domingo, 1 de octubre de 2023

O Arenas en Xogo

 Esta fin de semana comezou a Liga nas categorías F-8 cunha importante novidade nos resultados que reflectirán os marcadores nos partidos do Prebenxamín: Os partidos disputaranse en 4 partes de 10 minutos cada unha, cun descanso de 5 minutos entre a 2a e a 3a metade. Tras este descanso, os equipos cambiarán de campo e atacarán a portería contraria.

Cada metade ou período entenderase como un partido individual onde o equipo que consiga o maior número de goles será declarado vencedor desa metade, outorgando o resultado 1-0 ou 0-1 (según se o gañador teña a condición de inquilino ou visitante) independentemente do resultado. En caso de empate, o resultado que se rexistrará será 0-0. Isto lévanos a que o resultado a reflectir no acta do árbitro nunca poderá superar o resultado de 4 goles a 0.

Está claro que aínda estamos en proceso de implantación porque hai erros nos resultados indicados pola Federación.

Difícil debut do Prebenxamín B ante un bo equipo que nos venceu nas 4 partes do partido
 

 

Este resultado do Prebenxamín A é un dos erros que aparecen nos resultados de Futgal, o correcto é 0-3, posto que un dos cuartos finalizó en empate.


Vaia estrea do Benxamín C, que tivo unha dolorosa visita ao dentista, unha vez superada a mala situación, a competir e disfrutar da Liga.

 

Mal partido do Benxamín B e bo para o rival. É hora de seguir traballando e loitando


Bo partido para comezar a tempada do Benxamín A ante un rival que a pasada campaña estivo en Primeira Autonómica. Aínda quedan cousas por mellorar. Os autores dos Goles foron:Teo, Guille (2) e Roi.


Dous tramos diferentes do partido desta xornada para o Alevín B, na primeira parte sufrimos moito e chegamos 0-3 ao descanso. A segunda metade cambiou radicalmente, o equipo saíu polo partido e achegámonos ao 2-3 no marcador con asedio constante pero o fútbol é caprichoso e de un posible empate nunha das últimas xogadas pasamos ao 2-4 definitivo, nun erro defensivo onde marcaron o derradeiro gol do partido.No noso deber tamén fallamos un penalti a favor. En definitiva, PARTIDAZO do equipo.

 

Bo partido do Alevín A polo resultado e porque os rapaces disfrutan facendo goles, que iso gusta e moito. Disfrutémolo e ademáis tamén por estar no máis alto da clasificación.



Partido con moito calor ante un rival técnica e fisicamente superior ao noso Infantil B, a pesar de que xogaron con 10 case todo o partido tras a expulsión dun dos seus xogadores na xogada do penalti que supuxo o empate 1-1 no minuto 7. Moi contentos coa actitude dos rapaces, mellorando na segunda parte e hai que seguir traballando. Goles de Hugo e Dani Hermida.

 


 Bo partido en xeral do Infantil A. Primeira metade na que, aínda que fomos superiores en xogo, non o reflectimos no marcador, chegando ao descanso con empate sen goles. Non chegaron á nosa área pero presionáronnos ben e ás veces con forza, pero coa calor custáballes moito aguantar todo o partido ao mesmo ritmo. Na segunda metade conseguimos facer un gran fútbol e o rival non foi quen de deternos. Fixéronse grandes xogadas e finalmente o resultado final foi de 5-0. Goles de Iago, Samuel Rguez., e Pablo (3). 3 puntos importantes e segue traballando.

 

Mal partido do Cadete B despois do debut ligueiro da pasada xornada. Pouca intensidade e sen xogar o que saben. O rival adiantouse pero nun minuto recuperámonos cun gol de Hugo. Posteriormente, o porteiro Gabriel lesionaríase na man, quedándonos cun xogador de campo na portería. Antes do final, en dous minutos daríannos o resultado final, o último gol nun claro penalti contra nós. Na segunda parte cambiaron de actitude pero non o suficiente para poder darlle a volta ao partido. É hora de traballar duro esta semana
 

Partido sen complicacións para o Cadete A ante un rival inferior como reflicte o 10-0 no marcador final, pero onde o equipo fixo un moi bo traballo por parte de todos os rapaces. Contentos co resultado e o esforzo da semana,  a seguir así. 2 partidos e 2 vitorias.

 

Partido horrible do Xuvenil B, primeiro gol encaixado por auténtica mala sorte e despois todo empeorou, encaixando dous tantos máis en menos dos 10 minutos seguintes, xogadores lesionados... un partido claramente para esquecer e xa pensando en preparar o seguinte.

 

Partido bastante nivelado no que o mellor foi o noso Xuvenil A. Na primeira metade houbo un balón golpeado no poste por cada equipo. Na segunda conseguimos marcar cun gol de Isatu e a falta de 10 minutos o Porriño empatou por falta dentro da área por cesión ao porteiro e non estivemos moi espertos. A partir de aí encerramos ao Porriño no seu campo pero non puidemos marcar nas ocasións que tivemos. Nada que reprocharlle ao equipo e a vindeira fin de semana tentaremos vencer ao Val Miñor.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario