miércoles, 12 de octubre de 2022

Crónica da Xornada

Xornada festiva na que 6 dos nosos equipos disputaron partidos de Liga, a os dous equipos de alevíns corresponderon un dobre desprazamento a Valadares, vitoria rotunda para o Alevín B por 1-7 e derrota moi axustada tras un partido emocionante para o Alevín A por 3-2.

 

 O Infantil B perdeu o partido  ante o Teis, pero esta vez o equipo non foi derrotado, é evidente que se viron detalles moi interesantes e os rapaces teñen moitas ganas de mellorar e van conseguilo. Alexandre Oitavén foi o autor do gol do Arenas.

O Cadete B adiantouse aos 15 minutos cun gran gol de Iker, e pouco antes do descanso o Salvaterra fixo o 2-1. A actuación de Gabri Quintana foi espectacular, parando todo o que lle chegaba na segunda metade, aguantando o acoso dun equipo que vai estar moi arriba, pero o Arenas tamén tivo a opción de empatar.

 

Primeira e sorprendente derrota do Cadete A ante o CD Teis, que será un dos candidatos ao ascenso e que con esta vitoria acada o primeiro posto da clasificación. Moi mal día que esperamos sexa o mal partido da tempada. Os goles de Claudio e Mario puxeron o 3-2 e permitían soñar coa remontada, pero o CD Teis recuperouse, e sendo moi superior, sentenciaba o encontro.

Novo partido do Xuvenil B que remata en empate pero no que mereceron a vitoria. O CD Teis adiantouse en dúas ocasións no marcador e os goles de Gael e Pedro empataron e puxeron o 2-2 final.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario