domingo, 27 de abril de 2025

O Arenas en Xogo

Xornada 26 - 27 Abril:

Partido moi igualado do Prebenxamín nun campo de terra onde nos resultou moi difícil realizar o noso xogo porque o bote do balón fixo que xogar por abaixo ou as entradas por banda fosen moi complicadas, convertendo o partido máis físico  e iso penalizounos en exceso.
Pechamos a fase de ascenso con este empate a 1, moi contentos co traballo de todos os nenos que consolidaron un gran grupo que dará moitas alegrías ao Arenas.

Moi bo partido do Benxamín B en San Miguel. Xogaron todos de marabilla, pelexando como leóns e aí o resultado final con una clara vitoria por 0-4; fomos superiores todo o partido,  xogando moi ben co balón desde atrás. Moi contentos cos rapaces.

Moi bo partido de todos os xogadores do Benxamín A contra un equipo que loitou polo ascenso ata este última xornada. O equipo saíu con todo o descaro posible, dándolle problemas á contra onde nos puxemos por diante no marcador. O Guardés que é un bo equipo lle deu a volta ao resultado antes de terminar a primeira parte. Na segunda metade, saímos igual, a por o partido desde o primeiro minuto e logramos empatar o 3-1 desfavorable, pero nos últimos minutos entre a calor, con só un cambio dispoñible e unha xogada que sae o balón fóra de banda ao noso favor que o árbitro non sinala, aproveitan a circunstancia para meternos o 4 a 3, o quinto gol chegou nos dous últimos minutos cando o equipo xa estaba cansado polo esforzo moi grande que realizaron. Cracks!!!

Partido moi bo do Alevín C desde o principio cos nenos moi concentrados e xogando con intensidade, iso si , contra un rival inferior. Na primeira parte os rapaces moveron moi ben a pelota, chegando ao descanso con 0-4. A segunda parte foi máis ou menos igual na que aproveitamos para cambiar posicións e traballar algunha cosilla. Goles de Hugo (2), Xabi (2), Mateo, Gabri e Leo. A seguir.

Resultado moi enganoso o logrado polo Alevín B a tenor do visto sobre o terreo de xogo, con dous equipos con bo trato de balón e ideas claras que buscaban combinar saíndo desde atrás, sen pelotazos nin balóns rifados, dous equipos que brindaron un bonito e entretido partido. A pesar do que indica o marcador, xeramos máis e mellor, tivemos a posesión e levamos o peso do partido pero non acertamos nos metros finais que é o que decide o marcador; fallamos incontables ocasións clarísimas, ben por erros propios na toma de decisións no último pase, ben polo acerto do seu porteiro, ao que facemos unha mención especial polo partidazo que fixo sendo decisivo para manter vivo ao seu equipo. Chegamos con 3-2 aos últimos 10 minutos de partido con moi boas sensacións; sen nada que perder, pechando con dous centrais para xerar superioridade no medio campo e cos nosos rapaces cercando ao Goián na súa área pero dúas decisións puntuais (boa arbitraxe á marxe delas) marcaron o desenlace final do partido; balón perdido en área contraria e contra de 3 vs 1 con Gael lesionado no chan, o árbitro non para o partido e anotan o 4-2; seguinte xogada, penalti claro ao noso favor non pitado, e unha contra na que a súa punta recibe e marca en fóra de xogo xa sen tempo material para tentar nada. Nada que reprochar ás nosas feras, en ningún momento baixaron os brazos, tentárono todo ata o final sendo fieis ao noso estilo. Igual de orgullosos que onte.

Primeiro partido do Infantil B na liguiña da Copa ante o rival contra o que seguramente nos xogaremos o primeiro posto e o pase á seguinte rolda. Cun campo moi rápido xogamos un moi bo partido, mellor a primeira parte que a segunda, obrigando ao rival para xogar ao pelotazo mentres que nós  tentamos chegar á área rival xogando o balón desde atrás e tentando aproveitar a velocidade dos nosos dianteiros. Chegamos 0-0 ao descanso, perdemos un pouco o control do partido ao comezo da segunda parte e chegou o gol do Sta. Mariña. Conseguimos o empate aproveitando o rexeite nunha falta e puidémonos levar o partido en dúas ocasións claras, cun man a man só contra o porteiro que non soubemos aproveitar. Pero ao final acabamos pedindo a hora tras a expulsión de Santi ao ser o último home, falta e vermella. Con este resultado seguimos vivos na Copa e con opcións de pasar á seguinte rolda.

Bo partido do Infantil A contra un rival que ten moi bos nenos e xogan moi ben, por algo estan nos postos altos da clasificación.
Entramos no  partido un tanto apáticos e sen moita frescura, quizais pola calor que apertaba bastante a esa hora do día. Aos 4 minutos de empezar, nun corner moi mal defendido fannos o 1-0. Tentando meter o equipo arriba para someterlles e roubar alto, enganchamos unha moi boa xogada de Vicente que fai o 1-1. Pouco despois tivemos unha moi clara na botas de Samu, que no un contra un lla para moi ben o porteiro. No saque dun corner moi ben lanzado por Unai e despues de moita lea na área, o balón entra sen tocalo ninguén. Co 1-2,  un pase perfecto en profundidade de Vicente a Samu que vai cara a porteria só, agárranlle e expulsan ao xogador contrario. Eles non se engurraron e buscaban o empate. Tras o descanso tiveron 5 minutos de maior intensidade para marcarnos, gañaban os duelos, e fixéronnos sufrir bastante porque xogaban moi ben ás costas. Nunha destas accións pítannos un penalti inexistente, que o envían fóra. Nós continuamos chegando sen acerto e nunha acción mala pola nosa banda fan o 2-2, pero empuxamos con ganas e moita ilusión e conseguimos facer o 2-3 e pouco despois o 2-4. Aínda quedaban uns 15 minutos para acabar e eles empuxaban moito, pero estivemos moi ben na liña defensiva para evitar que marcasen e tamén tivemos as nosas ocasións para incrementar a vantaxe, pero xa o marcador non se moveu e os 3 puntazos para nós. Grazas  Manu (Infantil B) porque sempre está disposto a botar unha man cando se necesita. 

Partido moi loitado polo noso Cadete B onde unha vez mes resolveuse nos minutos finais cun gol en contra.

Partido complicado o do Cadete A contra un rival no que o seu punto forte é o ataque. Proba diso é que nos complicaron durante todo o partido moitísimo, ademais non estivemos demasiado finos en tarefas defensivas. A primeira parte acabo cun 1-0 pero houbo alternativas para os dous equipos. Despois da charla do descanso e tras algúns axustes puidemos controlar o partido e atopar os espazos suficientes para poder crear perigo. Tanto é así que remontamos e logramos poñernos por diante chegando a estar 1-3. Case ao final e ante o empuxe do opoñente metéronnos un segundo gol pero xa era complicado que se nos escapase o partido quedando o 2-3 como resultado final. Cabe destacar o esforzo de todos, non perder a cara ao partido en ningún momento e a boa actuación do noso porteiro Dani, e a axuda espectacular de Alex e Nunes do Cadete B. Toca seguir gozando da boa tempada e traballando se cabe un pouco máis. Goles de Pablo Verdera, Miguel Nunes e Nico Vázquez.

Mal partido do Xuvenil A onde o resultado dino todo a pesar de empezar gañando 0-1 no minuto un con gol de Pucho de penalti, a partir de aí pensamos que ía ser un paseo e non puxemos a intensidade necesaria, cousa que si fixo o Gondomar e conseguiron unha vitoria fácil.

 

Xornada 12 - 13 Abril:

Partido igualado do Prebenxamín no que os nenos saíron moi serios. Sabendo que a virtude do rival era o disparo desde fóra da área por parte de dous dos seus xogadores, incidiuse en defender lonxe da área e tapar a estes xogadores, plan que saíu case á perfección evitando que o rival tivese ocasións de gol. En ataque tivemos máis empuxe que eles aínda que sen ocasións demasiado claras, tentando entrar por bandas conseguimos materializar algunhas delas. Resultado final 1-1 e moi contentos co traballo destes guerreiros.

Partido  do Benxamín B ante o Racing de Castrelos B onde fomos moi superiores desde o primeiro minuto, xogando e atacando moito polas bandas onde os nosos extremos íanse todo o intre, partidazo de todos os nenos, moi orgullosos de cada un deles e por fin o gol estivo da nosa parte. Resultado final 3-0. 
Partido inicialmente asequible do Benxamín A ante un rival do noso nivel, que nos recortou moitos puntos nas últimas xornadas, chegando ao partido igualados na clasificación. Empezamos o partido perdendo, fallamos un penalti que nos dese o empate. No segundo tempo seguimos coa mesma dinámica dos últimos partidos, non gañamos os duelos, algo perdidos no campo... A fase de ascenso está a resultarnos moi complicada para un equipo tan curto, o de só dispoñer de dous cambios en 12 dos 14 partidos que levamos, penaliza  e moito. A seguir remando.

Partido do Alevín C no que os nenos empezaron un pouco nerviosos porque tivemos un par de fallos defensivos que propiciaron dous dos goles do rival, en ataque perdoamos moito tamén. No primeiro tempo aos 10 minutos perdiamos 0-2 pero os rapaces non lle perderon a cara en ningún momento ao partido e así nos fomos ao descanso. No segundo tempo fallamos 2/3 claras pero conseguimos empatar 2-2. Cando máis dominabanos, encaixamos dous goles case seguidos por descoidos defensivos. Xa na recta final, os nenos dérono todo e conseguimos volver empatar 4-4. Na penúltima xogada mandamos dous balóns ao pau e aí acabouse. A pesar de non realizar un bo partido, a actitude dos xogadores foi de dez. Finalmente logramos unha magnífica segunda praza nesta segunda fase da liga. Destacar a gran melloría que tiveron os rapaces respecto ao comezo de tempada e máis tendo en conta que son todos de primeiro ano. Goles de Hugo (2), Xabi e Viñas. Agora toca descansar e logo competir na copa. A seguir 💪.

Partido sen practicamente historia do Alevín B; moi superiores en todas as facetas, con amplas fases de xogo vistoso e tamén efectivo. O encontro xa quedou visto para sentenza no primeiro tempo; co marcador holgadamente a favor relaxamos as marcas e a intensidade nos duelos, o que permitiu ao Valladares maquillar un pouco o resultado. Pechamos con esta vitoria o campionato en terceiro lugar, e coa satisfacción de conseguir dar outro pasito máis, non só no aspecto puramente deportivo, a nivel de cohesión grupal este equipo converteuse nunha roca e iso evidentemente repercute en todo o demais. Unha vez máis, e como ao longo da tempada, súper orgullosos deste equipazo. 

O Alevín A non xogou un bo partido esta xornada, o positivo e que probamos cousas novas que son moi boas se saen e parece que se van entendendo. Na primeira parte imos con empate ao descanso pero chegamos a ir perdendo 0-2; na segunda metade axustámonos máis e foi algo mellor pero aínda ten que mellorar máis. Finalizamos en oitava posición, un pouco máis abaixo do que esperabamos ao afrontar esta segunda fase pero vista a progresión dos nenos estamos moi conformes con esta posición. Agora a pensar na Copa.

Último partido da fase regular do Infantil B que pecha unha liga moi irregular deste equipo. Afrontamos o partido só con 12 xogadores e ao descanso vímonos forzados a realizar o único cambio dispoñible. Aínda así, os nenos fixeron un gran esforzo colectivo, podendo marcar na segunda parte e levarnos o partido. Ao final, un punto, merecido polo esforzo dos rapaces ao longo do partido. A partir de agora a pensar na Copa.

PAR-TI-DA-ZO!!! do Infantil A. Enormes ante un moi bo equipo, que xogan moi ordenados e con moi bo toque de balón. Pero hoxe os nosos rapaces estiveron inmensos en todas as liñas, con balón, sen el, contundentes en liña defensiva, con moi boa saída de balón, tiñamos o medio moi controlado e roubabamos alto xerando moi boas chegadas polas bandas. Ao descanso 0-0, despois dunha primeira parte sobresaliente. Na segunda metade tivemos uns minutos iniciais nos que eles nos obrigaron a replegarnos máis e custábanos un pouco máis asociarnos, pero enseguida volvemos ter o control do partido, froito diso, nunha xogada moi boa de Vicente (das moitas que fixo), fanlle penalti que o falla, na seguinte xogada vólvea o mesmo a roubar, fanlle outro penalti que o árbitro non pita, pero despois de varios rexeites Pablo fai o 1-0. Nos minutos finais, Nico o  porteiro, fai un paradón de socato que nos mantén no partido e na seguinte xogada, nun corner, Dani consegue o 2-0 cun espléndido remate de cabeza. Esta xornada quedarémonos curtos nos eloxios cara a estes xogadorazos que se baleiraron.

O Cadete B enfrontouse ante outro dos candidatos ao ascenso pero esta vez a pesar do esforzo non logrou puntuar. Unha mala primeira parte con tres goles encaixados parecía sentenciar o partido pero este equipo non se rende e dous goles de Jesús e Miguel Nunes apertaron o marcador e volvéronse a meter no partido; tres goles nos minutos finais do Colexio Hogar deixaron un marcador excesivo para os nosos.
 


Partido moi serio o do Cadete A, dende un principio xogando moi ben, con moita profundidade e xerando moitas ocasións, iso si, fallamos moitas delas en parte debido á gran actuación do porteiro contrario que fixo moito para que o marcador non fose máis abultado. Era cuestión de tempo para que entrase o primeiro, pero despois de dous goles anulados por posibles fóra de xogo, chegaron os dous primeiros goles case seguidos por obra de Brais. A segunda parte xogámola de igual maneira e aínda que o Nieto empregou a dureza non foron capaces de parar o bo xogo que estabamos a practicar. Esa dureza fixo que expulsasen a dous dos seus xogadores facilitando a chegada dos goles de Joel, Miguel Gil e Sergio. Moi bo traballo dos rapaces.

Partido moi ordenado o do Xuvenil B no que traballaron todos por igual sen esconderse en ningún momento ante o cuarto clasificado, claramente fomos superiores a eles. O 1-0 chegou de penalti marcado por Raúl, logo nun fallo defensivo empátannos pero o equipo seguiu traballando en todo momento. Na segunda metade chegou o 2-1 cun golazo de falta marcado por Granados e nos minutos finais o 3-1 de penalti transformado por Nayem. Todos estiveron a gran altura e con compromiso de equipo. Destacar que hoxe debutaron catro xogadores do Cadete B, un deles, Soto saíu de titular e Nunes, Iván e Jesús fixérono ao longo do segundo tempo realizando todos un gran partido e demostrando que están preparados para o salto de categoría.

O Xuvenil A tardou vinte minutos en conectarse ao partido e o contrario presionaba ben, pero aos poucos a base de mover o balón rápido fomos facéndonos co control e decantando o resultado ao noso favor. Na segunda metade o equipo xa estaba ben plantado no campo e con triangulaciones moi boas sobre todo en banda esquerda dispuxemos de moitas ocasións de gol, pero André que en todos os partidos sácanos as castañas do lume cos seus goles non tiña o seu día. Cando se xoga serio, as cousas saen e así foi que non demos opción ao Alerta para entrar nunca no partido. Goles de Leo, Rubén, Martín, Pucho e un espectacular dende o centro do campo de Xabi nunha vaselina perfecta. Bo traballo en xeral de todo o equipo.

 

Xornada 5 - 6 Abril:

Necesaria esta vitoria do Prebenxamín para levantar o ánimo despois das derrotas contra os fortes de esta Fase de Ascenso. Partido contra un rival inferior da zona baixa no que non pasamos apuros en ningún momento, logramos encerrar ao rival na súa área durante moitas fases. Aínda que faltou fluidez no xogo en moitos momentos, a superioridade nos duelos marcou a diferenza. Apréciase un pequeno baixón xeneral  e erros á hora de combinar que antes non se producían. Aínda así super contentos e a seguir traballando xuntos con este grupazo.
Derrota do Benxamín B ante un equipo da nosa liga que estaba un punto por encima antes de comezar o encontro.

Partido sen ningunha opción do Benxamín A desde o primeiro minuto ante un rival ascendido e moi superior en todas as facetas do xogo. O noso primeiro remate a portería fué a catro minutos do final. Non conseguimos facer minimamente o que se adestra (sobretodo o xogo sen balón). A seguir remando.

Quizais o mellor partido do Alevín C esta tempada. Fomos superiores en todo momento, movendo ben a pelota, case sempre ben situados e gañando os duelos. Cabe mencionar que saíron moi concentrados e con moi boa actitude. Este grupo está a facer moi boa tempada e máis tendo en conta que é o único equipo con todos os nenos de primeiro ano. Seguimos segundos empatados co Montecastelo pero sen posibilidades de quedar campións debido a que o Porriño lévanos 5 puntos. Goles Xabi (2), Viñas (2) e Hugo.  A seguir.

Bo partido en liñas xerais do Alevín B, outra vez indo de menos a máis; arrincamos con certas dúbidas nas coberturas defensivas en certo xeito debidas á modificación de posicións por ausencias de última hora;  conforme avanza o primeiro tempo facémonos donos do balón e o xogo comeza a inclinarse cara ao area do rival ao que anulamos a súa saída de balón desde atrás (teñen nenos con moi bo toque de balón) coas liñas moi adiantadas e compactas; xa só deixámoslles o recurso de xogar en longo cara ao seu dianteiro, un xogador moi veloz e con bos recursos técnicos pero que nunca puido co seu par e coas axudas que chegaron desde as bandas. 0-1 ao descanso; no segundo tempo claramente dominado xa polos nosos, con fases de moi bo xogo combinativo que xeraron infinidade de ocasións ata subir o 0-2; nun dos poucos achegamentos do rival cometemos un penalti inocente que lles permite achegarse 1-2, pero lonxe de defender o resultado seguimos despregando un xogo ofensivo moi atractivo co que buscamos a sentenza que chega cun golazo de vaselina. Recuperamos a terceira praza do campionato.  

Partido moi difícil para o Alevín A contra o líder da liga que supuxo un golpe de realidade para o noso equipo que levaba dous anos sen recibir unha goleada desta magnitude. Eran moi superiores non só tecnicamente, tamén tácticamente sendo o máis importante isto segundo que e o que marca a diferenza nestas categorías, nós seguimos co noso xogo de sempre e fiel a iso conseguimos realizar algunha xogada interesante. Felicitar o traballo dos nenos, algo que tamén fixo o adestrador rival que nos felicitou pola nosa disposición no campo e forma de xogar a pesar do resultado final. Guille foi o autor do gol.

Contundente derrota do Infantil B ante un dos equipos da parte alta da táboa. Hai que seguir loitando nesta parte final da liga.

O Infantil A disputou esta xornada uno dos seus peores partidos. Empezamos con dominio pola nosa banda pero foi efémero, no momento que eles tiñan o balón buscaban xogar en longo cos seus extremos que eran moi rápidos. Fixemos varias indicacións como tapar iso pero non había maneira, deron coa táctica por aí e aproveitárono moi ben. A nosa toma de decisións e os pases non eran nada bos, faciamos o contrario que tocaba. Era un partido no que tiñamos a esperanza de sumar, pero non puido ser. Goles de Hugo e Vicente.

Outro gran partido do Cadete B ante un dos equipos da parte alta, neste caso contra o segundo clasificado, onde tras un partido moi loitado estivo a piques de conseguir un novo empate, pero dous goles encaixados no últimos catro minutos cando xa se albiscaba a xesta, fixo que a derrota fose máis dura.

Un dos mellores partidos desta tempada do Cadete A, ante o segundo clasificado. Na primeira parte dominouse o partido, moveuse ben o  balón pero sen ocasións, eles  que son físicos e intensos  aproveitaron un erro en saída de balón e outro nun corner para chegar ao descanso cun  2-0 en contra inmerecido. A segunda metade foi de total dominio noso, achegámonos a un 2-1, pero un  novo erro, esta vez nun  saque de banda a favor, volveunos penalizar; conseguimos repoñernos e marcamos o 3-2 cun golazo de David, tivemos un pau e ocasións para empatar pero non puido ser. Orgullosos da actitude dos rapaces, que en ningún momento baixaron os brazos. David foi o autor dos dous goles.

Partido do Xuvenil B contra un equipo do noso nivel onde no primeiro tempo non estivemos moi finos perdendo moitos balóns en malos controis, sobre todo no pase e non eramos capaces de dominar o centro do campo. Aínda así tivemos tímidas chegadas pero eles na súa primeira oportunidad, cun tiro afastado e axustado ao pau, conseguen o 1-0. No descanso falamos dos erros que estabamos a cometer, cambiamos o debuxo, axustamos a presión alta e aí xa empezamos a despregar o noso xogo. Aos 55 minutos sufrimos a lesión de Nico que nos obriga a recompoñer de novo o equipo e logramos encerrar ao rival 25 minutos na súa área onde non pasaron do medio campo, mesmo enviamos un balón ao pau, claramente hoxe non quería entrar. No minuto 90, un erro infantil propicia o 2-0 e se esfumó a nosa posibilidade de empatar ou mesmo gañar un partido que non merecemos perder. Agradecer a axuda de Marcos do Cadete B que estivo a un bo nivel. O peor a lesión de Nico, cunha forte escordadura e que nos deixa en cadro para acabar a tempada.

Mal partido do Xuvenil A ante un rival que viña enchufado con tres vitorias seguidas. A nós faltábanos a intensidade que tiñan eles, os duelos sempre caían do seu lado, a saída de balón era a cámara lenta e aí roubábannos e creábannos perigo, froito diso encaixamos o 1-0 co que nos fomos ao descanso. Na segunda metade fixéronse cambios pero o partido transcorría igual, con moitos fallos na saída de balón e sen apenas intensidade, no minuto 53 encaixamos o 2-0, iso provocou un cambio de actitude e empezámolos a arrinconar na súa área, pero máis por empuxe que por xogo, André marcou o 2-1 no 71 e dez minutos despois Rubén puxo o empate no marcador, eles cos cambios afrouxaron máis e aproveitando unha mala saída de balón do Atios, Pucho puxo o 2-3 definitivo no minuto 88, pero aínda nos tocou sufrir dous minutos máis desconto. Toca corrixir cousas.

 

 

 Xornada 28 - 29- 30 Marzo:

Terceira derrota consecutiva do Prebenxamín ante outro rival da parte alta e claro candidato ao ascenso. Partido no que, a pesar de perder os tres primeiros cuartos por un só gol e empatar o cuarto sen goles, hai que recoñecer a superioridade do rival que, sen asoballarnos, mostrouse moito máis efectivo na  circulación de balón e nos duelos directos. Toca recuperar o ánimo e atopar de novo o camiño á vitoria.
Partido moi complicado o do Benxamín B ante o líder da liga, o resultado final reflicte a súa superioridade.

Mal partido do Benxamín A ante un rival da parte baixa da clasificación. Empezamos perdendo cunha falta de actitude e ganas fóra do normal por parte dos nosos aínda que logramos empatar antes de chegar ao descanso. O segundo tempo seguimos na mesma liña, perdendo todos os duelos, encaixando outros dous goles e chegando con 1-3 aos últimos minutos que cun cambio de actitude lograron empatar o partido a 3-3. A seguir remando.
 

Boa primeira parte do Alevín C  onde nos puidemos ir ao descanso con dous ou tres goles a favor en lugar do 1-0, dominada completamente por nós en canto a chegadas a portería. Xa no segundo tempo,  nada máis  empezar empátannos e nos seguintes dez minutos poñémonos 3-1. Os nenos con este marcador relaxáronse e permitiu que o Alerta se achegase no marcador co 3-2 definitivo. En canto a xogo, regular, pero competiron ben e levaron o derbi. Goles de Viñas (2) e Gabri. Con esta vitoria recuperamos  a segunda posición na clasificación,  empatados co Montecastelo. A seguir.

De menos a máis o Alevín B. Tardamos 25 minutos en darnos conta de que se non xogamos ao que sabemos e si ao que quere o rival non nos vai ben. Moitas dúbidas no arranque do partido coa saída de balón, algo en certo xeito esperado polas numerosas ausencias que fixo que formasemos cunha liña defensiva completamente nova; a liña de creación tampouco estivo moi fina no primeiro tempo polo exceso de ansiedade e precipitación nos pases que deixaban sempre en desvantaxe aos puntas que tiñan que baixar moito a recibir, deixando moitos metros por diante para sorprender. O Matamá pola súa banda limitouse a esperar a súa ocasión e esta chegou a balón parado; córner ao primeiro pau moi mal defendido e 0-1, un remate un gol, maxima efectividade; asi imos ao descanso; saímos con outra cara na segunda parte, facémonos donos do balón, marcando o tempo (o que sabemos e queremos facer) e comezan a chegar as ocasións; con todo nunha das contadas chegadas do rival, outro balón parado, outro córner, gol calcado ao 0-1; 0-2 e quince minutos por diante. E se algo ten este equipo é que mudou de pel e non se rende;  envorcados ao ataque e encerrando literalmente ao Matamá en 20 metros, chega o empate con goles de Dani e Juan. Máis que merecido, resultado que puido ser mellor pola cantidade de ocasións xeradas nese tramo. Agradecer a David, adestrador  do Benxamín A, pola xestión para conseguirnos tres puntais para suplir a falta de xogadores, a Unai, Alex e Oliver polo gran partido que disputaron e ás súas familias polo esforzo feito para que eles puidesen competir. 
Partido do Alevín A ante un rival superior onde todos son da mesma idade, de primeiro ano, e que para o ano xogarán en Primeira. Moi ben organizados tácticamente e con continuos movementos, algo que a todos gustaríanos facer pero non é posible, contento co traballo dos nenos e a intensidade. Goles de Diego e Gael.

Victoria in extremis do Infantil B nun partido tolo, con continuas  alternancias no marcador e que resolvemos no último minuto. Afrontamos o partido con algunha baixa que nos obrigou a reorganizar o equipo e coa ilusión de conseguir novamente unha vitoria tras a boa imaxe que mostrara o equipo na xornada anterior. Co partido controlado, conseguimos adiantarnos no marcador con gol de Chacón pero á metade da primeira parte o Tomiño cobrou vantaxe 1-2 cun novo gol de córner. Tras o descanso e en cinco minutos tolos, remontamos o partido 4-2 con goles de Dani, Leo e Sergio Vilas que nos daban unha tranquilidade no marcador e co partido controlado, pero aproveitando varios erros nosos, o Tomiño meteuse de novo no partido, empatando a 4-4 cando quedaban dez minutos para o final. Na última xogada, nunha contra, Dani, poñía o definitivo 5-4 no marcador. Destacar a achega dos Alevíns A Hugo e Pedro que renderon a gran nivel. Dar as grazas a Pablo e a Hugo polas súas facilidades á hora de achegar nenos para completar as convocatorias do Infantil B pensando xa na próxima tempada.

 

A pesar do resultado, os nosos xogadorazos do Infantil A fixeron un moi bo partido, traballaron moito e mesmo tivemos varias xogadas moi boas saíndo co balón desde atrás, cambiando de dirección o xogo e finalizando ben a xogada. Aguantámoslles moi ben ata o minuto 25 aproximadamente, con algunha que outra ocasión pola nosa banda, pero cando un equipo é superior e teñen o día de doce pouco pódese facer,  felicitalos e pouco máis. Por algo está colider co Mos.

O Cadete B dominou e conseguiu un novo empate ante un dos equipos que está a loitar polo ascenso. Primeira parte con posesións longas pero poucas ocasions pero a segunda metade foi máis intensa, poñémonos por diante no marcador cun gol de rebote nun córner pero o fútbol non é xusto e o Moledo con dous tiros xa lle foi suficiente para remontar o partido. No último minuto e á desesperada, nun córner, sobe todo o equipo a rematar e pola presión, un xogador do Moledo termina metendo gol en propia meta. 

O resultado do Cadete A reflicte con claridade a superioridade no campo. Aínda que contabamos con numerosas baixas e na primeira volta custounos impoñernos a este equipo, esta vez saímos enchufados desde o inicio e moi pronto nos colocamos en vantaxe. A partir de aí foron caendo os goles ao noso favor ata chegar ao final do primeiro tempo cun 6-0. Xa no descanso realizáronse todos os cambios dispoñibles para dar minutos a todos, incluíndo a Alex (Cadete B) e a Tin( Infantil A), que tiveron unha gran actuación. Cambios de posicións e distintas variantes fixeron o transcurso do partido atractivo pero sempre buscando a portería rival con respecto, e chegando ao final do partido co definitivo resultado de 11-0. Os goleadores foron: Adrián, Sergio e Pablo Verdera con dous cada un e Brais, Pedro, Nico Vázquez; Matías e Mario con un.

Difícil o partido xogado polo Xuvenil B contra o terceiro clasificado e no que non nos engurramos a pesar de que eles sempre foron por diante no marcador, merecemos ter máis sorte pero os erros páganse. Nicolás Comaschi foi o autor dos dous goles e volveu Breixo ao equipo formando parella de centrais con Alcántara que non o é pero non desentoou. Esperemos que no próximo partido teñamos máis sorte, tanto defendendo como atacando.

Partido do Xuvenil A ante un equipo superior a nós que claramente levan xogando xuntos varias tempadas, iso nótase moito no campo, ademais que son xogadores de moita calidade e por iso ocupan postos de ascenso na parte alta da táboa. Aínda así plantóuselle cara na primeira metade co equipo ben ordenado, moi xunto e saíndo ben á contra, creando varias ocasións moi claras, nunha delas, André dispara e tras a gran parada do porteiro, Andrés recolle o rexeite e marca o 1-0; a partir de ahi seguimos igual, pero a falta de atención e a calidade do rival remóntannos a 1-2 antes de chegar ao descanso. Tras a saída de vestiarios, ao minuto métennos o 1-3 e aí xa se acabou o partido, eles eran moi superiores e  nós xa non chegabamos ás axudas despois de correr tanto detrás do balón e así encaixamos dous goles máis. Resultado xusto ante un rival superior, só queda darlle os parabéns e aplaudir o gran fútbol que despregaron.Toca seguir traballando para chegar a ese nivel e contentos coa entrega dos rapaces que á parte do resultado fixeron un bo partido.

 

Xornada 22 - 23 Marzo:

Partido do Prebenxamín máis igualado do que reflicte o resultado final de 4-0. Competimos ben en 3 dos 4 cuartos. O xogo estivo condicionado claramente polo mal tempo e un campo encharcado que non permitía xogar o balón, limitándose na maior parte do partido os dous equipos ao xogo en longo. Este tipo de xogo non nos favorece e obrigábanos a gañar constantemente duelos fisicos, algo que nos custa especialmente e que claramente é un aspecto para mellorar. Os 2 primeiros cuartos moi igualados pérdense nas últimas xogadas e mesmo estivemos por diante no marcador no segundo. O equipo baixou un pouco os brazos no terceiro pero volvemos competir razoablemente ben no último que tamén se perde nunha xogada illada xa finalizando o partido. Toca levantar o ánimo para afrontar o final dunha tempada moi  bonita e no que seguro gozaremos de moitas alegrías.
Partido do Benxamín B cunha primeira parte moi igualada que comezamos cun gol de desvantaxe; empezamos a probar, a xogar por abaixo filtrando balóns ás bandas que deu como resultado dous goles que nos poñen en vantaxe. Na segunda metade coa presión arriba e con todo o equipo xogando moi ben metemos dous goles máis que sentencian o partido. Agradecer aos prebenxamines, Alonso que loitou como un guerreiro e a Mario que tamén tivo unha actuación fenomenal metendo ademais dous goles, os outros dous goles foron obra de Pablo.

Primeira parte moi igualada a do Benxamín A en O Rosal, onde empezamos perdendo pero logramos chegar con empate ao descanso. No segundo tempo saímos con mellor actitude en todas as liñas do campo, conseguindo impoñernos no marcador, fallando dúas ocasións moi claras para sentenciar o partido. No últimos catro minutos, por falta de intensidade defensiva e erro noso, remóntannos o partido. A falta de poucos segundos para o final, un tiro desde fóra da área deunos o empate 4-4 definitivo. A seguir remando.

O Alevín C disputou un partido contra un rival moi inferior a nós e que aproveitamos para cambiar a nenos de posición. Na faceta ofensiva imos moi ben (49 goles en 10 xornadas) pero na faceta defensiva temos moitas cousas que mellorar. Goles de Xabi (3), Viñas, Hugo e Mateo. A seguir 💪.

O Mos sabia que o Val Miñor xa gañara esta xornada e o campionato íaselles se non conseguían dobregarnos; por outra banda presentábase o noso Alevín B coa firme intención de facer valer o seu xogo, traerse os tres puntos para casa e seguir apertando aos dousde arriba mantendo o terceiro posto e así foi como se iniciou o partido, co noso equipo xogando ao que lle pediamos: presión alta, intensidade no medio campo e firmeza defensiva con saída moi limpa do balón desde atrás, transicións e cambios de orientación moi rápidos aos que o Mos, con nenos fisicamente enormes pero máis lentos, non era capaz de pechar con eficacia; e asi chegou o 0-1, balón recuperado en defensa, saída por banda e transición no medio campo que abre a banda esquerda, aí recibe Dani que rompe cara ao interior e filtra un balón marabilloso para que Roi, tras un perfecto desmarque ás costas dos 2 centrais reciba e bata con tranquilidade ao porteiro; o Mos, un moi bo equipo, con bo manexo de balón, alentado desde a banda comezou a recorrer a todo o que o árbitro lles permitiu, xogando ao límite que provocou que tuviesemos que retirar a varios dos nosos nenos para atendelos na banda; en pleno despropósito arbitral, outro dos nosos xogadores recibe unha cotenada (un máis…) e pola súa protesta ao árbitro este amoéstao con dous minutos; acto seguido roubo de balón e en superioridade 3 contra 1 cazan por detrás a Juan cando se ía só; o árbitro sinala simplemente falta e na nosa protesta desde a banda sufrimos unha expulsión. O Mos consegue empatar ao fío do descanso nun erro grave noso tras unha cesión ao porteiro que deixa o balón curto e o seu dianteiro non falla. Tras o descanso eles saen a por todas pero nós tamén, cos cambios baixamos un pouquiño o nivel e diso aprovéitanse para nunha contra facer o 2-1; lonxe de virnos abaixo o equipo crécese, a pesar da choiva de golpes que se estaban levando e encerran literalmente ao Mos no seu campo que recorre a calquera recurso necesario para perder tempo, ata o punto de non entregar balóns cando queriamos sacar rápido. Felicitar aos nosos xogadorazos  unha vez máis, vímonos sen puntos e cheos de negróns pero coa satisfacción de estar a traballar na boa liña, tanto no futbolístico como na súa formación como persoas.
 

Partido do Alevín A que conseguimos gañar a pesar de que o xogo non foi moi bo. Destacar o partido de Martín que conseguiu un gol, o resto de goles foron de Roi e Diego. E mención especial ao benxamín Diego Gesto no seu terceiro partido dando a talla dabondo para xogar cos maiores.

Leste foi quizá o mellor partido do Infantil B esta tempada. As condicións non eran as mellores cun campo encharcado e a choiva que non deu tregua. Os rapaces xogaron un partido moi serio en defensa e repuxéronse aos dous goles de falta (innecesarias) cando mellor estabamos a xogar. Antes do descanso, Chacón nunha moi boa xogada finalizada cun gran disparo poñía o 2-1. No descanso insistimos en non cometer erros nin regalar faltas. Dominamos gran parte da segunda parte, cun pau e conseguimos empatar a 2-2 con gol de Dani. Pero nunha gran xogada do Choco volveron poñer 3-2. O definitivo 3-3 foi obra de Roi. Contentos co empate e coa imaxe do equipo.

Resultado inmerecido o obtido polo noso equipo de Primeira, o Infantil A. Entramos moi ben no partido, xogando o balón, chegando ben arriba, cortando ben nas zonas de perigo e nunha boa xogada facemos o 0-1 a través de Unai, seguimos ao noso pero nunha contra regalada fannos o 1-1, e noutra falta de marca enseguida o 2-1. O equipo nese momento non veu abaixo e nunha contra facemos o gol do empate no minuto 34, a través de Pablo. Tentando aguantar para irnos así ao descanso temos 7 minutos horribles, no que encaixamos tres goles e ímonos ao descanso con 5-2 en contra. Tentando facer a maior, saímos ao campo e facemos o 5-3 con Pablo outra vez,  estabamos a empuxar moi ben e co equipo arriba, o árbitro regálalles un gol en fóra de xogo, volvemos refacernos e Unai fai o 6-4, con este resultado temos dúas claras de marcar e un tiro ao pau de Alvaro que permitirían a machada da remontada e levarnos o partido. Xusto ao final a nós anúlanos un gol en fóra de xogo. O árbitro pitou ben pero tivo dúas decisións claras que nos prexudicaron. Destacar que quitando eses sete minutos horribles, os nenos fixeron un partidazo, sobre todo na segunda parte.
Derrota sen paliativos do Cadete B ante un rival da nosa liga que adiantaríamos na táboa en caso de vitoria pero que nos dominou completamente.

Bo partido xogado polos rapaces do Cadete A, moi serio e controlando todas as situacións que se nos presentaban. Tivemos moitas ocasions pero fallámolas, iso daba incerteza ao partido e deixaba unha sensación de perigo xa que o seu xogo era golpear en longo e meter o balón preto da nosa área. Nunha moi boa xogada marcaba o 0-1 Matías, chegando con ese resultado ao descanso. A segunda metade foi moito mellor pola nosa banda, movendo moi ben o balón ata atopar os ocos necesarios, e nunha boa xogada fannos un penalti claro que convertería Adrián poñendo o 0-2. Outra boa xogada de Adrián desde a banda deixa o balón ao bordo da área e Sergio golpea exquisitamente marcando un gran gol e poñendo o definitivo 0-3. Puideron chegar máis pero non acertamos nas finalizacións. Rompemos unha serie negativa e traballaremos para ter continuación a seguinte semana.

Resultado totalmente inxusto o do Xuvenil B pero o fútbol é así, esta xornada tivemos que facer unha aliñación cos 13 xogadores dispoñibles ao comezo do partido, estivemos a gañar 0-1 con gol de Nayem pero eles con máis cambios que nós e coa sorte de fronte, márcannos dous goles en fallos dos nosos nos minutos finais, pena non dispoñer da plantilla completa porque estes puntos non se nos escapaban.

Partido moi pelexado polo Xuvenil A onde comezamos marcando aos 40 segundos do inicio e xa pensamos que ía ser moi fácil, pero ao contrario, acomodámonos, empezáronnos a gañar todos os duelos e remóntannos con dous goles. A partir de aí, espertamos pero tocou traballar o dobre xa que eles viñeron arriba e xogaban con máis intensidade que nós, así transcorreu o partido cun toma e daca, ata que no desconto, Campero lanza unha falta que a crava na escuadra para darnos a vitoria no minuto 96. Mala actuación arbitral. Goles de Andrés, Castro, Martín e Campero. +3  e a seguir traballando.

 

 

Xornada 15 - 16 Marzo:

Partido moi reñido do Prebenxamín no que o rival nos igualou e mesmo en momentos superounos en intensidade. Tras igualar o primeiro e terceiro cuarto e perder o segundo nunha xogada illada, o equipo chegou ao último cuarto con posibilidade de empatar o partido. Un novo gol na parte final á saída dun corner provocou que o equipo se lanzase a por o empate con máis corazón que cabeza o que deixou moitos espazos ás costas que permitiron ao rival finiquitar o partido á contra. A recuperar a moral para afrontar os próximos partidos ante rivais da parte alta da clasificación.

Partido do Benxamín B no que fomos superiores todo o partido e tivemos bastantes ocasións, dúas desas ocasións foron ao pau;  o primeiro gol que encaixamos foi dunha falta inexistente na segunda parte pero o árbitro decidiu sinalala. Moi orgullosos deste equipazo onde os nenos xogaron de marabilla e non mereciamos perder; pelexaron todos e seguindo con esta actitude e xogo os bos resultados chegarán.

Partido do Benxamín A no que dominamos totalmente o partido nos primeiros vinte minutos con moi bo xogo, actitude e ocasiones pero todo iso non se veu reflectido no marcador onde só iamos 3-0 a pesar de ter moitísimas ocasións e eles ningunha. Xusto antes do descanso métennos gol na única vez que chegaron a portería en todo o primeiro tempo. A segunda metade  comeza máis igualada, con ocasións para os dous equipos e eles conseguen recortar distancia a metade dese segundo tempo. A partir de aí tocou sufrir, eles tentaban empatar o partido e nós sentencialo. Partidazo en xeral, onde despois de 10 partidos seguidos, puidemos contar cos 11 nenos que forman o equipo. A seguir remando.


Non xogou un bo partido o Alevín C esta xornada, moitas perdas de balón e imprecisións nos pases cun rival ben colocado. Tras a charla técnica no descansou mellorouse un pouco pero xa era tarde para a remontada xa que nos iamos cun 2-4 en contra ao descanso. Goles de Xabi (2) e Gabri. A seguir.

Outro notable partido dun Alevín B que vai a máis; posta en escena moi seria, sen concesións en defensa, moi superiores no medio campo con transicións veloces aos puntas que xa deixaron sentenciado o partido no primeiro tempo. Contentos polo resultado, por outra portería a cero, pero máis pola forma en que chegou, poñendo en práctica con éxito todo o ensaiado durante estas últimas semanas nos entrenos. Orgullosos deste equipazo 💪💪.

Escapóuselle ao Alevín A unha vitoria coa que se contaba antes de empezar o partido. Felicitar a Taha, porteiro do Goián, pola sua grandísima actuación, se non fóra por el o resultado sería moi diferente. Chegamos como sempre, coa idea de xogo moi clara e presionando moito pero nesta xornada non foi suficiente. Diego foi o autor do noso gol.

Partido moi difícil o do Infantil B contra o segundo clasificado. Pouco puideron facer ante un rival superior que non nos deu opcións e que sentenciaron o marcador ao lograr cinco goles en xogadas a balón parado. 
Tal como reflicte o resultado final, partido moi cómodo para o Infantil A. Resaltar como positivo que é a nosa primeira portería a 0 e que dispuxeron de máis minutos  os xogadores menos habituais. Primeira parte sen moito ritmo e con chegadas sen forza, na que chegamos con 2-0 ao descanso. Na segunda metade xogamos moito mellor, movendo ben o balón de lado a lado, con moitas e boas profundidades. Goles: 1 en propia porta, Antonio, Pedro, Unai con un gol e Samu e Dani Zanotto con 2.

O Cadete B dominou claramente o seu partido. Nunha primeira parte moi boa pero sen materializar ese dominio na portería contraria e encaixando un gol na primeira oportunidade que dispuxo o AD Montecastelo, o que fixo que se chegase ao descanso cun 0-1 en contra. Na segunda metade seguimos dominando pero encaixamos o 0-2 tras un erro na saída de balón e o panorama empeorou ao quedarnos cun xogador menos por expulsión. Os nosos non baixaron os brazos e Marcos cun golazo de falta logra o 1-2 que nos metía de novo no partido. Despois de varias ocasións falladas, nunha  boa xogada, Hugo consegue o empate. Gran esforzo dos nenos que rescatan un punto importantísimo para subir o ánimo. 
Partido bo en liñas xerais do Cadete A contra un bo equipo e con bo trato do balón. Ademais das baixas importantes que tiñamos uniuse unha máis a última hora pero competiuse ben e empezamos gañando cun gol de Adrián, aínda que pronto nos empataron. Seguiamos crendo na vitoria pero fallamos nalgunha ocasión moi clara mesmo case a porta baleira. Chegando ao final do partido un fallo noso nunha entrega do balón deixou ao dianteiro contrario só contra o noso porteiro e sóuboo aproveitar, deixando o definitivo 1-2 no marcador. Outra derrota máis pero que non nos quita o ánimo de seguir traballando para cambiar a dinámica.

Dura derrota do Xuvenil B ante un rival da nosa liga que con este resultado adiántanos na clasificación e rompe o magnífico refacho de vitorias que levabamos, un gol encaixado aos dous minutos e outro no minuto 18 condicionaron completamente o partido. O gol de Iago deunos esperanzas de lograr o empate pero a pesar do esforzo, o Peñasco ampliou a vantaxe no último minuto.

Partido moi disputado polo Xuvenil A ante un rival que busca o ascenso e onde saíron de inicio cunha intensidade moi alta que non nos deixaban ter o balón, así transcorreu a primeira parte con varias ocasións deles por perdas de balón nosas na saída e froito diso encaixamos o 0-1. Na segunda metade todo cambiou e decidimos xogar máis ás costas da defensa e aí se que creamos moitísimas ocasións moi claras que non quixeron entrar, pero nunha contra métennos o 0-2, o equipo sacou a garra e un penalti a André márcao Pucho, a partir de aí foi un asedio constante pero non era o día e non quixeron entrar, para maior fatalidade un disparo sen perigo escápaselle das mans ao porteiro e márcannos o 1-3; seguimos empuxando e Bahamonde marcou o 2-3 definitivo no saque dunha falta. O partido decidiuse nas áreas, onde eles foron máis resolutivos. Toca seguir 💪💪

 

 Xornada 8 - 9 Marzo:

Bo partido do Prebenxamín, concentrados desde o asubío inicial, sabedores da importancia de non perder máis puntos contra rivais asequibles. Boa colocación, sen apenas erros  atrás, o que fixo que o rival non xerase ocasións, controlando o partido en todo momento con moitas ocasións a favor. Resaltar un dos nosos goles, despois dun balón longo do Moledo e unha cesión ao noso porteiro, conseguimos executar unha boa saída de balón adestrada para en 5 toques marcar. Partidazo tanto en defensa como ataque de ANXO. Goles de Alex, Alai, Tadeo e Lucas. Os próximos tres partidos serán claves para ver as opcións  reais de ascenso, comezando polo Alerta Navia a próxima fin de semana. 
Partido do Benxamín B cunha lixeira superioridade nun primeiro tempo bstante igualado, tan pronto se baixou o ritmo ao comezo da segunda metade encaixamos o primeiro gol e vímonos abaixo; o noso porteiro fíxose dano nunha parada, encaixamos o segundo gol nun rebote e na seguinte parada termina por lesionarse e púxose baixo os paus Alonso nunha situación difícil  que se complicou aínda máis polo intenso frío. Logramos recortar distancias cun golazo do Prebenxamín Mario, que o deu todo no campo, e outro de Gonzalo. Gran equipo que precisa de máis contundencia nas pelexas polos balóns.

O Benxamín A comezou gañando grazas á unha moi boa actitude coa que entramos no partido pero remontáronnos antes do descanso por culpa de dous erros nosos. No segundo tempo saímos a tentar remontar, pero seguimos coa pesada laxa da dificultade para facer goles. Nos últimos minutos, encaixamos dous novos goles, un de rebote e outro córner (xa van 15 nesta fase), que sentenciaron definitivamente o partido. A seguir remando.

Un mal primeiro tempo do Alevín C condicionou o partido, pases imprecisos, moitas perdas de balón e os nenos un pouco perdidos, fixeron que se chegase ao descanso cun 3-1 en contra. No segundo tempo, despois dunha charla técnica, saíron con outra actitude e moita mais intensidade,logrando empatar e podendo marcar algún gol máis, unha pena...... Goles de Hugo (2) e Gabri. A seguir 💪.

Partido moi serio e traballado polo Alevín B desde o asubío inicial ante un equipo que só nos puido opoñer resistencia durante os primeiros minutos. Controlado de principio a fin, con boas transicións ofensivas ante un Atios que, sorprendentemente, mantivo o seu esquema inicial (2-4-1) a pesar de verse continuamente superado en ataque polos nosos medios e puntas. Co partido decidido xa no primeiro tempo, aproveitamos para modificar posicións e esquemas, traballar conservación e posesión, e pechar o partido con portería a cero. Goles moi repartidos: Roi (2) Gerard (2) Juan (2) Dani e Diego.
Con esta vitoria recuperamos a terceira praza do campionato.
 

Partido sinxelo e asequible o do Alevín A, pouco que dicir, vitoria moi cómoda e portería a cero a pesar dos numerosos cambios de posición que se fixeron durante o encontro. Goles de Teo, Ru (3), Diego (2), Guille (2) e Pedro.

Partido xogado polo Infantil B ante un rival do noso nivel e características, dianteiro rápido con defensa lenta e que gañou o equipo que máis ganas puxo e menos erros cometeu. Comezamos controlando o partido e cando mellor estabamos a xogar nun erro chegou o 1-0 en contra. Conseguimos igual o partido con gol de Daniel e  mesmo na segunda parte poñernos 1-2 por diante. por medio de Víctor. Pero en cinco minutos de desfeita  pasamos do 1-2 ao 4-2 tras unha sucesión de erros que son o que normalmente nos custan partidos. Ao final, un novo gol de Dani maquillou un pouco o resultado. Estes fallos básicos, control e pase, son os que estamos a traballar toda a tempada. Toca seguir adestrando e mellorando.
Partido moi importante para o Infantil A porque o Comeseña sacábanos 3 puntos na clasificación. Foi dos partidos que mellor entramos a xogar, antes do primeiro minuto roubamos o balón, dous toques, pase en profundidade e Vicente fai o 0-1; seguimos igual xogando e levando o equipo para arriba e nun centro á área no minuto 20, Samu remata de cabeza  e marcan en propia porta; quedaba moito partido por diante, eles nos encimaban e presionaban moi arriba para poder remontar pero estivemos inmensos no traballo defensivo; xogaban con dous carrileros moi abertos e profundos que nos obrigaban a pechar moito cos extremos para non perder o medio. Na segunda metade saíron moi arriba e a presión era aínda máis intensa pero aguantamos moi ben. Faltando 10 minutos encaixamos o 1-2 dándolle moitísima emoción ao partido,  estabamos a pedir a hora porque nos estaban chegando con moito perigo e no 43, Antonio marcou un golazo, enganchouna ao bordo a área e púxoa na escuadra  finiquitando o partido. Victoria moi traballada polos nenos, hoxe tivemos a fortuna que nos faltou noutros partidos que finalmente perdemos.

O Cadete B empezou moi mal o seu partido desta xornada ante un rival que recorre o seu xogo ao pelotazo longo, en tres deses pelotazos fallamos e fixo que chegasemos ao descanso cun 3-0 en contra demoledor. Na segunda metade tras realizar uns cambios radicais, o xogo mellorou moito pero a remontada resultou imposible. Ignacio foi o autor do gol.

Complicado partido do Cadete A ante un rival forte que ten o ascenso na man. Difícil agora mesmo competir con eles polas moitas baixas que temos desde hai tempo. Más difícil aínda cando as condicións metereolóxicas e o campo non nos permiten facer o que mellor sabemos. E se aos 20 segundos métennos o 1-0 e no minuto 6 métennos o 2-0 de penalti prevíase un desastre. Pero o equipo ten alma, non baixa os brazos, aos poucos fomos equilibrando forzas e chegando máis a porta rival; aínda que finalizando a primeira parte métennos o 3-0. No descanso realízanse cambios e nada máis empezar a segunda metade, outra lesión complícanos a situación pero, como sempre, repoñémonos, loitamos e conseguimos chegar con perigo ao área contraria aínda que non fomos capaces de materializar ningunha das ocasións que tivemos. Eles tamén tiveron algunha ocasión pero chégase ao final do partido co mesmo resultado da primeira parte de 3-0. Moito esforzo sen recompensa, pero chegará.

Esta xornada, ao Xuvenil B tocábanos un equipo clasificado en zona de promoción de ascenso e que nos sacaba 17 puntos. O partido expómolo presionando arriba contra un equipo que sae xogando o balón, no primeiro tempo estivemos a xogar case sempre no seu campo e sendo mellores. Xusto antes do descanso cóllennos mal colocados nunha contra e márcannos o 1-0. Na segunda metade, se complica aínda máis coa lesión de Forero tendo que recompoñer o equipo con só dous cambios dispoñibles no banco. Lesiónase Alcántara e vémonos obrigados a realizar o segundo cambio do que dispoñiamos, todo isto contra un moi bo equipo e forte vento en contra. Pero o noso equipazo é imprevisible e recomponse de todo, nunha falta directa marca Granados un gol pola escuadra. Dous minutos despois Nico fai o 1-2 e empezamos a dominar o partido sen que o Valladares creasenos perigo, acabando os últimos minutos do partido no medio campo contrario. En resumo, partidazo dos mozos, onde todos traballaron duro e foron moi solidarios nas axudas, tendo momentos de bo fútbol ante, reiteramos unha vez máis, un gran equipo. 
Resultado enganoso o do partido do Xuvenil A ante o segundo clasificado no que durante 65 minutos fomos completamente superiores a eles cun xogo intenso e con boas circulaciónes de balon; a diferenza do partido estivo no acerto cara portería, onde fallamos varias ocasións claras co resultado 1-2  favorable e que puideron matar o partido pero non quixeron entrar e eles grazas ao seu dianteiro, que é un xogador determinante no campionato con 34 goles, bástoulle con tres ocasiones para darlle a volta ao marcador. Quedamos coa entrega dos rapaces que durante 65 minutos deron unha lección de entrega e rigor táctico. Enormes👏👏👏👏

 

Xornada 1 - 2 Marzo:

Victoria do Prebenxamín ante un rival que se mostró inferior a nós. Os nervios nos atenazaron en varios momentos e foron as individualidades as que nos permitiron gañar o partido. O xogo colectivo que caracteriza a este equipo non existiu en moitas fases, pero este tipo de partidos sérvenos para coller moral para próximos partidos e á súa vez entender a importancia de estar concentrados no campo.
Partido moi disputado  polo Benxamín A ante un bo rival, 1-0 ao descanso. No segundo tempo conseguimos facer o segundo gol sobre o minuto 10, tendo un traveseiro a continuación. A partir de ahí baixamos un pouco a intensidade e nos oúltimos cinco minutos empatáronnos o partido. A seguir remando.

Partido disputado e loitado polo noso Alevín B empezando con autoridade, marcamos en xogada de contraataque aos 10 minutos do partido pero a partir de aí empezaron as nosas dúbidas con fallos nosos no medio campo e defensa que provocaron o empate e que se adiantasen 3-1 no marcador; o equipo ponse as pilas e chegamos ao empate, pero novos fallos nosos e o acerto deles condenáronnos ao resultado final. Fáltanos saber xogar cos tempos dos partidos, toca seguir traballando.

Non xogou moi ben o Alevín A este partido no que gañou porque individualmente son mellores que o Casabranca. Goles de Diego e Pedro (2).

 

Xornada 22 - 23 Febreiro:

Destacar o partidazo do Prebenxamín con mayúsculas ofrecido por ambos os dous equipos, dónde ambas afeccións gozaron nas bancadas. Moi concentrados desde o principio, saímos contra o líder sabendo da importancia do partido. Primeiro cuarto moi igualado con poucas ocasións e tras fallar un penalti a favor acabou cun 0-0. Moi parecida a segunda parte, con axudas constantes en todo o campo aproveitando unha boa xogada de ataque acabando 0-1. Más do mesmo no terceiro cuarto, maniatando ao rival que non conseguía xerarnos perigo, pero a falta de 30 segundos unha mala decisión en portería a hora de saír xogando acabó co balón no seu dianteiro que acabou marcando o 1-0 xusto cando finalizaba o cuarto. No ú́ltimo e tras o erro anterior, moi nerviosos, regalamos dous balóns identicos en saída de balón que nos custaron dous goles. A pesar de encerrar ao rival, varios corners e bos ataques  non conseguimos marcar perdendo o cuarto e o partido. Unha magoa pero contentos co traballo destes guerreiros polo que recibimos unha nova felicitación do adestrador rival que destacou que fomos o mellor equipo que pasó esta tempada polo seu campo, o que dá un  valor  extra a este grupazo de rapaces.
Partido do Benxamín B onde non empezamos ben, algo durmidos, sen dar un pase ben e tendo en contra a un porterazo que realizou moitas paradas difíciles. Non presionamos con orde e recurriamos con facilidade ao pelotazo. A seguir pelexando.

O partido do Benxamín A disputarase o próximo martes día 25.

Partido moi bo e cómodo do Alevín C  que lle permite manter a terceira posición na táboa. Fixéronse varios esquemas de xogo e os rapaces responderon moi ben. Goles de Viñas (3), Mateo (2), Bruno (2),Unai e Gabriel. A seguir 💪

Mal partido e peores minutos finais os do Alevín B. Nin as ausencias en línea ofensiva nin a dureza (excesiva en ocasións) mostrada polo rival serven de atenuante. Con só dous disparos a portería en 50 minutos  que deixan ben claro o visto sobre o campo, hoxe fomos un equipo cunha imaxe moi afastada da mostrada ata o de agora e que nos permitía ata hoxe soñar con disputar o campionato. A pesar do mal partido, chegamos gañando aos últimos 10 minutos e ahí chegou unha desconexión incomprensible, encaixando os catro goles neses minutos finais por graves erros propios, facilitando a vitoria a un equipo que había mostrado aínda menos que nós. Unha magoa. Lección aprendida, a seguir traballando.
 
Partido intenso e disputado polo Alevín A ante niños más técnicos que os nosos pero a loita e o compromiso non faltou nesta xornada. A seguir.

Segunda vitoria  do Infantil B nesta Segunda Fase que reforza un pouco o traballo que están facendo os rapaces ao longo desta tempada. Xogamos contra un equipo moi físico (parecían cadetes) e nos custó entrar no partido. Case sen darnos conta, nada máis comezar, aos seis minutos, tras un novo erro xa perdíamos 0-1. O equipo, con só dous cambios dispoñibles, repúxose, empezó a xogar e non só conseguimos empatar senón que chegamos ao descanso cun 3-1 a favor moi merecido. Xa na segunda parte, o Gondomar apretou e conseguiu empatar a 3-3. Co partido empatado novamente a 4-4 e co tempo xa cumprido chegou o definitivo gol de André e a explosión de alegría de todo o grupo. Merecida vitoria polo traballo que fixeron en todo o partido. Goles de Pablo, André (2) Víctor e Leo.

 

Indicar que o Vila do Corpus é xunto co Porteiro 2000 dos mellores equipos con balón, abren moito o campo, xeran xogo por dentro, teñen un control de balón moi bo e dan moi boas profundidades ao xogo, pero hoxe tenían enfronte ao Infantil A do ARENAS. Dadas as cinco baixas que tiñamos, entre eles nosos dous medios, tocábanos reinventarnos e cambiar o sistema, algo que traballaramos pola semana e nos saía ben, pero había que enfrontarse a ese equipazo. Empezamos o partido con eles presionando moi alto e dificultándonos as saídas do balón, custábanos combinar como queríamos pero estábamos contendo ben; nunha contra moi boa facemos o 1-0 con gol de Unai, seguíamos co noso xogo, esperándolles sen ir á presión alta para non perder o sitio, e así imos ao descanso despois que fixesen un traballo moi bo, tocábanos aguantar porque eles ían saír a por todas e así foi, apertamos forte atrás e estábamos chegando ben arriba, nunha desas chegadas facemos o 2-0 por medio de Vicente. Eles seguían empuxando moito porque aún quedaba a metade da segunda parte e nunha superioridade fannos o 2-1. Case ao final invéntase o árbitro un penalti inexistente que fallan, mándano fóra e nós nunha contra perfecta facemos o 3-1, que o anula cando o noso xogador entra dende atrás. En fin partidazo, destes xabatos que hoxe se baleiraron e fixeron un esforzo enorme; moi merecidos estes 3 puntos ante un dos candidatos ao ascenso.

O Cadete B segue mellorando en xogo e resultados dándoo todo nos partidos. Empezamos en desvantaxe cun gol de rebote nada máis comezar aos catro minutos pero non nos vimos abaixo e tras unha conexión de pases moi boa, Nacho anotou o empate. Nos últimos minutos da primeira metade tivemos moitas oportunidades claras de gol que o porteiro contrario evitou. Na segunda parte, fomos claramente dominados e tocounos sufrir pero o noso porteiro, Santi, fixo unha actuación de sobresainte parando todos os remates do La Guía. Moi contentos co resultado e co esforzo dos nosos conseguindo outro punto ante outro rival que loita polo ascenso🔝🔝.

Outro partido más do Cadete A no que a mala sorte que nos persegue  cebouse connosco. Xogando contra un equipo que o único que realiza é dar o balón ao seu central e este golpea o más lonxe posible, asemellándose más a unha patada para seguir do rugby, pero iso tamén é futbol. Tivemos os nosos fallos que nos penalizaron en defensa pero fomos moi moi superiores, tendo infinidade de oportunidades que dentro do área fallámolas increíblemente. E o factor de mala sorte volve unha semana máis cando no tempo de desconto un mal despexe fai que nos metamos un gol en propia porta dando a vitoria ao equipo rival sen merecelo. Arbitraxe moi mala. Resumindo, baixas importantes ás que xa estamos afeitos, bo fútbol en xeral, moitas oportunidades falladas e mala sorte.  Anxo, Pablo e Joel foron os autores dos goles. A seguir remando.

Partido do Xuvenil B no que fomos completamente superiores ao Erizana pero, esa superioridade non se viu reflectida no marcador con máis goles qué merecemos; pero isto é fútbol e sabemos que non sempre é xusto. Estamos a realizar unha boa segunda volta, competindo ben, seguiremos sen baixar a garda para seguir sumando e crecendo como equipo. Goles de Caco e Rafa. O próximo partido tócanos contra un bo rival, o Valladares qué está nos postos de arriba, pero imos ir alí a competir ben. Parabén a todos os compoñentes do equipo.

Partido do Xuvenil A no que empezamos durmidos como de costume cando xogamos de mañan. Primeira parte frouxa pero con máis acerto para gol que outros días non tivemos, e después de empezar perdendo, un gol de Martín e dous de André dábannos unha tranquilidade que se foi no ultimo segundo cando nos meten o 3-2 e pita o árbitro o descanso. A segunda metade xa foi diferente e ahí se que levamos o control do partido, eles só creábannolo con balóns longos buscando as nosas costas, André con outros 2 goles e Rubén con 1, sentenciaron o partido. Moi boa segunda parte dos rapaces; +3 e seguimos na pelexa.
 

Xornada 15 - 16 Febreiro:

Partido moi completo de todos os nenos do Prebenxamín nos que cada un deles ofreceu a súa mellor versión. Hoxe  conseguiron materializar unha porcentaxe máis alta das ocasións creadas que en partidos anteriores e xunto co esforzo colectivo impediu ao equipo contrario tirar a portería en todo o partido, foi  un partido redondo de todo o equipo que finalizou con vitoria por 4-0.

Partido onde todos os Cracks do Benxamín B pelexaron como guerreiros, non hai queixa de ninguén, un partidazo moi intenso polos dous equipos onde todos esforzáronse ao máximo, +1 pero isto só acaba de comezar, a verdadeira volta. Dar as grazas a Diego do Prebenxamín que é un loitador extraordinario.

Non hai moito que comentar do partido do Benxamín A, o resultado dino todo, aos 7 minutos xa encaixaramos 4 goles. Un desastre en xeral, superados en todas as facetas do xogo, sen tirar a portería rival en todo o partido. A seguir remando. 

Partido totalmente dominado polo noso Alevín C, principalmente no segundo tempo no que os nenos estiveron nerviosos e ansiosos por manter o liderado. Tivemos varias ocasiones pero non quixeron entrar e outras por mérito de dous centrais e un porteiro contrarios moi altos e corpulentos que cortaban todo o xogo, tanto por arriba como por abaixo. A seguir.

Partido super serio e con intensidade desde o minuto un do noso Alevín B contra un moi bo equipo con algúns xogadores que parecían infantís. Un partido controlado e con moitas ocasións xeradas que foron resultas con moi boas paradas do porteiro rival que fixo un partidazo evitando un resultado que puido ser maior. Seguimos coa nosa boa traxectoria, nunha magnífica terceira posición cun partido menos. Parabéns equipazo!!! estamos moi orgullosos.

Por fin chegou a primeira vitoria do Alevín A en esta segunda fase despois de loitar e merecelo en cada un dos partidos anteriores. Nuns primeiros 12 minutos magníficos puxémonos 0-5 xogando moi moi ben, pero deixámonos ir e antes do descanso márcannos un gol tras unha condución fácil. Na segunda metade tivemos algunha ocasión solta pero chegáronnos máis; non tivemos o partido tan controlado como os anteriores pero un comezo moi bo e intenso nos deu a primeira vitoria desta fase. Goles de Martín (3), Diego e Hugo.

Primeira vitoria nesta segunda fase do Infantil B ante un rival que xa coñeciamos da primeira fase. Esta semana o corpo técnico falou cos rapaces animándolles a seguir coa mesma actitude dos últimos partidos e que a vitoria chegaría. E así foi, saíron concentrados, facendo o que se falou no vestiario e fortes en defensa.Tivemos a sorte para gol que non tivemos nos partidos anteriores e o resultado serve para a subir a moral do equipo. Goles de Pablo (2) Andre, Diego e Roi.

Moi bo equipo o Cangas que por algo vai de segundo,  ten o factor campo de terra a favor e hoxe en zonas dos corners era un bulleiral moi esvaradizo. O Infantil A non tivo o seu día e non puido despregar o seu xogo con balón desde atrás. O partido gañaríase no medio do campo, pero non saímos ben enchufados e no minuto 3 un rexeite mal despexado por nós favorécelles e fan o primeiro gol, aos poucos parece que estabamos a entrar no partido e chegando con algunhas acciones pero nunha xogada ao bordo da área nosa despois de varios rexeites fan o 2-0. Repuxémonos ben dese golpe porque nos facemos co control o partido, tendo ocasións claras para empatar ou mesmo poñernos por diante, pero non o conseguimos e con ese resultado chegouse ao descanso. Criamos que se podía dá a volta ao partido, pero non se pode conceder atrás e hai que estar máis finos para porta. As primeiras ocasións da segunda parte son nosas, e nada , o balón non quere entrar, nunha contra en fóra de xogo fannos o 3-0, a laxa xa é demasiado pesada, recortamos con penalti que transforma Samu, e  co partido roto fannos o 4-1definitivo. Mágoa deses 10 minutos que nos sentenciaron porque despois fixemos bo partido.
 
Resultado enganoso o do Cadete B ante un Valladares que xoga moi moi ben ao fútbol e que lidera moi destacado esta Liga. Saímos intensos propiciando que nos primeiros minutos custáselles atopar espazos. Moi boa primeira parte do equipo a pesar de chegar ao descanso cun 4-0. Aínda así non baixaron os brazos e pelexaron ata ao final dando a cara en todo momento. Moi contentos co traballo realizado dos rapaces e parabéns ao Valladares que ten un gran equipo. A seguir traballando.

Partido do Cadete A moi intenso como todos os da liga. Enfrontabámonos a un equipo que xoga moi ben e cuns atacantes moi bos,  nos con oito baixas facía prever moi complicado. Sen escusas na primeira parte xa que nos pasaron por enriba en xogo, duelos e ocasións, o mellor da mesma foi chegar ao descanso co resultado de 2-1. A segunda metade foi distinta en intensidade e chegamos a portería rival moito máis pero aos 5 minutos de comezar, Martín lesionouse e complicounos aínda máis o partido. O encontro foi un toma e daca, e logramos empatar a 2 tantos, e pasamos a base de golpes ao 3-2, 3-3, 4-3 e 4-4 ata que chegou no tempo de desconto o mazazo. Unha falta ao noso favor na área contraria con toda a nosa xente envorcada e metida nela porque criamos no último cartucho para a vitoria, executámola da peor maneira posible quedando un balón curto que propiciou unha saída do contrario, que era o seu forte, e chegaron á nosa portería na que un despexe defectuoso deixoulle o balón nos pés do opoñente que logrou marcar. Con todo iso e ante as adversidades estamos orgullosos do esforzo mostrado, e a pelexa ata o asubío final, e aínda que estamos nunha dinámica negativa nos últimos encontros, seguro que logramos cambiala moi pronto. Agradecer a Moha e a Marcos do Cadete B que viñesen axudarnos ante as numerosas ausencias coas que contabamos. Adrián con dous, Joel e Pedro foron os goleadores.

Partidazo do noso Xuvenil B contra o sexto clasificado. Empezaron apertándonos eles con balóns longos cara á súa banda esquerda onde tiñan ao seu mellor xogador. Unha vez axustamos as marcas, fixémonos co control do balón e do partido, creando ocasións ata que chegou o penalti que marcou Nayem. Nunha contra empátannos pero antes do descanso marca Granados un gran gol de volea. O segundo tempo apertáronnos máis co seu xogo en longo e nunha contra marcamos por mediación de Quiroga. Cunha defensa de circunstancias (Forero de central, que fixo un gran partido, e as lesións de Alcántara e Bruno) colléronnos nunha contra e fixéronnos o 2-3. A partir de aí fixemos de tripas corazón pero aínda así tivemos algunha oportunidade máis en varias contras. Un Gran aplauso a todo este equipazo.

O resultado final do Xuvenil A o dis todo, xogo desastroso, non tivemos opción de meternos nunca no partido, chegabamos tarde a todos os cortes, non gañamos ningún duelo, en fin, para reflexionar. Seguirémos pelexando.

 

 

 

Xornada 8 - 9 Febreiro:

Partido cómodo do Prebenxamín contra un equipo da zona baixa da táboa. A pesar da superioridade  e non sufrir ningún disparo á nosa  portería durante o partido, a falta de gol unha vez máis, fainos empatar un cuarto e sufrir para gañar outro. Iso se, este equipazo volveu a recibir felicitacións pola maneira de tentar mover o balón.
Partido  do Benxamín B onde os nenos foron con todo e cun ansia de gol implacable. Empezamos gañando 2-0 desde os primeiros minutos pero despois encaixámonos un golazo de falta chegando ao descanso con 2-1 no marcador. Cos cambios realizados para a segunda metade logramos o 3-1. Destacar unha vez máis a Alai, xogador do prebenxamín, que fixo un partidazo sendo un guerreiro e gañando todos os choques que disputou. Primeiros tres puntos nesta segunda fase e a seguir sumando que isto acaba de empezar.

Partido onde os nosos nenos do Benxamín A saíron moi concentrados, dominando totalmente o primeiro tempo con 0-4 no marcador, fallando moitas ocasións e deixando sen opcións ao rival, incapaces de crearnos ningunha ocasión de gol. Na segunda metade baixouse algo o ritmo e a concentración, o rival xerou varias ocasións e nunha delas meteunos un gol aproveitando un erro noso, aínda así puidemos ampliar a vantaxe con dúas oportunidades falladas. Semana perfecta con tres vitorias que nos permiten pasar do faroliño vermello á parte alta da clasificación nesta Fase de Ascenso. A seguir remando.

Primeira parte do partido do Alevín C totalmente nosa, proba diso foi que aos 15 minutos xa iamos gañando 3-0 sen xogar demasiado ben contra nenos moi grandes. Fomos ao descanso 3-1 tras encaixar un gol acabando a primeira parte por un descoido noso. A segunda metade empezamos dominando os primeiros 10 minutos, perdoando 2/3 ocasións moi claras, a partir de aí relaxámonos e eles viñeron arriba logrando o empate faltando 10 minutos para o final, mesmo tiveron 2 balóns ao pau. Na ultíma xogada do partido e tras unha falta que nos fixeron preto de área, Leo conseguiu marcar o gol da vitoria dun disparo forte que lle dobrou as mans ao porteiro rival. En resumo, partido regular en xeral sobre todo en defensa contra un rival con nenos enormes e moi físicos, no que puidemos demostrar o poderío que temos diante con 23 goles a favor en 5 partidos, sendo con diferenza o equipo máis goleador do grupo pero que ao final cun pouco de fortuna, conseguimos sacar adiante e colocarnos líderes provisionais. Goles de Viñas, Mateo, Hugo e Leo. A seguir 💪.

Marabilloso partido do Alevín B ante un líder que hoxe sufriu como poucas veces sufriría. L@s niñ@s cumpriron a machada as consignas acordadas cun excelente traballo de presión no medio campo e unha enerxía sen límite en todos os duelos e transicións ofensivas vertixinosas; así nos imos ata un 3-1 a favor con tan só 10 minutos por disputar que nos fan soñar; 4 minutos dramáticos e inexplicables de desconexión en defensa nos que encaixamos 3 goles colócannos 1 abaixo no marcador; aínda asi, volvemos á carga e encerramos ao Val Miñor (que terminou xogando un 1-4-3) en 20 metros en campo propio tendo varias ocasións nas que a fortuna non nos sorriu, esta vez…. Haberá máis ocasións. Súper orgullosos deste equipazo 💪.

PARTIDAZO outra semana máis do Alevín A, xa non sabemos que máis hai que facer e merecer para gañar partidos, pero segue quedando claro que ter a 15 nenos menos corpulentos non é tan importante cando xogamos desta maneira, levamos tres partidos cunha derrota e dous empates onde o xogo do equipo é absolutamente superior ao dos adversarios, e se perdemos ou empatamos todos os partidos, dá igual, todos xa gañamos vendo xogar a estes CRACKS; aínda que gañar está ben, o primeiro é xogar e disfrutar co balón. O partido na tónica dos últimos onde xeramos, construímos pero fáltanos algo para finalizar máis e mellor. O traballo e a loita están aí, reiteramos  que as 3/4 partes do equipo son de primeiro ano. Por último agradecer aos pais que estean tan integrados neste grupo que chegará moi lonxe. Goles de Hugo, Diego e Guille (2).

Partido moi difícil do Infantil B contra o líder invicto cunha media de máis de 5 goles a favor por partido e o noso equipo cunha serie negativa na que non coñece a vitoria. Expúxose un partido á contra, esperando a nosa oportunidade (que as tivemos na primeira parte) e evitando xogar a campo aberto para non favorecer ao rival. Os rapaces fixeron un moi bo traballo. Todo o equipo púxose o traxe de faena e traballaron todo o encontro. Os goles lográronos desde fóra da área en dous disparos imparables para calquera porteiro da nosa categoría. Destacar aos dous alevíns que viñeron connosco, Martín e Hugo, que non desentoaron en absoluto e deixaron moi bos escintileos sobre todo na segunda parte.

Moi bo partido do Infantil A, saíndo ao campo cunha actitude e entrega moi boa, sen concesións atrás, xogando o balón e sendo moi profundos arriba. Despois de varias chegadas con perigo á súa portería marcamos o 1-0 por mediación de Unai pero nunha contra longa nun balón disputado co noso central, ao que lle fan falta tirandolo ao chan e sufrindo unha mala caída, incomprensiblemente, en lugar de falta a favor con tarxeta amarela para o contrario, o árbitro  concede o gol. Seguimos empuxando pero xogaban ao límite e facían moitas faltas, chegando ao descanso Álvaro remata desde o bordo da área á escuadra subindo o 2-1 ao marcador. Na segunda metade seguimos igual, aguantando ben as súas chegadas e xerando moito perigo na súa área, a 10 minutos do final Unai fai o 3-1, e faltando 2 minutos Dani logra o 4-1. 

 

Mal partido do Cadete B ante o pechacancelas, a pesar dun bo comezo con gol de Hugo aos catro minutos pero o Bouzas remontou con dous goles tras dous rexeites de balóns parados por falta de actitude. Miguel Nunes logrou o gol do empate que nos permite sumar un punto. Toca seguir traballando e mellorar o máximo posible o que queda de tempada.

Partido moi duro o do Cadete A o que nos presentabamos con númerosas baixas. Aínda así xogamos unha gran primeira parte ante un rival moi intenso en todas as partes do campo, pero cun moi bo xogo dispuxemos de grandes ocasións que fallamos e ese é o lastre da tempada. Case finalizando a primeira parte, un erro arbitral ao non ver unha falta clara ao noso favor permitiu o gol do equipo contrario chegando ao descanso co 1-0. A segunda metade non saímos ben, gañábannos todos os  balóns divididos e o Chapela chegaba con moito perigo pero aínda así fallamos unha clara ocasión coa portería baleira que podía supoñer o empate e cambiar o rumbo do partido, pero ao non marcar, o equipo contrario seguiu tendo ocasións e nunha delas fixo o 2-0. O noso equipo xa se atopaba canso e cos cambios tentouse algo diferente pero non puido ser. Toca seguir pelexando e seguimos na loita polo obxectivo.

O Xuvenil B chegou ao minuto 20 gañando 0-4 con goles de Nayem (2) Nico e Carlos pero a partir de aí vímolo tan fácil que houbo unha pequena desconexión e empezamos a perder balóns preto da nosa portería, que provocou a reacción dos contrarios e que nos levou ao descanso con 2-4. No segundo tempo pítannos un penalti moi rigoroso por man, dos que non se adoitan sinalar, achéganse 3-4 e nós seguiamos sen reaccionar. Nunha xogada illada marca Novoa o 3-5 e a partir de aí xa nos dedicamos a controlar o partido sen sufrir. Este equipo segue coa súa gran melloría, toca seguir traballando e preparar o partido de Ponteareas.

O Xuvenil A empezou moi mal o partido encaixando dous goles nos primeiros 16 minutos, aos poucos fómonos metendo no partido. O Mos apertaba moitísimo e non nos deixaban xogar, xa que era coller o balón e mandábannos ao chan, froito dunha desas faltas marcaron o primeiro gol nunha falta clara que lle fixeron a Bahamonde e que o árbitro non sinalou. Despois do 2-0, o equipo repúxose e fixémonos co partido, marcando Bahamonde o 2-1 ao transformar un tiro de falta, metémolos na súa área pero o descanso veunos en mal momento xa que os tiñamos a mercé. Na segunda metade dispuxemos de varias oportunidades para lograr o empate que non soubemos aproveitar pero nun fallo defensivo e nunha contra metéronnos outros dous goles que xunto co gol final de André deixaron o marcador final en 4-2.


 

 



 

Xornada 1 - 2 Febreiro:

Partido frouxo do Prebenxamín no que a fortaleza física e a intensidade do rival marcou a diferenza. Dous primeiros cuartos nos que fomos inferiores aínda que mantendo certa competitividade pero que se acababa perdendo con disparos afastados dun rival na que a súa principal virtude era o forte golpeo de balón. Os nenos baixaron os brazos no terceiro cuarto pero no último cuarto, un gol permítenos recuperar o ánimo e o espírito de loita para gañar ese cuarto e non irnos con malas sensacións. Segunda derrota de toda a tempada e primeira desta Fase de Ascenso. Toca recuperar o ánimo e seguir loitando e mellorando como sempre o fai este gran grupo de nenos.
Partido do Benxamín B onde empezamos perdendo 0-2 por fallos en defensa pero que logramos empatar rapidamente antes de finalizar a primeira parte. Na segunda metade, nunha xogada desafortunada un contrario leva un rebote en defensa que o deixa solo ante o noso porterazo que non pode parar ese balón que acaba en gol; a partir de aí atacamos sen parar pero non houbo sorte cara portería. Mala actuación arbitral e moi bo partido dos nosos. Destacar a actuación do prebenxamín Alonso que fixo un partidazo.
Moi bo partido do Benxamín A que só puido dispoñer de 9 xogadorazos. A pesar de empezar o partido perdendo, aos poucos fóronse facendo co control do xogo con bastantes ocasións en ataque, chegando ao descanso tras conseguir a remontada con 2-1 no marcador. Na segunda metade con moitas ocasións para ambos equipos, onde puidemos facer máis goles pero acabamos encaixando o 4-2 definitivo a falta de 3 minutos. A seguir remando.

Partido do Alevín C a priori contra un rival duro pero os nosos rapaces dominárono con moita intensidade en todo momento. Un partido deses  nos que saen enchufados e todo transcorre rodado e que nos permite alcanzar a segunda posición nesta Segunda Fase da Liga. Goles de Xabi (2), Unai, Viñas, Iago, Mateo, Hugo, Bruno. A seguir.

Durante os primeiros minutos do partido do Alevín B xogamos moi acelerados, moita imprecisión dun medio campo que non conseguía conectar cos puntas, que sempre xogaban de costas e moi afastados de portería; aínda así, conseguiron fiar unha moi boa xogada de contraataque de manual, saíndo desde atrás ao primeiro toque e finalizando en gol; tras a charla do descanso conseguiuse un pouco de calma, con iso sucedéronse as ocasións e chegaron os goles que puideron ser moitos máis. Aproveitouse para dar moitos minutos a todo o equipo. A seguir traballando para puír os puntos débiles.

O desta xornada era un partido que o Alevín A tería que gañar debido a que somos superiores a pesar de que eles eran moi físicos pero con balón tiñan moitos problemas. 3/4 partes de que cada metade do partido foron perfectas pero nos ultimos minutos de cada tempo encaixamos os tres goles dun total de cinco disparos a gol que recibimos que contrasta coa infinidade de ocasións que tivemos nós. A destacar o compromiso mostrado unha vez máis por este equipo onde a maioría son xogadores de primeiro ano, están a entender a importancia de comunicarse e loitar xuntos atendendo ao que se lles pide e mellorando tácticamente cada partido. Goles de Gael (2) e Teo. 

Terceiro partido desta segunda fase do Infantil B e terceira derrota ante un rival do noso nivel. Xogamos mal co balón e defensivamente aínda peor sobre todo na segunda parte onde nos remontaron o 3-1 favorable co que chegamos ao descanso. Este equipo con balón ten un problema polo que baseamos o noso xogo en xuntarnos e con orden pero hoxe non saíu nada. Estamos a perder partidos máis por erros nosos que por mérito do rival como sucedeu esta xornada. Chacón, Diego e Sergio foron os goleadores. A seguir traballando!!

Ao Infantil A faltoulle agresividade para competir e poder gañar este partido, eles tiñan xogadores con moi bo trato de balón, moi rápidos e con moito desborde e a nós hoxe faltounos contundencia e máis garra. Unha primeira parte na que aguantamos ata o minuto 25 sen encaixar gol, pero en 10 minutos métennos 4 goles que sentenciaron e liquidaron o partido; recortamos distancias con gol de Vicente, índonos ao descanso con 4-1. Na segunda metade saímos apáticos coa laxa dos catro goles e a pesar das consígnas dadas no descanso fannos o 5-1 moi rápido; só quedaba competir posto que a remontada era pouco probable e recortamos distancia cun penalti que marcou Hugo. Metemos máis empuxe e chegamos mellor á súa portería,  tivemos 3 mans a man co porteiro que non materializamos, finalizando cunha clara melloría do xogo. A seguir traballando, que nos quedan partidos para sacar algo positivo.
 

Moita mala sorte a do Cadete B no partido desta xornada ante un equipo da parte alta que está a pelexar polo ascenso. Aguantando o marcador favorable tras o gol de Miguel aos oito minutos ata un penalti moi dubidoso que nos sinalan en contra no último minuto. Ánimo rapaces que é un gran resultado.

Esta xornada ao Cadete A presentábasenos un partido complicado que decidiría quen ocupaba unha das prazas de ascenso. Tiñamos algunha baixa importante en defensa e a iso hai que sumarlle a lesión grave de Enmanuel no minuto 1, que sufriu unha rotura de peroné. Quedamos cunha defensa de circunstancias pero nin moito menos baixamos os brazos. Xogar cun equipo moi bo e que mete unha intensidade brutal non é nada fácil, pero os nosos xogadores son dunha pasta especial e demóstrano no campo. Ante as adversidades crécense e desde logo se alguén quere gañar a este grupo debe suar moitísimo a camiseta. Partido moi duro no que a pelexa defensiva foi destacable en grao sumo. Gran esforzo no que dous pequenos fallos penalizáronnos con dous goles en contra e púxonos máis difícil as cousas, pero seguimos ata o final e a falta catro minutos metemos o 1-2, que nos facía crer en algo máis pero aínda que o tentamos non podo ser quedando así o resultado final. Obviamente seguimos na loita do ascenso e tentarémolo ata o final, porque o obxectivo da permanencia que tiñamos ao principio quedóusenos curto. Bravo rapaces pola actitude e por seguir crendo nun soño. A mala noticia pola lesión de Emanuel déixanos tristes, pero soamente quédanos dar moitos ánimos e esperar unha pronta recuperación. Forza e adiante capitán!!!!. Pronto estarás no campo connosco.

Do mesmo xeito que no partido do Cadete B, o fútbol non foi xusto co Xuvenil B; con moitas baixas por enfermidade, os que saíron a xogar pelexaron moito, puidemos marcar nalgunhas ocasiones pero enfronte tivemos uns bos porteiros que evitaron o noso triunfo. O gol produciuse no minuto 92 de penalti innecesario do noso defensa, que tamén está enfermo. Unha auténtica mágoa pero isto é fútbol, bo labor a do árbitro.

Partido malo o xogado polo Xuvenil A ante un rival moi físico e que só sabía sacudir balóns para arriba sen sentido, nós nunca demos atopado o noso xogo  e ademais cometemos erros graves que nos custaron 3 dos 4 goles encaixados, por moito que marquemos 3 goles en días como hoxe non é suficiente para gañar os partidos. Toca aprender dos erros e seguir traballando. Santi Bahamonde, André e Martín foron os goleadores.
 

 



 Xornada 25 Xaneiro:

Por culpa do temporal que obrigou a suspender os partidos que se disputaban o domingo, esta xornada só xogaron sete dos nosos equipos.

Non xogou un bo partido o Prebenxamín, con malas decisións en todo momento á hora de parar o balón, dar pases e finalizacións das xogadas. Co rival completamente encerrado en tres cuartos do seu campo e sen pasar apuros, dous  graves erros custáronnos perder o segundo cuarto. O positivo do partido é a vitoria. Hai moito que mellorar á  hora das finalizacións xa que dispoñemos de moitas ocasións claras en cada partido. Destacar a boa colocación sobre o campo que fai que non nos cren ocasións.
Gran Partido do Benxamín B en Oia a pesar de presentarnos con só oito xogadorazos pero deron o corazón e a alma no campo, xogando TODOS fenomenal; na primeira parte aguantaron o 0-0 con ocasións de gol pero sen sorte na definición e na segunda metade, a pesar de non dispoñer de cambios, moita presión arriba e constante pero a desgraza cebouse con este equipazo, co tempo xa cumprido sobradamente, o árbitro tras unha mala actuación no partido sinalou como falta un resbalón dun xogador rival e que finalizou en gol tras un rebote cunha perna dos nosos. Encomiable a actitude do equipo que non se rendeu nunca. Moi orgullos de vós.

Espectacular e emocionantísimo partido do Alevín C. Primeira parte totalmente nosa, tocando moi ben o balón e indonos ao descanso cun 0-2 favorable que puido ser máis amplo. Segunda metade igualadísima cun esforzo bestial dos nenos, compitiendo e loitando como nunca. O Rápido de Bouzas conseguiu darlle a volta ao marcador cun 3-2 pero cun xogo e esforzo impresionante remontamos faltando 10 minutos para acabar o partido. Póker de goles a cargo de Hugo. A seguir 💪.


Grandísimo partido do Infantil A na casa do líder destacado da clasificación de Primeira. Empezamos moi enchufados no partido xerando perigo e cortando moi ben os seus avances pero nunha xogada liada despexamos frouxo e fannos o 1-0 a pesar de que lles estabamos aguantado moi ben e chegando con claridade á súa portería. Así nos fomos ao descanso con pouco que dicir aos rapaces porque se estaban baleirando e crendo que poderíamos lograr algo positivo. A pouco de comezar a segunda metade, noutra xogada longa gáñannos as costas e fannos o 2-0. Seguimos empuxando e Pablo de saque dun corner fai o 2-1; no engadido facemos o 2-2 de saque doutro corner, obra tamén Pablo. A pesar da lamentable actuación arbitral levámonos un punto que nos sabe a vitoria para reforzar a moral dos rapaces que saíron contentísimos.

Empezou moi ben o Cadete B adiantándose no marcador aos cinco minutos do inicio por medio de Jesús pero como sempre o perigo chegou polo noso peor inimigo (os corners) onde o Apóstol conseguiu a remontada grazas a que aproveitou dous deses saques de esquina. Na segunda metade xogamos algo mellor pero seguimos fallando ocasións claras na portería rival. No último minuto, co equipo desordenado e envorcado en busca do empate, encaixamos o gol que puxo no marcador o definitivo 3-1. 
Partido trampa do Cadete A contra un equipo da zona baixa da táboa que nos complicou moito, en parte porque xogaban con moita intensidade e porque ademais de fallar un penalti, non fomos capaces de materializar varias ocasións clarísimas de gol. Eles chegáronnos pouco pero tiveron unha gran oportunidade de poñerse co resultado a favor que afortunadamente desaproveitaron. Avanzada a segunda metade e tras outro penalti a favor, que esta vez Enmanuel transformou, logramos o gol do triunfo. Un partido no que non xogamos como adoitamos facer pero conseguimos unha moi importante vitoria. Tócanos seguir traballando duro para mellorar a puntería para gol.

Terceira xornada consecutiva que o Xuvenil B segue sumando aínda que hoxe só foi un punto en casa dun bo rival que na primeira volta gañounos no noso campo e que ocupa unha das prazas de ascenso. Foi un resultado xusto aínda que puido gañar cualquiera, este equipo cada vez está a disputar mellor os partidos e os resultados están a chegar. Esta xornada tivemos tres baixas importantes de última hora, Gabri con dor no nocello, Alcántara e Bruno pero os que saíron no seu lugar estiveron a gran altura. Adiantámonos por dúas veces no marcador con goles de Nico Comaschi de penalti aos 10 minutos e de Rafael Fragata a pouco de comezar a segunda metade pero o Matamá logrou o empate definitivo nos minutos finais privándonos da vitoria.

 

 Xornada 18-19 Xaneiro:

Partido bastante completo do Prebenxamín xogando e combinando desde atras, pero dúas xogadas illadas cústannos dous goles que fan que o resultado sexa de empate final en cuartos a pesar de gañar no cómputo xeral por 2 a 3. Segundo partido consecutivo no que por ocasións e xogo merecemos os tres puntos. Seguimos progresando no xogo e tentando competir en cada partido desta Fase de Ascenso, que non deixa de ser un reto e un premio ao colectivo deste equipazo.


O Benxamín B reforzado con cinco xogadorazos do Prebenxamín disputou un partido moi igualado ante o C. Victoria que finalmente levou o partido.

Partido bastante disputado o do Benxamín A, moi igualado inicialmente nos primeiros 15 minutos con empate no marcador pero un baixón físico e desconexión provocaron que encaixamos tres goles seguidos antes do descanso. Na segunda metade mellorouse moito logrando dominar o partido acercandonos no marcador con dous goles e xerando ocasiones pero preto do final do partido aproveitando un erro noso fannos outro gol. Xa queda menos para gañar o primeiro partido nesta Fase de Ascenso. A seguir remando.

Primeira derrota do Alevín C nesta segunda fase nun partido moi disputado e emocionante ante un rival sen moito futbol pero con nenos grandes e de segundo ano que entraban moi forte ao balón. No primeiro tempo tivemos o control pero eles foron máis eficaces, dúas chegadas dous goles. Fomos ao descanso con 1-2 abaixo. Na segunda metade dominamos mais, téndoos sen pasar do medio do campo durante os 10 ultimos minutos, encaixamos o 1-3 dun disparo de fóra da área. Tivemos moitas ocasións de marcar pero o gol resistíusenos. Logramos marcar faltando 5 min para o final, tendo ao rival metido todo o tempo na súa área pero non logramos o empate por falta de acerto unhas veces e por boas paradas do porteiro rival outras veces. Goles de Viñas e Unai. A seguir.
Partido moi emocionante o do Alevín B, con altibaixos no seu desenvolvemento. Bo arranque do Arenas que a pesar de atoparse cun gol temperán en contra tras un bo disparo afastado, fíxose pronto co control do balón e xogo, propoñendo con moito criterio e xerando numerosas ocasións, unhas ben aproveitadas e outras comprobando a firmeza dos paus (ata 3 balóns estrelados neles).Cun 3-1 tranquilizador, sobre todo polo xogo e actitude despregadas nos primeiros 15 minutos demos refresco aos xogadores; a baixada de rendemento foi aproveitada polo Victoria para sacudirse o dominio e empezar a xerar, sobre todo xogo interior e aproveitando a envergadura dos seus atacantes, empátannos; o equipo lonxe de achicarse, cunha nova rotación volve facerse co mando e nun final de partido de infarto, logra encerrar ao Victoria na súa área a base de bo xogo combinativo, con continuas chegadas, ata que Roi cun derechazo imparable sobe o 4-3 definitivo ao marcador logrando que o resultado fose xusto tras o visto sobre o terreo de xogo.

Empezou moi ben o Alevín A marcando un gol a pouco de iniciarse o partido pero unha vez máis, a precipitación na que caemos propicia perdidas de balón, dinámica que non cambia ao tranquilizar o xogo porque se baixa o ritmo, hai que atopar o termo medio. Esta segunda fase vai vir moi ben para competir e ver onde estamos para marcar obxectivos o ano que vén. A tempada pasada, este equipo do Denis Suárez na Vigocup coa maioría dos nenos contra os que xogamos esta xornada, gañáronnos nos oitavos de final por 9-2, así que se nota unha clara melloría aínda que queda moito traballo por facer, sobre todo como equipo. A achega de todos é necesario e teñen que estar enchufados.

Segundo partido desta segunda fase do Infantil B ante un rival co que xa xogaramos na primeira fase no noso grupo. Coñeciámolos, con bo manexo do balón e expúxose o partido esperando atrás, dandolles o balón e tentando aproveitar a velocidade dos nosos dianteiros. Os xogadores cumpriron gran parte do falado no vestiario e na primeira metade conseguimos adiantarnos no marcador con gol de Diego, pero antes do descanso chegou o gol do empate do Victoria en claro fóra de xogo  e así nos fomos ao descanso. Na segunda parte seguimos igual, custábanos chegar e nun erro noso adiantouse o Victoria no marcador. Aí, o Victoria botouse atrás e dispuxemos dalgunha ocasión para lograr o empate, chegando a fallar un penalti. Ao final un gol en propia meta sentenciou o partido. Quedamos coa melloría, en actitude e traballo, que tiveron os rapaces neste partido e esperamos que se manteña as próximas xornadas.


Pese ao resultado o Infantil A xogou moi ben, estando desde o primeiro minuto moi enganchados. Ao comezo do partido tivemos unha clara ocasión que acabou estrelándose no pau e varias xogadas para marcar que se rexeitaron a corner; non nos chegaban con moito perigo por que a liña defensiva estaba moi encima e cortaban ben os seus contraataques; a un minuto do descanso nun balón que queda perdido ao borde da área márcannos en 0-1 co que nos imos ao descanso. Na segunda metade saímos a por o partido porque se estaba xogando moi ben pero nunha falta moi discutible ao borde da área fannos o 0-2 e a 10 minutos do final conseguen o 0-3. Incrible, tres chegadas á nosa portería e tres goles, nós estamos aí esmagando, xerando ocasións e ímonos sen carga. O positivo o gran partido que fixeron hoxe os rapaces, e o moito e ben que traballaron.

Partido complicado para o Cadete A ante un rival que non tiña nada que ver co da primeira volta, xogadores moi físicos e cun dianteiro moi rápido ao que buscaban os seus compañeiros en todas as xogadas con balóns longos; a nosa primeira parte foi moi boa adiantámonos no minuto 9 cunha boa xogada por banda e remate de Brais, o segundo gol, catro minutos despois, marcouno Joel ao recoller un rexeite dentro da área e rematar por toda a escuadra; o Gondomar marcou nunha xogada illada pouco despois no minuto 18 e Joel transformou un penalti moi claro no minuto 26 deixando o marcador co que se chegou ao descanso e ao final do partido. A segunda metade, como a semana pasada, non foi boa, cousa que temos que traballar; non pasamos moitas complicacións salvo dúas faltas ao bordo da área. Dar as grazas a José, o noso porteiro, que xogou cunha lesión no ombreiro todo o partido, a Manu polo tratamento que lle deu a ese ombreiro de José na previa e a Gesto pola súa gran axuda na dirección desde o banco. Toca seguir, seguimos de 5º a un posto do ascenso, o próximo partido debería de ser alcanzable pero o seguinte é ante o Coruxo que ocupa esa 4ª praza, será clave.

Gran partido do Xuvenil B a pesar de que se puxo costa arriba ao comezo porque empezamos perdendo cun gol na primeira vez que tiraban a portería, o equipo non veu abaixo e a partir de aí logramos empatar, para a continuación adiantarnos no marcador ata o final, sendo donos completamente do balón. Gabriel con dous, Rafael, Hugo, Nico, Raúl e Alexandre foron os goleadores. Hoxe empezou a segunda volta ante este equipo co que perderamos no inicio da liga. Confirmando o esperado, coas ganas coas que están a adestrar a sorte tíñanos que acompañar. A próxima semana tócanos contra o líder na súa casa e todo pode ocorrer.

O Xuvenil A xogou ante un equipo moi físico e rochoso como adoitan ser os equipos de fóra. Na primeira parte foi un partido moi igualado onde nos faltou un pouco de faísca e aínda así tivemos dúas man a man contra o porteiro e un remate sen porteiro que tiramos fóra pero eles tírannos un desde 30 metros e crávana na escuadra. Na segunda metade tocábanos remontar, o equipo saíu máis agresivo e aos poucos fómonos facendo co partido e froito diso empatamos de penalti transformado por Leo, seguimos apertando pero pilláronnos nunha contra e márcannos o 2º, o equipo seguiu crendo e Rubén fixo o 2-2 definitivo; na última xogada puidemos gañar o partido pero non soubemos definir un 3 contra 1 claro. Toca seguir traballando para seguir con opcións.

 


Xornada 11-12 Xaneiro:

 

Comezo da Fase de Ascenso do Prebenxamín cun partido igualadísimo ante o SD Ponteareas tal como reflicten os resultados dos parciais: 0-0; 2-0; 0-0; 0-1.

Un partido do Benxamín B ante un rival do noso nivel no que nunha primeira parte boa mantivemos o tipo e o resultado pero unha vez máis, unha mala segunda metade permitiu este resultado.

Partido do Benxamín A ante un rival fisicamente superior onde os nosos nenos deron todo o que tiñan, catro dos cinco goles viñeron de corner en contra por falta de intensidade na marcaxe. Primeiro tempo frouxo en ataque e defensa pero mellorouse moito na segunda metade sendo moi igualada e onde se puideron facer varios goles. O rival facía os cambios de 4 en 4, nós de 1 en 1 ao dispoñer só de dous suplentes, o que complicou aínda máis o partido que tiña un ritmo moi intenso provocando a petición de cambios continuos. A seguir remando.

Aínda que o Alevín C empezou perdendo 1-0, pronto nos fixemos co control do balón e do partido. Na primeira parte nosa defensa estaba algo durmida pero aos poucos fóronse centrando. Empezamos  a segunda metade cun 1-2 a favor, tocando moi ben o balón e froito diso foi o noso terceiro gol, xogada na que interviñeron 5 xogadores con varias paredes. Goles de Viñas, Xabi, Mateo, Bruno e Nuno. A seguir.


Partido moi serio de todo o Alevín B, ordenados e saíndo moi ben desde atrás apenas lles permitimos un par de chegadas e nunha delas, por mor dunha perda non forzada no medio campo, fannos o 1-0 a falta de 10 minutos; o equipo non vén abaixo e seguiu buscando porta ata que Gael desde fóra da área e Dani finalizando unha excelente xogada combinativa soben o 1-2 final. Fáltanos adquirir un pouco de calma no último pase xa que nos pode a ansiedade; creamos moitas ocasiones pero custounos demasiado materializalas, tamén en gran parte polo excelente labor do seu porteiro que sacou varios balóns claros de gol. A seguir currando.

Partido do Alevín A na tónica do que será esta segunda fase, enfrentandonos a equipos con nenos mais fortes e con algún de moita calidade; nós, como sempre, xogando o balón e a demostrar que tamén se pode gañar sen recorrer á fortaleza física. Destacar a Diego Gesto, xogador benxamín, que veu xogar connosco sendo dos que máis forte entraba e non rehuía o choque, fallamos varias ocasións con 0-0. Resultado demasiado avultado para o que se viu no campo. Goles de Teo e Hugo.

Primeiro partido da segunda volta para o Infantil B nun novo grupo ante un rival que quixo gañar o partido desde o primeiro minuto e que puxo máis intensidade e ganas que nós e así conseguiron tres dos goles na primeira parte ao aproveitar a segunda xogada por ter maior ambición. Non se logrou plasmar no campo o que se traballa durante a semana e o que se di no vestiario. Destacar a actitude e xogo de Roi e Asier, do Alevin B, que foron os mellores do equipo. Daniel foi autor do gol da honra. Toca seguir traballando o que levamos tentando desde o inicio da tempada.
 

Esta xornada o Infantil A disputou dous partidos distintos, unha primeira parte moi traballada, moi física e unha segunda bastante frouxa. Empezamos gañado o partido con gol de Unai aos 21 minutos, dominando e xogando moi ben, eles tamén nos obrigaban porque chegaban con xente rapida arriba e moi fortes no xogo con accións ao límite do regulamento que a árbitro non cortou, nos empatan nunha xogada con balón longo que defendemos moi mal pero fomos ao descanso moi satisfeitos da moi boa primeira parte. Na segunda metade non saímos nada ben, moi imprecisos cometemos varios erros que cando confiabamos en ir a por o partido, liquídannos con 3 goles facendo imposible unha remontada. Ao final do partido, Hugo de falta marca o 2-4. Tiñamos ilusión e ganas de sumar os tres puntos pero non puido ser, a seguir currando.

Mala sorte do Cadete B nun partido ante un rival da nosa liga e que tras ir gañando desde o inicio da segunda parte con gol de Miguel Nunes, nos tres últimos minutos fatídicos o ED Vigo 2015 lle deu a volta ao marcador con dous goles que deixan un resultado inxusto tras o visto no terreo de xogo, un partido duro e moi disputado. Ánimo Rapaces!!!!

Bo partido en liñas xerais do Cadete A. Destacar a primeira parte na que se xogou moi ben e froito diso é o resultado de 3-0 co que se chegou ao descanso con dous goles de David e un de Pablo Verdera, e cun penalti fallado que propiciou a expulsión dun xogador rival. A segunda metade non foi moi boa e mesmo encaixamos un gol xogando en superioridade númerica, fallamos demasiado cara porta ata que marcamos o definitivo 4-1 por medio de Brais. Último partido da primeira volta que nos deixa na parte alta da táboa.

Partido moi competido polo Xuvenil B ante un rival que viña de gañarlle ao Mos, a melloría deste equipo que xa vimos observando vai a máis en todos os sentidos. Merecido triunfo, toca seguir traballando para facer unha boa segunda volta de liga. Nayem e Iago con 2, Nicolás, Alexandre e Iván foron os goleadores.

Partido moi duro o do Xuvenil A contra un rival directo na  clasificación. O equipo saíu convencido de pelexar a vitoria e así o fixeron saber no campo pola actitude mostrada nos duelos e a intensidade coa que se disputaba cada balón. O rival é un equipo ben formado e moi ben traballado, creábanos moito perigo pero nós nas contras faciámoslles dano e nunha desas contras Rubén foise en velocidade e escorado cara a un lado sacou un disparo que o cravou na escuadra chegando ao descanso con ese 1-0 favorable. Na segunda metade, máis do mesmo, o equipo seguía moi sólido en defensa e apenas nos chegaban con claridade e se o facían aí estaba Xandre para demostrar o gran porteiro que é; noutra contra, Rubén de novo recorta fora da área e de disparo raso marca o 2-0 definitivo. Aí eles xa baixaron o ritmo e atacaban sen sentido. Gran partido.
 




 

Xornada 21-22 Decembro:

Coa clasificación conseguida fai tres xornadas polo noso equipazo do Prebenxamín, e a fraxilidade do rival incidimos en saír sempre co balón xogado desde atrás conseguindolo en fases do partido aínda que as dimensións do campo (moi pequeno) orixinou un xogo embarullado noutras. Destacar a primeira fase destes pequenos guerreiros, o seu sacrificio, a súa loita incansable e o seu comportamento, igual que o compromiso dos seus papás e mamás. Máis aló de egos, a unión de todo o grupo fano incriblemente forte, sendo un equipo sen "unidades".

Datos desta Primeira Fase:
Partes gañadas 39; Partes perdidas 4; Partes empatadas 7; Goles a favor 116; Goles en contra 6. Destacar a xestión do grupo onde todos foron titulares, todos suplentes, todos capitáns e todos marcaron gol. Agora con toda a ilusión á seguinte fase, que a pesar de coñecer as nosas carencias tentaremos competir ata o final.

O Benxamín B enfrontouse esta xornada ao lider indiscutible e imbatido, a pesar do esforzo o resultado final reflicte claramente a diferenza na táboa clasificatoria.

Partido do Benxamín A que en principio non debería ser complicado, chegamos á metade do segundo tempo 0-1, sen que se puidese gozar moito, con xogo un pouco gris e fallando moitas ocasións, ata que se meteu o segundo gol, a partir de aí xa entraron todas. Obxectivo máis que cumprido, por encima das nosas expectativas ao comezo de tempada. Felicitar a todo o equipo: nenos, pais e adestradores, por clasificarse para a fase de ascenso a 1ª. Quizas non teñamos unha plantilla para pelexar os primeiros postos de ascenso pero sí temos un EQUIPAZO que vai disputar cada partido, con actitude, ganas e ilusión independentemente do resultado final. A seguir remando.

Partido de puro trámite que tivo que xogar o Alevín C contra un rival moi superior, lider indiscutible que suma todos os partidos por vitorias con goleadas, claramente deberían estar en categoría superior (non poden ascender porque teñen en Primeira o A, que por certo é máis frouxo que este equipo). Se se suman que nos faltaron pezas atrás moi importantes, pois o resultado é o que reflicte o marcador final, tivo que xogar un porteiro de defensa por dispoñer de poucos nenos. Fíxose o que se puido, iso si, correndo detrás de sombras. A pensar na segunda volta. A seguir 💪.

Moi mala primeira parte do Alevín B; sen control do balón, sen intensidade nos duelos, sen ideas, erros non forzados inexplicables; o gol do Lavadores resume esa mala primeira parte, balón roubado por non disputalo correctamente no centro do campo co que un do seu medio centro avanza tranquilamente ata a nosa portería, cruzando liñas sen oposición real e definindo con facilidade; tras o descanso e a charla técnica, a actitude cambiou radicalmente e aí xa vimos a un equipo competindo, dono do balón, encerrando ao rival e buscando porta; non puido ser e quedamos sen puntuar. A seguir traballando.

Partido moi duro o do Alevín A para acabar a Primeira Fase na que finalmente acabamos sextos e na que destacaron principalmente os xogadores de primeiro ano na categoría, os dous últimos partidos perdemos un pouco nosa esencia de xogo, utilizando a loita no canto de xogar pero aínda así hai que seguir e espérase unha segunda fase bonita e ilusionante. Para o ano que vén o obxectivo está claro vendo como foi este ano competindo co mesmo equipo que volveremos ter.

Victoria traballada a do Infantil B que os consolida na metade da táboa, partido que se puxo moi costa arriba ao encaixar un gol aos dous minutos do inicio pero un gol de Víctor no minuto 29 e outro de Daniel no tramo final lograron a remontada.


 

Nunha liga tan disputada e deste nivel como na que está a competir o Infantil A, os agasallos e fallos páganse moi caros. Saímos ao partido sen a presión e intensidade que se falou e que necesitabamos; eles presionábannos, encimandonos moito, con bo manexo de balón e moita mobilidade. No minuto 6 atópanse cun golazo esquinado que queren despexar e cóase na escuadra, pouco despois un erro noso dálles o 2-0  e así nos imos ao descanso.  Coa idea de remontar porque criamos que se podía, marcamos o 2-1  e ilusionámonos, pero pouco despois en dúas accións case idénticas encaixamos dous goles case seguidos, seguimos loitando ata maquillar o resultado con 5-3 tras un Hat-Trick de Vicente. Sendo eles un bo equipo, este equipazo mereceu máis.

A pesar da charla tecnica previa ó partido do Cadete B no vestiario con indicacións claras para saír intensos e non encaixar nos primeiros minutos como nos sucedeu nos partidos anteriores pero, somos un equipo de costumes e no minuto 4, nun corner moi mal defendido xa encaixamos o primeiro gol. A partir de ahi presionámolos no seu campo e fallamos goles a menos de 3 metros da portería pero chegou outro corner, defendémolo igual que no primeiro gol e 2-0 en contra. Gran primeiro tempo onde por ocasións mereciamos ir gañando. A segunda metade incomprensiblemente fíxonos de noite xogando moi mal, o mellor, que con 5-0 non baixaron os brazos e marcamos dous goles por medio de Ignacio e Alexandre. Inexplicable o cambio do equipo nas dúas metades. Agradecer a Leo o porteiro do Infantil B por vir botarnos unha man facendoo moi ben.

A pesar do resultado, moi bo partido do Cadete A contra o líder destacado e imbatido da categoría. A pesar das baixas que tiñamos, de xogadores que veñen de lesións graves, incluíndo ao noso porteiro Jose, que se sacrificou estando entre algodóns pola luxación dun dedo da súa man e que nos veu a axudar ao ter todos os porteiros do Cadete B lesionados, como sempre fixo unha espectacular intervención e axudounos moito. Unha expulsión moi discutible complicounos  demasiado o partido e claramente condicionounos. De todos os xeitos felicitar aos rapaces polo esforzo e por chegar ao parón con todas as ilusións no alto. 

Se xa se prevía un partido moi difícil do noso Xuvenil B ante o segundo clasificado, todo complicouse ao encaixar un gol aos dous minutos e sufrir unha expulsión no minuto 6 que nos obrigou a xogar con 10 practicamente todo o encontro. A pesar de todo iso e as numerosas baixas de xogadores importante que sufrimos esta xornada, o equipo realizou un bo partido porque os que saíron a xogar fixeron que nos esquecésemos deles, traballaron moito e ben. Este equipo ten moito que dicir.

Partido do Xuvenil A onde o resultado xa o di todo, fomos en cadro debido ás lesións que temos e con tres xogadores que acaban de saír delas e aínda non están para competir pero ante a imposibilidade de levar xente do B ou cadetes, xa que todos xogabamos hoxe, houbo que ir co que había; aínda así, partido desastroso onde na primeira parte aguantamos como puidemos e fómonos ao descanso cun 1-0 de penalti, a segunda metade, coas forzas moi xustas, ían caendo goles, un tras outro. Xornada para esquecer, o parón viranos ben para recuperar efectivos.

 

 Xornada 14-15 Decembro:

O gol de Pedro na cómoda vitoria do Prebenxamín ante o Club Peñasco B tentando sempre combinar desde atras e conseguíndose en moitas fases do partido. Esta vitoria permite asegurar o segundo posto na clasificación nesta primeira fase.

Dous dos tres goles no Partidazo dos nosos nenos del Benxamín B ante o UVCD Candeán. Ao principio estando moi durmidos encaixamos un gol pero logramos empatar ao momento, pouco antes de chegar ao descanso fannos o segundo de corner. Na segunda metade cun golazo olímpico de Mario igualamos novamente a contenda  pero ao instante métennos un gol de rebote poñendo o 2-3 no marcador; o equipo espertou e empezou a presionar máis forte e a xogar conseguindo a igualada 3-3 definitiva. Mención especialísima para o prebenxamín Xacobe que  foi o mellor do partido, unha muralla infranqueable, Mario destacou  atacando e presionando con todo e Alonso dandolo todo no campo.
 
Partido moi fácil o do Benxamín A ante o pechacancelas onde polo menos nesta ocasión os nenos si tentaron xogar o balón e realizar as xogadas que se adestran, algo que noutros partidos contra equipos deste nivel non o lograbamos. A maioría dos goles conseguíronse ao lograr finalizar todas esas xogadas ensaiadas e adestradas. A seguir remando.

Partido igualado o do Alevín C no primeiro tempo ata o momento en que os adestradores do Teis subiron catro marchas ao dar entrada a Mussa Balde no terreo de xogo, un xogadorazo de escándalo, indubidablemente dunha categoría moi superior a esta e que desequilibrou completamente o partido. Goles de Viñas (2) e Leo. A seguir 💪
 
Bo partido do Alevín B para reencontrarnos coa vitoria despois do noso particular Tourmalet das últimas xornadas; de menos a máis, con certas dúbidas na saída do balón nos compases iniciais que soubemos corrixir co paso dos minutos para finalizar o último terzo de partido con boas e rápidas transicións ofensivas que puideron traducirse nun resultado máis avultado; aproveitamos para rotar posicións, dar moitos minutos aos suplentes e descanso aos convocados polo Infantil.

PARTIDAZO do Alevín A onde deixáronse todos todo e baleiráronse na loita pola vitoria; por outros resultados aínda temos opcións de loitar polo obxectivo da fase de ascenso pero xa non dependemos de nós, temos que facer o noso traballo e esperar. O partido ante un  equipo máis forte fisicamente empezámolo gañando 2-0 e tivemos dúas ocasións para poñernos 4-0 pero finalmente chegamos ao descanso cun empate 2-2 tras dúas xogadas de córneres onde nos gañaban e xerábannos máis presión; empezamos a segunda metade e tras un infortunio póñense por diante ata o final que marcaron o gol decisivo nos últimos minutos. A loita non se negocia neste equipo e tanto papás, mamás, irmáns, avós, avoas como nós estamos moi orgullosos dos nosos nenos.

Novo mal inicio de partido do Infantil B ao saír "durmidos" encaixando o primeiro gol antes do primeiro minuto de xogo, ao non cumprir as indicacións previas e saír como tolos a presionar o saque inicial de centro adiantando a defensa case ata o medio campo en lugar de esperar un pouco para ver como xogaba o rival, así coñecemos a forma de xogar do Teis, balóns en longo ás costas da nosa defensa, que a rapidez non é o seu forte e gol en contra. Empatamos antes de irnos ao descanso con gol de Chacón. Na segunda metade o Teis seguiu xogando ao mesmo e froito diso conseguiu outros dous  goles, acurtamos o marcador tras converter Nico García un penalti inventado polo árbitro, e xa co equipo arriba encaixamos o cuarto da mesma forma que os anteriores. Volver destacar aos dous xogadorazos do Alevín B que viñeron connosco; Gael que xogou de central e que na segunda parte deu a sensación de levar toda a tempada connosco e Roi, que xogou de medio centro xogando o balón con moi bo criterio todas as veces. Toca seguir traballando, corrixir eses fallos e sempre que podamos, subir nenos do Alevín pensando na próxima tempada. 
Esta xornada o noso equipazo de Primeira Futgal, o Infantil A, xogou contra o segundo clasificando e terminando co partido coa sensación de merecer máis. Empezamos o partido con algunhas accións no medio contrarias ao indicado previamente pero que corriximos e conseguimos mellorar; eles facían unha presión moi forte ao principio que superabamos con xogo e obrigámoslles a cambiar a súa estratexia, entraban moi forte e mesmo nalgúns lances con dureza; houbo ocasións para cada equipo e nós tivemos unha moi clara que saca o porteiro e o rexeite mandámolo ao pau, pouco despois marcan eles o 0-1, resultado co que se chegou ao descanso. Estabamos máis preto nós do empate e un balón morto na área acaba co 0-2 a falta de 10 minutos imposibilitando o empate desexado e merecido, seguimos sen ese chisco de sorte propoñendo máis do que conseguimos, mesmo o comentan os rivais, pero hai que seguir loitando e traballando duro como ata o de agora.

Dous goles encaixados no primeiros dez minutos condicionaron e resolveron completamente o partido do Cadete B. Era un duelo da nosa Liga que se presentaba propicio, no que cunha vitoria os adelantariamos na táboa clasificatoria. Ánimo e a seguir pelexando.

Resultado enganoso o obtido polo Cadete A esta xornada, non xogamos moi ben pero temos nas nosas filas xogadores que marcan diferenzas; a vitoria serve para afianzarnos no 5º posto, a un do ascenso directo. Para a semana xogamos contra o Castrelos, líder e imbatido, será unha tarefa moi complicada pero estes rapaces sempre compiten moi ben. A seguir pelexando.

Partido moi disputado o do Xuvenil A, xogado a un ritmo moi alto ante un rival que tiña xente con moita clase. A primeira parte foi un toma e daca con dous golazos do Gondomar desde fóra da área, un deles pola mesma cruceta, e que contrarrestamos con dous goles de Iker. Na segunda metade, máis do mesmo, ocasións por ambos os lados onde eles acertan para poñer o 2-3 pero o equipo non veu abaixo e seguiu empuxando ata que nun centro desde a banda, Santi remata de cabeza e fai o empate. Partido moi bonito e con moita emoción ata o final xa que calquera puido gañar.  Empate xusto. Toca seguir traballando💪

 

 

 Xornada 5-6-7 Decembro:

Bo partido en xeral do Prebenxamín contra un rival que non opuxo apenas resistencia. Tentamos combinar e xogar o balón lograndolo nos 2 primeiros cuartos pero acabando o partido algo desordenados. Triunfo que permite manter comodamente o segundo posto na clasificación.

Partido moi complicado o do Benxamín B ante un equipo onde todos os seus xogadores eran de segundo ano na categoría, cunha actuación arbitral moi discutible con constantes cambios de decisións e onde os nosos non conseguiron obter un bo xogo. Agradecer aos adestradores do Prebenxamín por cedernos dous fenomenos como Tadeo e Hugo Rodríguez, que foron os mellores do partido dándoo todo no campo.

Partido moi disputado polo Benxamín A ante o líder do grupo e seguro campión desta fase. Primeiro tempo moi igualado onde empezamos cun 0-2 a favor pero chegamos con empate ao descanso. Segunda metade inicialmente igualada ata que encaixamos o 3-2. Un balón ao pau e un paradón do porteiro rival evitaron o empate noso e a falta de 2 minutos metéronnos o 4-2 final. Moi bo partido en xeral onde a nosa falta de contundencia defensiva penalizounos bastante. A seguir remando.

Partido dominado completamente polo Alevín C no primeiro tempo yendonos ao descanso con 0-2 a favor. Na segunda metade houbo oportunidades de ambos os lados e no minuto 15 métennos o gol nun  fallo da nosa defensa aproveitándose da desconexión do noso equipo. Agradecer a Manu do Infantil B que estivo a axudar desde o banco. Goles de Leo e Bruno. A seguir 💪.

Mal partido do Alevín B condicionado en gran medida pola desastrosa actuación arbitral. Tras uns minutos iniciais de tanteo comezamos a pecharlles ben as liñas de pase e a roubar en zona defensiva pero con pouca convicción en zona de creacion, aínda así nun sensacional pase de Manu rompendo 2 liñas de presión, Dani resolve fácil ante o porteiro e sobe o 0-1; a partir de aí, chegou o show arbitral, non concede un clarísimo gol ao Arenas (o Victoria xa se ía ao centro para sacar) que unido ao seu comportamento máis que discutible e parcial sumiron nun desconcerto e indignación absoluta a nos@s xogador@s; descentrados completamente, fóra do partido e errando o inimaxinable, o Victoria aproveita os nosos erros, moitos e graves, e remonta; pero o árbitro aínda non finalizara a súa actuación estelar, finaliza o partido cando aínda restaba case 1 minuto de xogo, con expulsión do noso adestrador por indicarlle o tempo que faltaba con total respecto, e as dúbidas que tivo ao pechar a acta creando unhas situacións grotescas. Tempada tras tempada son infinitas as queixas polas arbitraxes.

Partido completamente controlado polo Alevín A antes de afrontar as dúas finais que nos quedan, xogo decente condicionado tamén pola rotación de xogadores e o descanso aos habituais, hai que seguir loitando. Destacar o partido de Diego Gesto, despois de xogar o día anterior cos benxamins, disputou practicamente todo o partido en diferentes posicións cunha actuación máis que notable.
 

O Infantil B xogou contra o Primeiro clasificado destacadísimo, con máis de 60 goles a favor, equipo grande (xa estabamos avisados que tiñamos todas as de perder no corpo a corpo e que era mellor xogar por abaixo) e con catro alevíns no campo. Comezamos a charla advertindo aos nenos de que hoxe tocaba sufrir, traballar e sufrir, que o de menos era o resultado, que se vise actitude e ganas no campo, non ir ás toas, evitar deixar espazos á contras do Coia e incidindo nos máis pequenos en que fosen fortes ao balón e que ían ir a por eles como a por corderitos. Que se fallaban volvesen tentar unha, dous ou tres veces !!! Tivemos que cambiar o esquema, a xogadores de posición e nada máis pitar o árbitro saímos ás toas, facendo caso omiso do falado no vestiario. Pero cando axustamos un pouco e empezamos a pelexar a cousa nivelouse.
O Coia só xogaban balón en longo e nunha delas, tras dúas paradones de Leo chegou o 0-1. Tivemos as nosas oportunidades á contra e Víctor loitaba entre xigantes! Pero, iso si, como pelexou cada balón. Na segunda metade,o mesmo, sufrimos nos primeiros 10 minutos e logo á contra case logramos o empate. Escandaloso o partido de Leo na portería parando todo e máis. E o traballo de todo o equipo a nivel defensivo. Destacar!!! Os alevíns: Hugo, a arrancada, no primeiro tempo rompendo liñas, balóns pegado ao pé e cabeza arriba……impresionante! Martín, en banda, nun recorte sentou ao defensa do Coia e foise como un campión. Lorena, tocoulle un traballo defensivo na primeira parte pero na segunda soltouse e viulla coma se fose infantil de segundo ano,
E Dani, tocoulle traballar arriba e axudou con fartura.

Gran vitoria do Xuvenil B, este equipo que cada semana supérase e onde merecemos máis premio en case todos os partidos disputados pero a sorte non está connosco. O desta xornada é o camiño de superación que estamos a levar e co lograremos bos resultados. A nota negativa unha vez máis, a arbitraxe infame.
Partido raro o do Xuvenil A no que saímos moi metidos no partido circulando o balón moi rápido e chegando por bandas con moito perigo, froito disto no minuto 5 marcamos o primeiro na saída dun corner por medio de Joe e no 16, tras unha nova chegada por banda, Iker fixo o 2-0; a partir de aí, desaparecidos do partido, baixamos a intensidade pensando que iamos golear e pasou todo o contrario, empatáronnos antes do descanso. Na segunda metade seguindo na mesma tónica adiántanse no marcador poñendo o 2-3; ao ver o partido perdido, reaccionamos e cun penalti que marcou Pucho e un gol no desconto tras unha boa presión de Pintos que provoca un erro na saída, aprovéitao Leo para marcar o 4-3 definitivo. Boa reacción do equipo pero era un partido con 2-0 a favor que houbo que resoverlo claramente . Toca seguir aprendendo.

 

Xornada 30 Novembro- 1 Decembro:

En xeral non xogou un bo partido o noso Prebenxamín, con erros constantes nos pases, controis e anticipacións contra un rival inferior que está a mellorar cada xornada que pasa na liga pero que aínda así non debeu causarnos tantos problemas. O positivo, é que seguimos nunha boa dinámica de vitorias mesmo en días malos como hoxe que nos permite seguir na loita polo liderado. A seguir traballando duro.

Partido do Benxamín B ante un rival da nosa Liga, saímos con todo, presionando forte, moi ben colocados e cun ansia de gol implacable, puideron ser máis pero o balón non quixo entrar e o noso porteiro foi unha muralla para lograr o 0-4 final. Primeiros 3 puntos e a seguir sumando.

Partidazo en todos os sentidos de Benxamín A ante o mellor equipo de toda a categoría, líder ata hoxe sen que perdese un partido en toda a tempada e sendo o equipo que menos goles encaixaba (5 en 9 partidos) de todos os grupos sendo 101 equipos en total. Coa información necesaria,  expúxoselle un partido cunha presión moi alta en todo momento, con moita atención a algún xogador en especial e onde os nosos xogadorazos realizaron o que se lle pediu durante a semana con moito acerto; iso permitiunos non ir nunca por detrás no marcador chegando con 3-3 ao descanso. Felicitar aos nenos pola súa gran actitude en todo o partido. A seguir remando.

Partido do Alevín C con dúas fases moi claras, primeira parte completamente nosa, xogando ben e marchando ao descanso con 1-3 ao noso favor. Segunda metade, debido en parte ás rotacións, baixamos o nivel. Dicir que a actitude dos nenos foi boa e loitaron pero o baixón de nivel condenounos como noutras ocasións. A seguir 💪

O partido do  Alevín B foi menos vistoso que noutras ocasións, completamente condicionado pola superioridade física do Santa Mariña, con xogadores moitisimo máis corpulentos que os nosos alevíns e que a  pesar dese hándicap loitaron sen cuartel no centro do campo por facerse os donos do balón, esa loita encarnizada evitou que houbese ocasións claras e ambas defensas gañaban todos os duelos aos dianteiros; cando todo apuntaba a un máis que merecido empate sen goles ante un dos líderes do grupo, encaixamos o gol da derrota no desconto da forma máis cruel sen marxe posible de manobra; aínda así felicitar de novo ao grupo, que non baixa nunca os brazos e que compite ata o último segundo 💪.

Gran partido o realizado polo Alevín A ante o ata esta xornada líder da clasificación. Estamos orgullosos do traballo do equipo, nin un só xogador baixou o ritmo durante os 50 minutos, sempre nos enfrontamos a equipos con xogadores grandes pero hoxe demostramos que este grupo de nenos de primeiro ano (coa achega dos catro de segundo ano) leva tempo merecéndose o ascenso de categoría e estamos convencidos de que pode ser este ano porque están a plantar cara a equipos de segundo ano con nenos de maior envergadura que os nosos. Volvendo ao partido, resultado moi inxusto tras ter un 75-80% de posesión, cun tiro ao traveseiro e outro ao pau pero hoxe faltou o doutros días, a efectividade cara a porta, eles tan só chegaron dúas veces e liquidámolas ben, poucas veces viuse en fútbol 8 un resultado final de 0-0. Para quitarse o sombreiro co traballo realizado esta xornada, mantendo a posibilidade do ascenso que con estas leccións de futbol lograrano.

Partido fácil o do Infantil B contra un rival da nosa liga que solventamos grazas ao físico dos nosos xogadores logrando unha nova vitoria coa que nos asentamos na parte media da táboa. Empezamos o partido algo frouxos, sen intensidade, sen movemento ante un rival que non ofrecía ningún perigo cara á nosa portería. Tentouse xogar, pasar o balón, movemento pero con pouca intensidade. Ao descanso chegamos con 0-2 con goles de Daniel e Izam Chacón. Na segunda metade mellorouse un pouco a intensidade pero non o fútbol, non se conseguiu dar tres ou catro pases seguidos e Víctor logrou marcar o terceiro gol. Temos que mellorar, a próxima xornada toca xogar contra o líder e ...... sufrir un pouquiño.

Esta xornada o Infantil A enfrontouse a un equipo que xoga moi ben ao fútbol, con nenos para iso e para subir as liñas con superioridade, aínda así conseguimos superar a súa liña de presión moi alta e chegar arriba para marcar; eles adiántanse cun gol en fóra de xogo e despois nós temos dúas oportunidades clarisimas sós diante do porteiro que non logramos materializar; o que puido ser un 1-2 quedou finalmente co 1-0 co que se chegou ao descanso. Seguimos tentándoo na segunda metade, mesmo estabamos a chegar máis que eles, pero un erro noso cústanos o 2-0. O resultado final déixanos coa sensación de pouca sorte debido a que estamos a merecer máis.

Moi pouco é o que se pode comentar do partido do Cadete B onde aos 12 minutos xa perdiamos por 2-0. O mellor foi Nico, porteiro do infantil que nos veu a axudar, que realizou grandes e numerosas intervencións evitando que a goleada fose moito maior.

Moi bo partido realizado polo noso Cadete A. Esixíaselle a máxima intensidade desde o inicio e así o fixeron. Primeira parte de grandísimo xogo con goles dunha gran calidade, chegando ao descanso cun 0-4 con Hat Trick de Pablo Verdera e un gol de Sergio. A segunda metade cos cambios efectuados para dar minutos aos que menos teñen seguiuse de igual maneira, con moitas ocasións e marcando Matías, Enmanuel e David ata chegar ao 0-7 definitivo. Este é o camiño para seguir enganchados aos postos altos, e por que non, soñar con algo máis, que sería impensable antes de comezar a tempada.
 

Bo partido do Xuvenil B a pesar da derrota ante un equipo que ocupa posicións de ascenso pero que desenvolveu un xogo duro ao que os nosos xogadores sempre deron a cara. Fallamos un penalti que supuxese o empate e encaixamos o segundo gol no desconto nunha ocasión que se viron favorecidos polo forte vento. Mención especial para Gabri que realizou un gran partido sendo o mellor do equipo.

A primeira parte do Xuvenil A foi do peor xogado polo equipo o que levamos tempada, non dabamos tres pases seguidos, sen intensidade  e sen ningún rigor táctico; nunha xogada illada, Xabi fixo o 0-1 co que nos fomos ao descanso. A pesar da charla, non cambiou o xogo nin a actitude ata que metemos o 0-2 e tras a expulsión do seu central por dobre amarela o partido cambiou radicalmente e sen moito esforzo foron caendo os goles. Temos que mellorar moito. Iker cun hat-trick, Xabi e Fazanes foron os goleadores.



 

Xornada 23 -24 Novembro:

Xornada de Liga condicionada polas adversas condicións climatolóxicas que obrigou a suspender os partidos do Infantil B e o Xuvenil A.

Cómoda vitoria por 4-0 do Prebenxamín contra un rival que non opuxo resistencia e con varios nenos máis pequenos que os nosos. Partido propicio para tentar mellorar na circulación de balón e o xogo de pases.

Segue o noso Benxamín B pelexando e buscando mellorar xogo e resultados. Esta semana ante un dos primeiros clasificados obtivo unha clara derrota a pesar desa loita. Ánimo rapaces!!!!

Partido sen complicacións do Benxamín A ante un rival que non facía moito por xogar e onde se lograsemos facer moitas cousas das que adestramos o xogo nos partidos mellorará. A seguir remando.

 
Bo partido dos nenos do Alevín C aínda que fallamos bastante cara a portería. Os tres goles do rival foron en fallos defensivos nosos tratando de sacar o balón xogado ante a presión rival. Viñas con 3, Mateo, Nuno e Sergio cun cada un foron os goleadores. A seguir.

O Alevín B disputou dous partidos totalmente distintos en cada un dos tempos; na primeira parte, cunha fantástica posta en escena, pechando todas as vías de pase ao Castrelos, presión alta constante que lles impediu xogar en curto obrigándoos a xogar en longo aos seus extremos onde os nosos laterais sempre atentos recuperaban e iniciaban as contras; outra vez topámonos co pau e eles, cun único pero sensacional disparo desde o vértice da área, imparable, subiron o 0-1 co que nos fomos ao descanso. Na segunda metade con moitos cambios de xogadores, o rendemento caeu en picado, sobre todo a nivel físico e táctico; aí eles, coa cantidade de ocos que apareceron viron o ceo aberto e fixéronnos trizas á contra. Felicitar ao equipo pola entrega e actitude do equipo que, sobre todo na primeira parte ha tuteado ao líder do grupo e indiscutible candidato ao ascenso. Un aplauso unha vez máis a este equipo.

Segue o Alevín A sen completar bos partidos a pesar de conseguir vitorias que o mantén na terceira posición. Non se xeran xogadas e non se logra un bo xogo en equipo, destacar que estamos a ser máis efectivos que antes de cara porta e iso estanos servindo para gañar os partidos, goles de Gaspar, Diego (2), Pedro e Martín.

Inxustísimo resultado final o do Infantil A encaixando o gol definitivo de corner na última xogada do partido. Fomos moito mellores, sobre todo na primeira parte, case todo o tempo xogamos no seu campo, obrigándolles a xogar longo, tiñámolo controlado ata que nun balón longo mide mal o noso lateral e habilita ao seu dianteiro para facer o 0-1; seguimos  coa nosa idea de xogar o balón e marcamos o 1-1 por medio de Samuel antes do descanso. Na segunda metade sufrimos máis porque facía moito aire e tiñámolo en contra, de feito favorecíalles para chegar con superioridade xa que tiñan extremos moi rapidos, pero estivemos todo o tempo esperando marcar o noso segundo gol que o tivemos en varias ocasións, ao final estabamos a dar o punto por bo contra un rival directo e escapóullenos entre as mans. Este partido xogámolo con distintas baixas importantes e con nenos que chegaban tocados e con lesións leves de sobrecarga, por todo iso agradecer a Manu do infantil B por estar  connosco e axudarnos en todo.

O partido do Cadete B estivo moi condicionado polo forte vento existente co cal xogamos a favor no primeiro tempo onde nos puxemos por diante 1-0 cun gol dos que non se ven nos campos, cun saque do noso porteiro Moha que o vento levou a botar na frontal da área rival e o seu porteiro non puido facer nada. O empate veu de penalti por mans e pouco despois o 1-2 nun erro grave noso dun saque de banda que non soubemos despexar. Na segunda metade o vento soprou a favor deles e xogounos unha mala pasada nun corner que nos custou o 1-3. A partir de aí decidimos saír con balón xogado a nivel de chan e os nosos xogadores crecéronse encerrando ao Alerta no seu campo  xogando os mellores 40 minutos da tempada, tendo boas ocasións que non soubemos concretar. Moi contentos con este segundo tempo onde fomos moito mellores que o segundo clasificado.

Resultado en contra moi enganoso o colleitado polo Cadete A no que a pesar das numerosas baixas que tiñamos demos a cara. A primeira parte terminou con 1-3, conseguiron dous goles de corner e outro nun rexeite dentro da área, nós tocando e saíndo co balón xogado desde atras e así chegou o gol de Brais, eles con balóns longos aproveitando o vento a favor que provocaron as xogadas dos goles. Na segunda metade métennos o cuarto gol aos 10 minutos onde se lesionou o noso porteiro, José,  e aí acabouse o partido, sen porteiro suplente púxose un xogador de campo, baixamos os brazos e foron caendo os goles. A mellor noticia é que José só ten unha luxación nun dedo e non ten rotura. Toca seguir.

O partido do Xuvenil B tívose que suspender no minuto 25 da primeira parte tras a grave lesión de Daniel, xogador do Racing de Vilariño, nun choque fortuíto co seu porteiro. A gravidade da lesión requiriu a presenza dunha ambulancia no campo. Todo o noso ánimo para Daniel, desexamos moitísimo volver velo pronto nos terreos de xogo. Nese momento o resultado era de 2-1 ao noso favor con goles de Carlos e Iago a pesar de xogar co forte vento en contra.

 

 

 Xornada 16-17 Novembro:


O golazo de Hugo Tadeo foi do máis destacable na vitoria do Prebenxamín no Colexio Apóstol tras un partido moi igualado no que puido gañar calquera dos dous equipos e que se decantou no último cuarto ao noso favor. A destacar o espírito de loita e sacrificio para aguantar o resultado nos últimos finais ante o empuxe final do rival. Con este triunfo ascendemos ao segundo posto da clasificación.

Derrota avultada do Benxamín B que non logra reflectir en resultados o esforzo e os intentos de melloría. Ánimo Cracks!!!!

Non foi un bo partido o do Benxamín A, o rival puxo máis ganas para acadar a vitoria. Ao non gañar os duelos no medio campo aos saques dos porteiros provocaba que cun bote xa estaba o balón na área contraria ao ser un terreo de xogo de dimensións reducidas. A seguir remando, con esta derrota baixamos ao terceiro posto da táboa clasificatoria.

O partido do Alevín C estivo moi condicionado pola mala actuación e comportamento do árbitro. Ante un equipo inferior ao noso en todos os aspectos concedeulles 3 goles en clarísimos foras de xogo e deixando sen pitar ou pitando mal faltas que afectaban o desenvolvemento do xogo, a pesar diso o equipo loitou e xogou ben creando moitas ocasións que desafortunadamente non se materializaron. Felicitar a todo o equipo pola súa magnífica actitude. Goles de Leo, Hugo e Viñas. A seguir 💪.


Magnifico partido de tod@s @s nen@s do Alevín B ante un dos cocos do grupo, encerrando no seu campo ao Candean desde o asubío inicial e no que só fomos inferiores na corpulencia dos xogadores que eles fixeron valer, en numerosas ocasións con certa permisividade arbitral, en moitos lances do partido a súa superioridade no corpo a corpo; aínda así, como colectivo fomos superiores e de novo a mala puntería na portería rival e a mala sorte na nosa priváronnos de puntuar; súper orgullosos deste equipazo!.

A pesar da goleada non fixo un bo partido o Alevín A ante o último clasificado e non puido demostrar o bo equipo que son. Houbo moitos goles pero non bo xogo. Aproveitouse para dar minutos aos menos habituais, hai moito por traballar que agora nos esperan tres partidos importantes  para seguir pelexando  por outra fase de ascenso.

Tal como comentouse a semana pasada, comezou o Tourmalet para o Infantil B nun partido sen historia contra o mellor equipo ao que nos enfrontamos ata o de agora. Un equipo que podería facer un moi bo papel na primeira categoría desta competición. Os xogadores dérono todo no campo pero o Moledo era moi superior. A próxima xornada enfrontamento ante o lider indiscutible e imbatido. Ánimo Rapaces!!!


Partidazo do noso Infantil A de Primeira, xogando moi ben ao fútbol e con moita intensidade ante o lider da liga. Eles basearon todo o seu xogo en balóns longos porque tiñan xogadores máis fortes e moi rapidos. Nun descoido no minuto 2 fannos un bo gol desde fóra da área; collemos aos poucos  o ritmo do partido xogando ao balón e con combinacións moi boas, no minuto 37 noutro descoido defensivo fannos o 2-0 e con ese resultado chegamos ao descanso. Saímos coa mesma idea porque despois do gran traballo da primeira parte seguiamos vivos no partido e Hugo cun golazo de falta reduce distancias no marcador. Co equipo botado arriba, fanlle unha falta no medio a Vicente que o árbitro non sinaliza, queda no chan dolorido, cóllennos as costas e marcan o cuarto gol, co tempo cumprido Unai con outro gran gol reduce o as distancias ao 4-2 final.



Partido  do Cadete B no que puido gañar calquera pero logrouno quen puxo máis intensidade. Empezamos ben con gol de Nacho ao aproveitar que o porteiro contrario atopábase adiantado pero empatáronnos nun dos múltiples balóns longos que xogaron. Pouco despois márcannos o 2-1 dunha falta inexistente. O terceiro gol foi de penalti e antes do descanso fixemos o 3-2 tamén de penalti transformado por Xandre. Nada máis empezar a segunda metade, cun saque do porteiro que nos comemos ás costas fannos o 4-2. A partir de ahi fallamos moitas ocasións por falta de intensidade e fallamos tamén moitos balóns longos seus. Pasamos a xogar cun 4-2-4 para aproveitar o medio do campo onde non se xogaba pero non deu resultado. Con algo máis de ganas e menos fallos ante a portería contraria o resultado fose moi distinto. Ánimo rapaces!!!

Mala primeira parte  do Cadete A contra o pechacancelas, non dabamos tres pases seguidos e queriamos buscar a portería contraria con pases  directos contaxiados do estilo rival que coas dimensións do campo claramente non era a maneira correcta de xogar, pero insistíase en chocar co muro ata que ao pouco os xogadores asimilárono. Fallamos as ocasións que tivemos e chegamos ao descanso co empate inicial. Na segunda metade tras varios retoques, si atopamos o noso fútbol e aos poucos os goles foron chegando. O xogo pasou a ser máis fluído, tocando o balón máis rápido, xerando moito perigo e tendo moitas máis ocasións de gol. Pablo Verdera e Brais fixeron un dobrete cada un.

O Xuvenil B tivo un partido moi complicado ante un dos equipos de arriba e firme candidato ao ascenso que tivo no seu xogador Fabián, un dos máximos goleadores da categoría, como factor determinante ao lograr un hat trick, os dous primeiros en dous minutos fatídicos (34 e 36) que sentenciaron o partido.


Moi bo partido disputado polo Xuvenil A ante o líder da categoría no que na primeira parte executamos ao 100% o adestrado durante a semana e no que non deixabamos saír ao rival como normalmente fan, viendose superados e sen ideas polo bo traballo realizado polos nosos rapaces, cun toma e daca e poucas ocasións de gol por ambas as partes. Na segunda metade saímos sen a intensidade da primeira e aproveitaron para marcar o 1-0, houbo cambio de xogadores e táctica pola nosa banda e logramos equilibrar de novo o partido, subimos algo máis a liñas pero as forzas non daban xa para baixar e creábannos contras moi claras que un gran Xandre desbaratounas todas, aínda así puidemos rascar un punto nunha gran ocasión que Iker non puido acabar. Bo traballo dos mozos que con este camiño gañarán moitos partidos.💪💪seguimos traballando.



 

Xornada 9-10 Novembro:

Gol de Mario do Prebenxamín ante o C.D. Nieto nun partido xogado de menos a máis. Saímos algo durmidos aínda que sen pasar apuros estando ben colocados en todo momento. Tras ese inicio titubeante comezamos a ser superiores conseguindo gañar o segundo e terceiro cuarto pechando definitivamnete o partido cun 2-0 final no marcador. Eloxiar a este grupo de nenos que forman un gran bloque dentro e fóra do campo.
O Benxamín B pelexou duramente nun partido ante un rival da parte alta da táboa ao que non lle perdeu a cara en ningún momento.

Partido frouxo o disputado esta xornada entre o Benxamín A e o C.D. Nieto no que se fallaron innumerables ocasións ante un rival que non creou ningunha en todo o partido. A seguir remando para continuar nos postos altos da clasificación.


Posiblemente o peor partido disputado ata o momento polo Alevín C, principalmente por actitude. Dominamos todo o partido polas individualidades pero non fomos capaces de dar máis de tres pases seguidos. Os tres goles foron obra de Viñas. A seguir loitando.


Partido do Alevín B que se pode definir coas famosas citas de “o fútbol é inxusto” ou “ o que perdoa en fútbol acábao pagando”. Superiores en practicamente todos os aspectos do partido, presión alta e constante fronte a un equipo que se empeñaba en saír xogando desde atrás sen ofrecer alternativas ás continuas perdas de balon xeradas xa pola liña dos nosos atacantes, distribución de balón, coberturas, etc… Hoxe o balón non quixo entrar e eles aproveitáronse dun disparo afastado (puidemos facer algo máis) e un rebote na nosa área. A seguir traballando para pulir defectos. Orgullosos deste equipo 💪💪.


Do mesmo xeito que o C, o Alevín A disputou o peor partido da tempada, sendo este un partido ideal para xogar e demostrar moitas cousas cun rival que presionaba arriba pero non saíu nada ben,  sen xogo, gañamos simplemente porque somos moi superiores ao rival.

Mal partido do Infantil B ante un rival da nosa liga da metade da taboa que con esta vitoria adiántanos na clasificación. Fallamos en todos os aspectos: táctico, técnico e físico sen ningunha opción en todo o partido. Saímos pouco enchufados, sen a actitude adecuada e aos 2 minutos xa perdiamos 0-1. Tocou ir a remolque pero perdiendos todos os duelos, deixando xogar ao rival comodamente e sen opcións de remontar. A segunda metade foi un calco da primeira e o resultado final reflicte a diferenza que houbo no campo en todo o partido. Toca seguir  traballando xa que os dous próximos partidos serán contra os dous primeiros e sufriremos aínda máis.
 

Partido moi disputado o do Infantil A onde merecemos máis, o xusto fose un empate. Empezamos encaixando un bo gol desde fóra da área aos nove minutos de partido e case ao final da primeira parte regalámoslles o segundo por non defender ben os dous rexeites do porteiro. Hugo logra reducir a vantaxe e dar emoción ao encontro pero chegando ao final do partido nunha desafortunada xogada que o árbitro non cortou por unha dura entrada de tarxeta a un xogador noso que quedou tendido no chan, tiramos o balón fora para que o atendan pero devólvennola mal ao central e presionando nun feo xesto deportivo por parte do rival. Eles presionaban moi ben e obrigábannos a un esforzo maior pero soubemos sufrir e xeramos superioridades e oportunidades. Partido duro onde o noso equipazo de Primeira dió a cara loitando ata o final. Felicitar especialmente aos nosos dous porteiros que estiveron moi ben.

Encontro moi serio o do Cadete B, moi ben enfocado en todo momento polas nosas dúas bandas que nos levou a dominar o partido. Aos 22 minutos  chegou o primeiro gol cando Hugo fíltralle un balón ao primeiro toque para Nunes e que este define de marabilla, o que nos permitiu chegar ao descanso con vantaxe. Na segunda metade, co mesmo dominio e despois de varias chegadas á área, Miguel Nunes provoca un penalti que define moi ben Xandre completando un partido memorable o noso lateral dereito. No minuto 55 sufrimos unha expulsión pero iso non nos sacou do partido. E así sentenciamos no minuto 58 cando Nacho desborda pola banda e asiste a Jesús que marca o 3-0 definitivo. Vaise notando o esforzo dos adestramentos. A seguir  traballando así para sumar máis puntos.

Partido moi complicado o do Cadete A por moitas razóns. A principal, o árbitro, que non cortou o xogo duro e algunhas patadas perigosas desde o inicio do partido e que desgraciadamente no minuto 13 provocou a lesión de Joel que fracturou a clavicula.  Fallamos moitas ocasións claras pero se o árbitro cortase ese xogo agresivo, o partido sería outro moi distinto. O árbitro seguiu coa súa desafortunada actuación e permitiu que na única chegada deles, cunha posición clara de fóra de xogo, marcan o 0-1. Para completar o seu desatino tras sufrir unha nova entrada dura expulsa a un xogador noso por un comentario feito desde a máis absoluta impotencia. Con este panorama ao descanso, en desvantaxe no marcador e cun xogador menos, o noso equipo loitou toda a segunda metade como auténticos campións, dándoo todo quizais con máis corazón que cabeza, pero nos dió resultado e cun gol de David logramos o empate e só dous minutos  despois Adrián materializaba o segundo; aguantamos con moita dificultade ata o final conseguindo a tan merecida vitoria ante un equipo sen fútbol pero moi agresivo. Reiteramos que fallamos innumerables ocasións, pero hoxe hai que felicitar a este grupo porque a caste que sacaron esa para sentirse orgulloso. A peaxe é cara pero só desexamos que Joel recupere ben e canto antes. Moito ánimo e a vitoria vai por tí.

 
Novo partido igualadísimo do Xuvenil B que desafortunadamente finalizou cunha derrota pola mínima tras encaixar un gol nos últimos minutos. Iago conseguira o gol do empate ao fío do descanso que fose o resultado xusto.

O Xuvenil A fiel ao seu costume nos últimos partidos saíu desenchufado ante un rival que basea o seu xogo na intensidade e nos balóns longos, era complicado facerse co partido e máis cando nos precipitamos á hora de ter o balón e buscar o último pase desde o noso campo. Tiñamos tanta ansia de gañar que non había paciencia á hora de elaborar chegando ao descanso con 0-0. Na segunda metade e tras a charla técnica onde se insistiu que non tiñamos tanta présa en acabar xogada, saímos máis concentrados, empezamos a dominar o balón e tras unha boa combinación, André mete un centro que Rubén de forma acrobática remata a gol; seguimos na mesma liña e nunha internada de André consegue o 2-0 pero como gañar non é fácil e tiñamos que sufrir, tras unha plancha clarisima a Xandre, o noso porteiro, que só non a viu o árbitro, encaixamos o 2-1 e aí tocounos sufrir un pouco, o equipo aguanto e levámonos o partido. Boa vitoria ante un rival directo.
 


 

 Xornada 2-3 Novembro:

Partido controlado en todo momento do Prebenxamín ante o Casablanca, custounos materializar as ocasións nos primeiros 2 cuartos pero ao final vitoria clara por 0-2 tras materializar as ocasións creadas tras o descanso.
Partido difícil do Benxamín B ante o terceiro clasificado da liga, equipazo o noso que segue pelexando e tentando mellorar. Ánimo!!! Moi orgullosos.

Bo partido do Benxamín A ante un rival que nos plantou cara en todo momento. No primeiro tempo conseguimos non sufrir moito atrás e meter varias das ocasións xeradas chegando cun 0 - 3 ao descanso. Na segunda metade tocou sufrir atrás, con dous balóns aos paus, varias faltas preto da área e máis ocasións do rival aínda que conseguimos aumentar a vantaxe con dous goles máis. O importante é a portería a cero e que se empezan a ver algunhas cousas  das que se adestran. A seguir remando.

 

O Alevín C tivo un partido moi complicado, o Peñasco é un equipo superior ao noso con xogadores de segundo ano con maior corpulencia da que fixeron gala e que nalgunhas entradas a destempo provocaron ata 5 lesionados nos nosos xogadores chegando a xogar o noso equipo cun menos, intimidados e con medo a xogar o balón. Recoñecer que o rival era superior, ocupa o terceiro posto na clasificación, e máis tendo en conta que nos faltaron nenos importantes á hora da creación de xogo. A seguir 💪

Bo partido de todo o equipo do Alevín B, especialmente a liña defensiva, moi atent@s en todos os cortes e gañando practicamente todos os duelos e anticipacións; co partido liquidado xa no primeiro tempo, volvemos dar moitos minutos aos menos habituais para que entren máis na dinámica e sigan gañando confianza 👏👏👏.


Partido do Alevín A contra un rival moi inferior onde o resultado final de 0-14 é máis que ilustrativo da diferenza entre os dous equipos. Serviu para probar aos nenos en novas posicións e para tocar máis o balón.

 

Non realizou un bo partido o Infantil A que en dez minutos horribles con pases imprecisos permitiron ao Ponteareas adiantarse cun 2-0,  conseguimos mellorar e irnos 2-1 ao descanso despois de ter 3 paus e fallar un penalti. Seguimos con imprecisión nos pases pero aínda así, case ao final, conseguimos empatar o partido e dar por bo ese punto, era o día que non saen as cousas porque cando non che entran tamén xera esa ansiedade e obsesión nos xogadores por marcar, moito que puír e a seguir loitando que aquí non regalan nada. A destacar o Hat Trick de Unai que o levanta ao segundo posto da táboa de goleadores.

 

Quizais o mellor partido da tempada do Cadete B contra o terceiro clasificado nun campo pequeno ao cal eles están afeitos. Empezamos moi serios, cun gran traballo de todo o equipo na recuperación e así conseguimos poñernos por diante con gol de Nacho. Continuamos o mesmo guión de partido que trazaramos, antes do descanso estrelamos un balón no traveseiro e chegamos en multitude de ocasións ata o borde da área onde se nos apagaba a luz e non eramos capaces de tirar a gol mentres que o rival non chegara nin unha soa vez á nosa portería. Tras o descanso nunha falta escorada que non resolvemos correctamente logran o empate. A partir de aí foi un toma e daca que a falta de 5 minutos na única vez que o seu dianteiro, que leva xa 10 goles, gáñalle as costas aos nosos centrais e fai o 2-1. A partir de aí eles encerráronse e nós foi como o a primeira metade, ben ata a área e aí faise de noite. Unha mágoa pois hoxe non merecemos perder

 

Partido do Cadete A contra un equipo moi físico e con moi boa presión. Superáronnos en todas as liñas e tiveron un carrusel de ocasións que grazas ás paradas de Jose que mantiña a portería a cero fixonos crer no milagre chegando ao descanso co empate inicial. A segunda metade máis do mesmo e  buscando as nosas costas á contra facíannos dano ata que chegou o gol. A partir de aí con máis corazón que cabeza tentamos o empate á desesperada e estivo moi preto no último minuto en que David fixo un bo tiro que deu no traveseiro. Seguiremos traballando pero o equipo esfórzase en cada partido o máximo e volverán os bos resultados.

O Xuvenil B disputou un partido moito máis igualado do que reflicte o marcador, Daniel que logrou o primeiro gol do partido e Alexandre foron os autores dos goles.
Partido moi disputado polo Xuvenil A ante o 2°clasificado onde os dous equipos saímos a gañar e viuse un partido moi atractivo aínda que pola nosa banda non se cumprían exactamente as ordes establecidas. Comezamos gañando cun gol de André aos nove minutos, tras un toma e daca empátannos e con ese resultado chegamos ao descanso. Na segunda metade, máis do mesmo, empezamos levando nós o peso do partido e en dous contras adiántanse 3-1 pero nós seguimos pelexando e Pucho fixo o 3-2 que nos deu moito empuxe e onde os tivemos acurralados fallando varias ocasións mesmo un traveseiro, pero nun fallo noso á saída do balón, róubannolo e materializan o  4-2, despois foi un querer e non poder. Bo traballo en xeral, pero a mesma sensación de sempre, ao quedarnos a pouco da vitoria por erros nosos. Toca seguir remando para non desengancharse dos  postos de arriba.
 

Xornada 26-27 Outubro:

Partido moi cómodo do Prebenxamín ante un equipo como o Moledo con nenos moi pequenos. Eloxiar o labor e paciencia dos adestradores do equipo rival. Aproveitouse para tocar e tocar a pelota tentando en todo momento respectar ao contrario. Resultado final, vitoria por 4-0 que permite manter a segunda posición na clasificación.

Partido moi complicado o que tivo que disputar o Benxamín B ante o lider indiscutible da categoría que suma todos os partidos con vitorias por goleadas.

Resultado final moi enganoso o do Benxamín A, tendo en conta que no primeiro tempo tocou sufrir ante un rival que xogaba ben e tivo as súas ocasións pero logramos chegar ao descanso cun 3-0 no marcador.  Na segunda metade os nosos nenos continuaron coa boa actitude do primeiro tempo, pelexando todos os balóns e non cometendo erros defensivos; éso serviunos para poder ampliar o marcador ante un digno rival que veu abaixo os últimos minutos. A seguir remando.
Partido do Alevín C contra un rival superior que ocupa un dos postos da parte alta da táboa pero no que xogamos ben por momentos e dando sempre a cara. A seguir pelexando neste grupo tan complicado que lles tocou nesta primeira fase.

Outro partido no que @s xogador@s do Alevín B saíron a por todas desde o asubío inicial cunha actitude magnífica, presión alta continua e continuas coberturas que non permitiu xogar ao rival sen darlles ningunha opción. Partido no que tiveron moitos minutos os menos habituais 💪💪💪.


Partido moi igualado o do Alevín A ante o líder, un equipo superior ao noso e onde merecimos máis. Este era dos partidos que se podía perder pero demostramos que temos calidade e xogo para estar aí arriba aínda que nos falta unha pouco de sorte.

 

Segue a melloría do Infantil B que os levanta ao quinto posto da táboa, tras as charlas e os entrenos buscando a solución e conseguindo xogar ao fútbol sen conformarse só co resultado. Na primeira parte deste partido empezamos a ver cousas interesantes, xogar a dous/tres toques, apoios, paredes, empezar desde atrás, etc. e froito diso foi o primeiro gol de Izan Grueiro tras unha boa xogada de todo o equipo. Con este resultado chegamos ao descanso e na segunda metade, presionando máis arriba chegaron os goles de Víctor (2) Roi e Dani. O gol do Nieto nos pillou uns pouco descoidados nunha contra. Mellor a primeira parte que a segunda en canto a xogo pero afortunadamente empézanse a ver cousas. Agradecer a Manu, adestrador do Alevín C e a Xavi, xogador do Alevín C, que axudaron, e moito, neste partido.
 

Partido moi sufrido o do Infantil A pero no que se lograron os tres puntos moi necesarios e moi importantes contra un rival directo para o noso obxectivo, faltounos un chisco de sorte para meter algún gol máis que merecémonos, encaixamos o gol na única oprtunidad que tiveron.  Unai a pouco de empezar o partido e Vicente foron os autores dos goles. A seguir loitando a lume de biqueira 💪.

 

O Cadete B disputou un partido de ida e volta, mellorando o xogo das xornada anteriores pero queda moito que traballar aínda que hai un cambio impresionante na actitude e ambición. Tivemos seis chegadas moi claras que non soubemos definir pero en xeral moi bo partido. Temos que felicitar especialmente ao porteiro Nicolás do infantil  que fixo un partido incrible. A por a seguinte xornada, este é o camiño ✌🏻.

Partido mal xogado por parte do Cadete A. Gañábannos todos os balóns divididos e facíannos moito dano co xogo directo que era o único buscaban. Hai que mellorar para seguir no alto da táboa porque hoxe non se fixo o esperado e adestrado, a cabeza non se baixa e seguiremos pelexando. Iago foi o autor do gol.

 

Novo partido do Xuvenil B con moitos goles e alternativas no marcador aínda que lamentablemente finalizou cunha derrota pola mínima. Nicolás, Rafael e Alexandre foron os goleadores.

O Xuvenil A saíu sen chispa ante un equipo físico que provocou que non entrasen no partido en ningún momento. Partido malo pola nosa banda ante un rival que co dianteiro buenísimo que teñen válelles para gañar partidos, só xogan para el é funciónalles, de feito foi o autor dos tres goles do seu equipo e lidera a táboa de goleadores, os nosos goles foron obra de Xabi e Pucho. Non merecemos gañar pero tampouco perder, o máis xusto polo visto no campo fose un empate tras un mal partido por ambas as partes. Toca seguir pelexando para seguir arriba.

 

Xornada 19-20 Outubro:

Moi bo partido do Prebenxamin, con intensidade no xogo de principio a fin. Pérdese o primeiro cuarto cun gol despois dun erro en defensa e unha serie de rexeites.  No segundo e terceiro fomos lixeiramente superiores ao rival non conseguindo marcar no segundo a pesar de encerralos por momentos na súa área e  conseguindo marcar no terceiro.  Último cuarto foi onde sufrimos e a falta de 40 segundos conseguíronnos marcar e levar o partido. Felicitar aos dous equipos polo partidazo que realizaron e a seguir traballando.
Segue a pelexa do Benxamín B pola primeira vitoria da tempada que non chegou a pesar do bo partido e a loita. Enorme o equipazo!!!

Partido sen complicacións do Benxamín A ante un rival que apenas creou ocasións a pesar de adiantarse no marcador por un descoido noso. Con esta vitoria mantense a segunda posición na táboa clasificatoria.

Partido do Alevín C contra un rival superior no que fixemos unha primeira parte mala. Na segunda metade e despois dunha intensa charla, os nenos saíron con outra actitude, tocando o balón e buscando contras polas bandas xa que os xogadores contrarios eran grandes (todos de segundo ano) pero algo lentos. Goles de Unai e Gabri. A seguir.

Moi bo partido do Alevín B, moi completo en todas as liñas, serios e moi ordenados desde o inicio, sen conceder apenas ocasións ao rival e cunha presión moi alta que non lles permitía xogar con precisión; volvemos a fallar un par de ocasións moi claras en dous man a man co porteiro. Moi boa actitude e compromiso de todos os nenos hoxe, tanto dentro como animando desde fóra do campo.

Partido sen moita historia do Alevín A contra un rival moi inferior e que nos permite seguir na parte alta da clasificación.

Partido sen ningunha complicación do Infantil B ante un rival moi débil, que se presentou con 5 xogadores alevíns. Escocidos polo resultado en contra da fin de semana pasada, na primeira parte xa nos fomos ao descanso 7-0 sen xogar ben. Tras a charla técnica, na que se insistiu na necesidade de xogar, tocar e non ir directamente a portería, tivemos momentos nos que conseguimos dar máis de tres pases seguidos e triangular boas xogadas. Ao final do partido os nenos contentos pero toca seguir traballando xa que en dúas semanas xogamos contra un dos líderes e hai que mellorar moito para evitar resultados en contra como os da xornada pasada. Víctor con 3, Daniel con 2, Izan Chacón, Izan Grueiro, Leo, Pablo, Roi, Diego André e Sergio foron os goleadores.

 

O Infantil A aguantou ben a primeira parte con algunha ocasión e chegando 0-0 ao descanso, pero o Vila do Corpus é un equipo que xoga moi ben, con moita precisión nos pases e fai que a súa presión sexa moi efectiva; tivemos nosa ocasiones pero esta xornada tocou correr moito detrás deles. Derrota xusta porque foron moi superiores. Ánimo equipo!!!

O Cadete B segue nunha mala dinámica polo que hai que pelexar para cambiala e ademais neste partido no primeiro tempo tivemos a mala sorte de meternos dous goles en propia porta e un balón longo dos contrarios ao que sae o noso porteiro fora da área a despexar pero o balón dá nun adversario e entra na nosa portería. Non é escusa, aínda que o A Guía ocupe a cuarta praza non eran moi superiores a nós  pero a falta de intensidade ao final págase.  Ánimo Equipo!!!
 

Partido complicado o do Cadete A como case todos os que levamos ata o momento. Fomos superiores en xogo, pero como é habitual xogamos contra un equipo rochoso que nos gañaba nos duelos individuais en moitas das accións. A parte do duelo individual o seu xogo era demasiado directo, que se baseaba no balón moi longo desde o central e tentar poñelo dentro da área. Estivemos moi ben en defensa, como case sempre e aproveitamos momentos de bo xogo para poñernos diante do porteiro e anotar, chegando ao descanso cun 0-2, con goles de Verdera e Anxo. A segunda parte foi máis do mesmo, controlando os seus balóns longos e aos poucos chegando a portería contraria aínda que sen precisión. Nun corner a favor, quedando o balón morto dentro da área un rebote nun defensa contrario acabou dentro da rede en propia porta e puxo o resultado final de 0-3. Destacar o traballo defensivo que nos coloca como o equipo que menos goles encaixou empatado co líder, e sitúanos nos postos altos da clasificación. Toca seguir traballando e mellorando cosillas, pero hai que felicitar a estes rapaces que con 6 baixas no equipo non perde a súa esencia.

Boa primeira parte do Xuvenil B en Baiona onde por dúas veces adiantámonos no marcador con dous goles de Rafael, un deles no desconto que poñía as cousas de fronte nun momento importante do partido, pero na segunda metade o Erizana reaccionou e lle dió a volta ao marcador con tres goles.

Mal partido do Xuvenil A ante un rival como o Vila do Corpus que lle poñía moita intensidade e no que nós non logramos xogar como sabemos pero con varios escintileos foinos suficiente para gañar o partido por 2-4 con goles de André, Leo, Rubén e Pucho. O importante é seguir sumando para seguir nos postos de arriba. .

 

Xornada 12-13 Outubro:

Clara vitoria por 4-0 do Prebenxamín contra o U.D. Santa Mariña. Sen pasar apuros ante un equipo moi inferior, con moi bos momentos de toque de balón por parte do noso equipo que segue mellorando.
Moi bo partido do Benxamín B onde xa se van notando os bos adestramentos e a boa actitude dos nenos por gañar. Dispuxemos de moitísimas ocasións pero o balón non quería entrar para facer o empate do partido. Agradecer especialmente a Anxo do Prebenxamín que subiu de categoría para axudar ao equipo.

Partido sen complicacións do Benxamín A ante  un rival que non creou apenas ocasións. O amplo resultado final reflicte a gran diferenza entre os equipos. A seguir remando.

O Alevín C disputou un bo partido, moi emocionante e igualado e que finalizou cunha derrota pola mínima.


Primeira parte boa do Alevín B con moitas ocasións que non soubemos resolver ben mentres o Rápido chegou dúas veces e materializou esas chegadas en goles, chegando empatados ao descanso. Na segunda metade o partido volveuse tolo con constantes idas e vindas onde o Rápido soubo nadar mellor nese mar revolto. A seguir traballando.


Bo partido do Alevín A, con moita marxe de mellora aínda  e unha boa resposta á derrota da xornada anterior. Goles de Pedro (3), Diego, Martín e Dani.

Sorprendente o resultado obtido polo Infantil B ante un equipo que estaba na clasificación con dous puntos máis antes de iniciarse esta xornada. Toca analizar e recuperarse.  Ánimo equipo!!!! Víctor, Daniel e Pablo foron os autores dos goles. 

Nesta xornada o Infantil A saíu deste partido contra o terceiro clasificado moi reforzado, polo gran partido que fixeron os nenos e por que o gol do empate lográmolo no último minuto pero co sabor agridoce porque merecemos moito mais pero en 5 minutos despistados ao comezo do partido encaixamos o 0-2, pasamos de ter 3 ocasións para marcar a estar a remar en contra. Superado ese momento fixémonos co partido e tiñámolos todo o intre sometidos no seu campo e só xerábannos perigo en balóns longos. Fomos ao descanso 1-2 tras conseguir Unai o gol que acurtaba distancias. Na segunda metade seguimos igual e empatamos o partido con gol de Álvaro, logo nun balón longo deles co equipo envorcado arriba, gáñao o noso central que sofre unha falta clarisima que o árbitro non sinala e adiántanse 2-3 e case na última xogada Pablo Neira consegue o gol do empate.

Partido do Cadete B ante o líder irresistible da liga que suma os seus partidos por goleadas, o resultado o dí todo. O primeiro tempo foi moi malo pola nosa banda sen posibilidade nas disputas dos balóns porque xa non se pelexaban. Con 5 cambios no descanso ao que se chegou cun 0-9 logramos parar a sangría. Incluso o gol noso marcárono eles nunha cesión ao porteiro debido a que non tiramos a portería en todo o partido. Toca pelexar para mellorar. Ánimo!!!


Partido complicadísimo do Cadete A contra un rival duro e con grandes xogadores sobre todo en ataque. Adiantámonos na primeira parte cun golazo de Iago Pernas desde fóra da área pero non soubemos levar o control do partido e eles tiveron varias ocasións. Anuláronlles un gol ben anulado por ser unha falta indirecta e entrar o balón sen que ninguén o tocas e pitáronlles 2 penaltis rigorosos. Un deles atallouno Jose nunha magnifica intervención e o outro o chegou a tocar pero entrou. Chegando case ao descanso Miguel Gil aproveitou un balón morto dentro da área e logro o 2-1. Na segunda metade si recuperamos o control do partido, soamente xerábannos perigo con balóns longos pero nosa defensa estivo enorme e liquidou todas as situacións complicadas e chegando ao tramo final do partido un tiro o noso desde o bordo da área é rexeitado polo porteiro rival, quedando morto na área chegou Miguel Nunes para empuxar o balón ao fondo da rede, deixando o marcador no definitivo 3-1. Enorme esforzo de todo o equipo que logrou sacar adiante un partido complicado polas sete baixas que tiñamos esta xornada.  Especial agradecemento a Miguel Nunes do Cadete B, por vir axudarnos,  e alegrámonos ademais que marcase o gol da tranquilidade. Toca seguir traballando e mellorando.

 

Xuvenil B: Idéntico resultado no dobre enfrontamento de Xuvenís entre os equipos do Arenas e o S.D. Ponteareas e case o mesmo desenvolvemento do xogo e goles. Nun partido igualado adiantáronse 0-2 con dous goles na media e na hora do partido. O gol de Gonzalo deu emoción ós últimos vinte minutos.

Xuvenil A. Partido duro entre dous equipos que aínda non coñecían a derrota, atopámonos un equipo moi físico e que nos tiñan moi estudados xa que non nos deixaron mover o balón como adoitamos facelo, deixando a sensación dunha mala primeira parte onde non logramos dar dous pases seguidos ainda que en defensa estabamos sólidos e parabamos as súas arrancadas. Chegamos ao descanso con 0-1, na segunda metade saímos moito máis enchufados, fixémonos co partido e cando estabamos preto do empate un disparo que rebota nun xogador acaba sendo o 0-2. O equipo tirou de garra, seguiu insistindo en ataque e tratando de parar as suas contras. Un penalti por unha man, transformado por Pucho, meteunos aínda máis no partido pero tras varias ocasións non fomos capaces de marcar e empatar. Quedamos coa boa segunda parte do equipo. Seguimos traballando.

 



Xornada 5-6 Outubro:

Bo partido do Prebenxamin sen pasar apuros a partir dunha moi boa colocación no campo e unha moi boa actitude. Partido sen demasiadas ocasións a favor pero que aproveitamos catro das que tivemos por medio de Alai, Alex, Anxo e Pedro. Boa dinámica e bo traballo dos nenos.

Partido do Benxamín B contra un rival moi superior que non nos deu opcións. A destacar a actitude dos nenos que pese ao resultado nunca deixaron de pelexar e agradecer de maneira especial aos tres prebenxamins que subiron de categoría para axudar.

O Benxamín A encaixou no primeiro minuto o gol que sería definitivo, a partir dese momento eles puxeron o xogo en zona defensiva sendo bastante superiores. Nós tivemos varias ocasións de gol con dous paus incluídos e sen que o noso porteiro tivese que facer ningunha parada importante durante todo o partido. A seguir pelexando.

 

Partidazo do Alevín C dominando todas as facetas do xogo. Tocando e abrindo xogo en todo momento e executando perfectamente contras coas balas que  temos diante. Destacar a loita e entrega dos nenos en todo o partido. Goles de Viñas (3), Xabi (3) e Unai (2).  A seguir.

Primeira parte moi boa do Alevín B con moitas ocasións a favor e un penalti claro por man non pitado polo árbitro e que finalizou por diante no marcador por un escaso 1 a 2. Na segunda metade sufrimos  un baixón importante tanto física, con moitas baixas importantes no día de hoxe, pero sobre todo mental xa que non soubemos xestionar o ritmo físico do Pereiró.

Claramente non foi un bo partido o do Alevín A, pouco positivo púidose ver, confiando que fose o mal partido da tempada polo que todo irá mellor nos seguintes. Martín foi o autor do gol. Ánimo rapaces!!!!

Partido complicado o disputado polo Infantil B esta xornada con numerosas baixas ante un rival que xogou mellor e que controlou o partido. Na primeira parte con dúas saques de esquina adiantouse o Victoria no marcador, o primeiro por erro noso á hora de defendelo e o segundo con axuda do vento. Na segunda metade tras unha indecisión entre o central e o porteiro chegou o terceiro gol do Victoria. Ao final maquillouse o resultado cun gol de Víctor. Agradecer especialmente  a Mateo (Alevín B) e a Hugo e Anxo (Alevín C) por axudarnos esta fin de semana xogando un gran partido e dando a cara en todo momento. Toca seguir traballando!!

Partido estraño o dispùtado polo Infantil A, estivemos bastante mellor que a semana pasada. Dominamos bastante o primeiro tempo e cando mellor estabamos caeunos o 2-1. Empezamos apertando na segunda metade con varias ocasions que non se materializaron por falta de sorte. Unha pena porque os fallos nos pases/controles penalizáronnos moito e rematamos 4 veces ao pau. Estivemos mellor nos forcejeos, pero o árbitro permitiulles demasiado, sufrindo especialmente Vicente o xogo duro unha vez máis. A pesar da súa discutible actuación, o árbitro non influíu no resultado final. Toca seguir remando.

Partido que o Cadete B empezou moi ben e adiantouse rápido 0-2 con goles de Gabriel e Miguel pero nunha falta desde medio campo no minuto 28, o noso porteiro non consegue despexar e convértese no 1-2 pero o peor resultou  que na caída lesiónase gravemente tendo que ser substituído e tivemos que recorrer a un dos centrais para que ocupase a portería. O Rápido de Bouzas aproveitou o noso desconcerto provocado pola lesión e empatounos. Pero repuxémonos do golpe e con 2 goles máis de Miguel Vilariño e Miguel Nunes puxémonos 2-4 co que chegamos ao descanso. Non soubemos  xestionar o segundo tempo, pois eramos superiores pero non fixemos o correcto e o rival superounos e púxose 5-4. Ao final nun corner empatamos cun remate de cabeza de Xandre. Esta xornada perdemos 2 puntos. O peor a lesión de Santi o porteiro que se fracturou a boneca o só nunha caída. Desexámoslle pronta recuperación.

 
Primeira derrota da tempada do Cadete A que aínda que non xogamos moi ben fomos o único equipo que propoñía bo xogo. O Chapela soamente baseábase en balóns longos e na dureza consentida polo árbitro á hora de querer recuperar o balón. Un par de fallos nosos e a mala sorte debaixo da portería deles fixo que acabase o partido co definitivo 1-2. Toca seguir traballando, sempre coa cabeza alta e continuar como ata o de agora, tratando de xogar ben e serán as alegrías maiores que as tristezas.

Moi emocionante e disputadísimo o partido do Xuvenil B con constantes alternativas no xogo. Empezou Alexandre marcando no minuto 30 inugurando o marcador, eles lograron remontar colocando o 1-2 no marcador pero Iago cun Hat Trick espectacular en 12 minutos colocou o 4-2. Nos minutos finais cun gol de Chapela fixo que aumentase a emoción. Primeira vitoria da tempada, difícil e moi merecida.

Partido malo do Xuvenil A en unha primeira parte onde era imposible mover o balón pola cantidade de auga que habia e que converteu o partido nun frontón; nun barullo André roubou un balón en tres cuartos de campo e plantouse diante do porteiro para marcar o 1-0; un par de minutos máis tarde, Martin comete penalti e tras paralo Xandre aproveitaron o rexeite e puxeron o empate a un co que se chegou ao descanso. Na segunda metade, xa co campo en mellores condicións, cometemos moitos erros na saída de balón o que eles aproveitaban para montar contras, tras os cambios o equipo colleu aire fresco e empezamos a encerralos na súa área  ata que de novo Andre nunha galopada plantouse outra vez diante do porteiro e marcou o 2-1, no seu sexto gol co que lidera a táboa de goleadores. Debemos corrixir moitas cosas pero imos en bo camiño.+3

 

 

 

 

Xornada 28-29 Setembro:

Bo partido do Prebenxamín, metidos no partido desde o principio con boa actitude, boa colocación no campo e sen pasar apuros. Gáñase o primeiro cuarto 3-0 e ao final do segundo, gañando 3-0, o adestrador do equipo rival é expulsado por unha discusión coa árbitra. A árbitra pide falar coa xente do público do equipo visitante para que cesen os comentarios cara á súa persoa, nese momento o adestrador do Candeán decide retirar aos nenos e marcharse. Unha magoa de espectáculo sen motivo algún xa que estaba a ser un partido moi tranquilo

Moi  bo partido do Benxamín B ante o primeiro equipo do Celta claramente superior, destacar os dous goles de Gonzalo e Pablo e o súperesforzo dos nenos que non pararon de pelexar.

Partido moi doado do Benxamín A ante un rival que non opuxo ningún tipo de resistencia. Facilitando todo, ao querer saír co balón xogado desde atrás e perdendo case todos.

 

Partido moi bo do Alevín C contra un rival no que todos os seus xogadores eran máis corpulentos e de segundo ano. Primeiro tempo dominado totalmente en xogo por nós pero que fallamos bastante.  Na segunda metade, con moita rotación entre todos os nosos xogadores, fixémonos co partido por momentos . Ao descanso 2-3 abaixo que conseguimos empatar cun penalti. Partido moi completo pero penalizounos o meter 2 goles en propia e que nos enfrontamos a un rival cun xogo duro que o árbitro non soubo cortar. Nos minutos finais mandamos de falta un balón ao traveseiro. Goles  de Xabi (2), Leo e Unai. A seguir 💪

Mal xogo do Alevín B no partido desta primeira xornada pero compensado co tremendo esforzo e garra mostrados polo noso equipo conseguindo unha vitoria pola mínima. A seguir por este camiño de loita co que se conseguirá a melloría no xogo e os resultados.

 

Bo partido en xeral do Alevín A no que conseguimos poñernos moi rápido por diante no marcador, aos 10 segundos, e logo todo saíu rodado. Hai que seguir traballando que imos polo bo camiño.

 

Victoria do Infantil B nun partido ante un rival da nosa liga onde quedou reflectido que cunha mellor actitude chega a melloría no xogo e os resultados. Unha boa participación nos adestramentos vese claramente reflectida nos partidos do finde semana. Dominouse o encontro pero tecnicamente co balón temos moita marxe de mellora. En fronte, un equipo frouxo, que só nos chegou a porta nunha ocasión na primeira parte e que conseguía o empate tras unha falta. Na segunda metade, máis do mesmo, arrinconando ao rival pero sen ocasións claras. Despois do 1-2 lamentar a lesión de Nico Garcia que estaba a facer un gran partido. A súa lesión nos descolocó e sufrimos un pouco ao final. Goles de Pablo e Chacón.

Partido moi difícil do Infantil A ante o líder indiscutible da categoría e onde acusamos as baixas que tivemos. Aínda así non fixemos un bo partido, eles facían unha boa presion e custábanos moitísimo superala. Non nos anticipamos ás xogadas e custábanos moito xerar superioridades, tócanos seguir remando e tentar sumar no seguinte partido. Gol de Vicente de penalty.

Partido do Cadete B no que empezamos durmidos e encaixamos o único gol do partido no minuto 3. Custounos entrar no xogo os primeiros 20 minutos onde non gañabamos ningún duelo. A partir de aí aos poucos fomos igualando a contenda e chegamos ao descanso con ese  0-1 pero mellores sensacións. No segundo tempo empezamos con máis ganas e fomos superiores os 40 minutos. Aínda así eles tiveron un penalti a favor que Moha neutralizou realizando unha gran parada. Logo foi un querer e non poder onde apertamos pero non tivemos premio mesmo no desconto tivemos 3 corners onde o noso porteiro subiu a rematar. A seguir traballando e a próxima xornada visitamos Bouzas.

Enorme partido dos nosos xogadores do Cadete A, no que demostraron ser un gran grupo. Pelexaron contra un equipo moi duro e ás veces marrullero que non dubidaban en cortar o xogo de calquera forma posible grazas a unha arbitraxe moi permisiva. Estivemos grandiosos en defensa no que tiñamos que estar atentos ao único xogo posible do Coruxo que era balón directo e longo para as súas puntas.  Aproveitaron unha saída de balón nosa na que a arbitra non quixo pitar unha falta clara para marcar e chégase ao descanso co 1-0. A segunda parte seguiu co mesmo guión pero mesmo con maior control pola nosa banda ata que chegou o empate. A partir de aí con corazón e máis ganas tentamos levarnos o partido pero non foi posible. Gran partido ante un dos rivais que está destinado para loitar polo ascenso. Toca seguir traballando e continuar coas mesmas ganas.


Bo partido do Xuvenil B a pesar de obter un resultado inxusto e unha arbitraxe con altibaixos, non nos sinalou un claro penalti a favor por unha man clara estando o brazo extendido e na segunda parte anulou unha xogada onde sacamos un libre indirecto moi rápido e marcamos gol cando ninguén pediu pasos na barreira. O equipo compite ben pero fáltanos alguén que resolva e meta goles.



Partido moi físico o do Xuvenil A onde eles despregaron un xogo duro con constantes faltas. Encontro moi embarullado xa que non se podía xogar pola forza coa que entraban e xogaban, non foi un partido bonito, pero o importante foi conseguir os tres puntos. Goles de Andre (2), Andrés e Leo e vitoria final por 2-4.


 Xornada 21-22 Setembro:

Bo partido do Infantil B que finalizou con derrota pola mínima.  O partido animouse na segunda parte onde se materializaron os tres goles. Daniel Hermida empatou pouco despois de que se adiantase o Maristas, pero un gol encaixado nos minutos finais sentenciou a contenda.

 

O gol de Vicente do Infantil A que poñía o empate a 1 no marcador pero que finalizou cunha derrota por 3-7 ante un rival superior, moito máis físico que nós. Con ese resultado de empate, o arbitro prexudicounos moitísimo cunha decisión moi polémica ao sinalar un penalti en contra moi discutible. A partir de aí, tivemos 3 minutos horribles, con tres erros defensivos gravisimos que finalizaron con tres goles en contra, chegando ao descanso cun 2-5 no marcador tras un gol de Pedro. Tentamos a proeza e aos 2 minutos Unai recorta distancias, pero outra vez unha falta ao bordo da área e unha xogada que non sacamos ben lles dá o 3-7 definitivo. Marcador final demasiado abultado para o bo partido realizado. A seguir que temos moito que loitar, traballar e remar.


Primeiro partido de Liga do Cadete B e primeira vitoria nun partido cun mal primeiro tempo onde só o 1-0 foi o único positivo.  A charla técnica do descanso ao que se chegou con 1-1 produciu efecto, con outra intensidade e xogando como o expuñamos, chegaron as ocasións que se crearon demostrando a superioridade do equipo. Miguel Nunes e Manu foron os autores dos goles.

 

Moi bo partido en liñas xerais do Cadete A. Quizais a primeira parte estivemos moi apurados en moitos momentos e queriamos acabar pronto as xogadas, abusando algo do pase en profundidade de forma inmediata. O bo é que non nos creaban perigo grazas á presión e á defensa moi atenta, chegando ao descanso co empate a 0-0. A segunda metade, tras a charla, todo cambiou e ademais de seguir sendo superiores, chegaron as ocasións, a lata de abriu e o resultado final foi de 4-0 con dous goles de Brais, un de Iago e o último de Joel.
 

 

Moi boa primeira parte  do Xuvenil B que acabou 1-1 e onde  a colexiada non sinalou un claro penalti ao noso favor. Na segunda metade faltounos a sorte que si tuvó o Matamá nos dous goles; non estivemos acertados pero competimos ben, mostrando unha melloría respecto ao partido da semana pasada.



Partido moi disputado o do Xuvenil A no que nos atopamos cun rival que xogaba moi directo e iso a nós fainos moito dano. Primeira parte bastante boa na que fallamos varias ocasións claras e fómonos ao descanso con 0-1 en contra, na continuación en dous minutos remontamos con goles de Rubén e André e a partir de aí quixemos parar o partido pero eles apertaban moito e encerráronnos atrás; con sufrimento e un GRANDÍSIMO porteiro, Xandre, que nos salvo cun par de man a man onde resolveu espectacularmente. Nunhas contras puidemos matar o partido pero non foi así e sufrimos ata o final pero mereceu a pena, tres puntos importantes e a por máis.

O resto de equipos de equipos de Futbol-8 seguen coa sua pretemporada e disputando amigables:


Partido igualado  o do Benxamín ante un rival como o UVCD Candeán que sabia mover e tocar o balón.  Mérito noso do gran traballo defensivo de todos.  Sempre presionando dous xogadores ao rival cada vez que recibían. Ben aproveitadas as oportunidades de gol e moi contentos coa actitude do equipazo. Queda camiño e moita marxe de mellora, principalmente o aspecto físico para aguantar mellor a parte final dos partidos. Un gran reforzo de moral para empezar a liga. Resultado final, vitoria por 2-4.

O Prebenxamín cun resultado xusto perdeu 6-2 ante o Val Miñor aínda que quizais merecemos marcar un par de goles máis. Rival superior en físico e xogo. Moitos cambios e moitos fallos para corrixir. Ánimo!!!!

O Alevín B disputou un moi bo partido ante un rival bo como o UVCD Candeán. En plena fase de aprendizaxe hai que destacar o ritmo de partido que foi alto, a seguir afinando tácticas. Resultado final, vitoria dos nosos por 0-8.

Victoria do Alevín A por 2-1 ante un rival moi físico como o Atios que nos gañaban claramente en corpo. Moi bo xogo aínda que ás veces un pouco atropelado pero conseguimos sacar o partido sendo un bo test antes de empezar a liga a semana que vén contra un equipo que estará arriba pelexando polo ascenso, loita na que estará inmerso o noso equipazo

 

 

 Xornada 14-15 Setembro:

Esta fin de semana comezaron os campionatos de Liga dos equipos de futbol-11.


Partido moi disputado o do Xuvenil A en Salvaterra ante un rival moi físico, con xente enorme onde puido gañar calquera xa que houbo moitas ocasións. Bo partido dos nosos, vímonos coa sensacion de deixarnos 2 puntos atrás xa que co 0-1, gol de André, puidemos sentenciar en dous man a man contra o porteiro que non fomos capaces de materializar. Moi boas sensacións porque se loitou pola vitoria ata o final. Isto acaba de empezar e queda moito por perfeccionar. Contentos co empate aínda que nos sabe a pouco.

O Xuvenil B xogou unha boa primeira parte chegando ao descanso cun 0-2 favorable e con ocasións de marcar máis, incluído un penalti fallado. Na segunda metade cun cambio de actitude por parte do equipo e un labor arbitral discutible, encaixamos catro goles en 10 minutos finais fatídicos, perdendo un partido que nunca debemos perder. Foi unha pena pero isto é futbol e toca seguir.

Bo partido do Cadete A de principio a fin. Rival con menos calidade que nós pero moi intensos e duros nas entradas. Chegando ao descanso con 0-1. A segunda parte pola calor e por facer que corresen detrás do balón o Gondomar foise minguando e os goles ao noso favor foron caendo con 2 de Anxo e David, Sergio, Jorge e Emmanuel con 1 cada un. Moi bo partido para ser o primeiro. 3 puntos menos para o obxectivo.

 

Partidazo sen paliativos do noso Infantil A na estrea da nova categoría 1ª Futgal tras o ascenso conseguido a tempada pasada. Mandando desde o primeiro minuto, enormes nas coberturas defensivas, movendo o balón con moita profundidade e sendo un grupo en axudas en todo momento. Todos e cada un deles fixeron un partidazo. Unai con dous e Vicente e Daniel cun cada un foron os goleadores.

Partido do Infantil B ante un rival moi débil (contaba con 5 ou 6 alevíns) onde ao finalizar o primeiro tempo  xa estaba sentenciado cun 0-4. Tras a charla táctica do descanso tentouse aproveitar o partido para xogar, tocar de lado a lado... Aproveitamos para probar a nenos noutra posición e dar minutos aos infantís de primeiro ano.Os autores dos goles foron Sergio con dous e Izan, Víctor, Daniel, Pablo e Nicolás con un. Toca seguir traballando e corrixir os erros que cometemos ao longo do partido.
 

Os nosos equipos de Futbol 8 seguen afinando a súa posta a punto de cara ao comezo da liga disputando partidos amigables cos seguintes resultados:


Castrelos 6 -Prebenxamín 0
Superados en todas as facetas e liñas nun moi mal partido con apenas chegadas á área rival,notando en exceso a baixas. Partido que serviu para ver todo o que temos que mellorar e dar moitos minutos aos nenos.
A seguir traballando.


Casablanca 0 - 10 Benxamín A 

Partido fácil ante un rival que non opuxo moita resistencia. *Éso permitiu tentar facer moitas xogadas que adestramos, con 4 goles de xogadas ensaiadas previamente. A seguir mellorando.


Alevín C 4 Castrelos B 2.
Partidazo dos nenos tendo en conta que é o primeiro da tempada. Encantados coa actitude e a loita en todo o partido. Destacar que durante o partido xogouse con diferentes esquemas e excepto os primeiros 10 minutos nos que marcaron eles o primeiro gol, dominamos totalmente, podendo gañar con 4/5 goles de diferenza. A seguir.


Alevín B 3 Casablanca 0
Bo partido  afinando o equipo.


Alevin A 12-3 Casablanca
Bo partido en xeral ante un rival inferior pero máis grandes que os nosos como pasará moito este ano, os goles en contra chegaron por desaxustes puntuais pero máis nada que iso, seguimos propoñendo xogo co balón e coa velocidade.

 

 

 

___________________________________________________

 TEMPADA 2023 / 24

Semifinais Copa 8 de Xuño:

Sorte dispar para os nosos dous equipos que chegaron ás Semifinais de Copa:

Inxusto final para o que se merecían estes CRACKS do Benxamín A, o fútbol ás veces non é xusto. Tras comezar dominando con ocasións claras o Lavadores adiantouse con 0-2 aproveitando dous fallos nosos, resultado co que se chegou ao descanso. Saímos mellor na segunda parte pero tras un córner fannos o 0-3, conseguimos recortar distancias cun gol de Marcos. Encomiable a loita e entrega dos nenos e o seu enorme traballo para chegar a semifinais, logro que non foi nada facil.

 

Semifinais de Copa Federación do Cadete A contra un equipo correúdo, e moi peleon, pero que os nosos souberon contrarrestalos moi ben, gran despregamento físico e emocional por parte dos xogadorazos que souberon xestionar en todo momento o partido, souberon acougarse e apertar para  gañar con goles de André, Brais e Rubén e chegar á final do próximo sábado 15 ás 16:00 no Campo Federativo de Coia.  Sería culminar ao grande esta tempada, para engadir un trofeo máis  ao ascenso e o campionato ligueiro. Queda un pasito.

 

Cuartos de Final Copa 1 de Xuño:

Partido moi disputado polos nosos nenos do Prebenxamín A, onde conseguimos chegar á metade do último parcial gañando o partido pero nunha xogada desafortunada empátannos e ao pouco tempo cun neno  noso tirado no chan chorando despois dunha disputa á altura do noso banco, o árbitro decide non parar a xogada finalizando no gol que decidiu a eliminatoria. Aí acabouse o partido, aínda xerando varias ocasións para poder meter algún gol. De 10 estes nenos, unha tempada inesquecible.

 
Finaliza a tempada do Benxamín C chegando ata cuartos de final da Copa onde se atopou cun Rápido de Bouzas superior.

Todos nos quitamos o sombreiro con estes nenos do Benxamín A, partido ás 16:00 da tarde cunha calor incrible e con baixas importantes como Guille e Marcos, xogamos contra o terceiro clasificado da fase de ascenso e demostramos a todos os equipos que debemos ser un dos 4 equipos que debeu ascender. Conseguimos dominar todos os duelos na primeira parte gañando en intensidade e ritmo de xogo coa idea clara de como tiñamos que atacar vendo as debilidades dos rivais por iso fómonos 0-4 ao descanso. Ao comezar a segunda parte márcannos nada máis empezar pero conseguimos repoñernos e asinar o 1-7 final. Goles de Diego (4), Adri Viñas (2) e Ruben. Xa pensando nas semifinais da semana que vén. 


Partido duro pola calor sufocante o que tivo que disputar o Cadete A, por iso é polo que as cousas esta xornada non saísen como sempre pero botáronlle valor e sacamos estes cuartos de final adiante. Tiñamos ganas deste desquite contra este equipo, único equipo que nos gañou esta tempada, dous goles de Iván e un de Carlos sentenciaron o partido. Estamos en Semifinais de Copa, tempada para enmarcar dos rapaces!!  Espéranos o Valladares nas semis, imos tentalo.

Partidos amistosos:

O Prebenxamín B e os dous equipos de Infantís disputaron partidos amigables esta fin de semana:

O Prebenxamín B desprazouse a Mos onde venceu por 1-3 cun partidazo de tod@s l@s niñ@s, especialmente Breogán que solventó maravilosamente as baixas dos nosos porteiros. Moitas grazas á U.D. Mos pola invitación, especialmente  a Conchi, Cristian e ao adestrador do seu Prebenxamín polo trato increible que sempre nos dispensan.

O Infantil B desprazouse ao Meixoeiro para enfrontarse ao CD Nieto e o Infantil A disputou un partido internacional ante o Estrela Azul de Aveiro onde o bo xogo dos nosos impúxose por 4-0 ao xogo duro e maior envergadura deles.



 


XORNADA 25 Maio

Partido do Prebenxamín B no que empezamos cohibidos pola diferenza física co noso rival, que ademais tiñan un golpeo de balón imposible para o noso porteiro. Tras unha falta inexistente adiántanse no marcador e xa todo foi costa arriba, non nos creaban perigo en xogadas pero a balón parado e con disparos afastados levaronse a clasificación. Poñer en valor a coraxe de Álex que tras pasar por urxencias, aproveitando o atraso nos partidos chegou no descanso e xogou un partidazo nos dous últimos parciais dándonos o empuxe necesario para poder competir do teu ao teu como adoitamos facelo.

Partido de máis a menos do Prebenxamín A, gañando claramente o primeiro cuarto 3-0. A partir de aí, xogo embarullado aínda que resultado máis que xusto por ocasións. A cuartos con toda a ilusión.

 

Partido do Benxamín C moi disputado por ambos os equipos sendo nós uns pouco superiores; na primeira parte gañamos 2-0 ao descanso e con bos goles, na segunda metade empezamos como na primeira pero dous fallos defensivos custáronnos dous goles seguidos e o empate final no marcador que fixo que a eliminatoria se resolvese nunha quenda de penaltis onde Héctor estivo enorme parando dous penaltis que unido aos transformados por Leo e Unai fannos pasar a cuartos. Grandísimo traballo destes xogadorazos que a pensar da calor que facía, dérono todo no campo!!!!

Partido asequible para o Benxamín A en todos os sentidos; na primeira parte apenas nos crearon problemas e fómonos 5-0 ao descanso xogando moi ben e a bo ritmo. Ao empezar a segunda metade encaixamos un gol ao principio e a partir de aí igual que a primeira parte pero cun ritmo máis baixo de xogo pola nosa banda. Goles de Marcos, Guille, Gael, Diego e Roi. Clasificados para os cuartos da copa con pleno de vitorias e liderando o grupo, a seguir disfrutando.

 

Púxose o partido de fronte ao Alevín A para comezar gañando cun gol aos dous minutos, pero eles déronlle a volta e adiantáronse 1-2, resultado co que se chegou ao descanso. Na segunda parte conseguimos remontar e lograr a vitoria. Eles tiñan un "9" moi forte e moi bo que nos facía moito dano,  a consígna era marcalo encima durante o partido e na charla do descanso insistiuse pero aos nosos xogadores custáballes ese descaro de non deixalo moverse. Tivemos boas accións de combinación e xogadas pero era un choque moi igualado cun rival do noso nivel. Partido moi bonito para xogar con esa intensidade e disputa.

 

O Infantil B e o Lavadores B xogábanse o primeiro posto do Grupo e a clasificación para a seguinte fase de eliminatorias da Copa. A pesar de comezar gañando cun gol no minuto 25 que nos daba o liderado e a clasificación, eles lograron remontar antes de chegar ao descanso con 1-2 tras unha primeira parte moi igualada. Pero 8 minutos nefastos nada máis iniciarse a segunda metade onde encaixamos 3 goles, sentenciaron o partido.


Partido do Infantil A contra o colíder da categoría que pelexou ata a penúltima xornada por ascender a Liga Galega. A primeira parte non estivemos moi finos, o que ante o seu poderío facía presaxiar un desastre, pero realmente fallamos en dúas xogadas illadas que souberon aproveitar marcando e outra que o árbitro totalmente inexperto regaloulles, non pitando 2 foras de xogo clamorosos na mesma xogada e finalmente non entrando o balón en portería para ninguén excepto para el. Con iso chegouse co 3-0 ao descanso. A segunda metade é outra historia, sendo  excepcional, na que soamente existía un equipo xogando ao fútbol ás beiras do Tea. Sentando cátedra e dando un máster gratuíto aos asistentes de como é este xogo. Os rapaces baleiráronse no campo e gañaron en todas as facetas do xogo, poñendo a paixón necesaria para que a súa calidade brillase. Os embotellamos toda a segunda parte e creamos innumerables ocasións que só o seu gran porteiro podía salvar unha tras outra. Marcáronnos 2 goles illados por potencia e nós 3. Chegamos a meter o cuarto, pero unha vez máis o árbitro decidiu anulalo sen que entendamos o motivo e non pitou un máis que posible penalti a favor. Ante a avalancha de fútbol os nosos tiñan fame de máis e eles só pedían a hora para que acabase o partido. Felicitar a estes rapaces que demostraron ser un gran equipo competindo en Primeira Autonómica e conseguindo un ascenso máis que merecido a Provincial.
ORGULLO !!!!

Partidazo do Cadete A no que nos xogabamos o pase a cuartos, toda a semana adestrando como había que xogar contra este equipo e inculcando a idea do que tiñamos que facer, e saíu o partido perfecto con intensidade, ganas, actitude, esforzo e ademais xogando ao fútbol; saíndo moi ben en curto, avanzando liñas; gañámoslles en todas e cada unha das facetas. Estudouse a este rival por parte do Corpo Técnico, un equipo que ascendeu a Primeira como 3º, cun grupo rochoso. O Ascenso e o Campionato non é suficiente para estes xogadorazos que queren o triplete  e vanno a tentar con ganas e esforzo. Orgullosos deste grupo que forman xogadores, corpo técnico e pais. Antes do partido fixeron entrega da Copa de Campións de Liga, máis que merecida.

Partido moi complicado do Xuvenil B ante un SD Ponteareas que se xogaba o título de Liga e ao que nos presentamos con moitas baixas e con só un cambio dispoñible.Non tivemos opcións con xogadores xogando fóra da súa posición contra un equipo que o mellor teno do medio para arriba. Finaliza unha Liga que foi moi complicada para este grupo pero que a disputaron a pesar de momentos e dinámicas difíciles.

Partido sen transcendencia do Xuvenil A onde déuselle minutos aos menos habituais e aínda así fallamos innumerables ocasións como ao longo de todo o ano. Ultimo partido oficial da Liga co obxectivo da permanencia en Primeira cumprido. Alfredo e Brais foron os autores dos goles.

 

XORNADA 18 - 19 Maio

O Prebenxamín A foi completamente superior de principio a fin ante un rival moi inferior que ademais se presentou con 8 xogadores. Conseguido o pase a oitavos como primeiros de grupo. No vídeo vense os golazos de Pedro, Tadeo e Tristán

 


Partido do Benxamín C contra un rival inferior onde non se pasaron apuros para lograr unha clara vitoria e que permite a clasificación para a seguinte rolda da Copa. Poker de goles de Leo (un deles e o do vídeo) e un de Manuel para o 1-5 final.

O Benxamín A xogábase o primeiro posto do grupo no campo do Apóstolo. O xogo se vió prexudicado polas medidas do terreo de xogo, máis pequeno do normal, faltounos bastante xogo con balón pero chegounos para gañar e asegurar case a primeira posición e a clasificación para a seguinte fase. Goles de Roi e Diego.

 

Moi bo partido do Alevín B contra un rival en desenvolvemento.  Gerard e Victor con dous goles e un de Dani  completaron a goleada . Valeria na portería callou un gran partido do mesmo xeito que todo o equipo.

 

Resultado do Alevín A moi enganoso debido a que tiñamos controlado o partido xogando moi ben e convencidos que poderiamos gañar ao chegar ao descanso con empate a 1  no marcador, non lles deixabamos chegar con claridade e nós chegabamos ben á súa portería pero faltábanos ese chisco de sorte dun control que se nos vai e dá noutro xogador, ou se nos vai fóra por pouco. Pero tres fallos que o rival soubo aproveitar sentenciaron o partido.

Empate moi traballado o logrado polo Infantil B en Atios, o que lle permite chegar con posibilidades de clasificación á última xornada no seu enfrontamento contra o líder.

 

Partido cómodo do Infantil A ante un rival inferior a nós no que tivemos ocasións claras desde o primeiro minuto. Fallamos demasiado na finalización man a man co porteiro pero aos poucos os goles foron entrando por medio de Aarón, Castor, Samuel, David, Nico Vázquez, Javier e Pablo Verdera.

Enorme último partido do Cadete B en actitude, xogo e xerando ocasións. O gol da vitoria de Nico non foi suficiente, xa que este resultado non nos clasifica, unha mágoa. Con isto pechamos un gran ano deste grupo de rapaces, onde houbo algún desgusto pero sobre todo moitas alegrias. Quedamos coa actitude e a melloría tanto colectiva como individual de cada un deles.

 

O Xuvenil B disputou un partido con pouca historia ante o líder que está a pelexar por ser campión de grupo. Foron moi superiores e a nós tocounos correr detrás do balón. No descanso xa ibamos 0-4 abaixo e no segundo tempo tocounos defender e aguantar o chaparrón. Gol de Asier. Agradecer a Danilo e Iván do cadete A o partido que disputaron.

Partido a vida ou morte do Xuvenil A no que saímos ao campo moi enchufados e pronto nos fixemos co control do partido, levando a iniciativa e onde apenas nos tiraron a porta; tras unha internada de André logramos marcar. Na segunda metade seguimos co mesmo plan de partido pero eles xa nos chegaban con máis facilidade, pero aínda así seguimos creando boas ocasións con dúas man a man contra o seu porteiro e tras un erro de leste e a fe de Rubén, logramos o segundo gol que debería ser o da tranquilidade no minuto 84; a partir de aí quixemos durmir o partido, eles comezaron a xogar en longo e así nos facían moito dano, entre eses balóns longos e a ansiedade de que se acabase el partido, tivemos minutos de descontrol e máis aínda cando marcaron o 2-1 pero xa co tempo cumprido. Matchball salvado, que coa derrota do Louro seguiremos outra temporada máis en Primeira.

 ---------------------------------------------------------

XORNADA 11 - 12 Maio:

O partido de Copa do Prebenxamín B contra o Pontellas suspendeuse.
Aproveitamos a xornada xogando un partido amigable contra a SR Casablanca. Damos as grazas a Jose Ramón Pérez Alonso, adestrador do Casablanca, por organizar un partido en tempo récord e así poder gozar dunha mañá lúdica e formativa.

 

Partido moi disputado o do Prebenxamín A contra un rival forte e moi ben posicionado. Bo traballo defensivo deixando novamente a portería a cero e gañando ao aproveitar unha das poucas ocasións que tivemos conseguindo Luca o gol da vitoria. Décimoquinto partido sen perder destes CRACK.

Moi bo partido dos rapaces do Benxamín C contra un equipo moi inferior a nós e onde xogamos moi ben ao fútbol xerando moitas ocasións de gol. Unai e Leo con 2 goles cada un e Iago con 1 foron os goleadores.

Partidazo do noso Benxamín B aínda que moi igualado . Foi unha loita continua de lado a lado. Os nenos moveron o balón moi ben e loitaron como nunca, dérono todo nun encontro con moita tensión. Partido que axuda a coller confianza. A seguir así.

Partido asequible para o Benxamín A que terminou complicandose, ao finalizar tanto na primeira como na segunda parte. Empezamos adiantandonos 0-3 en 7 minutos pero chegamos ao descanso con 2-3 no marcador, e o mesmo ocorre nos últimos 5 minutos do partido, pero sempre propoñendo xogo desde atrás, destacar unha acción no último minuto en saída de balón desde o porteiro. Goles de Guille, Diego (2), Adri Viñas (2) e Marcos. Finaliza unha Fase de Ascenso onde temos a sensación de que só fomos inferiores a un equipo, merecimos moito máis en moitos partidos,  sensación de que se tivésemos ese acerto para portería por merecemento en partidos que perdemos agora mesmo seriamos equipo de primeira, pero moi contentos co traballo de Quintana, Hugo e de todo o equipazo. A seguir, que queda a Copa.

Bo partido do Alevín B onde pequenos  detalles foron os que nos condenaron. Grande equipo.
 

Despois do grupo durisimo que lle tocou esta Fase ao Alevín A, esta vitoria tan necesaria como a desta xornada axudará para cargar forza ante a inminente competición de Copa. Os xogadores do Salvatierra eran fortes e moi contundentes e custounos "entrar" no partido, de feito nunha xogada illada adiantámonos 0-1 con gol de Alex pero eles lograron remontar 2-1, ao bordo do descanso conseguimos darlle a volta ao marcador e puxémonos 2-3, na segunda metade saímos a lume de biqueira e xogamos moi ben, o que fixo que apenas tivesen ocasións os xogadores do Salvaterra e nós conseguimos materializar as que tiñamos, evitando todas as alternativas no marcador da primeira parte. Gran partido, gran esforzo dos xogadores a unha hora na que xa apertaba moito a calor. Luis con 3, Alex con 2, David, Eros y Sergio con 1 fueron los autores de los goles que dejaron el resultado final en 2-8.
 

 
O Infantil B disputou un partido da "nosa" Liga contra o Independente e que permitiu, tras unha longa serie negativa, sumar un punto.

Esta xornada o partido do Infantil A gañouno outro fútbol moi directo e contrario ao noso, balón para arriba e aproveitar as segundas xogadas que o Mos gañaba sempre. Estivemos moi mal defensivamente e pagámolo caro. O mellor, que os menos habituais fixérono moi ben e que tivemos ocasións para poñernos por diante. Toca levantarse e seguir, quedan dous partidos para acabar a Liga e este resultado non debe embazar a boa tempada.

O Cadete B logrou sobrepoñerse ao gol encaixado nos primeiros minutos e non só conseguiu remontar senón unha clara vitoria por físico e xogo no último partido de liga que puido ser máis amplia. Contentos co traballo realizado polos rapaces. Goles de Nacho, Gaby, Xandre e Nico.

Último partido de Liga do Cadete A contra o penúltimo clasificado que ademais a metade da primeira parte quedou cun xogador menos sobre o terreo de xogo, ao descanso xa  chegamos cun  marcador moi favorable de 0-4. Tras o descanso realizamos os 5 cambios dispoñibles e mesmo se intercambian en posicións non habituais entre eles, acabando o partido cun 0-10 ao noso favor . Goles:  3 de Ali,  2 de Brais Ulloa e Brais Novoa, Sergio, André, Carlos e Marcos con 1.
 

Partido raro o do Xuvenil B no que se atoparon a última hora con catro baixas de xogadores convocados e acudiron só 12 efectivos, varios deles non habituais. Viuse pouco fútbol e o rival adiantouse aos 20 minutos. Aínda por encima lesionouse  Adolfo no minuto 30 e quedámonos sen cambios e con só un centrocampista. Tomamos o control do partido e con goles de Mateo Martín e Yoel  fomos 1-3 ao descanso. No segundo tempo se flojeó por non xogar en equipo pero defendémosnos ben. No 81 fixeron o 2-3 pero aguantamos o seu empuxe ata o final. Pouco futbol pero gran traballo.

Tras un inicio desastroso no que aos dous minutos perdiamos 2-0, o Xuvenil A a partir dese momento dió un paso adiante con garra e moitas ganas fixémonos co mando do partido, creando varias ocasións e froito dese traballo achegámonos 2-1 con gol de Claudio. Na segunda parte seguimos presionando e arrinconándolos na súa área pero como o que falla a paga, nunha contra resolveron definitavamente. Non se pode poñer ningunha  pega aos rapaces que traballaron con todas as súas ganas, salvo eses 3 minutos fatídicos que nos custaron o partido. Seguiremos tentándoo ata o final.
 


-----------------------------------------------------------

 XORNADA 4 - 5 Maio:

O Prebenxamín B atopouse con 3 baixas de última hora que fixo que só dispuxesen dun cambio. Ao final do primeiro parcial, despois de realizar un gran xogo, un dos nosos xogadores  recibe un balonazo na cabeza, tal como apréciase no vídeo, e para sorpresa de todos o árbitro pita penalti botando por terra o traballo dos xogadorazos, os cales van ao descanso decepcionados polo inxusto da situación. No segundo parcial os rapaces poñen toda esa rabia sobre o campo varrendo ao rival. Tras empatar o terceiro,  no cuarto parcial xa nos fixemos grandes e concretamos esta importante vitoria por 2-1 contra o, a priori, rival máis forte do grupo. Resaltar un gran paradón de Hugo no último parcial.

Segue a boa racha no inicio da Copa do Prebenxamín A tras gañar a 2ª Fase da Liga, a pesar de non xerar tantas ocasións como outras veces, foron contundentes en defensa o que fixo que non pasasen apuros e aproveitaron algunhas das oportunidades que xeraron ante un rival duro. Gran partido dos nosos.

Partido do Benxamín C contra un equipo bastante inferior a nós pero ben colocado no campo, entramos algo durmidos sen poder dar dous pases seguidos e fallando 3 mans a man co porteiro e a falta de 10 segundos para acabar a primeira parte tras un despexe errado queda o balón franco ao dianteiro e meten o 0-1. Ao empezar a segunda metade cuns cambios no sistema empezamos a mellorar o xogo e a ter moitas ocasións de gol pero hoxe o balón non quería entrar, con todo o Gondomar desde o medio campo executa unha falta en principio sen perigo pero finalmente coouse na nosa portería poñendo o 0-2 no marcador. Despois diso, empezamos a xerar máis perigo, ata que logramos transformar dous goles por medio de Leo e Unai para empatar o partido, pero do mesmo xeito que na primeira metade, no último minuto encaixamos o 2-3 final.

Non foi un bo partido o do Benxamín B partido ante un equipo moi inferior ao noso. Dominando completamente e sempre na súa área, sobre todo na segunda parte. Mandamos 2/3 balóns ao pau a parte doutros moitos tiros a porta, case todos fora e mesmo se fallou algún  man a man co porteiro. Encaixando un gol en propia porta e outro nun rebote, de tres veces que nos tiraron a porta. Partidos como este demostran que o futbol en ocasións é moi inxusto. A pesar de perder, destacamos o gran esforzo e bo partido dos nenos. A seguir.
Partido doado para o Benxamín A onde desde o primeiro minuto xogamos con todos os nenos en posicións diferentes, era un partido relaxado e sen maior aliciente ante un equipo ao que xa lle gañamos dúas veces nos torneos de Nadal e Semana Santa. Goles de Roi(2), Guille, Ruben, Teo, Gael (2) e Fabio. Con este resultado e o doutros partidos conseguimos o 6° posto final na clasificación desta Fase de Ascenso que tras o comezo irregular deixándonos algúns puntos, era o obxectivo. Parabéns!!!

 

Gran partido do Alevín B tal como reflicte o marcador espectacular.


Empezou o Alevín A para encaixando un gol moi rápido antes do primeiro minuto de partido por un fallo de marca en defensa que permitiu un forte disparo desde fóra da área. Tivemos varias chegadas para facer gol pero non as materializamos; eles que facían circular o balón moi rápido e eran moi precisos no pase, noutro fallo noso márcannos o segundo. Na segunda metade saímos coa intención de ir a por o partido e nun bo saque de esquina facemos en 1-2, jugabamos con dous dianteiros para facer presión moi alta para que ao porteiro custáselle sacar o balón, pero non a acabamos de facer a tope para tentar marcar máis goles. Bo partido ante un rival moi bo.

 

Mala primeira parte do Infantil B que aproveitou o Moledo para anotar os seis goles e sentenciar de maneira moi clara o partido.

 

Ao Infantil A tocoulle xogar esta xornada contra o coco da categoría. Equipo líder, invicto e a nada de ser equipo de Liga Galega. A pesar de todo, orgullosos destes rapaces que sempre son fieis á nosa formulación e ao noso xogo, sexa quen sexa o rival e vaia como vaia o resultado. Na primeira parte realizamos un espléndido partido, capaces de aguantar o seu xogo e as súas arremetidas, coas liñas xuntas e coas axudas necesarias entre compañeiros. Mesmo os puxemos contra as cordas co xogo a balón parado, no que non tivemos a sorte necesaria para que entrasen un par de ocasións claras. Chegando ao final da primeira parte no único descoido que tivemos metían o 0-1 co que se chegou ao descanso.  A segunda metade foi distinta, as forzas empezaron a floxear despois do esforzo realizado e aos poucos nos embotellaron e foron caendo os goles ao seu favor, incluíndo algún de auténtica mala sorte e algún outro en clara posición de fóra de xogo. A pesar diso os nosos buscaban como podían o ataque e tiveron un par de ocasións boas en xogadas combinativas, ata que chegou o noso gol de honra, como non, a balón parado cun remate certeiro de Bafode. Partido no que os menos habituais gozaron de máis minutos, deixando claro que forman un grupo excepcional, e que todos son importantes. Toca seguir traballando e gozando con eles as 3 xornadas que quedan para acabar esta gran tempada.

 

Bo partido do Cadete B ante un dos equipos da parte alta que estivo a pelexar polo ascenso ata estas últimas xornadas, onde merecemos gañar por intensidade e xogo. No minuto 17 tras un fallo noso chegou o gol deles, pero os rapaces non baixaron os brazos e empatamos por medio de Nico, unha pena polas ocasións que tivemos e polo empuxe de ir a por o partido, recuperando esa actitude moi boa que non tiñamos ultimamente.

Partido de trámite do Cadete A, con moitos cambios, con moitas rotacións e onde ao descanso fomos cunha vitoria contundente. Primeiro Obxectivo Ascenso cumprido, Segundo obxectivo Campións de Liga Cumprido  e agora a loitar a por o terceiro obxectivo, a Copa. Todo o que poida dicir deste EQUIPAZO quedará curto.  Temporadón!!

 

Partido moi disputado polo Xuvenil B en Navia onde hai que darlle un 10 ao equipo pola entrega e o traballo realizado. Marcamos pronto con gol de Nayem nunha contra pero o Coya empatounos pouco despois. A partir de aí foi un toma e daca dos dous equipos onde non houbo moito fútbol pero gran sacrificio e pelexando todos xuntos. Enzo fixo o segundo cun gran gol desde 35 metros e así fomos ao descanso. No segundo tempo, o rival que nos sacaba case 30 puntos na clasificación, apertounos pero defendémosnos moi ben e as ocasións foron nosas pois tivemos dúas máis na área pequena que as tiramos por encima da portería. Ás veces dicimos que non hai intensidade pero hoxe hai que felicitalos.
 

Partido do Xuvenil A ante un rival superior que ocupa a segunda posición na táboa e que se complicou aínda máis cunha mala primeira parte pola nosa banda que facilitou que nos chegasen por todos os lados e aínda así tardou en chegar o seu primeiro gol tras un inoportuno  fallo defensivo, a partir de aí desaparecemos do campo. Na segunda metade, saímos máis enchufados e achegámonos 1-2, tras outro lamentable erro encaixamos o terceiro e a partir dese momento fomos arriba xa que na situación actual só válenos a vitoria pero a cada gol noso respondíannos eles con outro e así se nos cae outra partido clave para lograr o obxectivo. Toca seguir remando.

 



 XORNADA 27-28 ABRIL


Visita do Prebenxamín B ao campo do segundo clasificado en busca de ampliar a serie positiva. Día de sentimentos atopados, imos felices polo gran traballo realizado e tristes porque foi o partido onde máis ocasións claras xeramos e máis fallamos, incluídos varios man a man para que ao final  un fallo nun saque de porta impídenos sumar. Gran partido en liñas xerais con Lucia e Luka mostrando un nivel incrible.


Non deixan de sorprendernos os jugadorazos do Prebenxamín A, onde a pesar de facer variacións de posición para a súa aprendizaxe conseguiron remontar un partido ante a Cultural Areasmoi disputado despois de perder o primeiro cuarto por 2-0. Fin de fase imbatidos e con ilusión para disputar a Copa.


Plan de partido executado perfectamente polos xogadorazos do Benxamín C. Ben colocados en defensa e con moitas axudas permitiron esta vitoria por 1-4 en Ponteareas. Boa actitude de todos ante un rival que tivo bos momentos. Goles de Gonzalo, Unai, Leo e Manuel.



Partido igualado e moi físico do Benxamín B. No primeiro tempo dominamos en case todas as facetas, traballando moi ben en defensa. Na segunda metade empezamos mal, empatáronnos pero polo ecuador dese tempo metemos o 1-2 tras unha boa xogada pola banda dereita centrada á segunda liña da área e marcando o noso medio centro un moi bo gol desde a mediana da área. Goles de Adri e Diego. A seguir.

 

Partido normalito do Benxamín A, mellor na primeira parte con bo xogo por momentos e bastante chegadas a portería, na segunda metade baixamos o ritmo e nivel de xogo e fainos irnos cun resultado máis axustado do desexado. Obxectivo a 6ª posición desta Fase de Ascenso que nos atopamos a 1 punto, se nas dúas últimas xornadas conseguimos a vitoria deberíamos logralo xa que os rivais directos xogan contra os de arriba. Goles de Diego (2), Roi, Adri Viñas (2).


Partidazo do Alevín B, saíndo a por todas desde o minuto 1 contra o coco da categoría que non perdeu un partido en toda a liga e estivemos a piques de dar a sorpresa acurralando ao líder na súa propia área todo o partido, encaixando o gol nos últimos minutos e tendo nós moitas ocasións de gol. Salváronse que nesta categoría non hai tarxeta vermella se non estarían case todo o partido cun menos e sendo o porteiro unha posto clave, cando curto nun placaxe ao o noso dianteiro cando se ía só a portería tal como vese no vídeo.

 

O Alevín A enfrontouse ante un equipo superior, pero moi contentos coa actitude e a loita que permitiu que estivemos no partido ata case o final. Tiñan moi boa chegada por banda cun neno moi rápido que poñía bos centros e custounos tapar, tentamos aproveitar algunha contra que tivemos pero eles adiantáronse cun gol de falta imparable e pouco antes do descanso tivemos un tiro ao traveseiro. Saímos na segunda metade igual, con boas chegadas pero non marcamos e nesas idas e vindas, en dous erros nosos márcannos o 2-0 e pouco despois o 3-0 pero como indicamos, xogando así dá igual o resultado, polo menos competimos e poñémosllo difícil ao rival ata o final.

 

Partido do Infantil B onde en dous tramos de cinco minutos, un en cada parte, foron nos que o Coya sentenciou o partido anotando os catro goles que reflicten o marcador final.
 

Empate xusto do Infantil A, eles non eran o equipo da primeira volta onde lles metemos 9 goles pois presentaron moitos xogadores novos. Moi contentos coa actitude dos rapaces e a seguir que para a semana toca partido moi complicado contra o líder, o Coruxo, que está invicto.
 

Derrota do Cadete B, esta vez contra un equipo inferior que cunha intensidade maior ca do noso equipo, domináronnos completamente, un equipo moi distinto comparado co que foi na primeira volta. Hai que cambiar a dinámica para afrontar a competición de Copa
 

 

Duelo no cume do Cadete A contra o segundo clasificado do grupo onde se gañabamos xa seriamos campións. Partido moi bo dos rapaces, xogando moi ben cun 8,5 de nota pero a pelota non quixo entrar. Orgullosos do traballo realizado hoxe e o de toda a tempada, seguimos con 5 puntos de marxe co Chapela e se a semana que vén sumamos 1 punto lograremos o campionato. A seguir!!!

 

Partido do Xuvenil B no que xogamos mantendo o tipo durante 30 minutos e onde o rival non se atopaba cómodo, obrigándolles a cambiar o esquema varias veces, pero non tivemos continuidade e a falta de intensidade nalgúns xogadores leváronnos ao descanso con 3-1 en contra. Cambiamos o debuxo táctico e falamos de facerlle dano polas bandas pero non o executaron no campo. Un gol en propia que nos fixo dano e uns cambios que non forneceron o efecto desexado, levaron o partido a un despropósito que nos deixou o 7-2 final. Os dous goles foron obra de Iker ,o segundo deles, un golazo desde medio campo.

 


Partido disputado polo Xuvenil A ante un equipo superior que non nos deu opcións de nada. Na primeira parte saímos durmidos, non fomos capaces de dar 3 pases seguidos, perdiamos o balón tontamente e aínda así tivemos dúas ocasións claras para adiantarnos polo menos 1-2 no marcador pero o de meter goles non é o noso e  fómonos ao descanso 2-0. Na segunda metade saímos máis elevados pero de novo en 2 minutos de desconexión nos meten outros 2 goles, momento en que eles afrouxaron deixando ao partido sen intensidade por ningunha e as dúas partes, case ao final  nun corner ensaiado, Claudio fixo o gol da honra. Mal partido en xeral nunha situación crítica da permanencia.

 

             ----------------------------------------------------

 

    XORNADA 20-21 ABRIL

                   Golazo de Luka para gañar o cuarto parcial.

Partido moi traballado o do Prebenxamín B noutro día de moita calor no que tivemos moitas oportunidades para levarnos os 3 puntos nunha xornada máis que coa baixa de Gelete conseguimos puntuar. Suma e segue dun grupo de nenos que melloran día a día e non parecen ter teito. Felicitar a Hugo pola súa gran actuación como porteiro e Beltrán sempre incansable. Resultado Final 2-2.

Bo partido do Prebenxamín A ante o segundo clasificado nun partido decisivo para o liderado do grupo no que os nosos saíron moi enchufados. O 1-0 final é un resultado moi axustado para as ocasións que tivemos, bo traballo tamén en defensa resolvendo perfectamente as poucas veces que nos fixeron perigo. Campións desta fase matematicamente, agora coa ilusión de chegar lonxe na Copa.

 

Partido bastante igualado o do Benxamín C con moitas alternativas no xogo, aproveitando ben as nosas ocasións e tentando estar ben colocados en defensa. Moi bo traballo de todo o equipo. Unai e Leo con tres cada un foron os goleadores.

 

Terceira derrota consecutiva do Benxamín B contra un rival moi inferior. Na primeira parte, pronto nos meteron o primeiro gol e non conseguiamos dar tres pases seguidos. Na metade da segunda parte conseguimos empatar por medio de Diego nun bo disparo desde fóra da área e dous minutos máis tarde volven poñerse diante. Tivemos varias ocasiones pero non quixeron entrar. En resumo, algúns nenos moi desconectados e parece que cada vez xogamos peor. A seguir intentandolo.

 

Mala e inexplicable primeira parte do Benxamín A xa que nos fomos ao descanso cun 0-1 en contra, pero no descanso cambiamos, xogamos con 3 defensas e a pesar de fallar un penalti no comezo da segunda parte,  conseguimos facer seis goles dominando o partido en todo momento. Destacar a Adri que nalgún momento de desconexión do equipo, estivo incrible na portería. Partido asequible que resolvemos na segunda metade. Goles de Gael (3), Rubén, Diego e Teo.

 

Partidazo do Alevín B cunha gran actuación de todos os xogadores.

 

O Alevín A xogou ante un Equipazo, o Choco xoga moi ben e presionan moito impedindo as segundas xogadas. Este partido custounos moito porque nos marcaron moi pronto nun gol que debemos impedir facilmente e enseguida encaixamos o segundo que o fixemos en propia porta tentando despexar a corner e así varios goles máis de verdadeira mala fortuna. Aínda así non conseguimos dar dous pases seguidos, e o último pase dabámolo moi mal. Ao descanso iamos 0-5, saímos na segunda metade tentado xogar e meternos no partido e  Alex conseguiu o 1-5, tivemos dúas accións boas para marcar pero o balón non entrou, eles nun mal rexeiten marcan e así seguimos encaixando máis goles, Ángel obtivo o segundo gol case acabando o partido.

 

Partido moi complicado o do Infantil B ante o líder indiscutible e destacado da clasificación, ao que lle plantou cara ata o minuto 30 onde ao encaixar o primeiro gol desencadeo 20 minutos moi malos que lles levaron a encaixar catro goles máis. Dous goles máis en contra nos minutos finais deixaron o marcador nun abultado 1-7.
 

 

Partido difícil do Infantil A ante un rival forte en todas as posicións que afrontamos con baixas importantes no equipo. Unha primeira parte na que se adiantaron no marcador por un erro noso na saída do balón, a partir de aí despregamos bo xogo e logramos crear moitas máis ocasións ata que chegou o gol de David que poñía a xustiza no marcador co que chegamos ao descanso. A segunda parte prometía, pero uno dos factores importantes neste deporte é a figura do árbitro que no día de hoxe quixo ser protagonista e as decisións soamente apuntaban nunha dirección. Non se pode facer nada cando a balanza decántase dese xeito, pero si sacar o orgullo e xogar coa cabeza moi alta porque este grupo só sabe facelo así. Nada embaza o temporadón que están a realizar estes rapaces e o xogo que son capaces de facer. Orgullo fannos sentir de estar ao seu lado. Enormes!!!!!
A gran noticia da xornada esque matematicamente xa temos o ascenso de Primeira Autonómica á nova LIGA PROVINCIAL.

 

A pesar do resultado, non foi un bo partido do Cadete B, empezou abrindo o marcador o Casablanca (pechacancelas, equipo que leva 10 goles a favor en toda a liga e que 2 deles lográronos ante nós) chegando ao descanso con empate a 1-1 no marcador. A charla no vestiario fíxolles abrir os ollos aos nosos xogadores e lograron sacar o partido adiante. O máis destacable do partido foi a participación de Jorge do infantil B no medio campo.

 

Tarde moi calorosa  e rival inferior que só dispoñía dun cambio no banco, sen ser un dos mellores partidos do Cadete A, xa ao descanso chegouse con 4-0 a favor con goles de Enmanuel, Martín Xesto e dous do rival en propia porta. Tras o descanso e realizando todos os cambios dispoñibles, completouse a goleada con goles de André, Raúl ,Carlos e Andrés.

 

 
Nova decepción inmerecida do Xuvenil A na súa loita pola permanencia e ante un rival dos considerados asequibles. A falta de gol segue lastrando ao equipo que non é capaz de materializar todas as ocasións creadas con dous tiros ao pau incluídos e nesta xornada o rival aproveitou todas as súas oportunidades. Ánimo!!! hai que seguir loitando, faltan cinco xornadas decisivas.
 



 

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario