domingo, 19 de noviembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Partido do Prebenxamín B ante un equipo que “non está na nosa liga” no que pouco puidemos facer. Quedamos co feito de que o equipo pelexa dende o primeiro ao último minuto. A pesar de todo, saímos satisfeitos e con moitas cousas positivas.

Partido moi disputado do Prebenxamín A, onde non fomos quen de marcar un gol e o rival fíxoo con soltura. Para seguir mellorando.


O partido do Benxamín C foi espectacular como se reflicte no marcador final con empate tras moitas alternativas no partido.

 

Bo partido do Benxamín B onde puido marcar moitos máis goles, partido xogado con intensidade sobre todo na primeira metade. Xabi con 3, Unai, Gabriel e Iago de penalti foron os anotadores. Para seguir traballando.

 

Outro bo partido para o Benxamín A que o mantén na cabeza da clasificación e onde marcamos todos os goles na primeira parte, na segunda deixámonos pero seguimos movendo o balón. Goles de Diego (3), Rubén, Gael, Roi, Marcos e Viñas.

 

O resultado do Alevín B foi enganoso nun partido do equipo super serio completado con pelexa e bo xogo. O Coruxo só tivo unha ocasión que foi o empate, e no colmo da mala sorte marcamos dous goles en propia porta que lles deron a vitoria. Contentos co que demostrou o equipo pero o fútbol ás veces é caprichoso.

 

Primeira e dura derrota do Alevín A ante un rival superior que provoca un cuádruple empate a puntos na cabeza da clasificación. Aguantamos moi ben na primeira parte e pasamos ao descanso co 1-1; Na segunda metade a falta de intensidade e os erros de marca levounos a este resultado final. Pedro foi o autor do gol.

 

Un partido para esquecer do Infantil B, onde se conseguiu igualar o gol temprano do Teis, pero despois non houbo opción.

 

Moi bo partido en xeral para o Infantil A, que seguiu as indicacións dadas antes do comezo e conseguiu executalas á perfección. Dende o primeiro minuto cunha presión alta que non deixaba saír ao rival, roubándolle o balón ao instante e sendo valente, fixo que o Candeán foi impedido de entrar no partido e deste xeito nos primeiros 20 minutos xa tiñamos o marcador no 5-0. a favor. A partir de aí todos os nosos xogadores gozaron de minutos e conseguiron facer un bo partido, pasando tamén por unha fase de 15 minutos na que estivemos un pouco durmidos e non puidemos facernos co balón, o que provocou que encaixamos un gol debido a un erro propio, erro que debemos pulir; pero a segunda parte foi unha exhibición de fútbol na que tivemos grandes ocasións e incluso fallamos un penalti, pero pouco a pouco foise consumíndo o partido ata conseguir un resultado positivo de 7-1.
Os goles marcados pertencen a Pablo (2), Iago, Samuel González, Roque e Joel.

 

Mal partido do Cadete B seguindo a mesma dinámica das últimas 3 semanas. Isto debe ser invertido. Ánimo rapaces!!!

 

Partido duro para o Cadete A, onde saíron a xogar con ilusión, moi boa actitude e con ganas de xogar o balón pero moitas veces non chegan as ganas para meter o balón na portería, case ao borde do descanso  un claro penalti deulles o 0 -1 ao Teis que é un equipo duro e loitador, o máis competitivo ao que nos enfrontamos no que vai de tempada. Ao descanso con instrucións encamiñadas a manter a serenidade dos xogadores conseguiron seguir coa mesma tendencia na segunda metade; Un claro penalti contra Andre deunos a opción de empatar e Ali non fallou, seguimos con ilusión, sen darnos por vencidos a pesar do partido bloqueado polo rival e no minuto 79 Ali saíu de dous contrarios  ao borde da área, cruzou o balón  ao pau longo e dános unha máis que merecida vitoria despois do bo partido que fixemos. O equipo segue liderando a clasificación e suma 3 por 3.

 

Un partido moi completo para o Xuvenil B, que loitou todo o partido coma xabarís ante un equipo que non fixo máis que xogar a balóns longos. Intentamos sacar o balón dende atrás pero aínda nos queda un pouco por percorrer, fixemos boas triangulacións e o mellor de todo é que foi un equipo serio e cada xogador cumpriu o seu cometido. Gael e Martín, con dous cada un, foron os goleadores. Temos que traballar moito pero intentaremolo.

 

Resultado totalmente inmerecido do Xuvenil A ante un equipo que se limitou a lanzar balóns sen sentido onde colleron un e xunto a dous  erros nosos lograron os tres goles, tivemos infinitas ocasións pero non as materializamos. Xogamos moi ben, movendo o balón rápido. Un resultado xusto sería unha vitoria amplia para nosa parte. Gran actitude do equipo durante todo o partido. Alfredo e Alejandro foron os autores dos goles.





 





 





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario