Xornada 10 - 11 Xaneiro:
Nieto B 0-3 Benxamín B:
Primeira vitoria da segunda volta ante un rival que nos esixiu moito e que non nos puxo as cousas fáciles. A primeira parte arrincou moi igualada, pero aos poucos fomos impoñéndonos e chegando con máis claridade; froito desas chegadas cara ao final conseguimos adiantarnos e chegar co 0-1 ao descanso. Na segunda metade fomos claramente superiores e ademais dos dous goles conseguidos, puidemos marcar algún máis. Gran partido dos nenos e magnífica forma de arrincar o ano. A seguir traballando💪🏼💪🏼.


