domingo, 3 de diciembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Tremendo partido dos rapaces do Prebenxamín B con parciais moi igualados (0-0.0-1.1-2.0-2). Só non conseguen rematar as xogadas de gol a pesar de que tivemos moitas ocasións que non soubemos aproveitar. Aí estamos, paso a paso, máis preto do onxetivo. Cabe destacar e agradecer a gran actuación realizada por Alai da categoría de biberóns que hoxe xogou co equipo.

Mala primeira metade do Prebenxamín A chegaron desconcentrados e marcaronnos dous goles con moita facilidade. Resto do partido con alternativas e parciais axustados (0-1, 0-1, 0-0). Moito mellor en defensa pero cústanos moito marcar un gol.


 
Terceira vitoria na Liga Benxamín C, esta vez con claridade por 4-0.

 

Bo partido de todo o equipo do Benxamín A, sobre todo no inicio da primeira parte a pesar de que fomos 0-0 ao descanso, ao comezo da segunda metade metimos 3 goles e aguantamos ata que quedaron 10 minutos, que foi cando o partido se descontrolou pero ata ese minuto levabamos todo o peso do partido. Goles de Guille, Adri Viñas e en propia meta dun xogador do Santa Mariña. A derrota do Colexio Hogar case certifica a nosa clasificación á fase de ascenso. Noraboa!!!!

 

 

Partido do Alevín B sen moita historia, con pouca intensidade, sen moita loita, coa baixa do porteiro e tamén saímos desconcentrados, non queda outra que seguir traballando. O Rápido de bouzas foi superior en todos os aspectos.

 

Partido do Alevín A ante un equipo máis débil ca nós, hoxe os Cracks xogaron en postos distintos aos seus habituais, incluso Diego, o porteiro, disputou o partido como xogador de campo e marcou 3 goles, completando o 9-1, Luis con outros 3 goles e Nico, Eros e Martín cun cada un.

 

Seis minutos fatídicos, os transcurridos entre os minutos 24 e 27, e entre os 70 e 73, nos que se encaixaron 5 goles, máis o encaixado no minuto inicial, sentenciaron con moita dureza ao noso Infantil B. Ánimo rapaces!!!!

 

Moi bo partido do Infantil A en todas as facetas do xogo. Saímos moi fortes dende o principio, conseguimos marcar cedo e así aumentar a diferenza no marcador, rematando a primeira metade cun 6-0. A segunda parte foi máis do mesmo ata o resultado final de 9-0.
Malia o reflectido no resultado, destacar o bo facer do equipo rival, que ten moita calidade técnica e unha proposta no campo do bo e bonito fútbol. Pablo Verdera e Aarón con 2 tantos cada un, Iago, David Martínez, David Valtierra. Javier Lois e Nico Vázquez foron os autores dos goles.

Partido de ida e volta para o Cadete B, nos na nosa liña intentando xogar conseguimos adiantarnos no minuto 5 cun gol de Nico, pero aos 10 minutos remontaron poñendo o 1-2 en contra, e a partir de aí comezamos a xogar mellor conseguindo o empate por medio de Nacho e a 5 minutos do descanso nun bo lanzamento de balón tras un roubo, triangulamos unha boa xogada e foi un perfecto 3-2 ao descanso. Nada máis comezar a segunda metade marcaron o 3-3, e o Bouzas levouse o partido máis que os nosos, pero ao final conseguimos un punto importante para a moral dos rapaces.

 

Nova vitoria clara do Cadete A por 4-0 ante o UVCD Candeán B que lle permite seguir liderando a clasificación. 

 

Pouco a pouco imos mellorando o Xuvenil B, no partido de hoxe aguantamos ben 60 minutos mentres durou o noso estado físico. Aínda nos queda moito traballo pero o bo é que hai un equipo con moito marxe de mellora, o noso hándicap é que fisicamente o nivel é baixo. Temos que seguir adestrando moito e seguro que os resultados chegarán.

 

Partido moi igualado disputado hoxe en Navia polo Xuvenil A ante un equipo que tamén xoga ben ao fútbol. Fútbol agradable e rápido nos dous equipos onde conseguimos adiantarnos por medio de Mario. Un erro noso deulle o empate ao Comesaña pero de novo Mario fixo o 2-1. Xusto antes do descanso, outro grave erro da nosa parte e empataron. Na segunda parte o Comesaña comezou xogando balóns longos e un mal despexe da nosa parte deixounos sós ante o porteiro e fixo o 2-3. Tiñamos que remontar pero cada vez que pasamos do medio campo facían falta coa permisividade do árbitro pero non nos rendimos e de novo Mario conseguiu o definitivo 3-3. Un bo partido no que ninguén merecía perder. Cometemos graves erros e cústanos goles, hai que traballar para corrixilo.
 





 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario