domingo, 8 de enero de 2023

O Arenas en Xogo

A competición volve tras o parón de Nadal e esta fin de semana o fixeron os equipos de Futbol-11. 

 

O Infantil B enfrontouse ao C. Victoria B que ocupa un dos primeiros postos da táboa, derrota final por 9-0 nun encontro que comezou moi ben cuns primeiros 20 minutos moi bos, despois o frío e o cansazo pasáronnos factura. O equipo segue mellorando:


Difícil, moi difícil, o partido que tivo que xogar o Infantil A ante o C.Victoria, que lidera destacadísimo a clasificación xunto ao RC Celta, demostrando semana tras semana a súa enorme superioridade en todos os partidos. Os nosos cracks mantivéronse pero o resultado final foi contundente:

Partido tamén moi complicado para o Cadete B ante o destacado líder da categoría, enfrontándose a el e logrando un digno resultado de 4-1, onde Nico foi o autor do gol de Arenas.


Tamén en A Bouza contra o C. Victoria B xogou o Cadete A. Os goles de Martín, Rubén e Mario encauzaron a vitoria na primeira metade. Un novo gol de Martín ao pouco de comezar o segundo tempo sentenciaba definitivamente o partido:

Bo partido do noso Xuvenil B ante o 3º clasificado, no que remontamos o seu gol inicial con dous goles de Mateo, pero dous erros nos minutos finais custáronnos o partido. Destacar a gran aportación dos 4 cadetes que xogaron hoxe.

Último partido da primeira volta do Xuvenil A. Mañá de vento e chubasco no Baltasar Pujales. Partido igualado na primeira parte onde houbo que recalcular a táctica pola lesión do noso central David aos 15 minutos do inicio, a partir de ahí o Rápido dedicouse a xogar a favor do vento, intentando mandar balóns longos e que acabamos contaxiando por elo, convertendo o partido nun frontón. Na segunda metade saímos dispostos a ter máis o balón e fomos donos do partido, fomos moito mellores ca eles pero a falta de puntería acabou por condenarnos a empatar a 0. En definitiva, falta de definición e convicción. Seguide loitando rapaces.


 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario