domingo, 19 de febrero de 2023

O Arenas en Xogo

Esta fin de semana foi  Xornada de descanso do noso Prebenxamín.


O Benxamín B tivo que desprazarse ao campo de Santa Columba en Tui para disputar o seu partido ante o C.D. Ribadelouro. E estes fenómenos o fixeron moi ben, un bo partido e moi completo. Primeira metade de ensueño, con resultado de 4-1 ao descanso grazas a Dani e Martín que marcaron 2 goles cada un. No segundo tempo seguiron igual a pesar de ter só un cambio dispoñible; Unha pequena páxara fixo posible que o Ribadelouro anotase 2 goles en 3 minutos, acercándose perigosamente no marcador, pero @s xogador@s concentráronse e volveron á senda do bo xogo; e con 2 goles de Adrián Viñas resolveron definitivamente o encontro. Moi orgullosos do traballo destes Cracks porque se aprecia a mellora.

 

Tamén moi bo partido do Benxamín A en San Pedro ante o Racing de Vilariño. Partido que se puso costa arriba co 2-0 en contra tras dúas desafortunadas xogadas da nosa parte ao comezo do partido, acortamos diferenzas para poñernos 2-1 ao descanso. Na segunda parte, cunha gran mellora do xogo, conseguimos darlle a volta ao partido. Destacar o prebenxamín Diego Gesto, que fixo un gran partido e marcou un gol, o resto dos goles foron de Pedro cun hat-trick, Unai. e Roi. Vitoria clara que nos sube ao terceiro posto da Clasificación.

 

Seguindo a tendencia do club (e seguramente da maioría) en todas as xornadas; o partido que xogou  o Alevín B tivo un único protagonista, o árbitro, si xa resulta desconcertante que os que teñen que pasar desapercibidos e impartir xustiza, non o fagan a nivel profesional, é máis incomprensible que se convertan en protagonistas de un partido de Alevíns co que supón esta mala actitude nunha categoría na que se pretende inculcar valores nos nenos e que poidan aprender.
O resultado é o menos importante, pero é moi triste que, ao final os nenos saian do campo sen ter aprendido nada, cun árbitro que ao parecer descoñecía partes do regulamento, que se viu superado (nunha partido alevín, repito ) e con decisións inexplicables para o noso equipo, o contrario, pais, adestradores... que non sabían o que se pitara, e menos que llo expliquen aos cativos.
Ao final, os goles de Samu (2) Dani e Andrés non se gozan como deberían.
É triste ver aos nenos que non entendían nada do que pasara no campo.
Animar a todos, ao corpo técnico e ao xogador a seguir así, traballando para corrixir os nosos erros.

 

Unha primeira metade moi mala condenou ao Alevín A en Nigrán cun 3-0 en contra ao descanso; a gran mellora na segunda parte non foi suficiente para superar a un gran equipo como o Val Miñor C que non coñece a derrota nesta segunda fase e que disputa o liderado ao RC Celta.

 

 

Boa primeira metade do Infantil B. Xogamos sen complexos e entramos ao descanso con dous goles en contra, un de penalti e outro de córner.
A segunda metade complicouse pola típica baixada de moral e molestias físicas con tres xogadores tocados, que nos imposibilitaron os cambios oportunos.
José Caballero, o noso porteiro, fixo un gran partido con paradas de alto nivel. Foi felicitado polos xogadores rivais e polos seus compañeiros.
Para destacar e agradecer a actitude do equipo rival xa que á media hora da segunda parte decidiron sacar un penalti fóra porque só o viu a colexiada.

 

O Infantil A tivo un partido moi complicado esta xornada ante o Coruxo FC, un equipo moi superior que lidera provisionalmente esta clasificación da Primeira Autonómica xa que o RC Celta leva dous partidos menos.
Partido sen cor como se reflicte no marcador final.

 

Resultado moi enganoso o colleitado polo Cadete B. Ao descanso 3-0, con goles que chegaron a balón parado e na segunda xogada, por non estar vivos dentro da área. A pesar diso, o equipazo non se rendeu, e ao comezo do segundo tempo Iker marcou un gol que animou ao resto dos seus compañeiros a seguir pelexando, tentando facer un bo partido e con máis chegadas que o rival que apenas xerou ningún perigo, agás nos últimos 5 minutos, estando centrado no ataque, o Louro Tameiga marcou 2 goles que aumentaron o excesivo e inmerecido castigo polo bo xogo amosado, pero o balón non quixo entrar. Ninguén pode estar decepcionado con este partido porque estes fenómenos intentaronno ata o final.

 

Partido moi importante entre o AD Montecastelo e o noso Cadete A, dous equipos que loitan por entrar na fase de ascenso. Como era de esperar, un encontro moi igualado que rematou cunha derrota pola mínima, o que permite ao AD Montecastelo adiantarnos na clasificación e ocupar a segunda posición. Os goles de Izan e Rubén, que remontaron do gol inicial en contra, foron insuficientes ante os dous goles finais do AD Montecastelo en tres fatídicos minutos.

 

 

Partido do Xuvenil B con moitas baixas, defensa en cadro, xogadores fóra de posición e aliñación improvisada ante un equipo que era inferior, a todo iso hai que engadir que non houbo actitude, salvo nos 7 minutos nos que os goles de Hugo Maseda  e Pedro igualaron os dous goles iniciais do Sta Mariña, pois pasan estas cousas, que un equipo inferior marca 8 goles. Partido para esquecer canto antes.



A pesar de que o Xuvenil A enfrontouse a un dos equipos da parte alta, o Sporting Guardés na Guarda, unha gran primeira metade na que xogou cara a cara e dous goles de Álvaro fixeron posible chegar ao descanso con vantaxe no marcador e con moitas ilusións para conseguir un gran resultado pero todo se esfumou na segunda metade cando o Sporting Guardés conseguiu remontar, deixando o resultado final nun 4-2, claramente insatisfactorio polos méritos loitados.








No hay comentarios:

Publicar un comentario