O Prebenxamín non tivo unha boa xornada ante o Areosa nun encontro no que non tivo ningunha opción e sufriu una contundente derrota:
Derrota sen paliativos do Benxamín B nun partido ao que se presentou sen posibilidade de cambios, pelexaron pero nótase a diferenza que reflicte o marcador 1-14. Moi orgullosos do equipo pola entrega.
Partido sen historial do Alevín B ante un rival moi inferior. Poucas cousas positivas agás o resultado e a boa actitude dos rapaces.
Os goles de Vicente, Sergio, Isaac, un dun xogador do CD Nieto en propia porta e 2 de Hugo completaron a vitoria do Alevín A:
Unha ilusionante e moi boa primeira media hora do Infantil B convertida en despropósito na segunda parte que levou o marcador ao 11-0 final ante un dos líderes da categoría.
Outro bo comezo foi o do Infantil A no seu partido no Penedo da Moo, que se adiantou cun gol de Miguel no minuto 17, empatou o A. Matamá 12 minutos despois, empate co que se chegou ao descanso. Pero na segunda parte os goles caeron do lado dos locais.
O empate do Cadete B celebrouse como un triunfo ante un equipo que loita polo ascenso e lidera a clasificación, un partido moi disputado, aguantado coma xabarís e con ocasións de gol, que tamén tiveron eles pero que San Gabriel evitou coas suas mans salvadoras. Este equipo xa sabe o que é xogar e competir nun partido de verdade.
Outra vitoria por goleada do Cadete A nesta ocasión ante o Balaídos CF, e como en todos os partidos con goles moi repartidos: Ali, Zakariae, Andrés, Izan e Mario con 1 e Rubén e Claudio con 2 cada un deixaron o marcador final no 1-9.
Unha vez máis faltoulle intensidade ao Xuvenil B, cando o partido foi mellor co 1-1 tras o gol de Mateo, un xogador do Arenas foi expulsado por dobre amarela no minuto 57, o que desequilibrou as forzas dos dous equipos e despois o marcador:
No hay comentarios:
Publicar un comentario