domingo, 24 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

Partido moi ben competido por el Prebenxamín B no que fomos superiores en todos os parciais a excepción do segundo. Só a falta de acerto para portería con dous tiros ao pau e un balón que se pasea pola linea de portería na última xogada do partido prívannos dun mellor resultado máis que merecido.

Vídeo cos tres de Goles de Mario, Alex e Hugo na fácil vitoria que o noso Prebenxamín A conseguiu en Pontellas por 0-4.

 

Partido de dous partes moi distintas do Benxamín C onde na primeira fomos superiores en todo e salvo nos últimos 5 minutos o Porriño apenas dispuxo de dúas ocasións e as dúas que tiveron resolveunas con dúas grandes paradas Héctor; nós chegabamos pouco pero claramente e en dous desas ocasións, Leo abriu o marcado e Unai marcou o segundo que nos daba vantaxe de 0-2 ao descanso, na segunda metade foron moi superiores xa que nós baixamos moito debido á calor que facía tendo que realizar os cambios de seguido pola fatiga dos nenos. Contentos polo bo progreso que están a levar os nenos.

 

Partido totalmente igualado o do Benxamín B. Pasounos factura o non dispoñer de cambios, as numerosas baixas fixeron que só se presentaron 8 nenos que o deron todo. Faltando 10 min para finalizar partido, iamos 2-2 e ao final notouse o cansazo. Goles de Diego e Xabi. Enormes 8 Craks!!!

 

Bo partido do Benxamín A, a pesar das moitas baixas que sufrimos e que provocou  o cansazo en certos momentos do partido, destacar o compromiso de Brian xa que a pesar de estar lesionado quixo ir xogar por se facía falta axudar ao equipo. Chegamos ao descanso 0-0 e ao comezar a segunda parte poñémonos por diante cun gol de Rubén de penalti, aos poucos minutos remontan cun gol moi dubidoso xa que o seu dianteiro leva o balón coa man e queda man a man co noso porteiro, ata aí conseguimos aguantar, logo chegaron os goles que fixeron o definitivo 4-1. 

 

Primeira parte moi frouxa do Alevín B que resolveu con moita eficacia a defensa logrando chegar con empate ao descanso. Na segunda metade foron a por o partido con outra motivación e moitas ganas sendo donos do xogo e conseguindo os goles que deixaron o marcador final en 0-4.

 

 
Primeira parte moi boa do Alevín A, onde non lles deixamos saír ben e impedindo que puidesen despregar o seu xogo, chegamos facilmente arriba e adiantámonos no marcador, tivemos un penalti para o segundo gol pero fallamos;  eles conseguen empatar e acabou a primeira parte 1-1. Ao descanso saímos os primeiros minutos igual, pero enseguida unhas desconexións e accións horribles sumados con malas decisións, encaixamos  dous golazos e fómonos por completo do partido.

 

Decepción no Infantil B por esta derrota pola mínima nun partido igualadísimo ante un rival superior e no que empezamos gañando pero que antes de chegar ao descanso o Teis logrou darlle a volta no marcador. Na segunda metade a pesar do esforzo non se logrou a recompensa merecida.

 

Partido do Infantil A contra un rival forte, que fai que todos os nosos enfrontamentos sexan tensos, e case sempre con loitas corpo a corpo que fan difícil un prognóstico. Por esa loita non puidemos sacar nosa mellor versión pero sen dúbida este grupo ten alma e lévaa ata o final. Todo foi igualado na primeira parte, ata que nunha falta de atención nosa  adiantáronse no marcador, pero pouco despois reaccionamos e logramos empatar chegando ao descanso 1-1 con golazo de Aarón. A segunda metade se que xogamos mellor e tivemos ocasións claras, logrando marcar por mediación de Samuel González poñendo o 1-2. O partido ía ben, aguantando as arremetidas, e tendo algunhas contras perigosas  para pechar o partido, pero a mala sorte cebaouse connosco xusto antes do asubío final, e lograron empatar cun balón morto e rebotado dentro da área.
 

 

Boa primeira parte do Cadete B chegando ao descanso con vantaxe por 1-3 no marcador, vantaxe que mesmo puido ser máis ampla. Na segunda metade, posiblemente por un  exceso de confianza, o Nespereira logrou remontar anotando catro goles que nos deixa en mal lugar, con malas sensacións e frustración.

 

Partido do Cadete A contra un equipo que  é do mellor da liga, moi ordenados, saíndo á contra, con xogadores técnicos e bos adestradores!! Empezamos por baixo cun  gol en contra a balón parado, pero soubemos resarcirnos, metemos o gol dunha falta directa de Ali, empezamos a xogar, tivemos o control e eles saían ás contras, pero moi moi ben a nosa liña defensiva hoxe.  No desconto, Andre recolleu un balón despois dunha boa presión, foise dos seus dous centrais e marcou o gol que nos dá 3 puntos, e achéganos moitísimo máis ao obxectivo!! Piña grupal tras o gol, que indica a comuñón e o compañeirismo que hai neste grupo. A seguir!

 


Bo partido o disputado polos rapaces do Xuvenil A ante o líder destacadísimo desta Primeira Autonómica onde a desastrosa e parcialisima actuación do árbitro condicionou o partido e o resultado que puido ser distinto. A primeira parte saímos a conter xa que nos enfrentabamos ao líder que aínda non perdeu partido e apenas nos chegaban con perigo, tras un fallo na saída de balón fixéronnos o primeiro, seguimos igual de ben pero aí empezou o árbitro coas súas decisións desconcertantes, pita un penalti onde Cabana despexa o balón correctamente, seguinte gol en clarísimo fóra de xogo........pero a pesar de todo o xogo que despregamos na segunda metade foi do mellor que fixemos no que vai de tempada, xogando a dous toques conseguimos marcar por medio de Mario, seguimos e un pase de Martin a Bade que se vai só cara ao porteo pítanos un fóra de xogo inexplicable, corners, faltas clarisimas....  e empezou o carrusel de tarxetas, logo nunha contra xa ao final metéronnos o cuarto gol e asi se nos vai outro partido onde merecemos moitísimo máis. Agradecer o comportamento de xogadores, adestradores e afección do U.D. Atios.


 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario