domingo, 2 de octubre de 2022

Crónica da Xornada

 

Última xornada de amigables dos nosos equipos de Fútbol-8 antes do inminente inicio da Liga a vindeira semana. Desprazamento masivo de todos a Gondomar. 

O equipo formado polos Minis e Prebenxamíns perdeu 5-0 ante un equipo de categoría superior ao que se enfrontou con moitas baixas e só dous cambios dispoñibles, iso si, pelexaron o máximo posible ata quedar completamente esgotados. Bravo Rapaces!!.

A outra derrota deste múltiple enfrontamento foi a sufrida polo Benxamín B tras un emocionante partido que rematou 8-5.

Partido bonito e emocionante, do noso Benxamín A, resultado final 3-3. Seguen aprendendo e disfrutando.

O mesmo resultado obtiveron os nosos dous equipos Alevíns, ambos os dous lograron a vitoria por 2-3.

Mellora significativa do Infantil B que puidemos ver hoxe no enfrontamento ante o Independiente que rematou 4-0, hai cousas que empezan a mellorar.

 

O Infantil A continúa coa súa magnífica actuación en Primeira División, nun partido moi complicado ante un gran rival como é o EF Denis Suárez, que foi superior en moitas fases do encontro, acadou a vitoria cun gol de Miguel Martín, que os sitúa no segundo posto na clasificación.


Primeira derrota na Liga do Cadete B, resultado inxusto polos méritos loitados e polo partido disputado. O terceiro gol do Vila do Corpus foi moi discutido por un posible xogo perigoso. Iker Fernández marcou os dous goles e subiu ao segundo posto da táboa de goleadores cun partido menos disputado.

Outra vitoria rotunda do Cadete A, esta vez no Baltasar Pujales ante o Rápido de Bouzas C. Mario, Claudio, Alberto, Ali e Andrés foron os autores dos 5 goles.

Tamén a primeira derrota, e rotunda, do Xuvenil B ante un rival que posiblemente arrasará na Liga xa que é o gran favorito. 

David Prado marcou o gol que puxo o empate provisional no marcador pero a posterior avalancha de Gran Peña non conseguiu resposta do noso equipo.

Dura derrota do Xuvenil A neste complicado inicio de Liga ante moi bos equipos, hai que seguir loitando como fixemos ata agora na procura dos bos resultados que chegarán. Dominio absoluto da EF Denis Suárez como se reflicte no resultado final.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario