O abultado 14-0 do noso Prebenxamín di todo sobre un partido no que só podemos destacar a actitude e as ganas de gozar do fútbol dos máis pequenos:
Deportividade, o máis importante |
Terceira derrota na Liga do Benxamín B, que seguen loitando a pesar dos resultados adversos, ánimo rapaces, estamos orgullosos de vós.
Tamén dura derrota do Benxamín A no campo da Guía:
Nunha Xornada na que descansou o Alevín B, o Alevín A logrou unha clara vitoria ante o SR Casablanca. 3 goles de Vicente, outros 3 de Luis, 1 de Alex e outro de propia meta rival deixaron o resultado final no 1-8.
O partido do Infantil B atrasouse ata o vindeiro xoves por decisión da Federación tras os positivos por Covid de xogadores do Caldelas.
Partido moi disputado polo Infantil A para conseguir os 3 puntos ante un gran rival como é a UD Atios. O gol de Brais no minuto 70 ascende a un magnífico 4º posto da Clasificación a un equipazo que segue a facer unha gran tempada na Primeira Autonómica:
O Cadete B segue na mesma dinámica, como a semana pasada, esta xornada deixamos de gañar un partido no que chegamos con vantaxe de 3-1 ao descanso, 2 penaltis moi claros pitados contra nós na segunda metade, fixeron que a UD Atios empatase. Partido complicado ao comezo porque as numerosas baixas facían que só dispoñésemos de 12 xogadores, para colmo se fixo o cambio dispoñible aos 5 minutos de partido, e quedámonos con 10 xogadores nos últimos 15 minutos por unha nova lesión. Cómpre destacar a actuación de Dani, autor dos tres goles do Arenas. Vídeo do empate do Atios:
A tolemia e os goles seguen en todos os partidos de esta tempada do Xuvenil B, o que ás veces consideramos bendita tolemia, neste partido converteuse en unha maldita tolemia que hai que corrixir. Un claro triunfo por 5-2 no minuto 84 rematou en drama con tres goles do Rapido de Pereiró B nos 6 minutos finais, que lles permitiu remontar para empatar o partido. Haberá que repasar as estatísticas de todos os partidos ao longo da Historia do futbol e do mundo, nos que houbo tantos goles como nos partidos que leva disputados esta Liga o noso equipo. Nicolás, Mateo, Hugo e Iago, este último con 2, foron os goleadores do Arenas.
Partido intenso e disputado o do Xuvenil A. O xogador determinante foi Alex o noso porteiro que parou dous penaltis, un en cada tempo. Chegouse ó descanso con empate sen goles. No segundo tempo adiantouse o Arenas cun gol de Cocas e a partir de ahí foi todo máis acelerado. O Pereiró buscou darlle a volta o partido e o Arenas manter o resultado a favor. Pero non se pode contentar a todos e arredor do minuto 75 chegou o empate do Pereiró nun corner. Logo xa foi unha defensa case numantina do resultado por parte do equipo local. Empate que non sabe igual que unha victoria, pero que vale un punto moi valioso porque se conseguiu ante o Líder que gañara os sete partidos de Liga disputados ata o momento. Deixámosvos o vídeo con: imaxes, os dous penaltis, a entrevista ao MVP do partido e a celebración final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario