domingo, 28 de enero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Mala xornada para os Cracks do  Prebenxamín B ante o Cultural Areas que rematou cunha clara derrota por 0-4.

 

Golazo do Prebenxamín A na victoria ante Los Sauces por 4-0.

 

Bo comezo da Segunda Fase do Benxamín C a pesar da derrota tras un gran partido.

 

O partido de Benxamín B estivo igualado durante os primeiros 15 minutos, despois de marcar 2 goles en 5 minutos apoderámonos por completo do partido. Os rapaces movían moi ben o balón e estaban moi ben situados no campo e sobre todo xogaron con intensidade. Goles: 2 Unai, 1 Gaspar e 1 Xabi. Para continuar así💪💪

 

O partido do Benxamín A controlamolo en todo momento, eles só tiveron un tiro na primeira metade e chegamos ao descanso gañando 1-0, resultado moi curto para as ocasións que tivemos. Na segunda metade encaixamos un gol tras rexeite dunha falta e non fomos capaces de controlar o marcador ata os minutos finais do partido onde marcamos o segundo gol para rematar con dous tantos máis. Guille con 3 e Marcos foron os autores dos goles. Boa forma de comezar a Fase de Ascenso, que se complicará a vindeira xornada cun partido máis que difícil ante La Guía.

 

Gran actuación do Alevín B dende o minuto 1 co partido controlado e adiantado no marcador co gol de Roi ata que o árbitro se converteu en protagonista, condicionando por completo o desenvolvemento do encontro cunha actuación nada xusta e que culminou coa nulidade dun gol ao noso favor, xerando conflito e un malestar que foi trasladado á bancada. Ánimo rapaces!!!!

Partido moi disputado do Alevín A ante un bo equipo que foi primeiro do seu grupo na primeira fase. Saímos apáticos en defensa, dándolles moitos metros e sen comprometernos no partido, nun rebote que non estivemos atentos e nun córner adiantáronse 0-2, conseguimos acurtar distancia conseguindo o 1-2 pero finalmente marcaron o definitivo 1-3. Destacar a dedicación na segunda parte e hoxe doeunos non ter gol e eses dous erros nos dous primeiros goles encaixados, que condicionaron un partido no que merecíamos un mellor resultado.

 

Derrota clara do Infantil B tras chegar ao descanso con desvantaxe de 0-1, sete fatídicos minutos no inicio da segunda parte onde se encaixaron 3 goles sentenciaron definitivamente o encontro.
 

 

Minuto de silencio pola morte do pai de Luis e avó de Luisito.
 

Bo partido en xeral do Infantil A ante un equipo rochoso e forte que baseaba o seu xogo en balóns longos para tentar sorprender á zaga e que soubemos lelos ben para anticipalos e cortalos. Primeira metade que rematou con 0-0 no marcador con algunhas ocasións erradas pola nosa parte e un penalti a favor que o árbitro non quixo ver. Tivemos boas combinacións pero quizais algo lentas, que se mellorou na segunda metade xogando moito máis rápido e atopando os espazos do  compañeiro. Adiantámonos por penalti, que nesta ocasión o árbitro si que viu e marcou Aarón. O encontro seguía controlado pero a indecisión do porteiro con todo ao seu favor para despexar foi aproveitada polo Atios para empatar. Seguimos combinando e cada vez máis claros ata o gol de Pablo, e máis tarde ao final do encontro un gran gol dende fóra da área de Aarón fixo o 3-1. Bo comezo da segunda volta e seguir mellorando.

 

Partido do Cadete B no que non xogamos nada ben, o ritmo do partido e as ocasións foron creadas polo rival, e se non fose polo noso porteiro Quintana teriamos goleada en conttra. Tivemos algunha ocasión que tampouco soubemos aproveitar. Non foi o noso mellor partido, aínda que non perdemos desde decembro. Para seguir traballando.

 

A clara vitoria do Cadete A comentada por Cristian.

 

Partido para pasar páxina do Xuvenil B onde saímos durmidos e aos 10 minutos xa íamos perdendo 0-2, despois de emendar varios erros o partido estabilizouse pero sempre dimos a sensación de ser inferiores, a metade da primeira parte marcaron o terceiro e cando saímos do descanso, despois de 2 minutos déronnos o cuarto e a partir de aí foi unha "pachanga" dos dous equipos. Temos que seguir corrixindo cousas que son bastantes.

 


 A Dura derrota do Xuvenil A comentada por Carlos.




 



No hay comentarios:

Publicar un comentario