domingo, 7 de mayo de 2023

O Arenas en Xogo

Esta fin de semana comezou a competición de Copa nas categorías Fútbol-8.

Mal comezo do Prebenxamín ante un rival superior, que dominou claramente o partido a pesar do esforzo dos nosos

Partido raro xogado polo Benxamín B nun campo moi reducido. Custounos adaptarnos ao campo aínda que ao final da primeira parte xa estabamos por diante no marcador 1-2, cun gran lanzamento de falta de Manu. A segunda parte foi un pouco tola pero loitamos moito, e conseguimos gañar cun definitivo 3-4. Manu, Adri Viña e Martín con 2 foron os goleadores.
 

Partido moi igualado do Benxamín A, que seguindo a dinámica de toda a tempada, o físico pasa factura. Nun campo moi estreito o noso equipazo intentou xogar o balón aínda que era difícil. Moi bo traballo de todo o equipo xa que non pararon de loitar durante todo o partido.

 

Comezamos os do Alevín B a Copa do peor xeito, perdendo un partido que tiñamos igualado a falta de 2 minutos para o final. A nosa primeira parte foi boa tentando xogar nun campo moi rápido e tendo claras ocasións de gol, pero na única xogada na que chegou o San Miguel fixo o 1-0. Na segunda metade o equipo subiu buscando o empate, pero as ocasións máis claras foron para o San Miguel. Fixemos o 1-1 a balón parado por mediación de Pablo, e a falta de 2 minutos para o final nun mal despexe, o San Miguel aproveitou para marcar o 2-1 definitivo.
Destacar o xogo do noso porteiro Mateo na segunda metade con moi boas paradas que mantiveron o equipo no partido. Non temos sorte á hora de marcar e así é difícil gañar un partido. Ánimo rapaces.

 

Bo partido do Alevín A nun campo moi reducido e ante un rival que pelexou pola fase de ascenso, onde remontamos cun gran gol de Isaac pero cunha falta inexistente empataronnos na última xogada. Vicente e Isaac con 2 foron os goleadores.

 

Resultado inxusto obtido polo noso Infantil B dado o esforzo realizado polo equipo e as ocasións creadas. Dimos a talla ante un rival débil ao que puidemos marcar un gol. Non hai queixa do traballo realizado.


Primeiro dos enfrontamentos a cinco entre o Racing de Castrelos e o Arenas de Alcabre no Monte da Mina que se disputou esta fin de semana. Empate a 0 moi meritorio para o Infantil A ante un rival que nos supera na clasificación e na sua casa.

 

Pésimo inicio de encontro para o Cadete B encaixando un gol antes de que rematase o primeiro minuto de partido. Aos 10 minutos cun gran gol de Covelo pola escuadral, a remontada parecía factible coa mellora do xogo pero aos 15 minutos outro tanto do Castrelos B tras un córner cun erro na marca. Novo empate dous minutos despois pero nunha decisión incomprensible, anúlao, iniciando así unha nefasta labor arbitral durante todo o partido. Na segunda metade noutro córner, o noso gran problema, encaixamos o terceiro e a falta de 5 minutos o último gol claramente en fóra de xogo. Non comezamos ben, non foi un dos nosos mellores partidos, pero o que máis destacou foi a malísima actuación arbitral que estropeou un partido que o Castrelos gañou sen obxeccións.


Un paso menos para que o Cadete A consiga o obxetivo, partido decisivo entre o segundo e o terceiro, tivemos moitas ocasións pero non quixeron entrar, o Castrelos recurriu os pelotazos longos e segundos balóns..... pero eles sempre están aí. Bo punto conseguido, agora a loitar por conseguir os tres na última xornada e clasificarse para a fase de ascenso.


Mal partido do Xuvenil B ante un equipo moi débil, no que comezamos durmidos e tras un pequeno reaxuste en defensa e con xogadores fóra de posición chegamos ao 1-3 con goles de Chowter (2) e Brais, aínda que o Castrelos reduciu a 2-3 antes do descanso. Na reanudación fixemos un cambio e ante un equipo que xogaba co balón fomos donos do partido ata poñernos o 2-7 con goles de Iago Álvarez, Chowter (2) e outra vez Brais con outro gol. Os últimos 10 minutos coa relaxación provocada pola diferenza de marcador fixeron que o Castrelos acurtase a diferenza de goles ata o 4-7 final. Destacar o encontro dos cadetes, da Mael e Andrés e dos 3 do Cadete B, iker Gabriel Alcántara e Dani Forero, GRANDES!!!!.


Derrota rotunda do Xuvenil A por 5-0 ante un equipo, en principio, asequible e que complica a seguridade da permanencia ante posibles arrastres, os rapaces teñen que asegurar a vitoria na última xornada da vindeira semana. Animo!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario