domingo, 26 de noviembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Hoxe non foi o día do Prebenxamín B, entre que non estivemos concentrados e un montón de despropósitos, o partido púxosenos difícil despois dun moi bo primeiro parcial. Temos equipo para máis, podemos, sabemos e debemos facelo mellor. Comezamos sen o porteiro titular e unido a unha arbitraxe con moitos erros que nos privou de gañar o primeiro parcial. Despois todo foi costa arriba. Animádevos nenos!!!!

Moi bo partido do Prebenxamín A, con marcadores moi igualados en todos os parciais, onde case estivemos a piques de gañar o terceiro parcial pero nos empataron no último minuto.

Partido complicado que disputou o Benxamín C ante un dos equipos que se atopan na parte alta da táboa clasificatoria.

 

Partido moi feble do Benxamín B dende o inicio con falta de intensidade ante un rival directo pero moi inferior en xogo. Dous dos goles que nos marcan son un por un erro do porteiro e outro por falta de comprensión da defensa. Xabi e Unai foron os nosos goleadores.

 

Partido doado do Benxamín A ante un equipo moi inferior ao noso e ao que gañamos con facilidade para seguir loitando polo liderado.

 

Moi bo partido do Alevín B con moi boa actitude, loita e entrega pero cando o equipo contrario é superior non hai nada que reprochar. Felices porque vemos resultados do que adestramos. Víctor, Diego e Gael cun golazo foron os goleadores.


Nada que reprochar ao Alevín A, fixémolo moi ben con actitude, loita dende o primeiro minuto ata o final pero a pesar de todo o outro equipo está tecnicamente moito mellor. Sempre estivemos pelexando o partido ate acabar baleiros e moi contentos co seu traballo e actitude
 

Moi bo partido do Infantil B ante o Peñasco, ao que con esta vitoria superamos na clasificación. Dani Zanotto con 2 e Joaquín foron os goleadores.

 

Mala primeira parte do Infantil A que condicionou todo o partido xa que iamos ao descanso cun 4-0 en contra; Cambiamos o sistema e melloramos na segunda metade cando Lois e Vázquez marcaron os goles que foron insuficientes.

Ao Cadete B marcaronnos 3 goles  por pelotazos pordetrás da defensa que sentenciaron o partido. Como sempre tentamos xogar desde atrás sen recurrir os pelotazos, tivemos ocasións pero non as aproveitamos. Nico de penalti foi o autor do noso gol. Dura derrota ante un equipo que está arriba na clasificación, pero polo menos o noso equipo cambiou de actitude con respecto aos últimos 3 partidos.

 

 

Partido con rotacións do Cadete A, moitos cambios con respecto ao once inicial habitual, saímos durmidos, sen actitude de gañar o partido e aproveitar os resultados positivos ao noso favor que houbo nesta xornada, sen intensidade non se pode conseguir nada e así encaixaron o gol en contra en canto comezou o partido, a partir de aí comezaron a xogar algo, e nós remontamos o partido en 10 minutos. Na segunda metade, máis do mesmo pero con outra intensidade, e ao final rematamos con 1-7 pero puideron ser moitos máis, incluso fallando un penalti. Despois de que se pinchasen tres dos equipos fortes da nosa liga, somos primeiros cun partido menos pero queda moito e hai que seguir traballando. 



Bo partido do Xuvenil B que perdeu no último minuto por 3-2. Bo xogo e intensidade dun equipo que fai 2 semanas non funcionaba e que vai mellorando pouco a pouco. Teñen que coller un ritmo físico pero  o traballo vaise notando. A vindeira fin de semana é un derbi ante o Alerta

 

O Xuvenil A comezou un pouco despistado e nun contragolpe aos 5 minutos xa perdíamos 1-0. O equipo reagrupouse enseguida e comezamos a xogar o noso fútbol con presión, movendo o balón e Claudio fixo o empate nunha xogada persoal. A balón parado conseguimos o 1-2 antes do descanso cando Chowter recolleu un rexeite do porteiro. Un erro da nosa parte custounos o empate pero Fredo fixo o 2-3 tras un córner. Os últimos 10 minutos tivemos que sufrir porque Nieto empurrounos moito e eles fixeron o 3-3 a falta de 3 minutos. Pero hoxe funcionou o traballo da semana e Fredo volveu conseguir o definitivo 3-4 tras outro córner. Un gran partido para o noso equipo e unha merecida vitoria que precisabamos despois do bo xogo que tivemos nos últimos partidos.


 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario