Bonito marcador para o partido do Prebenxamín B, mágoa que rematou en derrota, pero foi un partido divertido e con moitos goles onde os pequenos o pasaron ben e intentaron aprender e mellorar.
Gran partido do equipazo que temos no Benxamín B, dende o primeiro momento fóronse polo partido e xa nos primeiros 5 minutos con dous remates ao pao palpábase que os goles non tardarían en chegar, foi un acoso constante e o final da primeira parte chegouse cun 3-0 a favor. A segunda metade comezou como a primeira, un asedio total con bo ritmo de xogo aunque houbo bos tramos para o Porriño nos que conseguiron recortar diferenzas, pero os 4 goles de Martín, 2 de Manu e 1 de Adrián Viñas selaron o partido. A seguir con esta boa liña que leva o equipo.
Vitoria por 4-0 do Benxamín A ante un rival co que estaban igualados a puntos. Un partido moi bo, que controlaron e dominaron por completo en todo momento. O Val Miñor "E" apenas creou perigo e foi un pracer ver xogar ao noso equipo. Guille con 2, Unai e Pedro foron os goleadores. Vitoria que eleva ao equipo ao terceiro posto da Clasificación.
O Alevín B mantén a mesma dinámica dos últimos partidos. Comezaron moi ben, gañando 1-0 no primeiro tempo. Na segunda metade o Valladares buscou máis a vitoria, aumentou a intensidade do xogo, máis ganas e velocidade, o que lle permitiu remontar ata o 1-3. Finalmente, a falta de 1 minuto para o final, os nosos marcaron o definitivo 2-3.
O Club Peñasco foi unha apisonadora para o noso Infantil B, un resultado final que non admite discusión e só destacar os goles de Gabriel, Pablo e Andrés. Animo rapaces!!!
Mala racha do Infantil A que leva 3 derrotas consecutivas pero que non empaña a gran campaña en Primeira. Marcador abultado onde os dous goles da UD Comesaña nos primeiros 15 minutos condicionaron o desenvolvemento de todo o partido.
Despois dunha semana convulsa, e que seguirá coleando, pola inxusta e escandalosa situación sufrida a xornada anterior, esta semana o Cadete A tivo un partido tranquilo ante o colista, que solventou cun claro 5-0 con goles de Gabriel, Izan, Andrés e 2 de Matías. Aínda que é moi difícil, hai que superar estes momentos e non deixarnos desestabilizar por actitudes miserables.
Un partido do Xuvenil A que semellaba moi claro cos tres goles de Álvaro, Diuma e Samu Ruíz na primeira media hora, con bo xogo, ben colocado e con suficiente ritmo; Complicouse cunha segunda metade moi mala onde o colexio do Hogar remontou ate empatar a 3, falta de intensidade, vírono moi doado, todos querían o seu gol e nun descoido o Col. Hogar marcou o primeiro tanto, de ahí chegou o caos e o empate. Afortunadamente, un gol de Iñigo, que acababa de entrar, salvou nos minutos finais os tres puntos e deu un respiro na clasificación tras varias xornadas sen marcar.
Destacar o gran partido de Mael como porteiro, é cadete de primeiro ano e fixo unha gran actuación igual que Mario Negrete, outro cadete que fixo un gran partido.
Moito que corrixir xa que o partido se gañou na primeira metade e case se lle escapa na segunda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario