domingo, 5 de noviembre de 2023

O Arenas en Xogo

Xornada de Liga totalmente condicionada polo temporal que só permitiu disputar os partidos previstos para a mañá do sábado. 

 

Un partido que o noso Prebenxamín B comezou moi ben pero que despois comezou a decaer a medida que pasaban os minutos. Con chegadas e ocasións que non aproveitamos. Perdemos varios parciales v por erros de novatos e iso deixou o resultado final en 0-4. Orgullosos da actitude d@s nos@s xogador@s que melloran cada día.

Parciales moi axustados do partido do Prebenxamín A, onde as dificultades para marcar un gol e a facilidade coa que encaixa cando chegan á nosa portería penalizaron todas as partes do partido e houbo ese resultado final que non se axusta ao visto no campo de xogo.


Segunda vitoria da temporada do Benxamín C noutro gran partido dos nosos Cracks.


O mellor partido do Benxamín B ata agora, ante un rival directo de media táboa. Os rapaces saíron moi comprometidos dende o primeiro minuto e con moita intensidade. Proba diso foi que arredor do minuto 3 conseguiuse o primeiro gol. Encomiable actitude e loita. Para seguir así


Moi mal partido para o Benxamín A, o peor da tempada, o rival estivo forte fisicamente e nótase cando xogamos no campo debaixo de Navia porque é máis estreito, a pesar de ter máis calidade futbolística ca eles, non fomos capaces de facer o noso xogo e polo tanto o resultado foi tan axustado. Goles de Rubén, Gael e un xogador do Chapela en propia meta.


Partido moi ben disputado polo Alevín B pero notouse moito a maior experiencia do rival, que demostrou contar cun moi bo equipo. Moi contentos polo partido xogado polos nosos.

 

O partido do Alevín A non foi bo, gañamos pero non estivemos ben nas marcas, con erros nos pases e algunha acción de combinación boa pero moi illada, a pesar de todo vitoria por 5-1 para seguir mantendo o liderado en solitario. Goles de Luis, Alex, Antonio, Martín e Hugo.

 

Despois de varias xornadas con derrotas pola mínima tras desenvolver un gran xogo en todos os partidos, esta semana o Infantil A acadou a vitoria esperando que se formalice nun cambio de dinámica nos resultados máis que no xogo. Un gol de Carlos no minuto 75 resolveu un partido moi complicado.



 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario