domingo, 13 de noviembre de 2022

O Arenas En Xogo

Esta fin de semana os equipos Prebenxamín e Benxamín B tiveron xornada de descanso e non disputaron ningún partido.  

O Benxamín A impúxose por 2-6 ao Colexio Hogar B nun partido disputado en San Miguel, retomando a senda das vitorias tras dúas derrotas que o manteñen na 5ª posición da Clasificación. Moi boa actuación dos nosos peques; no resumo podemos ver os 6 goles acadados:

O Alevín B conseguiu a segunda vitoria da Liga en Nigrán ante o ED Val Miñor por un claro 1-5, continuando con moi boa actitude, entrega e loita por cada balón. Ascenden tres postos na clasificación ata acadar o 9º posto.

Tras un reñido partido disputado con moita intensidade, o Alevín A logrou gañar en Cotogrande ante a UD Sta.Mariña C por 1-2, con goles de Vicente e Alex.


Comeza a lista de derbis disputados esta xornada por Arenas e Alertanavia. O Infantil B caeu claramente derrotado por 6-2 a pesar do esforzo. Bruno e Mateo foron os autores dos goles:

Derbi de Primeira División o que o Infantil A xogou esta xornada ante o Alertanavia e que tras un partido moi igualado, pelexado e traballado, rematou sen goles, o que nos permite sumar un punto máis e manternos na parte alta da táboa:

 

Mal partido do Cadete B en Pontellas ante o último clasificado, que no inicio da segunda parte adiantouse 2-1 no marcador anulando o gol inicial de Dani, pero dous tantos de Iker, que o elevan ao 5º posto da táboa de goleadores, nos minutos 56 e 77 permitiron a remontada e deixaron o marcador no 2-3. Vídeo cos goles do Arenas:

 

Terceiro derbi da xornada e moi emocionante como o anterior do Infantil A, o disputado polo Cadete A ante o Alertanavia B. Nos primeiros 20 minutos ningún equipo quería o balón, tras unha serie de indicacións, fomos 2-0 ao descanso con goles de Mario, saímos con algún cambio, soubemos levar o partido ao noso terreo durante 15 minutos, así que conseguimos o 3-0 obra de Mauro, despois de varias indecisións, e despistes enormes de parte nosa, o Alerta soubo facer coas súas bazas e meter o medo no corpo, con dous goles en pouco tempo, resultado que non indica para nada o traballo da semana. Boa vitoria que permite ao equipo manterse nos primeiros postos da clasificación:

Vitoria do Xuvenil B no cuarto derbi da xornada, bo partido do noso equipo. No min 8 Chowter é derrubado na área e converte o penalti. O Alerta quixo intimidarnos con balóns longos pero a nosa defensa estivo impecable. No minuto 57, Chowter está atento a un descoido da defensa rival ao roubar un balón e tras regatear ao porteiro, marca un gol a portería baleira. O gol de Alerta chegou no tempo de desconto por unha falta cometida por Erik e que lle custou a expulsión por ser unha clara ocasión de gol. A nota negativa é a lesión de xeonllo de Gael que esperamos sexa só un susto e que se recupere pronto.


Nun campo en perfecto estado, cunha temperatura ideal solo faltaba un Bo partido aderezado por Bo xogo e culminado por un Bo resultado. Pero Vujadin Boskov noutra das súas frases célebres dixo " el fútbol es impredecible, todos los partidos empiezan con empate a cero". E así foi, a pesares de ter un plan de xogo traballado nos adestramentos, o trasladado ao campo non se correspondeu. Adiantouse o Comesaña cun lanzamento de falta preciso e precioso, con efecto por fora da Barreira. E antes do descanso, nunha xogada pola banda esquerda acaba con remate ó fondo da portería para poner o 2-0 no marcador. O Xuvenil A fai 4 cambios no descanso. Algo muda no xogo. Mais control do partido e con ocasións arriba. Nun saque de curruncho Brais no segundo pao consigue recortar o marcador. Pero o Comesaña soubo leer o partido e nunha contra acadaron o 3-1 que xa resultou definitivo. O Arenas tivo varias ocasións pero ben a defensa, ben o porteiro ou ben a falta de definición deixaron o partido como estaba:


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario