lunes, 28 de marzo de 2022

Crónicas do Prebenxamín e o Alevín A

Prebenxamín. Erizana Vs Arenas de Alcabre.

 Partido disputado este sábado no campo de Aral-Fontiñas en Baiona.

 Terceiro contra cuarto. Prometía ser un partido disputado. E non defraudou. O Erizana púsose dúas veces por diante do marcador no primeiro tempo logo de dous saques de curruncho. Nembargantes o Arenas non perder a compostura e acortou a diferencia no marcador antes do descanso.

 Xa no segundo tempo o Arenas dominou e así deulle a volta ó marcador con tres goles máis. E xa nas postrimerías do encontro o Erizana recortou de penalty ata deixar o resultado en 3-4.  Importante triunfo do equipo de Alcabre que ten nas súas mans, ou mais ben nos seus pés, seguir subindo na clasificación e optar ó ascenso.

 Partido para crecer e creer. AupaArenasssss!!!

 

 Partido Nieto- Arenas de Alcabre. Alevín A.

 Xornada 12 da fase de ascenso,  Campo do Meixoeiro. Temperatura agradable. Prometía ser un partido disputado,  e así foi. O Nieto comenzou poñéndose por diante pero o resultado no descanso foi de empate a 2. Xa no segundo tempo remontamos ata poñernos 2-4 xogando e movendo o balón e case ó final o Nieto marcou o 3-4 definitivo. Bo partido dos nosos alevíns que continúan a facer un Bo traballo e xogando sen complexos ante calquera rival. Noraboa ós rapaces e ó seu cadro técnico. AupaArenasssss!!!!

martes, 22 de marzo de 2022

Rematou a primeira fase das ligas de F11

 Rematou a primeira fase das ligas de F11. Noraboa a todos por competir e representar ao Arenas de Alcabre.

 Os resultados acadados ao longo destas 18 xornadas consolidan os proxectos deportivos do Infantil A e do Xuvenil A que pasan a xogar fase de ascenso. A piques de conseguilo quedou o Cadete. E os equipos B do infantil e xuvenil competiron e amosan un traballo constante de mellora e de esforzo.

Queda agora o momento mais duro no que pode pasar de todo. E temos a experiencia do ano pasado onde os dous quedaron as portas no derradeiro partido.

 Sairemos a competir e intentar acadar o ansiado ascenso, pero sobre todo a disfrutar do fútbol.

domingo, 20 de marzo de 2022

Fin da fase de Grupos do Xuvenil A

Arenas de Alcabre - Coya. Xuveniles Gr 1 . Campo Federativo. 17⁰. Tarde agradable para a práctica deportiva. Última xornada da 1ª fase do xuvenil A con horario unificado

Tarde de sensacions opostas. Ledicia polo 3⁰ posto na clasificación que permite xogar a fase de ascenso, e tristura pola inoportuna lesión de Adrián Fernández á media hora da segunda parte.

 Aínda co mal corpo pola lesión do xogador, sinalar que o resultado nese momento era 4-0. Co acordo dos dous equipos o árbitro tivo a ben suspender o partido xa que co pouco tempo que faltaba e co marcador claramente a favor do Arenas, xa non había nada en xogo.

Foi un partido no que os dous equipos saíron a xogar  e pouco a pouco o Arenas foi collendo a manixa, se ben é certo que algo lentos e con algunhas Imprecisións. Un gol no comenzo  e outro nas postrimerías da primeira parte e 2-0 no descanso.

A segunda parte ía polo mesmo camino. Gol ao principio e outro pouquiño antes da lesión.

A partir de aquí xa non houbo máis historia que esperar pola ambulancia e atender ao xogador. Do que neste momento podemos decir que xa foi atendido no centro médico e foi xa para a sua casa co que parece que coi unha luxación de rótula. Esperamos unha pronta recuperación.

Na previa do partido asiste Martín, histórico porteiro, que xogou ata o ano pasado 
no Arenas:

 

 

domingo, 13 de marzo de 2022

Crónica do Xuvenil A no derby contra o Alertanavia

  Xornada 17. Clásico de rivalidades local no campo municipal Pahiño. Exerceu de equipo local o Alertanavia e de visitante o Arenas de Alcabre.

 Primeiros minutos de tanteo e o Alertanavia aproveitou a ocasión para adiantarse no marcador. Logo dun cambio obrigado por lesión o Arenas foi quen de asentarse e pouco a pouco foi collendo a manixa do partido.

 Así foron chegando os goles do Arenas.  Ata 4 que lle deron a volta ó resultado antes do descanso.

 A segunda parte foi menos intensa en xogo pero non en emoción. Do 1-4, nuns minutos de pasarrúas os goles  e un penalty parado polo Arenas foron un sin parar, 3- 5 . E xa Nas postrimerías chegou o 3-6 definitivo. Aínda alguna ocasión máis pero xa non se moveu o marcador. Samu, Nico con 2 goles e Brais Ferreiro con 3 foron os goleadores nesta noite fresca en Navia.

As impresións previas ó partido dos capitáns Fernando e Adán ausentes por lesión, e as post partido por parte de Nico e Brais: 




sábado, 12 de marzo de 2022

Infantil "A" asegura o primeiro posto

 Na  xornada 17 da liga, o Infantil "A" do Arenas, logo de ter acadado plaza para a fase de ascenso en xornadas anteriores, hoxe xa consolida o primeiro posto no seu grupo a falta dunha xornada para rematar esta fase.

 Gran traballo do cadro técnico e dos rapaces. Parabéns!!!. 

O técnico Cristian e os xogadores Matías e Rubén cóntannos as súas impresións sobre este logro e as expectativas antes da fase de ascenso:


 



lunes, 7 de marzo de 2022

Xuvenil A asegura praza para a fase de ascenso

 Decimosexta xornada. Tempo agradable no Meixoeiro. Sorpresa, ou non, no once que saltou ó campo. Titular e Capitán: Steven.

Comeza o partido e xa no inicio o equipo visitante, Arenas de Alcabre, adiantase no marcador con gol, de Pablo Teijeira no primeiro minuto

O trencilla amosou tarxetas á dereita e á esquerda do campo, para os dous equipos. Xogo lento, algo trabado e decididamente para esquecer de non ser polo tradicional xogador número 12 animando dende o graderío. Está claro que nesta xornada o mellor foi ese público animando a viva voz.

 No inicio da segunda parte o Arenas quedou con 10 xogadores pola segunda tarxeta amarela para un dos seus.

A partir dese momento e logo dun triple cambio o equipo mudou un pouco e marcou un novo gol ata que case no desconto o Lavadores apretou o marcador logo dunha mala cesión da defensa do Arenas.

Con este resultado o Arenas xa garante matemáticamente a fase de ascenso.

As primeiras impresións de Steven ao pé do campo: