domingo, 9 de octubre de 2022

Crónica da Xornada

O conxunto formado por Prebenxamíns e Minis xogou en Moledo un amigable que rematou cunha derrota por 2-0 ante o conxunto local.

 Impresionante remontada e vitoria do Benxamín B ante o Racing de Castrelos, deixando o resultado final nun espectacular 4-6. 

  Hoxe comezaron a Liga os equipos alevín:

Previa do partido do Alevín B cos xogadores Samu, Eros e o adestrador:

Un partido de dominio absoluto por parte do  Peñasco que se impuxo dun xeito claro e contundente por 2-10.

Previa do partido do Alevín A cos xogadores Vicente e Alex, e o adestrador Rubén:


Mal partido do noso equipo que non reflicte a súa verdadeira calidade. derrota por 1-5 ante o Colexio Hogar que debe servir de toque para seguir traballando arreo.

Segue a loita do Infantil B por mellorar e conseguir resultados positivos. Un mal comezo ante o ED Vigo 2015 onde encaixou 4 goles en apenas media hora, sentenciou o encontro. Alexandre foi o autor do gol do Arenas.

 O Infantil A continúa coa súa gran actuación en Primeira, outra vitoria fóra da casa, esta vez en Mos por 0-2 con goles de Miguel e Martín, o primeiro de eles de falta directa os 5 minutos de partido.


 
Mal partido do Cadete B en Navia, o resultado final 0-4 reflicte a superioridade da SD Ponteareas C.

Partido complicado do Cadete A ante un rival directo na loita polo ascenso que saldaron cunha vitoria por 3-1 con goles de Izan, Mario e Claudio, e que o confirmaron na cabeza da táboa, segundo clasificado cos mesmos puntos que o líder.

Outro partido con moitos goles, alternativas no marcador e emoción do Xuvenil B, esta vez ante o AD Lavadores con empate definitivo a 2-2. Mateo e Nicolás foron os autores dos goles do Arenas.

Preocupante derrota do Xuvenil A nunha xornada na que se regalaron 5 goles a balón parado, 3 de  penalti e  outros 2 goles de falta directa. Pouco xogo combinativo dun equipo que non acaba de arrancar nesta Liga a pesar de todo o esforzo. Cun inicio de encontro igualado onde Lucas poñía o 1-1 no minuto 20, unha rápida reacción de Tomiño con dous goles en 6 minutos aos que o Arenas non soubo reaccionar deu unha clara vantaxe aos locais. O gol de Álvaro nada máis comezar a segunda metade, que podería dar lugar á remontada, non foi máis que un espellismo ante o dominio de Tomiño.


 




No hay comentarios:

Publicar un comentario