domingo, 4 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Vídeo cos goles de Luka e Alex en un Bo partido do Prebenxamín B no que tivemos moitas ocasións e de feito marcamos moitos goles no primeiro parcial. Co 0-0 no segundo cuarto o árbitro anulou un gol por fóra de xogo pese a ser un pase detrás do defensa. Despois permite que se saque unha falta cando aínda estamos montando a barreira, el mesmo recoñece o seu erro. Logo foi imposible marcar un gol cos 8 contrarios na súa portería. Moi orgullosos dos cativos que saíron xogando ao balón, tocando por detrás. A pesar de todo, o árbitro é un fenómeno que se comportou moi ben cos cativos. E mención especial para Alai dos biberóns que, acabando de cumprir 5 anos, é unha auténtica xoia.

Os dous goles do Prebenxamín A no triunfo por 1-2 ante La Guía B, facéndo pleno de vitorias nas dúas xornadas desta segunda fase.

 

Gran vitoria do Benxamín C nun partido emocionante e duro, complicado pola mala actuación arbitral que afectou o xogo dos dous equipos.

 

Partido moi competitivo do Benxamín B ata o minuto 20 da primeira metade, cando abrimos o marcador. Na segunda parte cun par de cambios no xogo conseguimos o control total do partido. Diego con 3 e Xabi con 2 foron os goleadores.

 

Partido moi duro para o Benxamín A ante un dos grandes favoritos, que rematou cunha derrota pola mínima pero estes nenos merecen que todos se sintan orgullosos deles, pola súa loita e porque nunca deixaron de crer.  Adiantámonos no minuto 1 e ata que mediada a primeira metade non marcaron o empate, adiantámonos de novo e empataronnos outra vez e na última xogada antes do descanso tras unha desgraza adiantáronse no marcador para facer o 3- 2,  ao volver do descanso marcamos un gol e finalmente encaixamos o 4-3 definitivo no minuto 33. Faltou xogo pola nosa parte pero foi un partido para competir contra un bo equipo onde practicamente ningún xogador baixa nivel, sendo un equipo moi homoxéneo. Goles de Guille, Gael e Teo.
 

 

Partido moi serio do Alevín B, dende o minuto 1 con moi bo xogo por momentos e xerando ocasións en cada ataque, gran xogo no medio do campo e sobre todo en defensa e portería, diluíndo o perigo do ataque do Peñasco, fomos ao descanso con 0-2. Na segunda parte o mesmo, ben en defensa e resolvendo ben as xogadas en ataque, podendo marcar outro gol, o gol de Peñasco chegou tras un erro da defensa, un dos poucos que tivemos. Víctor con dous e Gerard con un foron os goleadores.

 

Moi bo partido do Alevín A en todas as facetas do xogo, boa presión, boa combinación, moita profundidade pero o resultado foi moi inxusto, só chegaron unha vez e marcaron, nos tivemos infinidade de chegadas e dous tiros aao pao e só marcamos un gran gol de falta por medio de Alex. Moi contento co esforzo e xogo dos nenos.


Ampla derrota do Infantil B ante un dos equipos da cabeza da táboa, onde un mal comezo con 3 goles encaixados no primeiro cuarto de hora empeorou a diferenza entre ambos os equipos.

 

Partido do Infantil A contra un dos equipos da parte baixa da clasificación. Realmente non fixemos un bo partido pero sendo superiores ao rival en todas as facetas do xogo, o partido estivo controlado en todo momento. Tivemos ocasións máis claras para que o marcador fose maior, incluído un penalti errado, pero non buscamos ese fin e os xogadores que lamentablemente están a ter menos minutos esta xornada puideron disfrutar deles. O resultado final foi de 1-4, con goles dos máximos goleadores do equipo: Pablo, Aarón, Iago e Vázquez. Seguimos e preparámonos para o próximo partido.

 


Mala primeira metade do Cadete B en intensidade e xogo, nun campo reducido onde as indicacións dadas foron moi claras, non houbo reacción ata que o corpo técnico lles deu un toque de atención ao descanso. A partir de aí todo cambiou, correron, pelexaron, puxeron o pé e chegaron os goles, os 3 de Nico. Seguimos avanzando e levamos dous meses sen perder, un gran plus para nós.


Vídeo con seis dos dez goles marcados polo Cadete A ante o Balaídos nun partido de claro color blanco do Arenas.

 

Bo partido do Xuvenil B cunha gran primeira metade onde fomos moi superiores, saíndo cun balón xogado “algo impensable hai un mes” e onde nos faltou a puntería con 3 ocasións moi claras que non soubemos resolver. No inicio da segunda parte adiantámonos no marcador grazas a un gol de Iker. Mediada a segunda metade o medio campo estaba esgotado e a falta de recambios nesa área lastrounos moito, logo o noso erro nunha falta e un gol de penalti nos impediron a vitoria. Moi contento coa actitude do equipo. Seguimos traballando.

 

 
Partido desastroso para o noso Xuvenil A onde despois de soportar a presión inicial do rival comezamos a facernos co control do encontro ata que tivemos un penalti ao noso favor e non o aproveitamos. A partir de aí, unha sucesión de erros con moitas perdas de balón e falta de intensidade levounos ao descanso 4-0 abaixo. Nada máis comezar marcamos un penalti e daba esperanzas de facelo mellor pero dous minutos máis tarde outro erro noso fixo que o marcador fose 5-1 e seguimos coa mesma tendencia ata o final. No último minuto maquillamos o resultado cun gol. Goles de Mario de penalti e de Curi.






 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario