domingo, 19 de marzo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Gesto marca o gol para o Prebenxamín ante o Coruxo nun partido no que  nos merecemos máis  a pesar de non ter disputado un dos mellores partidos, con ocasións moi claras que non puidemos concretar como un gran disparo ao pau e varios tiros preto da portería, que ao non aproveitalos impediu a vitoria, deixando o resultado final nun 2-1 a favor do Coruxo.

 

Partido moi serio do Benxamín B e sen problemas, este equipo cada vez é máis fiable. A pesar de que hoxe había varias baixas importantes, o equipo deu a cara e tras unha magnífica primeira parte chegou ao descanso co 1-4 no marcador. No segundo tempo xogaron moi ben favorecidos polo resultado. Martín con 2 e Adrián Viñas con 3, foron os goleadores. Que grandes son todos os compoñentes deste equipazo.

 

O marcador final do Benxamín A non reflicte a enorme superioridade que amosou en xogo e con moitisimas oportunidades de gol ante o R. de Bouzas D. Moi bo xogo de todo o equipo, loitando en todo momento. Diego e Pedro con 2 foron os goleadores. Vitoria que aupa a este equipazo a cuarta praza da clasificación.


                                         

Partido disputado e con goles do Alevín B onde a pesar do esforzo caeu derrotado en Bouzas.

 

 

Nun partido celebrado nun horario inadecuado, en un festivo como este fin de semana, o noso Alevín A tivo que desprazarse a Gondomar para disputar un encontro no que, a pesar do esforzo dos nosos grandes xogadores, rematou cunha derrota por 3. 1.





Mal partido do Infantil B por falta de actitude, medo ao rival e non poder crer que poidamos gañar a ningún equipo. É o momento de seguir traballando para seguir coa mellora. O resultado final 9-0.

 

 

Momento da grave lesión de Martín

O Infantil A volve á senda das vitorias tras unha mala racha, e ante un equipo o que con este triunfo supera na táboa clasificatoria. Simplemente un gran partido dos dous equipos, moi esixente e duro, pero no que os nosos estiveron sublimes en anticipación, presión, duelos individuais e xogo combinativo. Gran vitoria, estropeada pola grave lesión de Martín Gesto.
Estas graves lesións acompáñannos durante toda a tempada pero este grupo de grandes xogadores afronta e venceo cun esforzo e compañeirismo dignos de admirar. Os dous goles de Martín Gesto antes da sua lesión, selaron a vitoria por 0-2.

 

 

Vídeo cos dous goles de Nico e Iker do Cadete B que disputaron un partido de ir e vir ante a UD Ribera no Rosal e onde puido gañar calquera dos dous equipos, aínda que tivemos as ocasións máis claras pero como nestes últimos partidos , carecemos de ese pouco de sorte. Resultado Final 1-2.

 

O partido do Cadete A ante o SR Casablanca que se disputaba no Novo Mirador de Beade, tivo que ser suspendido no minuto 31 pola intensa néboa, que non amainou nos vinte minutos seguintes de espera. O resultado no momento da suspensón era 0-2 a favor do noso equipo.


Partido moi disputado no minúsculo campo do Apóstol. O Apóstol comezou adiantando no minuto 6 pero Chowter empatou 2 minutos despois. O Apostol volveu adiantarse por mediación do seu mellor xogador e empatamos antes do descanso tras fallar 1 penalti e Gael anotou na mesma xogada. Comezamos mellor a segunda metade e adiantamos grazas aos goles de Pola e de novo Chowter. Pero nunha final desordenada que non soubemos xestionar e empuxados polo seu público, o Apostol conseguiu empatar con 2 faltas directas que non debemos cometer. O vindeiro sábado temos o derbi ante o Alerta con só 2 puntos de diferenza entre os dous e na primeira volta foi un partido moi bonito que gañamos.Esperamos repetir con gran ambiente.

 

 

Inicio do partido do Xuvenil A
Dura e preocupante derrota do Xuvenil A ante o penúltimo clasificado que complica moito a loita pola permanencia. O Chapela adiantouse con dous goles nos primeiros 25 minutos, o Arenas tentou reaccionar e o gol de Diuma fíxonos soñar coa remontada pero quedamos con 10 xogadores por expulsión no minuto 70 o que condicionou a presión final para lograr o empate, e en unha contra o Chapela logrou o definitivo 3-1.
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario