polo que o noso equipo técnico nun xesto de deportividade decidiu xogar con 7 xogadores tamén , o noso equipo se adiantou cun gol de Unai no minuto 7, pero sorprendentemente o Arenas bloqueouse e o Colexio Hogar fíxose co control do encontro e acabou gañando 1-6 con moitas oportunidades de gol desbaratadas polo noso porteiro Enzo que foi o mellor de partido. Segunda derrota consecutiva que os afasta un pouco da cabeza e pasa a ocupar o quinto posto da Clasificación. Ánimo rapaces!!!!
Derrota do Benxamín B por 0-6 ante o Lavadores. Ánimo, a seguir loitando:
O partido do Benxamín A estivo condicionado polas 5 baixas, entre as que hai que mencionar a do porteiro Dani, que estará unhas semanas de baixa. Teo, Pedro e 1 dun xogador da AD Montecastelo en propia meta foron os nosos goleadores nun encontro que rematou cun resultado final de 3-7.
Bo partido do Alevín B ante o Gran Peña cunha gran actitude e loitando por cada balón. Seguen cometendo erros que nos custan goles, pero comezan a verse cousas moi positivas. Resultado final 0-3
Outro bo partido
desta xornada en Navia, o xogado polo Alevín A, con boas combinacións e saídas
de balón que remataron con ataques por bandas, posibilitaron unha vitoria que
encarrilou a Alex cun gran gol de falta directa que recolle o vídeo:
O Infantil B amosou ante o Colexio Apóstol a clara melloría que observamos nas últimas xornadas polo bo facer nos adestramentos. A pesar da derrota por 1-3, despois de comezar gañando co gol inicial de Manuel aos 7 minutos, a vitoria puido ser conseguida se tivésemos máis acerto no tiro. En defensa estiveron moi ben, sacando o balón controlado e case sen erros. Ao final da segunda parte dende que o equipo adiantou as liñas, o rival notou a presión e acabou solicitando que o árbitro pitase o final do encontro. Moi ben rapaces, parabéns
Outra vitoria rotunda do Cadete A, que o mantén na
4ª posición a catro puntos do líder. Partido cun dominio claro que reflicte o
resultado final por 9-0 ante o SR Casablanca. Os goleadores foron: Izan con 2,
Rubén, Martín, Mario, Ali, Andrés, Daniel e Zakariae.
A boa marcha do Xuvenil A continúa cunha nova vitoria. O Chapela aproveitou unha perda tonta no medio do campo e o disparo dende o borde da área entrou por arriba do noso porteiro Dani. Empezou o dominio do Arenas e a remontada comezou cun disparo de Samu no segundo pau de falta, pouco despois cunha recuperación de Curi que buscaba un balón que baixaba pola liña de fondo, pelexouno e deixouno a Brais que o empuxou dentro. Así chegou o descanso. Seguimos dominando, Samu pronto fixo o 3-1 e controlamos o partido con poucas perdas. Case ao final, nunha xogada da banda, pasou á área e Cocas pechou o resultado. Despois houbo máis chegadas pero o longueiro, o poste e un fallo as nubes non levaron a máis goles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario