domingo, 11 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Bo partido dos cativos do Prebenxamín B que tiveron o partido controlado en todo momento. Empataronnos no seu único remate a portería coa sorte de que o campo foi moi rápido e ese longo rebote condenounos. Rematamos o partido con acoso constante, meténdose na súa área pero o balón non quería entrar. Fallamos 4 cara a cara seguidas. Mencionar o gran partido que fixo o noso Crack, Breogán, que só permitiu que nos dispararan a portería unha vez.

Clara vitoria do Prebenxamín A que o leva á cabeza da clasificación.

 

Bo partido do Benxamín C aínda que rematou con derrota por 0-2.

 

Partido moi igualado para o Benxamín B pero malo pola nosa parte dende o principio. Neste partido o importante foi o resultado. Os Goles foron obra de Xabi.

 

Segunda derrota consecutiva do Benxamín A nesta Fase de Ascenso, repetindo o mesmo resultado en contra. Mal partido en todos os sentidos pero hai que seguir que aínda queda moito. Os autores dos goles foron: Viñas, Diego e Gael.

Moi mal partido do Alevín B sen tensión e cunha gran actuación do porteiro Artai. Na segunda metade o equipo axustou un pouco pero non foi suficiente. Gol de Dani.


 

Nesta xornada o Alevín A non fixo un partido moi bo a pesar de remontar o 1-3 en contra e incluso de adiantarse no marcador con 4-3, pero de novo 2 erros do noso equipo condeáronnos, fomos moi lentos de anticipación e moi pouco intensos. Luis con 2, Eros e Sergio foron os autores dos goles.

 

Derrota pola mínima do Infantil B tras un gran partido que comezou mal, encaixando un gol nos tres primeiros minutos, aínda que nunha magnífica reacción o empate conseguiuse aos doce minutos despois. Finalmente, o gol do Lavadores na segunda metade selou o encontro.


 

Gran partido do noso Infantil A. Comezamos algo durmidos e nos primeiros dez minutos encaixamos 2 goles por dúas malas saídas con balón desde atrás que, ante a gran presión do rival, penalizounos demasiado. Todo parecía presaxiar unha desfeita pero os nosos non son un equipo de rendicións e comezaron a someter ao rival como saben, con combinacións rápidas e xeniais nas que o rival só puido correr detrás do balón e cortar as xogadas con faltas. Froito deste xogo conseguiuse o empate con goles de Iago e Nico Vázquez e chegamos ao descanso cun 2-2. A segunda metade foi unha treboada de fútbol pola nosa banda que fixo que o noso rival perseguise sombras no campo e só puido parar o partido con faltas e ás veces feas, ata que chegou unha das xogadas máis bonitas do partido que non puido ter un mellor remate que conseguir o gol, de novo por medio de Iago, que nos puxo por diante e nos achegou á vitoria. A partir de aí, o Santa Mariña só puido achegarse á nosa portería colgando balóns na área desde calquera zona do campo para aproveitar a forza e altura dalgúns dos seus xogadores. Case ao final do encontro lograron o obxectivo e non permitiron que os tres puntos quedaran en Navia, deixando o resultado final nun 3-3.
Aplaudir e felicitar ao noso equipo polo gran partido disputado ante un forte rival, complementado por xogadores de categorías superiores, que indican o respecto que lle teñen ao noso plantel.



Foi un resultado inxusto para o Cadete B esta xornada, xa que tivemos a iniciativa, a intensidade e as ocasións. Os rapaces fixeron o que lles pedían e no que traballaron o xoves: presión alta e acoso ao rival ata o final, cambiando o sistema de xogo. O gol en contra chegou dunha falta inexistente no único erro que tivemos pouco antes do descanso. Non baixamos os brazos e seguimos presionando ao rival dende arriba sen deixarlle ningún espazo en ataque, ata que  Breixo marcaba o empate ao rexeite dun córner. Aínda así tívemolo ata o final, unha mágoa xa que este empate foi insuficiente para o que nos propoñíamos, seguir mellorando de cara a portería, iso si,  outra fin de semana na que non coñecemos a derrota.


 

Un dos goles do Cadete A que segue con paso firme liderando esta Liga, outra vitoria clara, esta vez ante o Casablanca por 5-1.  Un resultado que puido ser maior porque houbo moitas ocasións de gol, entre elas un penalti errado. A vindeira xornada é un partido moi importante e clave ante o C.D. La Guía, que ocupa a segunda posición.

 

Gran partido do noso Xuvenil B onde pouco a pouco o traballo vai dando froitos. Estivemos mellor todo o partido e adiantámonos cun gol de Xoel de penalti cometido sobre el. Pero dous erros da nosa parte e un gran gol de falta á escuadra alta fixeron o 1-3. Iker fixo o 2-3 antes do descanso. Na segunda metade saímos a presionar alto, con marcaxe individual ao seu mellor xogador e xogamos case todo o tempo no seu campo, creando multitude de ocasións e logrando a remontada, con dous tantos máis de Iker, no tempo de desconto. O resultado puido ser máis voluminoso. Gran traballo de todos ata o final.

 

A primeira metade do Xuvenil A foi bastante igualada onde ninguén tiña o control do xogo e as ocasións foron poucas e distantes por ambos lados. Nun erro na saída do balón do Rápido, Claudio aproveitou para facer o 1-0 co que fomos ao descanso. Na segunda metade saímos durmidos e os contararios xogaron a moito máis ritmo e froito diso un centro á área que non era perigoso, o xogador do Bouzas sacou unha espectacular chilena e conseguiu o empate, seguimos sen reaccionar e no minuto 67 marcaron o segundo, a partir de aí foi unha vontade e non poder, e un fallo e xa no tempo de desconto nun contragolpe marcaron o terceiro tanto. Mal partido para nós en liñas xerais e temos que seguir traballando para conseguir o obxectivo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario