sábado, 31 de mayo de 2025
miércoles, 28 de mayo de 2025
lunes, 26 de mayo de 2025
O Arenas en Xogo
Xornada 25 maio:
Partido moi igualado o do Prebenxamín no que finalmente os nosos pequenos campións impuxéronse a penaltis logrando a clasificación. Primeiros dous cuartos xogando moi serios, mantendo portería a cero, no que o rival non conseguiu dispararnos a portería e nos que dispuxemos dalgunhas ocasións que non conseguimos materializar. No terceiro cuarto saímos algo despistados o que provocou o primeiro gol do rival e que fixo que os nenos viñesen abaixo perdendo o parcial claramente. No último parcial, os nenos reactiváronse conscientes de que gañando ese cuarto podiamos chegar aos penaltis e de novo responderon á perfección materializando nesta ocasión unha das ocasións creadas, o que unido a un gran traballo defensivo permitiunos manter a portería a cero. Nos penaltis despois dunha longa quenda conseguieron impoñerse. Con este pase coámonos en semifinais con toda a ilusión de manter o refacho tras apear na Copa ao subcampeon e ao campión da fase de ascenso invicto en toda esta fase. Parabén equipazo.
miércoles, 21 de mayo de 2025
O Alevín C en AQUI HAY CANTERA
A partir do minuto 5, 12´´ a crónica da emocionante eliminatoria do Alevín C que se decidiu aos penaltis.