domingo, 18 de diciembre de 2022

O Arenas en Xogo

O Prebenxamín tivo un partido moi complicado ante o Col. Apóstol que lidera claramente a clasificación. Mal trago o que pasaron ao sufrir o dominio absoluto do rival. Ánimo rapaces!!!

Mesma situación esta xornada do Benxamín A que tamen tivo un partido complicado ante o Peñasco B, que lidera a clasificación xunto co RC Celta. Dificultade que non desalentou aos nosos xogadores que tentaron plantarlle cara ao partido e ao rival.

Gran partido dos rapaces do Alevín B ante un equipo que antes do partido era terceiro na táboa. Conseguimos chegar ao descanso 0-0 grazas ao traballo defensivo de todo o equipo e con algo de sorte. Xa na segunda parte, contra a contra conseguimos adiantarnos 0-2 pero un penalti e un autogol puxeron o resultado 2-2. A falta de 5 minutos, o Col.Hogar púxose por diante e cando o colexiado estaba a piques de asubiar o final do partido, Dani de novo gañando na carreira marcaba o definitivo 3-3. Gran traballo, intensidade e sacrificio por parte de todos os nenos. E o hat trick de Dani!!!!!

Mal comezo de partido para o Alevín A, moi confusos econ moitos erros nos pases que levaba o 1-0 en contra, pero antes do descanso conseguiuse o empate, e na segunda metade con máis intensidade no xogo lograron os goles da vitoria, que puido ser máis ampla pero o gardameta do Gran Peña fixo moitas e boas paradas. Luis (2), Covelo e Vicente foron os goleadores que levaron o resultado a 1-4.


 


Partido bastante bo para o Infantil B condicionado pola actuación do árbitro, Bruno e Iker puxeron por diante ao noso equipo en dúas ocasións pero as decisións arbitrais foron discutibles, como un gol en contra en fóra de xogo, outro  unha clara falta ao porteiro,...a pesar diso, destacar. a actitude e esforzo dos xogadores nun partido no que puideron conseguir os tres puntos:

Foi unha mágoa para o partido do Infantil A que gañaba claramente por 2-0 con goles de Roque e Martín Gesto, pero dous tantos do Racing de Castrelos nos minutos finais deixáronnos dous puntos menos dos merecidos.

O Cadete B disputou un partido emocionante ante o Racing de Castrelos B, o resultado final de 5-4 indica a emoción e o xogo que se puido disfrutar en Navia. 3 goles de Iker que o elevan ao 5º posto da táboa de goleadores, 1 de Sergio e outro de Adrián completaron os cinco tantos do Arenas, que sempre estivo por diante no marcador:

Partido do Cadete A ante un equipo moi físico e que ocupaban a primeira posición da táboa clasificatoria ata a xornada de hoxe, moi bo traballo dos nosos xogadores, onde remontamos o 1-2 en contra co que se chegou ao descanso; con casta conseguimos unha vitoria que nos sitúa moi preto dos 2 primeiros que dan acceso a fase de ascenso. Dous goles de Mario Negrete e un de Matías lograron esta importatísima vitoria.

Vitoria clara do Xuvenil B ante o Racing de Castrelos B con dous goles de Pedro e un de Mario de penalti:

Partido moi igualado e importante para o Xuvenil A que serve para retomar a remontada nesta participación na Primeira Autonómica. Dous goles, un para cada equipo nos últimos minutos do primeiro tempo, propiciaron o empate 1-1co que se chegou ao descanso. E nada máis comezar a segunda parte, Telmo fixo o 2-1, que sería definitivo tras moito esforzo para soportar ese resultado.

 

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario