domingo, 20 de marzo de 2022

Fin da fase de Grupos do Xuvenil A

Arenas de Alcabre - Coya. Xuveniles Gr 1 . Campo Federativo. 17⁰. Tarde agradable para a práctica deportiva. Última xornada da 1ª fase do xuvenil A con horario unificado

Tarde de sensacions opostas. Ledicia polo 3⁰ posto na clasificación que permite xogar a fase de ascenso, e tristura pola inoportuna lesión de Adrián Fernández á media hora da segunda parte.

 Aínda co mal corpo pola lesión do xogador, sinalar que o resultado nese momento era 4-0. Co acordo dos dous equipos o árbitro tivo a ben suspender o partido xa que co pouco tempo que faltaba e co marcador claramente a favor do Arenas, xa non había nada en xogo.

Foi un partido no que os dous equipos saíron a xogar  e pouco a pouco o Arenas foi collendo a manixa, se ben é certo que algo lentos e con algunhas Imprecisións. Un gol no comenzo  e outro nas postrimerías da primeira parte e 2-0 no descanso.

A segunda parte ía polo mesmo camino. Gol ao principio e outro pouquiño antes da lesión.

A partir de aquí xa non houbo máis historia que esperar pola ambulancia e atender ao xogador. Do que neste momento podemos decir que xa foi atendido no centro médico e foi xa para a sua casa co que parece que coi unha luxación de rótula. Esperamos unha pronta recuperación.

Na previa do partido asiste Martín, histórico porteiro, que xogou ata o ano pasado 
no Arenas:

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario