domingo, 23 de abril de 2023

O Arenas en Xogo

 

Gran partido do Alevin B e sobre todo de Anxo, o porteiro do Benxamín B que fixo unha excelente actuación!!
O equipo tivo a mellor primeira metade da tempada tanto en defensa como en ataque, xogando ao fútbol e merecendo algún outro gol ademais do marcado por Dani.
Na segunda parte custábanos chegar arriba, o Vilariño apretou máis e o gol da igualada chegou dun rexeite.
Gran partido de todo o equipo e un punto que sabe a vitoria!!!

 

 

 
Nova e clara vitoria do Alevín A ante o Balaídos tras un gran partido dos nosos cativos.

 

Débil primeira parte do Infantil B na que imos 2-0 ao descanso, na segunda metade con ocasións para os dous equipos e nunha delas a falta de 10 minutos para o final, Bafode logra o gol que acurtaba diferenzas e ainda tivemos ocasión de igualar cun tiro libre, unha mágoa pero moi orgullosos coa actitude dos rapaces na segunda parte.

 

 
Partido moi complicado para o Infantil A ante un rival superior. 3-0 ao descanso donde o peor foi a lesión de Varela que non puido continuar o resto do partido. Segunda parte competida ata os últimos 5 minutos nos que regalamos o resto de goles ata o definitivo 6-0. Pasamos bos momentos co noso selo, xogando con  bo toque e facendo cousas moi interesantes. Os cambios de postos e as diferentes pautas tamén complican a adaptación dos nosos grandes xogadores. Agradecer e felicitar aos alevíns Covelo e Vicente pola súa achega, que o fixeron moi ben e seguen acumulando experiencias no campo amplo.

 

Imaxe publicada polo  Moledo CF
Mala primeira metade para o Cadete B que o levou ao descanso con 1-0, unha desvantaxe que se ampliou aos cinco minutos da reanudación co segundo gol do Moledo coa mala sorte dun rexeite que lles favoreceu. A partir de aí o noso equipo foi un vendaval con internadas pola banda, colgando bos balóns e entrando na súa área con grandes xogadas, de aí chegou o noso primeiro gol obra de Dani tras a presión de David, o xogador do Infantil que xogou a segunda metade realizando un gran partido. Os rapaces o creron, seguiron insistindo ata que no minuto 71, nun mal xiro, Mateo foise ao chan, e tivo que suspenderse o partido durante 20 minutos xa que houbo que chamar unha ambulancia para atenderlle. Unha vez retomado, empatamos con outro gol de Dani e ata tivemos a vitoria preto. Seguimos atentos á evolución da lesión de Mateo, esperando que se recupere pronto.

 

 

Mal partido do Cadete A, a pesar da clara vitoria ante o Colexio Hogar B, só destacar a gran actuación dos infantís Brais e Joel, hai que mellorar e recuperar o bo xogo xa que en dúas semanas o partido ante o Racing de Castrelos será decisivo para acadar o obxectivo de loitar na fase de ascenso. Rubén, Zakariae, Claudio e Santi Fernández con 2, foron os anotadores.

 

Imaxe dos capitans publicada polo Moledo CF
Partido do Xuvenil B no que o noso equipo dominou na primeira metade, presionando e obrigando ao Moledo a defenderse e utilizar o balón longo. Na segunda metade adiantámonos no minuto 60 cun gol de Iago Frías pero nos remontaron con 2 goles, un deles no desconto. Como nos acontece ultimamente, perdemos moitas ocasións e o Moledo aproveitou 2 das súas 3 chegadas para marcar os goles. Cabe destacar que xogamos con 5 cadetes, 3 deles de primeiro curso, e fixeron un gran traballo sen chocar para nada.

 

Gol de Diuma, moi importante porque con esta vitoria o Xuvenil A afástase case definitivamente dos postos de descenso directo e achégase a só dous puntos do Louro Tameiga para evitar posibles arrastres doutras categorías. Ante este partido de vital importancia, os xogadores loitaron moito, e esta vez sí, ese esforzo viuse recompensado con os tres puntos.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario