domingo, 15 de enero de 2023

O Arenas en Xogo

O Prebenxamín comezou gañando un partido que tiñan perfectamente controlado evitando que o C. Victoria xerase ocasións, pero ao chegar á parte final do partido o equipo desinchouse e encaixamos os dous goles que deron a volta ao marcador e a vitoria para o rival:

 

O Benxamín B comezou esta segunda fase da Liga cunha derrota pola mínima ante o R. de Castrelos. Nos primeiros 15 minutos de partido tivemos moitas ocasións que finalmente unha delas materializouse nun gol de Martín, a partir dese momento os nosos perderon a concentración e o Castrelos empatou no último minuto da primeira metade. Na segunda metade foron a polo partido pero atopámonos cunha actuación arbitral máis que cuestionable con decisións dubidosas como unha man clara na área de Castrelos que non sancionou, nin as duras entradas que mesmo provocaron a lesión dun dos os nosos xogadores:


Un excelente partido feito por todos os xogadores do Benxamín A, xogando en equipo e facendo xogadas incribles, resultado contundente ante un dos equipos máis difíciles que nos tocará nesta Segunda Fase:
 

O resultado final do Alevín B non reflicte o que fixeron os rapaces no campo. A falta de 10 minutos para o final, o resultado era 1-0, froito dun gol verdadeiramente afortunado do Victoria. 3 goles en 5 minutos fixeron moito dano e deron por vencidos aos nenos. É hora de seguir traballando e mellorando.
Gol de Dani pero o colexiado, seguindo a tónica da xornada, anotouno o Victoria xa que no rexistro da Federación Galega aparece 7-0 en lugar do 6-1 real do partido:

Fabuloso partido do Alevín A con posesións longas e con perigo constantemente, adiantámonos grazas a un gran gol de Alex, pero tras varios pelotazos desesperados do Victoria, conseguiron remontar no último minuto deixando o marcador final en 2-1.
Moi orgullosos da tempada que está a levar a cabo este Superequipo, que no encontro de hoxe foi superior a un C. Victoria que quedou primeiro do seu grupo na Primeira Fase:

Mal partido do Infantil B ante o Montecastelo. Falta de intensidade e moitos problemas para executar accións moi sinxelas. É hora de seguir traballando:


O inicio da segunda volta na Primeira Autonómica do Superequipazo do Infantil A non puido ser máis emocionante. Partido duro ante un rival moi forte. Moita intensidade, e moi bo xogo durante todas as fases do partido.
Ata en tres ocasións nos adiantamos no marcador e o Vila de Corpus empatou o partido pero o cuarto gol case no final do encontro non deu posibilidades de réplica, e os nosos conseguiron sumar os tres puntos. Un gol de Miguel Martín e un hat-trick de Brais, un deles o do último minuto, certificaron esta ilusionante vitoria
A segunda volta comeza ben, vai a ser dura pero sempre tentando conseguir o obxectivo marcado:

O partido do Cadete B resúmese nun desastre defensivo, onde a gran actuación de Gabri con moitas e grandes paradas evitou unha goleada maior; e os goles de Nicolás e Mustaphá maquillaron o resultado final cun 5-2:


O partido do Cadete A foi suspendido a falta de 23 minutos para o final por unha lesión do árbitro, que xornada a desta semana cos árbitros. O resultado no momento da suspensión foi Gran Peña 1 - Arenas de Alcabre 2. 

Primeiro partido da segunda volta tamén para o Xuvenil B e mesmo resultado que o primeiro. Retomando partidos con moitos goles e batendo récords no fútbol mundial, a pesar de que empezamos durmidos e cando nos demos conta xa estabamos perdendo 2-0. Conseguimos reaccionar e chegamos ao descanso 2-2 con goles de Pedro e Chowter. Tras algún reaxuste comezamos dominando a segunda metade, e o Independiente na súa primeira chegada púxose o 3-2. Fixemos os cambios correctos xa que Espiñeira fixo o 3-3 e Brais fixo dúas xogadas de Chowter e Negrete para poñernos por diante nun remate tolo, xa que Independiente aínda marcaría de penalti deixando o  arcador final en 4-5. Destacar as actuacións dos cadetes Negrete e Mael que estivo espectacular na portería:


Resultado moi enganoso para o que foi o partido do Xuvenil A ante o segundo clasificado, aínda que é certo que non merecíamos gañar xa que o primeiro tempo foi un desastre con 3 goles encaixados nos primeiros 25 minutos. O segundo foi moito mellor pero non o suficiente para darlle a volta a ese 3-0, o gol de Iago recortou diferenzas pero dous goles no final do Vila de Corpus ampliaron o marcador ata o 5-1 definitivo. Destacar o bo traballo realizado polos 3 xogadores do Xuvenil B que se achegaron a axudarnos:


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario