domingo, 24 de septiembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Debut na Liga do Infantil B que logrou un merecido empate no Campo Federativo de Coia ante o E.D. Vigo 2015, despois de comezar vencendo cun gol no minuto 21, nun partido moi traballado e moi bo do noso equipo.

Partido enorme do Infantil A en derroche físico e en xogo ante un gran rival. Superior en todas as facetas, tanto en defensa como en construción e ataque. O resultado final de 1-1 só foi posible por varias decisións arbitrais erróneas que non nos permitiron máis. Pero o orgullo, a humildade e a calidade deste grupo fainos ilusionar cada día. Nico Vázquez repite como goleador esta xornada ao marcar o empate no minuto 78- Moi grandes e a Seguir así!!!!

Moi bo partido do noso Cadete B, xogando, tocando e sacando o balón dende atrás. Adiantámonos cun gol de Nico, empataronnos dende un córner, pero un minuto despois recuperamos cun gol de Ricardo, e máis tarde deu outra asistencia para o gol de Pablo. Antes do descanso puxéronnos o 2-3 mediante un rexeite doutro córner. Na segunda parte seguimos coa mesma mentalidade, pero cun penalti xusto empataronnos. A falta de 15 minutos quédanse cun menos por unha vermella moi clara. No tempo de desconto volvemos a adiantarnos, esta vez definitivamente, co 3-4 por medio de Pablo tras unha gran falta. Moi boas sensacións de xogo e actitude.

 

Mala primeira metade do Cadete A onde notamos a necesidade de que as novas incorporacións se sigan coñecendo e adaptando definitivamente ao equipo, sen ritmo, contaxiado polo que facía o rival cun gol tras unha boa presión de Brais Novoa no minuto 24 que nos permitiu chegar ao descanso co 0-1 no marcador.
Tras unha charla, o xogo do equipo mellorou, dando o resultado final 0-3. Fallando un penalti e dous tiros á madeira. Brais, Ali e Mael foron os goleadores. Para seguir mellorando, isto non fai máis que comezar.

 

O gol de penalti de Gael que abriu o marcador no minuto 8 do decepcionante partido do Xuvenil B en Lavadores. Onde despois dunha primeira metade ben xogada por nós, perdoando 5 claras ocasións de gol, puxémonos 0-2 ao descanso tras o gol de Martín nos minutos finais. Pero a segunda parte foi horrible, é moi frustrante que remontasen o 0-2, deixando o resultado final nun 4-2.


O partido do Xuvenil A en Bouzas tamén foi horrible, no que non fomos capaces de nada, gañáronnos en todo, achegamento, presión, entrega, un auténtico desastre. Agardemos que este sexa o partido tonto da tempada. Temos que seguir, aínda queda moito por facer.

Os equipos de Futbol-8 seguen cos amigables de preparación da Pretemporada:

Moi bo partido o Benxamín C en Castrelos, ao que gañou por 3-5, xogando de xeito moi solidario e moi efectivos diante da portería.

O Benxamín A fixo un bo partido ante un rival máis complicado que os anteriores, e a pesar da falta dos dous dianteiros do equipo conseguimos avanzar. A primeira parte moito mellor que a segunda onde baixamos o ritmo. Vitoria por 3-5 ante o Valladares.

Outro moi bo partido do Alevín B, esta vez en Valladares que rematou cun resultado de 4-11, nun encontro no que os rapaces, pouco a pouco vanse entendendo.

Tamén en Valladares, o Alevín A fixo un moi bo partido, onde tentaron facer as xogadas que estamos adestrando. 0-9 gañando ao descanso o que dificultou o mantemento da orde na segunda parte. É bo que os nenos disfruten destes xogos porque teremos que apretar os dentes. Resultado final 2-12.








 



No hay comentarios:

Publicar un comentario