Moi bo partido do Prebenxamín, que presionando moi arriba conseguiron o seu resultado. Estes cracks comezaron moi ben cun gran gol de penalti pero o Atios igualou antes do descanso. Na segunda metade con dous goles meteron terra polo medio case asegurando a vitoria, e ao final o Atios fixo o 3-2. Un gran partido e moi orgullosos deste gran equipo.
Gran partido do Benxamín B a pesar do titubeante que estivo nos primeiros minutos, pero como se concentraron conseguiron controlar o partido, é un pracer contar con estes xogadores. Sobresaliente a todos, a pesar das baixas de Nico, Dani e Dalia. Os goles foron de Martín (2), Mateo (2) e Adri Viñas (1). O peor do partido foi o susto dun xogador do Montecastelo que sufriu unha importante lesión, agardamos que finalmente non sexa tan grave e unha pronta recuperación. Moito, moito Benxamín B e moi grande.
Nova vitoria do Benxamín A tras un partido moi emocionante que os manteñen na terceira posición da clasificación.
Un punto máis para o Alevin B na clasificación, que iguala a puntuación obtida na primeira volta. Mal partido no primeiro tempo, con erros e malas decisións pero grazas aos dous goles de Mateo chegamos ao descanso cun 2-3. Xa na segunda parte o equipo mellorou, aumentou a presión e mellorou a súa actitude.
O gol de Samu mediada a segunda metade igualou o marcador.
Gran partido do noso Alevín A ante un rival moi superior que ocupa o segundo posto da clasificación, cunha gran primeira metade onde incluso puidemos poñernos por diante co 2-0, pero ese segundo gol finalmente anulado. Isaac foi o autor do noso gol.
Partido na liña do Infantil B con momentos de bo xogo sen complexos e outros de total inconsistencia. Destacar, unha vez máis, o impresionante traballo do noso porteiro José.
Partido moi completo do Infantil A ante o último clasificado, aproveitando para dar minutos aos menos habituais e cambiando algunha posición. Brais e Diego con 2 goles cada un e Aarón con 1 foron os goleadores.
Partido tolo do Cadete B, ao que se enfrontou con moitas baixas, con xogadores fóra de posición e cun esquema diferente para repoñer aquelas baixas que había, pero aínda así en todo momento intentaron xogar o balón e pegar o menor número de pelotazos posible, no descanso era 0-2, e a segunda parte se xogaba con 10 xogadores do noso equipo, xa que 3 estaban indispostos e só tiñan dous cambios; pero os rapaces fixeron o 1-2 no primeiro minuto e seguiron pelexando ata achegarse ao 2-3 a falta de 15 minutos para o final, onde sen forzas, cun menos e a calor repercutiu negativamente nos nosos. Gran actitude de todo o equipo, poñendo o pé, intentando xogar sempre e conseguindo ser grandes nunha situación moi difícil. Os dous goles foron de Iker que o levan ao quinto posto da táboa de goleadores con 26 tantos. Destacar, outro partido, a tremenda actuación do noso porteiro Gabri, sen el non sería o mesmo e estariamos a falar dun peor resultado, moi valente nun contra un e nas saídas.
Vitoria clara do Cadete A que os consolida na segunda posición da táboa a falta de 4 xornadas. 7 goles totalmente repartidos: Ali, Andrés, Claudio, Mario, Hugo, Alberto e Rubén.
Unha boa primeira metade onde o marcador foi de 2-1 o noso favor con goles de Iago e Hugo, pero no segundo tempo non existimos, o que permitiu que La Guía remontase. Partido xogado con moito calor e aínda por riba o árbitro non permitiu o descanso de hidratación. e o campo sen rego a pesar da calor que facía.
Gol de Alfredo co que se abriu o marcador no transcendental partido que o Xuvenil A disputou ante o San Miguel, que é o equipo que marca o descenso e que podería achegarse perigosamente. Partido de ida e volta, moi duro onde soubo sufrir o noso equipo; o San Miguel empatou pouco antes do descanso pero co gol de David conseguiuse a vitoria tranquilizadora que afasta o descenso a sete puntos a falta de 4 xornadas, pero os postos da absoluta tranquilidade están a 5 puntos ante posibles arrastres dos descensos de categorías superiores. Seguide loitando rapaces!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario