Hoxe o Prebenxamín estreouse na Liga cun partido bastante igualado disputado no campo da Guía, con algunhas ocasións de gol para o Arenas pero sen sorte. A Guía tamén tivo boas ocasións pero o noso porteirazo (Enzo) conseguiu parar aqueles perigosos balóns. Bo xogo en xeral, todos tocando o balón e os dous goles de Diego Gesto, un deles cunha gran asistencia de Luca, deron a vitoria final por 1-2.
Gran partido do Benxamín B cuxo dominio non se reflectiu no marcador e acabou perdendo pola mínima ante o CD Areosa.
Outro bo partido xogou hoxe en Navia o Benxamín A ante o Col. Apóstol, moi emocionante e o resultado final foi o empate 1-1.
Gol do Arenas |
Como dixo Caparrós, hoxe tocoulle pasar polo dentista o Alevín B, un partido ante o RC Celta que rematou cunha derrota por 0-17, o que amosa claramente a diferenza, pero a actitude e o traballo dos nosos rapaces, que nunca baixaron os brazos nin deixaron de intentalo, foi encomiable. O resultado neste tipo de partidos é o menos importante.
Partido moi disputado entre o Alevín A e o Rapido de Bouzas, que rematou cunha derrota por 1-2, resultado inxusto polos méritos contraídos polo Arenas.
Continúa a mellora do Infantil B, que no encontro de hoxe ante o Col.Hogar chegou ao descanso co empate 1-1 cun gol de Bruno Asorey.
Na sexta xornada chegou a primeira derrota do Infantil A que non empaña a súa gran actuación en Primeira División. Loitado ata o final ante o Coruxo, un dos equipos chamados a liderar esta Liga. Ao descanso 0-0, pero na segunda metade colleronnos en dúas ocasións un pouco desaxustadas nas que conseguiron materializar os seus dous goles. Despois a tumba aberta para intentar reducir o resultado pero non foi posible. Todos deron o máximo no campo e tamén na grada.
Na previa, os xogadores dos dous equipos cadetes que foron a Inglaterra co PiliVigo animan aos seus compañeiros dende o aeroporto:
Derrota do Cadete B ante o Louro Tameiga por 2-4, Dani e Iker foron os autores dos goles nun partido onde os propios erros foron determinantes no resultado final.
Segunda derrota consecutiva do Cadete A que provoca un agrupamento na cabeza da clasificación entre os candidatos ao ascenso, nun encontro no que tivemos o hándicap das baixas. Primeira parte onde se desatou a tolemia con 8 goles. Un espectacular comezo do Arenas con dous goles nos primeiros 7 minutos foi compensado por tres goles en tres minutos do Montecastelo pero a tolemia absoluta continuou ata o 4-4 con seis goles en total en 10 minutos, entre o minuto 26 e o 36.
Nunha segunda parte igualmente emocionante, un solitario gol de Montecastelo deulles a vitoria final por 4-5. Izan, Guillermo, Rubén e Zakariae foron os autores dos goles.E unha vez
rematada a tolemia do Cadete A, comezou a tolemia do Xuvenil B, que converteu a
tarde do sábado en Navia nunha festa de goles e emoción xa que rematou sorprendentemente co
mesmo resultado de 4-5 que o partido anterior. 13 minutos de despropósito por
parte do Arenas permitiron que o Santa Mariña se adiantase 0-4, e a partir de
aquí comezou a loita do Arenas por unha remontada imposible pero que a mereceu, ao final estivo moi preto de conseguila. Pedro con dous goles, Gael
(golazo de vaselina dende 30 metros) e Hugo case fixeron posible o milagre.
Bo inicio de encontro para o Xuvenil A, que comezou gañando cun gol de Bryan, pero o Sp.Guardés impuxo axiña a súa superioridade que o mantén nos postos altos da táboa. O Arenas segue loitando e busca o seu momento para lograr bos resultados e unha remontada. Resultado final 1-5.
Noé Capitán do Arenas no inicio do partido |
No hay comentarios:
Publicar un comentario