domingo, 25 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Outro partido do Prebenxamín B no que perden a pesar de marcar máis goles no cómputo xeral que o seu rival. Tamén é certo que cometemos erros impropios dun equipo neste momento da tempada. Para o Montecastelo marcar un gol no primeiro cuarto e outro no último, lle foi suficiente para lograr a vitoria final.

Terceira vitoria no últimos catro partidos do Benxamín C, que o eleva á quinta posición da clasificación.

 

Partido igualado para o Benxamín A onde a falla de eficacia volveu pasarnos factura, bo traballo de todo o equipo en liñas xerais pero onde o rival aproveitou as súas ocasións. Chegamos 1-1 ao descanso e non foi ata que faltaban 5 minutos co marcador indicando un 3-2 cando chegaron tres goles seguidos deles para facer o definitivo 6-2 que supoñía un castigo excesivo. Goles de Teo e Rubén, só queda disfrutar  desta Fase de Ascenso e seguir loitando.

 

Partido moi serio para o Alevín B onde o equipo loitou moito contra o rival e o mal tempo. Comezaron con moita presión e pouco a pouco fomos tomando o control do partido tendo claras ocasións de gol que non conseguimos materializar polo que chegamos empatados ao descanso. Seguimos coa mesma dinámica na segunda parte, pero esta vez estivemos máis tranquilos e logramos marcar 3 goles por medio de Víctor. Todo o equipo merece un gran aplauso.

 

A pesar deste abrumador resultado na nosa contra, estamos moi contentos co partido disputado polo Alevín A, obviamente foron moi superiores e os rapaces traballaron moitísimo para que a derrota non fose máis pesada, fixeron un moi bo partido cun gran esforzo ante a  dificultade do rival. O Celta tardou 10 minutos en marcar o primeiro gol, seguimos facendo o noso xogo e chegamos ao descanso co 5-0. Na segunda metade, máis do mesmo. Salvo 4 balóns longos, o equipo sempre tentou saír co balón xogado ante un rival que aínda co 9-0 non paraba de presionar moi alto.

 

Derrota contundente do Infantil B ante un C. Victoria B moi superior.


 
Moi boa primeira metade do Infantil A onde nos adiantamos con dous goles de Nico Vázquez e Iago nos primeiros doce minutos pero que os rivais aceracron diferenzas co único remate de gol. O segundo tempo foi moito máis igualado pero onde o rival acertou os dous lanzamentos a portería, cumprindo a máxima futbolística de “quen perdoa.....”. 

 

Mal partido do Cadete B baixo o diluvio universal. 

Suma e segue para o Cadete A camiño do obxetivo, estraños primeiros minutos nos que non se atopaban ben, sen conseguir boas combinacións ante a alta presión dos seus rivais, unha vez superada esa presión marcouse o primeiro gol e a partir de aí o partido foi moito mellor chegandose con  0-4 ao descanso. Na segunda metade, os xogadores menos habituais tiveron minutos.

 

Esta xornada o Xuvenil B tivo que xogar o domingo pola tarde e comezamos ben, porque aos 2 minutos adiantamos cun gol de Tosa de falta directa, pero eles xogaban co vento a favos e nos facíamos auga nos laterais e conseguiron darlle a volta ao marcador antes de chegar ao descanso. Fixemos dous cambios, mellorando en defensa e Menduiña fixo o 2-2 dende fóra da área. No Victoria expulsaron ao porteiro por xogar coa man fóra da área e a nos expulsaronos a Fazanes por dobre amarela. Encaixamos o 3-2 porque o noso equipo se despistou nunha falta e nos pillaron fóra de posición. Pero seguimos crendo (quen o pensaría hai 2 meses) e tras unha falta, Pelaez marca de cabeza logrando empatar de novo,e o mellor quedou para o final, no minuto 93 Pelaez "despexa" un balón dende o noso campo pillando adiantado ao porteiro e facendo o 3-4 definitivo ante un equipo que tiña case 30 puntos por diante. Temos que seguir disfrutando.

 

O Xuvenil A disputou o seu partido nun campo no que era imposible xogar polas adversas condicións meteorolóxicas. Na primeira metade faltounos intensidade e souberon aproveitar o vento ao seu favor para crear dous balóns longos onde o aire nos xogou malas pasadas e que lles permitiu entrar ao descanso cun 2-0. Na segunda metade saímos con máis forza, co vento ao noso favor e uns minutos despois marcamos o 2-1 por medio de Pedro, a partir de aí puxémolos atrás e só chegaban a nós con contraataques ben executados e cun moita velocidade, despois comezou a diluviar e entre a auga e o aire era imposible mover o balón, case ao final nun contragolpe facíannos o terceiro.
 







No hay comentarios:

Publicar un comentario