domingo, 30 de abril de 2023

O Arenas en Xogo

 

Último partido desta segunda volta do Alevín B no que o equipo logrou un novo empate. Do mesmo xeito que a semana pasada o empate ante o Vilariño sabía a vitoria, esta vez non sabe igual.
O equipo mereceu máis, tendo ocasións claras durante todo o partido.
O Porriño adiantouse na primeira metade, igualando Pablo cun gran tanto a saque de esquina.
No inicio da segunda metade o Porriño volveu adiantarse nun novo erro defensivo e tras varias ocasións pola nosa parte, Andrés conseguiu o empate tras un saque de esquina. Mágoa que o equipo non sexa quen de materializar as claras ocasións que está a ter nas últimas xornadas.

 

Gol de Alex do Alevín A para lograr o empate nun moi bo partido dos nosos rapaces, onde merecimos máis. O Valladares, practicamente nunha chegada marcaron un gol imparable.

 

Partido duro e difícil do Infantil B ante o segundo clasificado. Marcador abultado a pesar da nosa loita.

 

 

Moi mala primeira metade do Infantil A na que se nos escapou o partido chegando ao descanso co 1-4.  A segunda parte, o equipo poñendo moita máis intensidade mellorou moito e chegamos a poñernos 3-4. Coas ganas e o empuxe parecía que se podía levantar o partido pero nunha mala execución nun fóra de xogo sancionounos co definitivo 3-5, pero sempre seguindo intentando ata o final. Non foi suficiente o hat trick de Miguel Martín.

 

Pouco que comentar o partido que xogou o Cadete B ante un bo equipo. O mellor, a actitude de case todo o equipo despois de encaixar os catro primeiros goles por fallos de marca ou non loitar con confianza os balóns divididos.

Pablo e Iago do Infantil B que disputaron hoxe no Cadete A un encontro no que lograron un claro 7-1 con goles de Martín, Mario, Alberto, Claudio e un Hat Trick de Rubén.  A segunda posición mantense a falta de dúas xornadas, co partido decisivo da vindeira semana ante o Racing de Castrelos, que queda a un punto.

 

O mal inicio de partido do Xuvenil B, que encaixou tres goles na primeira media hora, pasou factura aos xogadores  que non tiveron o seu día salvo Mael, o porteiro cadete, que fixo unha gran actuación. A pesar do resultado en contra, o equipo mostrou a cara e con os goles de Iago Álvarez e Iago Frías en sete minutos deron esperanzas de remontada pero as lesions de Maseda e Gael fixeron que nos quedamos con 9 xogadores no campo e o Casablanca sentenciara.

 

Incrible remontada do Xuvenil A que lle permite alcanzar e superar na clasificación a Gondomar e Louro a falta de dúas xornadas para rematar a Liga. O Balaídos se adiantou cun 0-2 a favor, pero un gol de Brais no minuto 69 provocou unha reacción que Bryan culminou con dous tantos que levaron o delirio á bancada e ao terreo de xogo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario