domingo, 12 de noviembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Os cativos do Prebenxamín B xogaron moi ben, a melloría vese claramente. Faltounos definición, o primeiro parcial rematou con empate onde desaproveitamos unha ocasión moi clara ao final, os seguintes 3 parciais remataron con resultado de 1-0, perdoando moito na área rival.
En pouco tempo pasaron de apenas competir a poder gañar a base de esforzo, ganas e, sobre todo, ser piña.

O Prebenxamín A non tivo nada que ver esta xornada, sen ocasións ante rapaces máis grandes e fortes e con máis facilidade á hora de xogar o balón.  Eso si, os nosos loitaron o mellor posible.


Outro partido complicado para o Benxamín C ante un dos equipos da cabeza da táboa que rematou cunha forte derrota.

 

Mal partido do Benxamín B ante un rival moi ben situado e organizado. Faltounos intensidade á hora de loitar polo balón. Goles de Gaspar (2) e Xabi. A Seguir.

 

O cambio de táctica do Benxamín A para xogar o 3-2-2 foi efectivo e tivemos un control claro do partido salvo algunha xogada illada deles, moi bo partido de todo o equipo. Estabamos 0-0 ao descanso, só faltaba tirar máis e marcar o gol, e iso foi o que pasou na segunda metade para un resultado final de 0-6, hai que seguir así e aínda temos marxe de mellora no xogo. Goles de Rubén (2), Teo, Gael, Diego e Marcos



 
Pouco que comentar sobre o partido do Alevín B. O equipo atravesa un mal momento, aínda que pelexan, as cousas non saen. Ás veces, a nosa natureza competitiva falla, non nos queda máis remedio que seguir loitando.

 

Ao Alevín A custoulle abrir o marcador, chegabamos pero non rematabamos a pesar de facer boas combinacións. Fomos ao descanso con 0-2 a favor e na segunda parte saímos mellor, deseguida marcamos os goles, encaixando o gol en contra case ao final que deixaba o resultado final de 1-5. A seguir sumando para manter o liderado.
Goles de Luis (2), Leo (2), Alex e Martín.



Boa primeira metade do Infantil B ante un rival superior en forza e intensidade na que tivemos un par de ocasións para adiantarnos no marcador. Xusto ao final de ese primeiro tempo o Castrelos adiantouse aproveitando un erro noso. Na segunda metade saímos despistados e nos primeiros 10 minutos marcaron dous goles, que fixeron que o partido desaparecese para nos. Quédamonos coa primeira parte dos rapaces.

 

Un partido do Infantil A ante un rival moi inferior no que a xente que ata agora tiña menos puido gozar de máis minutos.Bo partido en xeral, con innumerables ocasións de gol perdidas en gran parte pola gran actuación do gardameta rival. Fomos ao descanso co 0-3 e na segunda metade foi completando pouco a pouco o resultado final, incluído o gol de penalti de San Miguel que só viu o árbitro. Pola nosa banda marcaron David Martínez (2), Vicente (2), Samu Nebra (2), Pablo (2), Bafode (1).

 


Inapelable e forte derrota do Cadete B ante o destacado líder da Liga que resolve todos os seus partidos con goleadas.

 

Nova vitoria do Cadete A para seguir na cabeza da táboa, nun encontro que dominaron con claridade como reflicte o resultado final de 1-6.

 

O partido do Xuvenil B foi moi disputado polos dous equipos, non houbo nin un momento que se puidese dicir que o C.D. Teis ía gañar o encontro e moito menos claramente. No primeiro gol, a mala sorte xogou unha mala pasada ao noso porteiro que lle pasou o balón por debaixo do brazo. A pesar dese gol seguimos loitando pero encaixamos o segundo pouco antes do descanso. Saímos con ilusión na segunda parte, loitando por cada balón e de novo nunha acción de verdadeira mala sorte marcaron o terceiro gol, os nosos xogadores non se rendiron e conseguiron acurtar distancia cun gol de Eduardo nos minutos finais, seguindo coa pelexa e arriscando facemos subir aos centrais para a dianteira, o árbitro non pita unha man moi clara fóra da área do porteiro rival que podería significar o 3-2, pero asumir eses riscos tamén pode significar encaixar o último gol nun contragolpe. Este equipazo segue mellorando a pesar de que o abultado resultado non reflicte para nada o visto no terreo de xogo. Destacar o partido realizado polos cadetes Iván, Carlos e Danilo, sobre todo Iván que xogou os 90 minutos facendo un partido verdadeiramente xenial.



Foi un resultado inxusto hoxe para o noso Xuvenil A que disputou o mellor partido da tempada ante un rival que loita polo ascenso á Liga Galega. O Guardes comezou forte pero aos 15 minutos xa lle quitáramos o balón e o partido cambiou de cor. O árbitro anulou dous goles de Pedro e Chowter por "supostas" faltas. A segunda parte foi máis do mesmo, levamos o peso do partido pero eles tiveron algo máis de físico e nos últimos 15 minutos marcaron os dous goles, resultado que non reflicte o acontecido no campo. Orgullosos do partido de hoxe e se seguimos por este camiño chegarán bos resultados.








No hay comentarios:

Publicar un comentario