domingo, 23 de octubre de 2022

Crónica da Xornada

Partido igualado o do Prebenxamín, con moita choiva e vento forte que prexudicou a ambos equipos. Primeira parte débil pero melloramos na segunda. A falta de 5 minutos os nosos nenos remontaron un 2-3 nada fácil. Primeiro gol de Hugo Tadeo e tres de Unai, un deles no último minuto que supuso a victoria.

Mal partido do Benxamín B que se reflicte na rotunda derrota por 11-0 ante o Racing de Castrelos.

Partido moi descontrolado o disputado hoxe polo Benxamín A en Castrelos, o mal tempo dificultou moito o partido por momentos. A falta de gol e correcto remate das xogadas fixo que o marcador fose máis axustado do debido ao xogo desenvolvido polos nosos rapaces. Rubén foi o autor dos 3 goles do Arenas que finalmente venceron por 1-3 ao Racing de Castrelos.


Moi mala primeira parte do Alevín B (5-0) en loita e xogo que condicionou por completo o partido e o resultado final. Mellor na segunda parte que foi moito máis igualada. Unha mágoa porque o encontro se puido disputar mellor xa que a diferenza que indica o marcador non é tal.

Bo partido do Alevín A que xogou en Castrelos baixo un terrible temporal. Os goles de Isaac, Luis, Alex e un autogol dun xogador do Racing de Castrelos deixaron o marcador no 0-4 definitivo.


 
Unha vez máis, unha primeira parte moi boa e un desastre na segunda para o Infantil B nun partido que comezou gañando cun gol de Bafode. Falta un par de pasos para crer que o equipo pode competir cara a cara cos demais, pero a boa actitude de mellora continúa. Destacar que o xogador do Peñasco Fellipo Prieto foi o autor dos 6 goles do seu equipo.

O Infantil A segue competindo cun paso firme nesta gran aventura da Primeira Autonómica. Nun duelo con outro equipo da parte alta, logrou unha vitoria a domicilio por 1-2 ante a U.D. Comesaña. Miguel Martín e Roque foron os autores dos goles.

Gran equipo!!!

O Cadete B disputou un emocionante partido ante o Club Peñasco B no Campo Federativo de Coia. O Peñasco adiantouse 2-0, pero no minuto 30 un penalti e expulsión dun xogador local permitiulle ao Arenas chegar ao descanso co 2-1 despois de que Iker transformase o penalti, na segunda metade conseguiuse a remontada con goles de Nico e Dani, ata que a falta de 5 minutos o Peñasco empataba por un erro da defensa do Arenas, que puido marcar algún tanto máis  ao contragolpe, pero non puido ser. Gran partido do porteiro Gabriel que para todo.

O Cadete A volve á senda da vitoria, tras dúas derrotas consecutivas, o que lle permite manterse no apretado grupo que lidera a loita polo ascenso. Alberto, Matías, Rubén, Izan con 2 e Zakariae con 3 foron os goleadores que asinaron o 0-8 definitivo.

Para rematar o enfrontamento múltiple ante o Club Peñasco desta fin de semana, o Xuvenil B impúxose por 1-3 nun partido disputado nun horario pouco habitual, na tarde do domingo.

Merecida vitoria ante un rival que nunca se rendeu e non nolo puxo fácil. O 0-1 marcouno Peláez tras un córne, e o empate chegou dun tiro libre que nos colleu desprevenidos pero Chowter devolveu a mesma xogada noutro lanzamento de falta facendo o 1-2. Pedro fai o 1-3 ao rematar un balón centrado dende a dereita. Para seguir con esta actitude e escalar posicións na táboa

 Ráfagas de aire e de chubascos con amagos dalgún raio de sol. Así foi o partido no Colegio Hogar do noso Xuvenil A. Charcas de Auga, vento e  chuvia estaban xogando hoxe. Este xogo combinativo foi constante os 90 minutos. Imposible facer calquera amago de combinación coa pelota. Fútbol directo e de imprecisións constantes. Adiantámonos no marcador con gol de Telmo pero non soubemos adaptarnos ó campo. Solo no final do partido atinamos co tipo de xogo. E así remontamos con goles de Alfredo e Jose poñendonos 2-3, Chegado ó final do partido con empate a 3-3, un penalty transformado por Diuma puxo o 3-4 final. Co susto dunha confusa xogada e da decisión da árbitra rematou o encontro.

Previa e Celebración postpartido:


 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario