domingo, 5 de marzo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Partido moi igualado para o Prebenxamín, pero o árbitro sinalou dous penaltis moi dubidosos, que desequilibrou o resultado final a favor do Rápido de Bouzas C, cando o noso equipazo mereceu polo menos un empate, este encontro demostra que o equipo está mellorando.

 

Este gran equipo do Benxamín B se enfrontou a un dos equipos da cabeza da táboa é foron xeniales, aínda que o resultado final foi abultado.

 

O Benxamín A dominou por completo o primeiro tempo do partido pero só logrou un gol por medio de Pedro, chegando ao descanso con esa mínima vantaxe. Todo cambiou nunha mala segunda metade, onde os nosos ata dispuñan dun penalti polo 0-2 que lamentablemente desperdiciou; no auxe das desgrazas e preto do final o Areosa B marcou o gol do empate final. 

 

Esta fin de semana foi a xornada de descanso para o Alevín B.

 

Gran partido do Alevín A en Comesaña ante o C.D. Areosa B no que logrou un claro triunfo por 1-4 onde Vicente e Luis marcaron dous goles cada un. Moi boa arbitraxe de Antonio Fernández Sobreira.


Bo partido do Infantil B, xogado con moita ilusión. Púidose apreciar o xogo do equipo con accións moi ben executadas, tanto en ataque como en defensa.
Agora toca facer o mesmo independentemente do rival. Parabéns rapaces!!!
Ousseynou de tiro cruzado, Mateo e Gaby de falta directa foron os goleadores.

 

Cuarta derrota consecutiva do Infantil A ante a UD Atios, que xa está a 3 puntos do noso equipo na clasificación.
Este pequeno bache afasta ao superequipo dos primeiros postos da clasificación.


O Cadete B xogou un partido de ir e vir, que poido caer en calquera dos lados, empate a 0 ao descanso. Fallaron moito os dous equipos e tamén algunhas ocasions foron salvados polos porteiro. Outros puntos que se escapan ao noso equipaz.A UD Atios en seis minutos deu a volta a un marcador que Nicolás abrira para o Arenas no minuto 45.



Foto do Instagram do R. Pereiró
Partido complicado para o Cadete A ante un Rápido de Pereiró que loita por incorporarse ao grupo de equipos que pelexa por entrar na fase de ascenso. Resultado final do empate 1-1, o gol de Mario Negrete, que xa suma 26, no minuto 56, igualou o tanto inicial do Pereiró. Destacar a actuación do porteiro rival que con moitas e boas paradas evitou a vitoria do Arenas. Liga moi emocionante con 10 partidos para o final e con 5 equipos nunha marxe de tres puntos na loita pola fase de ascenso.

 

Partido desastroso do Xuvenil B ante un equipo que ocupa unha posición por detrás na táboa clasificatoria, o que fai aínda máis escandaloso o resultado final de 6-1. Mal día que hai que esquecer para retomar o bo camiño do equipo.



Foto do Instagram do R. Pereiró
Partido moi disputado polo Xuvenil A ante o líder indiscutible da categoría. O resultado final non reflicte o acontecido no campo, do posible empate a 3 con dúas espectaculares paradas na mesma xogada do seu porteiro, pasou ao 4-2 nunha contra definitiva. Despois o equipazo baixou un pouco os brazos e dous goles máis nos minutos finais selaron o partido. Por suposto que seguirán traballando para acadar o obxectivo ad permanencia. Álvaro foi o autor dos dous goles e destacando sobre todo o gran partido do cadete Claudio Cabana.



No hay comentarios:

Publicar un comentario